subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso inicia a instalación de pasos de peóns elevados no casco urbán de Sigüeiro.


Trátase dunha medida que incrementará a seguridade vial dos veciños e veciñas de Sigüeiro.

oroso O Concello de Oroso iniciou hoxe a instalación de varios pasos de peóns elevados nas rúas do casco urbán de Sigüeiro. Unha medida que, nesta primeira fase, afecta a dúas rúas da capital municipal: Xuncal e Río Lengüelle, que comunican o centro de Sigüeiro coa N-550.

O concelleiro de Tráfico, Xosé Castro, explica que o Concello de Oroso tomou esta decisión “para incrementar a seguridade vial dos veciños e veciñas de Sigüeiro naquelas rúas nas que se rexistra unha maior circulación e evitar así que os vehículos circulen por elas a unha velocidade inaxeitada”. De feito, a rúa do Xuncal é unha das principais entradas ao casco urbán de Sigüeiro dos vehículos que proveñen á N-550 e pasa xusto por diante do paseo do Carboeiro, lugar que é frecuentado por moitos nenos.

A instalación destes pasós de peóns elevados comezou esta mañá nestas dúas rúas e agárdase que esté rematada nos vindeiros días. Uns pasos de peóns que tamén se instalarán nunha segunda fase noutras rúas do casco urbán de Sigüeiro.

Así mesmo, os operarios municipais tamén iniciaron hoxe a colocación de bolardos no entorno da praza Isaac Díaz Pardo (antiga praza do Concello). “Trátase dunha medida para evitar que os coches invadan as beirarrúas e que mesmo se suban á praza”, explica Xosé Castro. Uns bolardos de ferro que están recubertos dun protector de plástico para minimizar calquer impacto cos vehículos.