subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Os maiores de Oroso, protagonistas dos primeiros Encontros co Alcalde e Martes Saudables deste 2016.


 

O Concello de Oroso recuperará ao longo desta semana dúas iniciativas dirixidas á terceira idade de maior aceptación entre o colectivo, cando os bailes dos últimos sábados de mes. Así, mañá venres terá lugar a primeira sesión do ano dos “Martes Saudables”, unha inicativa posta en marcha polo Concello de Oroso e que cada primeiro martes de mes achega aos maiores temas relacionados coa saúde, o benestar e os servizos sociais.

A cita deste martes 2 de febreiro terá como eixo temático “A saúde na mesa” e celebrarase de 17:00 a 19:00 horas no local social da Terceira Idade. A entrada é libre e de balde. Para o martes 1 de marzo está programada a charla: “Prevención de infeccións. Seguridade no fogar”.

Encontro co alcalde

Por outra banda, este xoves 4 de febreiro terá lugar un “Encontro do alcalde cos maiores”, co que o Concello retoma os “Encontros co alcalde”, unha iniciativa do alcalde Manuel Mirás para achegarse dun xeito máis directo aos veciños e veciñas, dar conta da xestión realizada e respostar ás preguntas e inquedanzas que lle trasladen. A cita é de entrada libre e terá lugar ás 19:00 horas no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro.

Tras unha breve intervención do alcalde, na que dará a coñecer a xestión realizada no Concello ata o momento, serán os maiores presentes os quen tomen a palabra para resolver as súas dúbidas ou plantexar as súas peticións directamente ao alcalde.