subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso dedica este ano os seus actos do Camiño Inglés a Cosme III de Médici e pon en marcha unha nova edición do concurso escolar “Escríbelle unha carta a..."


orosoO Concello de Oroso dedica este ano as súas actividades relacionados co Camiño Inglés a Cosme II de Médici, un príncipe herdeiro do gran ducado da Toscana que pasou polo municipio coruñés no ano 1669.

Dentro das actividades previstas polo grupo de goberno liderado por Manuel Mirás, o Concello de Oroso pon en marcha unha nova edición do concurso escolar “Escríbelle unha carta a Cosme III de Médici”, no que participarán alumnos e alumnas do CEIP Sigüeiro, o CEIP Camiño Inglés, o IES Oroso e o College St. John’s de Inglaterra.

“É un forma de que os rapaces e rapazas coñezan a historia da personaxe, como xa fixemos outros anos con Margery Kempe e János Zádori, e sepan máis cousas do Camiño Inglés”, sostén o concelleiro responsable de Turismo, Antonio Leira.

O Concello de Oroso ten previstas diferentes iniciativas ao longo do ano, como o III Encontro Internacional no Camiño Inglés, que estará dedicado precisamente á figura de Cosme III de Médici.

Oroso é cada día máis coñecido polo seu papel na revitalización do Camiño Inglés. O ano pasado, Mirás e Leira asinaron en Inglaterra un convenio de colaboración coa asociación Friends of Finchale Camino, equivalente a unha asociación de amigos do Camiño de Santiago.

O grupo de goberno está desde hai anos moi activo en todo o referente ás peregrinacións, ata o extremo de abrir o único centro de mundo adicado ao estudo dese sendeiro medieval que procedía da Coruña e Ferrol para rematar en Compostela: o CEICI (Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés).