subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso abre ata o 4 de outubro o prazo de inscrición nas actividades para maiores no curso 2017/2018.


 

O Concello de Oroso abre o prazo de inscrición nas actividades gratuítas para os maiores para o curso 2017/2018, que terán lugar entre os meses de outubro e xuño. O prazo estará aberto ata o 4 de outubro no Departamento de Servizos Sociais (rúa do Deporte nº 9) ou no teléfono 981 688 950.

A oferta do Concello de Oroso para os seus maiores inclúe ximnasia (no centro cultural de Sigüeiro e nos locais sociais das parroquias de Trasmonte, Senra e Os Ánxeles), informática (na Aula de Informática de Sigüeiro) e taichí, obradoiro da memoria e música e movemento (no centro cultural de Sigüeiro). É preciso a inscrición dun mínimo de 10 persoas para a realización de cada actividade.

Para anotarse é preciso ter máis de 60 anos, estar empadroado en Oroso, non estar afectado por ningunha enfermidade infecto-contaxiosa e que a actividade solicitada sexa compatible co estado de saúde do solicitante. Estes cursos están organizados polo Concello de Oroso en colaboración coa Deputación da Coruña.