O Concello de Oroso convoca a primeira edición do certame fotográfico “Fotografía os nosos ríos”, cuxo prazo de presentación de obras estará aberto dende hoxe ata o mércores 29 de abril. Trátase dun certame co cal o Concello de Oroso busca “achegar aos nosos veciños a beleza dos seis ríos que cruzan o noso municipio, ben sexa en persoa, facendo as fotos e participando no certame, ben contemplando a exposición que faremos durante os días previos á Festa da Troita”, sinala o concelleiro de Medio Ambiente, Xaime Carneiro." /> O Concello de Oroso convoca a primeira edición do certame fotográfico “Fotografía os nosos ríos”, cuxo prazo de presentación de obras estará aberto dende hoxe ata o mércores 29 de abril. Trátase dun certame co cal o Concello de Oroso busca “achegar aos nosos veciños a beleza dos seis ríos que cruzan o noso municipio, ben sexa en persoa, facendo as fotos e participando no certame, ben contemplando a exposición que faremos durante os días previos á Festa da Troita”, sinala o concelleiro de Medio Ambiente, Xaime Carneiro." /> O Concello de Oroso convoca a primeira edición do certame fotográfico “Fotografía os nosos ríos”, cuxo prazo de presentación de obras estará aberto dende hoxe ata o mércores 29 de abril. Trátase dun certame co cal o Concello de Oroso busca “achegar aos nosos veciños a beleza dos seis ríos que cruzan o noso municipio, ben sexa en persoa, facendo as fotos e participando no certame, ben contemplando a exposición que faremos durante os días previos á Festa da Troita”, sinala o concelleiro de Medio Ambiente, Xaime Carneiro." /> Concello de Oroso - O Concello de Oroso convoca un certame de fotografía sobre os seis ríos do municipio.
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso convoca un certame de fotografía sobre os seis ríos do municipio.


Coas obras presentadas farase unha exposición durante a semana da Festa da Troita e editarase un catálogo fotográfico.

O Concello de Oroso convoca a primeira edición do certame fotográfico “Fotografía os nosos ríos”, cuxo prazo de presentación de obras estará aberto dende hoxe ata o mércores 29 de abril. Trátase dun certame co cal o Concello de Oroso busca “achegar aos nosos veciños a beleza dos seis ríos que cruzan o noso municipio, ben sexa en persoa, facendo as fotos e participando no certame, ben contemplando a exposición que faremos durante os días previos á Festa da Troita”, sinala o concelleiro de Medio Ambiente, Xaime Carneiro.

Con esta convocatoria, o Concello de Oroso pretende que os veciños e veciñas do municipio aporten as súas instantáneas sobre os recunchos que lles son máis queridos dos ríos Tambre, Carboeiro, Samo, Cabrón, Lengüelle e Maruzo. As fotografías, cun máximo de 5 por persoa, deberán presentarse reveladas (e cun tamaño non superior aos 30x60 centímetros) no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro antes do 29 de abril.

Con todas as obras presentadas, o Concello de Oroso organizará unha exposición fotográfica no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa durante a semana previa á celebración da Festa da Troita, é dicir, entre o 4 e o 9 de maio. Así mesmo, o Concello de Oroso pretende publicar un catálogo fotográfico coas obras presentadas, e que será entregado aos participantes no certame xunto con algún obsequio.