O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro será a sede do ciclo de cine-debate “O ambiente imaxinado”, organizado polo Concello de Oroso en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias. Un ciclo co cal o Concello de Oroso pretende espertar conciencias e achegar realidades aos seus veciños e veciñas, especialmente aos máis novos, así como falar da influencia do ser humano no medio natural e os perigos que pode supoñer para o próximo futuro. " /> O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro será a sede do ciclo de cine-debate “O ambiente imaxinado”, organizado polo Concello de Oroso en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias. Un ciclo co cal o Concello de Oroso pretende espertar conciencias e achegar realidades aos seus veciños e veciñas, especialmente aos máis novos, así como falar da influencia do ser humano no medio natural e os perigos que pode supoñer para o próximo futuro. " /> O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro será a sede do ciclo de cine-debate “O ambiente imaxinado”, organizado polo Concello de Oroso en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias. Un ciclo co cal o Concello de Oroso pretende espertar conciencias e achegar realidades aos seus veciños e veciñas, especialmente aos máis novos, así como falar da influencia do ser humano no medio natural e os perigos que pode supoñer para o próximo futuro. " /> Concello de Oroso - O Concello de Oroso inicia mañá martes o ciclo de cine-debate "O Ambiente Imaxinasdo".
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso inicia mañá martes o ciclo de cine-debate "O Ambiente Imaxinasdo".


O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa acollerá todos os martes a proxeción de catro películas ata o 17 de febreiro.

O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro será a sede do ciclo de cine-debate “O ambiente imaxinado”, organizado polo Concello de Oroso en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias. Un ciclo co cal o Concello de Oroso pretende espertar conciencias e achegar realidades aos seus veciños e veciñas, especialmente aos máis novos, así como falar da influencia do ser humano no medio natural e os perigos que pode supoñer para o próximo futuro.

O ciclo “O ambiente imaxinado” inclúe a proxeción de catro películas infantís relacionadas con temas medioambientais, que terán lugar todos os martes ata o 17 de febreiro, ás 18:00 horas. A entrada é totalmente de balde. O ciclo comezará mañá martes, 27 de xaneiro, coa proxeción da película de Disney “Wall-E, batallón de limpeza”. Unha divertida película que servirá como base para un debate sobre os patróns de consumo e a súa repercusión no medio ambiente.

Programa

Para o vindeiro martes, 3 de febreiro, está programada a emisión do filme español “Glup, unha aventura sen desperdicio”, que servirá de punto de partida para falar sobre a reciclaxe e o verdadeiro valor das cousas. Unha película dunha produtora galega, “O espírito do bosque”, permitirá debatir sobre a proteción dos bosques fronte aos intereses económicos. Un debate que terá lugar o martes 10 de febreiro.

A única proxeción do único filme de imaxe real, xa que os outros tres son de animación, será o encargado de pechar este ciclo de cine-debate. “A árbore, o alcalde e a mediateca”, de Eric Rohmer, exporá como a construción dun centro cultural é impedida pola necesidade de cortar unha árbore.