O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá mañá venres a primeira das xornadas “Oroso: reduce, reutiliza e recicla”, organizadas polo Concello de Oroso para fomentar a reciclaxe entre os seus veciños e veciñas. Unha xornada de aproximadamente unha hora de duración, que comezará ás 11:30 horas e que estará dirixida pola técnico municipal de medioambiente de Oroso, Paloma Blanco." /> O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá mañá venres a primeira das xornadas “Oroso: reduce, reutiliza e recicla”, organizadas polo Concello de Oroso para fomentar a reciclaxe entre os seus veciños e veciñas. Unha xornada de aproximadamente unha hora de duración, que comezará ás 11:30 horas e que estará dirixida pola técnico municipal de medioambiente de Oroso, Paloma Blanco." /> O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá mañá venres a primeira das xornadas “Oroso: reduce, reutiliza e recicla”, organizadas polo Concello de Oroso para fomentar a reciclaxe entre os seus veciños e veciñas. Unha xornada de aproximadamente unha hora de duración, que comezará ás 11:30 horas e que estará dirixida pola técnico municipal de medioambiente de Oroso, Paloma Blanco." /> Concello de Oroso - Sigüeiro acolle mañá sábado a primeira das xornadas de fomento da reciclaxe no municipio.
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Sigüeiro acolle mañá sábado a primeira das xornadas de fomento da reciclaxe no municipio.


Terá lugar ás 11:30 horas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa.

O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro acollerá mañá venres a primeira das xornadas “Oroso: reduce, reutiliza e recicla”, organizadas polo Concello de Oroso para fomentar a reciclaxe entre os seus veciños e veciñas. Unha xornada de aproximadamente unha hora de duración, que comezará ás 11:30 horas e que estará dirixida pola técnico municipal de medioambiente de Oroso, Paloma Blanco.

A asistencia a estas xornadas é totalmente libre e o Concello de Oroso sorteará entre todos os asistentes composteiros e carritos da compra. Ademais, para facilitar o acceso a estas xornadas, o Concello de Oroso decidiu levalas polas distintas parroquias do municipio, puidendo os veciños acudir a calquera das seis citas programadas. As seguintes citas terán lugar nos locais sociais de Deixebre (14 de marzo ás 16:00 horas), Marzoa (21 de marzo, ás 11:30 horas), Senra (28 de marzo, ás 11:30 horas), Gándara (28 de marzo ás 16:00 horas) e Grabanxa (sábado 4 de abril ás 11:30 horas).

Estas xornadas están organizadas polo Concello de Oroso e contan co patrocinio das empresas Limpiezas Sigüeiro SL, SOL Servicios, Obras y Limpiezas SL, Excavaciones y Obras Cerceda SL y GRS XXII Obras y Servicios SL. Así mesmo, tamén colaboran nesta iniciativa SOGAMA e Ecovidrio.