subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso pon a disposición dos veciños e veciñas entradas para o partido do Depor


orosoO Concello de Oroso a través da Deputación de A Coruña pon a disposición dos veciños e veciñas entradas para asistir o partido de Liga que se xogará o vindeiro sábado día 23 de novembro as 18:00h, no estadio de Riazor (A Coruña) entre o Deportivo e Agrupación Deportiva Alcorcón.

Todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán comunícalo na oficina de deportes do Concello de Oroso antes do xoves 21 de novembro as 12:00 h.

Para máis información contactar coa oficina de deportes a través do correo deportes@oroso.gal ou ben chamando ao 981 92 79 01.