subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso recibe un vehículo "Pick-Up" para intervencións rápidas.


Manuel Mirás logra o apoio da Xunta para a elaboración do Plan Municipal de Urxencias e a profesionalización do Servizo de Protección Civil.

oroso O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, presidíu este luns a entrega dun vehículo “pick-up” de intervención rápida ao Concello de Oroso por parte da Consellería de Presidencia. Trátase dun vehículo “totalmente equipado, cun depósito de máis de catrocentos litros de auga e con equipos de respiración, que permitirá que poidamos dar unha resposta case inmediata a calquera incidencia que se produza en calquer punto do municipio”, explica Manuel Mirás.

A “pick-up” está especialmente deseñada para intervencións rápidas en sucesos coma incendios, accidentes, rescates ou limpezas de carretera. Conta cun depósito de auga con capacidade para catrocentos litros, dous equipos autónomos de respiración incorporados ao asento (para protexer ao persoal), unha mangueira de carga que lle permite repostar auga en calquer punto, unha mangueira de pistola a presión (que funciona coma unha motobomba) e un cabrestante electrónico na súa parte dianteira, para tarefas de remolque. Asemade, o vehículo conta cun importante equipo de iluminación, tanto dianteiro coma traseiro, e unha terminal de comunicacións móbiles.

pick-up A directora xeral de Protección Civil e a delegada provincial de Presidencia, Aurora Moinelo, foron as encargadas de facer entrega deste vehículo ao Concello de Oroso e ofreceron a total colaboración da Consellería para dotar ao municipio de diversos puntos nos que a “pick-up” poida repostar auga con rapidez. Asemade, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, aproveitou para consegui-lo apoio de Presidencia á elaboración do Plan Municipal de Urxencias e á profesionalización do Servizo de Protección Civil. “A partires do ano que vén non só haberá voluntarios en Protección Civil, senon tamén xente con adicación exclusiva, que será persoal laboral do Concello”, explica Manuel Mirás.

O alcalde de Oroso lembra que este municipio está nunha situación estratéxica, entre os parques comarcais de Ordes e Santiago, o que permite que “calquera poboación do concello esté a menos de vinte minutos deste servizo”. Asemade, Mirás Franqueira asegura que coa entrada en servicio desta “pick up”, os veciños e veciñas do municipio disporán “dun servizo de intervención aínda máis cercana e máis rápida”.