subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso ultima o programa de limpeza e acondicionamento das súas áreas recreativas e zonas verdes.


orosoA brigada de Obras do Concello de Oroso está a rematar estes días co programa de limpeza e acondicionamento das distintas áreas recreativas e zonas verdes do municipio. Uns traballos nos que, ademais de limpar toda a zona de maleza, tamén se realizan arranxos do mobiliario municipal (bancos,mesas, barbacoas...) das distintas áreas recreativas.

Ademais, o Concello de Oroso informa de que ao longo dos próximos días recuperarase o ritmo de limpeza de maleza nas distintas vías municipais, despois duns meses de baixa dun traballador que fixo que se resentise este servizo, xa que o Goberno Central non permite repoñer eses postos de traballo. Ademais, esa baixa coincidiu coa avaría dunha das máquinas, que xa está reparada.