subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

XXII Festa da Troita.


Manuel Mirás Para todos os veciños e veciñas de Oroso, é un orgullo e un motivo de ledicia acoller a XXII Festa da Troita. Como cada mes de maio, demostraremos que somos un concello acolledor, con moito que ofrecer desde un punto de vista gastronómico, paisaxístico e lúdico. Pasaron máis de dúas décadas desde a primeira edición desta festa, alá polo ano 1997. Agora temos un evento xa consolidado e tamén unha oportunidade para promocionar o noso concello. Oroso é natureza e hospitalidade, un lugar de parada no Camiño Inglés a Compostela cunha protagonista durante os días 11, 12 e 13 de maio: a nosa troita. Sempre é un bo momento para saborear este manxar dos ríos e pasear polos sendeiros naturais de Oroso, pero como ben sabedes a Festa da Troita é moito máis: música de día e de noite, cultura, maxia e actividades para todas as idades.
A promoción dos tesouros naturais e dos produtos da nosa terra debe ser unha prioridade para todos os galegos e galegas. Desde o Concello de Oroso queremos contribuír nesta tarefa e por iso traballamos ao máximo para que a Festa da Troita de 2018 sexa inesquecible. No amplo programa deste ano, hai espazo para as orquestras, os bailes, os tradicionais campionatos de pesca, espectáculos de maxia, obradoiros infantís, charangas… e, como non, a nosa mascota Troi estará polas rúas animándovos a participar na degustación da troita e no tradicional xantar popular o domingo 13 de maio. Como alcalde de Oroso, estou na obriga de dar como cada ano as grazas a todas aquelas persoas que traballaron moi duro durante moitos meses para que a festa sexa un éxito: a todo o meu equipo de goberno, ao persoal do concello, os establecementos de hostalaría, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, músicos invitados, pescadores e expositores.
E como non, o meu agradacemento para todos vós, veciños e veciñas, pola vosa participación nesta festa e polo agarimo co que tratades aos máis de 30.000 visitantes que enchen as rúas do Concello de Oroso. Festa de Interese Turístico Galego desde o 2009, no mes de maio somos a capital da gastronomía e dos eventos populares en Galicia polo esforzo de todos e cada un de vós. Grazas e a desfrutar!


Programa da Festa

programa festa da troita


  • 22:30 horas: FESTIVAL OROSO EN VIVO
         - Orquestra París
         - Orquestra Ibiza
    Lugar: Alameda de Góis

  • 09:00 a 13:00 horas: Campionato de pesca Adultos/as
  • 10:00 a 13:00 horas: Obradoiros infantís
    Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
  • 12:00 horas: Inauguración exposición "Son de Campo Mulleres Rurais e Comercio Local de Oroso".
    Lugar: Arredores Praza de Isaac Díaz Pardo
  • 12:00 horas: Charanga os Atrevidos.
  • 16:00 a 20:00 horas: Campionato de pesca Adultos/as.
  • 18:00 horas: Asoc. Folklórica Lembranzas do Tambre.
    Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
  • 19:30 horas: Asoc. Cultura Néboas do Cumio.
    Lugar: Praza de Isaac Díaz Pardo
  • 22:30 horas: FESTIVAL OROSO EN VIVO.
         - Orquestra Panorama
         - Orquestra Chanel
    Lugar: Alameda de Góis


  • 09:30 a 13:30 horas: Campionato de Pesca Infantil.
  • 10:30 horas: Pasacalles.
         - Charanga Mekánica
  • 11:30 a 13:30 horas: Mago Romarís "Ilusións ópticas".
    Lugar: Praza Isaac Díaz Pardo
  • 12:00: Pasacalle e baile.
    Actuación: A.F. Buxos Verdes

    Lugar: Alameda de Góis e arredores
  • 12:30 horas: Degustación de Troitas en bares colaboradores e na Alameda de Góis.
         - Pasacalles Charanga Mekánika
  • 13:30 horas: Pregón Popular.
    Entrega de premios e trofeos do Campionato de Pesca.
    Lugar: Alameda de Góis.
  • 14:15 horas: Sesión Vermú:
         - Orquestra Marbella
    Lugar: Alameda de Góis.
  • 14:30 horas: Xantar Popular
    Lugar: Carpa da Alameda de Góis. 
  • 16:30 horas: Pasacalle e Charangas:
         - Charanga Mekánika

  • 17:30 a 19:30 horas: Mago Romarís "Ilusións ópticas".
    Lugar: Praza Isaac Díaz Pardo e arredores
  • 19:30 horas: Verbena:
         - Orquestra Marbella
         - Orquestra Os Satélites
    Lugar: Alameda de Góis.
     

En caso de mal tempo as programacións da Praza Isaac Díaz Pardo trasladaranse ao Centro Cultural.



Relación de bares participantes na degustación de troitas.

ANBORE COFFEE BAR BAR A RUTA BAR BOQUETE BAR FALMEGA
BAR FERNÁNDEZ BAR GOROS BAR NOVA XEIRA BAR O CAMPO
BAR O CAZADOR BAR XQ NO? BAR RINCÓN DE MARÍA BAR SIGÜEIRO
BAR TAPAS CAFÉ BAR ÉBANO CAFÉ BAR HAWAI'I CAFÉ BAR O XARDÍN
CAFÉ BAR SIGÜ CAFÉ BAR 1X2 CAFETERÍA CHE CAFETERÍA D'VILA
CAFETERÍA 6 RIOS CAFET. REST. VDA. DE NOUCHE CERVECERÍA 1900 CERVECERÍA FOLK
MESÓN OS MADEIROS MESÓN TAMBRE O CAFÉ DE MANUELA PARRILLADA CACHOPAL
PULPERÍA MESÓN AS RÍAS RESTAURANTE A CANTINA RESTAURANTE BALASAR RESTAURANTE CORTÉS
RESTAURANTE OS MARIÑAOS RESTAURANTE MIRÁS SIGÜEIRO HOSTEL VINOTECA RAQUEL




Colaboran: