subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Manuel Mirás entrégalle ao Cafe Bar Manuela o primeiro premio do VI Concurso de Tapas de Oroso.


orosoO alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, fixo entrega dos premios da sexta edición do Concurso de Tapas do Concello de Oroso, celebrado durante as dúas primeiras fins de semana de abril e no que participaron 16 locais que agasallaron aos seus clientes con case 3.000 tapas. Un acto no que estivo acompañado polos concelleiros de Promoción Económica, Xaime Carneiro, e Cultura, Antonio Leira.

O primeiro premio foi para o Café Bar Manuela (Sigüeiro) pola súa tapa “Peregrino”, unha proposta que tiña a forma dun peregrino cunha base de zamburiñas e chipiróns recheos. Unha tapa que conseguíu un total de 341 votos, trece máis co segundo clasificado, e pola que recolleu un premio de 300 euros e diploma acreditativo das mans do alcalde Manuel Mirás.

O segundo premio foi para o Bar Sigüeiro, con 328 votos polo seu “Filet mignon”. Os seus responsables recolleron un premio de 200 euros e diploma acreditativo na que foi a súa primeira participación no certame. O terceiro posto foi para Tapería O´Martán, cuxa “Tosta do Martán” reuniu 262 votos. O que fora gañador da edición de 2014 recolleu este ano un premio de 100 euros mais diploma acreditativo.