subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

II Mini BTT do Concello de Oroso


orosoOroso acolle o vindeiro domingo 30 de abril a 'II MINI BTT CONCELLO DE OROSO', que se celebrará na área recreativa do parque do Carboeiro. A proba está dirixida á mocidade, baixo a organización do Club Oroso Ciclista en colaboración co Concello de Oroso.

A inscrición, limitada a 450 participantes, é gratuíta para persoas federadas e ten un custo de 5 euros para os deportistas sen licenza federativa. A data límite de inscrición é o 27 de abril.

O acceso ó Paseo do Carboeiro permanecerá pechado desde o sábado 29 ás 16:00 horas ata o domingo 30 ás 15:00 horas.
Informáse tamén que durante a proba estará cortado o tráfico no tramo de vía entre a avenida Alvaro Cunqueiro e a rotonda do Camiño Inglés.

Estará prohibido aparcar na Rúa Hortensia Ramos desde as 14:00 horas do día 29 ata as 15:00 horas do día 30 de abril.