O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá este xoves, 7 de maio, ás 20:00 horas, unha conferencia titulada “As curiosidades dos ríos de Oroso”, que será impartida por Fernando Cobo, profesor titular de Zooloxía da Universidade de Santiago de Compostela e director da Estación Hidrobiolóxica da USC do Encoro de Con. Unha iniciativa aberta a todos os veciños e veciñas de Oroso, independentemente da súa idade, e que os achegará a coñecer algúns aspectos dos seis ríos que bañan este municipio: Tambre, Carboeiro, Samo, Cabrón, Lengüelle e Maruzo." /> O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá este xoves, 7 de maio, ás 20:00 horas, unha conferencia titulada “As curiosidades dos ríos de Oroso”, que será impartida por Fernando Cobo, profesor titular de Zooloxía da Universidade de Santiago de Compostela e director da Estación Hidrobiolóxica da USC do Encoro de Con. Unha iniciativa aberta a todos os veciños e veciñas de Oroso, independentemente da súa idade, e que os achegará a coñecer algúns aspectos dos seis ríos que bañan este municipio: Tambre, Carboeiro, Samo, Cabrón, Lengüelle e Maruzo." /> O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá este xoves, 7 de maio, ás 20:00 horas, unha conferencia titulada “As curiosidades dos ríos de Oroso”, que será impartida por Fernando Cobo, profesor titular de Zooloxía da Universidade de Santiago de Compostela e director da Estación Hidrobiolóxica da USC do Encoro de Con. Unha iniciativa aberta a todos os veciños e veciñas de Oroso, independentemente da súa idade, e que os achegará a coñecer algúns aspectos dos seis ríos que bañan este municipio: Tambre, Carboeiro, Samo, Cabrón, Lengüelle e Maruzo." /> Concello de Oroso - Sigüeiro acolle unha charla sobre as curiosidades dos ríos de Oroso.
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Sigüeiro acolle unha charla sobre as curiosidades dos ríos de Oroso.


Previamente terá lugar a inauguración da exposición coas fotografías presentadas ao concurso fotográfico “Fotografía os nosos ríos”.

O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá este xoves, 7 de maio, ás 20:00 horas, unha conferencia titulada “As curiosidades dos ríos de Oroso”, que será impartida por Fernando Cobo, profesor titular de Zooloxía da Universidade de Santiago de Compostela e director da Estación Hidrobiolóxica da USC do Encoro de Con. Unha iniciativa aberta a todos os veciños e veciñas de Oroso, independentemente da súa idade, e que os achegará a coñecer algúns aspectos dos seis ríos que bañan este municipio: Tambre, Carboeiro, Samo, Cabrón, Lengüelle e Maruzo.

Despois da conferencia, o Concello de Oroso fará entrega duns obsequios aos participantes no certame de fotografía “Fotografía os nosos ríos”, momento no que quedará inaugurada unha exposición coas imaxes aportadas polos veciños e veciñas do municipio e que poderá visitarse durante a XIII Festa da Troita.