O Concello de Oroso vai celebrar ao longo de todos os sábados do vindeiro mes de marzo unhas xornadas para fomentar a reciclaxe entre os seus veciños e veciñas. As xornadas, denominadas “Oroso: reduce, reutiliza e recicla”, serán impartidas pola técnico municipal de medioambiente, Paloma Blanco, quen tamén está a levar a iniciativa polos distintos centros educativos do municipio." /> O Concello de Oroso vai celebrar ao longo de todos os sábados do vindeiro mes de marzo unhas xornadas para fomentar a reciclaxe entre os seus veciños e veciñas. As xornadas, denominadas “Oroso: reduce, reutiliza e recicla”, serán impartidas pola técnico municipal de medioambiente, Paloma Blanco, quen tamén está a levar a iniciativa polos distintos centros educativos do municipio." /> O Concello de Oroso vai celebrar ao longo de todos os sábados do vindeiro mes de marzo unhas xornadas para fomentar a reciclaxe entre os seus veciños e veciñas. As xornadas, denominadas “Oroso: reduce, reutiliza e recicla”, serán impartidas pola técnico municipal de medioambiente, Paloma Blanco, quen tamén está a levar a iniciativa polos distintos centros educativos do municipio." /> Concello de Oroso - O Concello de Oroso organiza unhas xornadas para fomentar a reciclaxe no municipio.
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso organiza unhas xornadas para fomentar a reciclaxe no municipio.


A iniciativa terá lugar todos os sábados do mes de marzo en distintas parroquias de Oroso.

O Concello de Oroso vai celebrar ao longo de todos os sábados do vindeiro mes de marzo unhas xornadas para fomentar a reciclaxe entre os seus veciños e veciñas. As xornadas, denominadas “Oroso: reduce, reutiliza e recicla”, serán impartidas pola técnico municipal de medioambiente, Paloma Blanco, quen tamén está a levar a iniciativa polos distintos centros educativos do municipio.

Con este programa, o Concello de Oroso pretende concienciar a todos os veciños sobre a importancia de reducir a nosa produción de lixo, ao tempo que facilitar consellos sobre como podemos reutilizar aqueles recursos que empregamos na vida diaria e explicarlles os beneficios que proporciona a reciclaxe. De feito, para facilitar o acceso a estas xornadas, o Concello de Oroso decidiu levalas polas distintas parroquias do municipio, puidendo os veciños acudir a calquera das seis citas programadas.

A primeira sesión, que terá unha duración de apenas unha hora, terá lugar o vindeiro sábado 7 de marzo, ás 11:30 horas, na capital municipal, concretamente no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa. Despois, estas xornadas trasladaranse aos locais sociais de Deixebre (14 de marzo ás 16:00 horas), Marzoa (21 de marzo, ás 11:30 horas), Senra (28 de marzo, ás 11:30 horas), Gándara (28 de marzo ás 16:00 horas) e Grabanxa (sábado 4 de abril ás 11:30 horas). Entre todos os asistentes sortearanse composteiros e carritos da compra.

Estas xornadas están organizadas polo Concello de Oroso e contan co patrocinio das empresas Limpiezas Sigüeiro SL, SOL Servicios, Obras y Limpiezas SL, Excavaciones y Obras Cerceda SL y GRS XXII Obras y Servicios SL. Así mesmo, tamén colaboran nesta iniciativa SOGAMA e Ecovidrio.