subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Os cativos do ‘Summer Camp’ de Oroso visitan a Policía Local e Protección Civil para coñecer o seu traballo.


orosoOs cativos participantes nos campamentos estivais ‘Summer Camp’ no Concello de Oroso recibiron a visita dos responsables da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil para darlles a coñecer o labor que desenvolven estas dúas entidades en beneficio dos veciños e veciñas do municipio.

Dunha maneira sinxela e cun tono moi didáctico, os nenos e nenas recibiron explicacións sobre as tarefas que efectúan no seu día a día tanto o corpo de seguridade municipal como a agrupación que se encarga de previr situacións de risco e atender e intervir nas emerxencias que se produzan.

A parte da actividade que máis lles gustou aos participantes no ‘Summer Camp’ foi a visita aos vehículos cos que contan os dous servizos municipais. Para iso, na Alameda de Góis estacionáronse tres das unidades coas que conta Protección Civil e unha das da Policía Local, estreadas hai só uns días. Os pequenos puideron subir a eles e ver os distintos dispositivos cos que están equipados. Baixo a supervisión dos responsables, tiveron ocasión de activar os equipos de comunicación, os sinais luminosos e as sereas dos vehículos, que é o que máis lles chama a atención.