O Concello de Oroso organiza un obradoiro para construir caixas-niño para paxaros, que terá lugar nas mañáns dos días 6, 7 e 8 de abril. Unha iniciativa totalmente de balde e dirixida a nenos e nenas do municipio de entre 8 e 14 anos, que deberán anotarse previamente no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. O prazo de inscrición abriuse hoxe e estará aberto ata completar as 20 prazas dispoñibles." /> O Concello de Oroso organiza un obradoiro para construir caixas-niño para paxaros, que terá lugar nas mañáns dos días 6, 7 e 8 de abril. Unha iniciativa totalmente de balde e dirixida a nenos e nenas do municipio de entre 8 e 14 anos, que deberán anotarse previamente no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. O prazo de inscrición abriuse hoxe e estará aberto ata completar as 20 prazas dispoñibles." /> O Concello de Oroso organiza un obradoiro para construir caixas-niño para paxaros, que terá lugar nas mañáns dos días 6, 7 e 8 de abril. Unha iniciativa totalmente de balde e dirixida a nenos e nenas do municipio de entre 8 e 14 anos, que deberán anotarse previamente no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. O prazo de inscrición abriuse hoxe e estará aberto ata completar as 20 prazas dispoñibles." /> Concello de Oroso - O Concello de Oroso organiza un obradoiro para construir caixas-niño para paxaros.
subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso organiza un obradoiro para construir caixas-niño para paxaros.


Está dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos e as caixas-niño colocaranse no Paseo do Río Carboeiro.

O Concello de Oroso organiza un obradoiro para construir caixas-niño para paxaros, que terá lugar nas mañáns dos días 6, 7 e 8 de abril. Unha iniciativa totalmente de balde e dirixida a nenos e nenas do municipio de entre 8 e 14 anos, que deberán anotarse previamente no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. O prazo de inscrición abriuse hoxe e estará aberto ata completar as 20 prazas dispoñibles.

O Centro Cultural Fernando Casas e Novoa será a sede deste obradoiro, que terá lugar entre as 11:30 e as 13:00 horas dos días 6, 7 e 8 de abril. Durante esas catro horas e media, os rapaces e rapazas de Sigüeiro elaborarán unhas caixas-niño para paxaros que posteriormente colocarán nas árbores do Paseo do Río Carboeiro.

O Concello de Oroso facilitará todo o material preciso para a construción destas caixas-niño, que terán como modelo as elaboradas pola empresa ordense Internaco e utilizadas tamén noutros municipios da comarca coma Ordes. Unha caixas de madeira que están especialmente deseñadas para a súa utilización por especies coma o gorrión (común e molinero), a abubela, o torcecuello, o papamoscas gris, o herrerillo (común e capuchino), o carbonero (común e garrapinos), o chochín, o trepador azul, o agateador común, a lavandeira cascadeña e o roquero solitario. Isto é así polo tamaño do aguxeiro da entrada de cada caixa.

Este obradoiro de construción de caixas-niño únese ao programa “Diver Primavera” para completar a oferta do Concello de Oroso para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar dos pais e nais do municipio durante as vacacións escolares de Semana Santa.