subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

VIII Campionato de Patinaxe Artística


orosoO pasado fin de semana celebrouse en Oroso o VIII Campionato de Patinaxe Artística na modalidade de libre, organizado polo Club Patín Oroso en colaboración co Concello de Oroso.

Déronse cita no pavillón Juanito Amigo de Sigüeiro uns 250 patinadores pertencentes a 18 clubs de Galicia e Asturias.

O sábado 23 foi a quenda dos niveis e o domingo 24 das categorías rexional e nacional. O concelleiro de Deportes Antonio Leira asistiu á entrega de trofeos e puido comprobar a gran actuación do club local, que acadou un total de 16 podios no campionato. Grazas polo voso esforzo!