subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Transporte Metropolitano



Descarga de impresos



Preguntas frecuentes

Teñen dereito ás axudas ao transporte metropolitano na área de Santiago de Compostela outorgadas polo concello de Oroso aquelas persoas que se atopen en algunha das seguintes circunstancias:

  1. Maior de sesenta e cinco anos e sen actividade laboral.
  2. En situación de desemprego.
  3. Con unha discapacidade en grao igual ou superior ao 65%.
  4. En situación de emerxencia social.

Calquera que sexa a modalidade da axuda solicitada, os solicitantes terán que cumprir os seguintes requisitos xerais:

  1. Estar empadroadas no concello de Oroso no momento da súa solicitude.
  2. Acreditar o seu empadroamento en calquera dos concellos da Área de Transporte Metropolitano de Santiago (Santiago de Compostela, Ames, Teo, Brión, O Pino, Boqueixón, Val do Dubra, Touro, Trazo, Oroso e Vedra.) nos doce meses anteriores á solicitude da axuda
  3. Ter uns ingresos persoais anuais non superiores a 1,5 veces o valor do IPREM. (1)
  4. Non ter pendente de pago ningunha débeda en período de prema co Concello de Oroso.
  5. Estar en posesión dunha tarxeta válida de aboado ao transporte metropolitano na área de Santiago de Compostela.(2)
  6. Achegar a documentación xustificativa que se pide no impreso de solicitude aprobado polo Concello de Oroso.

Ademáis dos requisitos anteriores, como requisitos específicos:

a) As persoas en situación de desemprego teñen que acreditar:

  1. Atoparse inscrito como demandante de emprego, de xeito ininterrompido durante os doce meses anteriores á data da súa solicitude.
  2. Ter realizado actividade laboral durante un tempo mínimo de doce meses nos derradeiros cinco anos.
  3. Participar activamente en itinerarios de inserción laboral.

b) As persoas en situación de emerxencia social

  1. Informe favorable dos servicios sociais do Concello de Oroso.

(1)
Nestes momentos o importe anual do IPREM é de 6.390,13 euros, co cal para ter dereito ás axudas non poderá sobrepasarse os 9.585,20 euros anuais de ingresos, entendidos coma a suma da a agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas se¬gundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.

(2)
A tarxeta pode adquirirse nas oficinas de NovaGaliciaBanco.

  1. Todos os solicitantes.
    1. Impreso de solicitude, debidamente cuberto.
    2. Fotocopia NIF
    3. Certificado/s de empadroamento en concello/s da área metropolitana de Santiago de Compostela, que acredita a residencia nos últimos doce meses. (Non é necesario presentar certificado de empadroamento no Concello de Oroso).
    4. Impreso de autoliquidación de cesión de datos de carácter personal
  2. Só para maiores de 65 anos sen actividade laboral.
    1. Certificado da Seguridade Social indicando se o solicitante é perceptor de pensión e, de ser así, facendo constar o seu importe.
  3. Só para solicitantes por estar en situación de desemprego.
    1. Informe de vida laboral.
    2. Certificación de estar inscrita como demandante de emprego no INEM, indicando o período temporal e si é beneficiario ou non de prestación ou subsidio, con indicación, no seu caso, do seu importe.
    3. Certificación da Seguridade Social indicando si é perceptora de pensión e, de ser así, facendo constar o seu importe.
    4. Certificación de estar participando activamente en itinerarios de inserción laboral.
  4. Só para solicitantes por estar en situación de discapacidade.
    1. Certificado expedido pola Seguridade Social indicando si é perceptora de pensión e, de ser así, indicación do seu importe.
    2. Fotocopia de certificación EVO de minusvalía.

O concello publicará periodicamente na páxina web do Concello e no Taboleiro de anuncios un listado de tódalas axudas concedidas ou denegadas.

A contía das axudas fixarase tomando como referencia o prezo da viaxe sinxela correspondente a un Salto, abonado mediante Tarxeta Metropolitana de Galicia, na actualidade 0,78 euros.
O Concello de Oroso subvencionará as viaxes efectuadas nun cincuenta por cento do seu importe (0,39 euros), ata un máximo de vinte viaxes mensuais.

O abonamento das axudas canalizadas a través da TMG Social faranse efectivas no momento de efectuar a recarga da tarxeta por parte do seu titular, ou actualizando a tarxeta nos ATM bancarios autorizados, a partir do mes seguinte ao da realización dos consumos, mediante compensación do cincuenta por cento do importe de ata un máximo de vinte viaxes realizados no mes anterior, e así sucesivamente. Estas compensación serán acumulables por un período máximo de dous meses, entendéndose desistidas si neste prazo non se solicitaran.

Sí, vostede terá un periodo máximo de dous meses para proceder á actualizar a súa tarxeta. Se supera ese prazo o importe das axudas caducará.

Transcorridos 12 meses dende a data de concesión, o concello poderá dar de baixa aquelas tarxetas cuxos titulares non renovaran a documentación acreditativa da permanencia das circunstancias que motivaron a súa concesión. Estes beneficios suspendidos por esta causa, serán repostos de inmediato a partir do momento en que se acredite o dereito efectivo aos mesmos.
O concello poderá revisar e deixar sen efecto as axudas se mediante a comprobación en calquera momento das circunstancias alegadas polos beneficiarios non se cumpren tódalas condicións que deron lugar ao seu outorgamento.

  1. Os beneficiarios están obrigados a comunicar de inmediato ao concello de Oroso calquera variación na súa situación persoal que puidera supoñer o incumprimento das condicións que determinaron a súa concesión.
  2. A tarxeta e persoal e intransferible, responsabilizándose o seu titular do seu uso correcto.
  3. A Tarxeta deberá ser mostrada ao conductor do autobús e presentada nas máquinas canceladoras dos mesmos.
  4. O titular deberá identificarse mediante DNI, pasaporte, permiso de conducir ou documento análogo sempre que sexa requirido para elo polo conductor do autobús, inspectores da compañía de transportes ou persoal do concello debidamente acreditados.
  5. O titular da tarxeta está obrigado a mantela en bo estado e a comunicar ao concello a súa perda ou roubo que puidera significar a utilización por persoas non autorizadas para elo. O incumprimento deste deber podería determinar a esixencia de responsabilidades conforme ao réxime sancionador da ordenanza.