Traballos de insonorización da Escola de Música Municipal
O Concello de Oroso realizou nas últimas semanas traballos de insonorización das aulas da Escola de Música Municipal.
Desta forma, melloran as instalacións e as condicións nas que aprenden música os rapaces e rapazas.
“Máis de 70 nenos e nenas estudan música no centro, unha prioridade para o noso concello; con esta actuación, queremos mellorar a escola e dar resposta ás necesidades de docentes e alumnos”, explica Vanesa Boo, concelleira de Cultura de Oroso.
O concello de Oroso destinou 70.000 euros este ano 2021 á Escola de Música, unha partida para impulsar e mellorar as súas actividades.