subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso organiza o "Outono Cultural" con actividades para todos os públicos


orosoO Concello de Oroso presenta unha nova edición do “Outono Cultural” cun amplo programa de actividades dirixidas a todas as idades que se estenderá dende o próximo 1 de outubro ata o vindeiro 27 de novembro.

“Tras o éxito da Semana Cultural a finais de agosto, retomamos esta iniciativa cultural cunha oferta da que poderá gozar toda a veciñanza e cumprindo cos protocolos COVID-19, para garantir unha cultura segura”, afirma Vanesa Boo, concelleira de Cultura de Oroso.

A programación iniciarase o venres 1 de outubro coa obra de teatro #2PILGRIMS, a cargo da compañía REDRUM. Será no Centro Cultural ás 21:00 e diríxese a un público maior de 15 anos. Esa mesma fin de semana celebrarse a festival “Psicotroita”, o sábado 2 de outubro a partir das 13:30, con actuacións a Malraio, Tiburona, Pantocrátor, Wanda Buluba e DJ de Lata no paseo do Carboeiro.

A esta primeira fin de semana do “Outono Cultural” seguiranlle diferentes actuacións culturais, entre as que destaca a celebración o 23 de outubro do día da Biblioteca coa representación da obra teatral “Quixote”, dirixida a público familiar. Ademais, con motivo do Samaín a finais de outubro, organizarase unha recollida de cabazas decoradas a cambio dun agasallo.

A programación completa pode consultarse no cartaz axunto. Todas as actividades precisan de reserva previa, xa que o aforo é limitado, no teléfono 981690903. Durante a celebración do “Outono Cultural” seguiranse en todo momento os protocolos COVID-19 marcados polas autoridades sanitarias.