subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso entrega os premios dos escaparates de Nadal.


orosoOroso celebrou onte pola noite o acto de entrega dos premios do Concurso de Escaparates de Nadal. O gañador do primeiro premio do xurado foi Termópilas Fitness Gym (300 euros), o do segundo Zoclos (200 euros), e o terceiro foi para Petiscos Doces (100 euros).

A cena nun restaurante de Oroso, correspondente á votación en Facebook, foi tamén para Termópilas Fitness Gym e a do sorteo entre os “Me gusta” de Facebook para Inka Fernández. “Temos que dar as grazas a todos os establecementos participantes pola calidade dos escaparates”, afirmoi o alcalde, Manuel Mirás.