subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso manterá a carpa na alameda de Góis para o mercadillo dos sábados e estuda a celebración doutra feira comarcal os venres


orosoO Concello de Oroso instalou hai uns días unha carpa na Alameda de Góis, co obxectivo de que os compradores e vendedores que acuden ao mercadillo dos sábados pola mañá estén a cuberto.

A infraestrutura manterase como minimo ata a primavera e o concello estuda a posibilidade de celebrar na carpa outro mercado, neste caso os venres, que sexa unha referencia na comarca.

O grupo de goberno xa mantivo reunións con diferentes colectivos para falar desta feira dos venres, que ademais serviría para darlle un impulso á hostalaría local unha vez que reabra. O mercadillo dos sábados seguirá igual, dándolle prioridade aos productos locais e de horta, e o concello considera que a feira dos venres serviría para reactivar a economía local.

O concello tomará unha decisión nas próximas datas e a iniciativa uniríase a outras tomadas desde o comezo da pandemia, como as campañas de fomento do consumo na hostalaría local, o reparto de material de protección ou as exencións fiscais postas en marcha.