subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso lembra que a ordenanza de limpeza prohíbe colocar carteis e pancartas en marquesiñas, alumeados e contenedores.


O Concello requeriu a seis entidades para que retiren os carteis colocados fóra dos espazos habilitados para elo.

orosoO Concello de Oroso lembra que a ordenanza municipal de limpeza prohíbe pegar carteis e pancartas en bens afectos a un servizo público, como son as marquesiñas, os sinais de tráfico, os contenedores do lixo, os postes do alumeado... Unha ordenanza que incumpriron nos últimos días varias comisións de festas, unha asociación e varias entidades, ás que o Concello de Oroso requeríu por escrito para que retiren os carteis.

O concelleiro de Medio Ambiente, Pepe Castro, indica que “este requerimento é o primeiro paso para resolver o problema pola vía do diálogo. No caso de que non consigamos ningún resultado positivo, abrirase un expediente sancionador que lles obrigará a retirar os carteis e á limpeza da parte ensuciada e que mesmo podería conlevar unha sanción de entre 3.000 e 6.000 euros”. Porén, Castro Rial explica que “dende o Concello de Oroso fixemos un esforzo para habilitar espazos nos que colocar esa publicidade e imos facer que se cumpra a normativa vixente”.

O Concello de Oroso recoñece que a gran maioría das comisións de festas, especialmente as do propio municipio, son respectuosas coa normativa de limpeza viaria orosán e empregan os lugares habilitados para colocar os seus carteis. “Dende o Concello de Oroso sempre estamos abertos a informar a todas as comisións de festas e entidades, tanto de Oroso como de outros municipios, dos lugares autorizados para poñer os seus carteis”, apunta o concelleiro de Limpeza Viaria orosán.