subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

'O Camiño dos Valores' pasou por Oroso


orosoO pasado sábado, unhas 300 persoas da terceira edición de ‘O Camiño dos Valores” pasaron por Oroso. Trátase dun proxecto da ONG ‘Up2u-Project Depende de ti’ dirixido a mozos e mozas en risco de exclusión social, cunha delegación territorial en Galicia que preside o xuíz Jose Antonio Vázquez Taín.

O Camiño comezou en Canarias, concretamente en San Bartolomé de Tirajana, onde os menores cos seus educadores fixeron unha etapa dun Camiño Xacobeo recoñecido, entre as localidades de Tunte y Galdar, duns 47 kilómetros.

A caravana non só estaba composta por menores con medidas ou en risco de exclusión, senón tamén por voluntarios de todo tipo como cociñeiros, policías, funcionarios, técnicos, etc.

En Oroso foron recibidos polo alcalde, Mirás Franqueira Manolo, e os concelleiros Antonio Leira, Luis Rey Villaverde e Isabel Fernandez.

Coa delegación canaria desprazouse a concelleira de San Bartolomé de Tirajana, Pino Dolores Santana, á que Manuel Mirás lle manifestou o interés de Oroso “por establecer lazos e apoiar a ruta canaria”.

“Oroso é un gran impulsor do Camiño Inglés e, como xa fixemos en Inglaterra, apoiaremos a ruta canaria, ademais desta iniciativa do Camiño dos Valores, unha experiencia fantástica para os mozos e mozas”, afirmou o alcalde.

A base desta ONG, de ámbito nacional, é traballar no campo da inclusión de menores, con programas especializados nos que colaboran diferentes administracións e organismos.