subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

As tostas, o polbo, a tortilla e a carne serán os protagonistas desta primeira fin de semana do VI Concurso de Tapas de Oroso.


As tapas degustaranse de balde con cada consumición no horario de 12:00 a 15:00 e de 19:00 a 22:00 horas en dezaseis establecementos.

orosoAs tostas, o polbo,a tortilla e a carne serán os protagonistas da primeira fin de semana da sexta edición do Concurso de Tapas do Concello de Oroso, no que tomarán parte un total de 16 establecementos. De 12:00 a 15:00 horas e de 19:00 a 22:00 horas, estes locais ofrecerán totalmente de balde aos seus clientes unha tapa, tradicional ou creativa, con cada consumición.

O Concello de Oroso editou un boletín de votación no que, ademais co cupón que deberán selar nos locais, tamén se recolle a programación de tapas de cada un dos establecementos participantes. Deste xeito preténdese que o cliente poida ter unha relación das propostas de cada día para, deste xeito, escoller as que lle resulten máis atractivas. Oferta para escoller non lles faltará: dende pratos típicos da zona como a tortilla de grelos de Deixebre con chourizo do país ás troitas no seu anzol. Dende pratos de cociña creativa, como unha deconstrución de polbo á feira ou unha tulipa de ovos de codorniz, á tradicional tortilla, empanada ou filloas recheas.

Premios para os clientes

Unha vez degustada a tapa, o cliente selará o boletín de votación nese local. Unha vez que teña seis selos diferentes (un deles dun local non emprazado en Sigüeiro) poderá escoller a súa tapa favorita e votar nunha urna selada que haberá en cada un dos locais participantes. Entre todos os participantes sortearase unha tablet Samsung Galaxy, un xamón e un premio de dúas entradas para Termaria Casa da Auga (A Coruña).

Os 16 establecementos participantes son: Mesón Tambre, Nova Xeira, Bar Tapas, O café de Manuela, Tapería O'Martán, Adega o Ribeiro, Bodegón Cebrás, Mesón A Trabe, Sigü Café, Café bar Xardín, Bar Sigüeiro, De María e Café bar Restaurante Mirás (todos eles en Sigüeiro) e Bar Stop (Oroso), Restaurante Liñares (Estación Oroso) e O Noso Mesón (Deixebre).

Bases e información do concurso