subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso instalará contenedores soterrados en Sigüeiro.


A actuación levarase a cabo nos vindeiros catro anos e os primeiros contenedores instalaranse na rúa Camiño Real.

O Concello de Oroso vai proceder á instalación de contenedores soterrados para residuos sólidos urbáns na localidade de Sigüeiro. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, explica que se trata “dunha actuación a catro anos vista coa que seguimos traballando na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas de Sigüeiro”. Non en van, o soterramento dos contenedores suporá a eliminación de olores molestos para os veciños/as (xa que están herméticamente pechados) asi como unha importante mellora na estética urbana de Sigüeiro (xa que se integran perfectamente ao mobiliario existente na zona). Asemade, a súa gran capacidade de almacenamento evita tamén o abandono de bolsas de lixo fóra dos contenedores habituais e supón un aforro nos gastos de recollida.

O primeiro destes contenedores soterrados instalarase na rúa Camiño Real. O Concello de Oroso estima que as obras poderían desenvolverse nun prazo aproximado de cinco meses. Manuel Mirás anuncia que estas actuacións “despois vanse extender ás demais prazas e rúas de Sigüeiro para que, nun prazo de catro anos, teñamos soterrados a maioría dos contenedores”.

Ata entón, e na súa preocupación pola defensa do medio ambiente, o Concello de Oroso ten previsto levar a cabo unha campaña de concienciación entre a poboación do municipio para a boa utilización dos contenedores actuais. O obxectivo é concienciar aos veciños/as de Oroso da importancia de separa-los refugallos nos seus fogares e despois depositalos nos seus correspondentes contenedores: papel e cartón, vidro, envases lixeiros e residuos orgánicos.