subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso inaugura o novo circuíto municipal de bicicross de Porto Avieira


orosoO Concello de Oroso inaugurou este sábado o seu novo circuito municipal de bicicross en Porto Avieira, nun acto ao que asistiron membros da corporación local e decenas de veciños e veciñas.

A actuación serviu para recuperar uns terreos ubicados nunha contorna natural e foi unha petición do Oroso Club Ciclista ao concello. “Considerámolo unha boa iniciativa para fomentar os hábitos de vida saudables e o deporte entre os nenos e nenas”, explica Antonio Leira, concelleiro de Deportes, que destacou “a colaboración con todos os clubes locais”.

“Agradecemos aos clubes de ciclismo a súa proposta e ao ex alcalde, Manuel Miras, por ser partícipe da mesma; o concello está traballando de forma directa cos clubes para mellorar e facer mais instalacións deportivas, Oroso segue a ser referente no deporte”, engadiu.

O acto de inauguración incluíu unha exhibición e os asistentes puideron probar o circuito, que ten unha lonxitude de máis de 800 metros e un ancho variable de entre 2,40 e seis metros. Para a súa construción, utilizouse zahorra e outros materiais adecuados ao entorno natural.

“O fomento dos hábitos de vida saudables é unha prioridade para o noso grupo de goberno, recuperando ademais espazos naturais para os desfrute dos nosos veciños e veciñas”, engadiu o alcalde, Luis Rey Villaverde.