subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Melloras no eido deportivo


orosoO Concello de Oroso, en coordinación cos clubes deportivos, quere fomentar os hábitos saudables, nos só para os propios deportistas, tamén para os familiares e amigos.

Por iso instalou á entrada do campo de fúlbol un cartel con recomendacións para os pais e nais, que deben apoiar aos seus fillos e fillas pero nunca caer no desprezo a árbitros ou rivais.

Por outra parte, o Concello de Oroso habilitou un buzón de correo para cada clube deportivo no pavillón, co obxectivo de que poidan recibir a súa correspondencia.

“Cos carteis de hábitos de conduta e os buzóns continuamos co noso obxectivo de mellorar os servizos que lle damos aos clubes, o deporte é unha prioridade para o Concello de Oroso”, asegura o concelleiro Antonio Leira.