II Campus Obradoiro Cabreiroá
Presentado o II Campus de Baloncesto Obradoiro Cabreiroá que terá lugar nas pistas do CEIP do Camiño Inglés, pavillón do IES de Oroso e municipal de Oroso dende o 4 ao 8 de xullo.
O campus está dirixido a nenos e nenas entre 6 e 18 anos, e terá duas xornadas, a de mañá de 9:30 a 13:30 horas e a de tarde de 16:00 a 19:00 horas.
Como inscribirse?
1º- Cubre a ficha de inscrición
2º- Realiza o pago.
3º- Envía a ficha de inscrición cuberta e o xustificante bancario a campusoroso@obradoirocab.com
*Tamén podes realizar a xestión nas oficinas a partir de mañá.
Se precisas máis información, na web do obraodiro.
Na presentación do Campus estivo Daniel Agra, director de marketing de Monbus Obradoiro, Camilo Rivero, director do Campus, Alvaro Raviña, responsable de educación física do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés, Viny Okou, xogador do primeiro equipo, Luis Rey, alcalde de Oroso e Antonio Leira, concelleiro de Deportes de Oroso.
Luis Rey e Antonio Leira destacaron a boa sintonía que veñen desenvolvendo desde o ano 2017, cando se firmou o convenio de colaboración para poñer en marcha a escola de baloncesto, entre o Monbus Obradoiro, o CEIP do Camiño inglés, e o Concello de Oroso. Froito desa colaboración en Oroso xa hai varios equipos federados competindo e este Campus e un valor engadido máis a boa colaboración entre as tres partes.
Tamén aproveitaron para agradecerlle ao Obradoiro e o CEIP Camiño inglés a posibilidade de poder ofrecerlle aos menos e nenas do concello a participación neste campus que sen dúbida será un novo éxito de organización e participación, e unha demostración máis da aposta polo deporte en Oroso, en especial por este gran deporte.