subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Actividades Deportivas e Horarios 2023-2024.

Dende a Concellaría de Deportes, Turismo e Comercio, puxéronse en marcha distintas actividades tanto para nenos como para adultos ó longo de todo o ano.
Para levar a cabo estas actividades o concello conta con persoal altamente preparado e coas instalacións necesarias. Ademáis o concello contará con empresas de servizos deportivos para unha mellor xestión de tódalas actividades.

As actividades darán comezo o día 2 de outubro

Actividades clubs

  • Hípica
  • Patinaxe
  • Taekwondo
  • Ximnasia Rítmica
  • Golf
  • Fútbol sala
  • Baloncesto
  • Tenis de mesa
  • Béisbol
  • Hockey Patíns
  • Ciclismo
  • Tenis
  • Fútbol
  • Xadréz
  • Atletismo
  • Padel

Actividades deportivas municipais adultos

  • Aerobic Jumping
  • Pilates
  • Ximnasia mantemento
  • Zumba
  • Zumba Kids
  • Escola de costas

Normativa actividades deportivas

  1. Cubrir unha folla de inscrición para cada actividade que se solicite praza (máximo dúas por persoa). Entregaranse na oficina do Centro Deportivo ou no correo deportes@oroso.gal.
  2. As prazas adxudicaranse por orden de inscrición. Terán preferencia os empadroados en Oroso.
  3. Para que os cursos se leven a cabo ten que haber un mínimo de participantes inscritos, en caso contrario, os cursos non se realizarán.
  4. Os pagos realizaranse antes do día 9 de Outubro. (prezo actividade: 80€ empadroados / 130€ non empadroados).
  5. O alumno ou titor declara que o participante non padece ningunha doenza que lle impida practicar na actividade elixida.

Prazo de inscrición

Dende o 12 ás 10:00 horas ata o 25 de setembro de 2023.
Non se admitirá ningunha solicitude enviada por calquera medio antes do día e hora indicados anteriormente.

Pago actividades deportivas municipais

NUMERO DE CONTA PARA EFECTUAR OS PAGOS DA ACTIVIDADE:
ES22 0049 5600 1120 1000 0599

O Pago débese efecturase antes do día 7 de outubro

PREZO TOTAL DA ACTIVIDADE
EMPADROADOS: 80 euros
NON EMPADROADOS: 130 euros
FAMILIA NUMEROSA: 64 euros

No concepto facer constar: Nome do usuario/a e nome da actividade
No titular da conta facer constar: Club Oroso
Para informar dunha baixa avisar a este correo: deportes@oroso.gal

Notas:

  • As clases comezarán a primeira semana de outubro e rematarán a ultima semana de maio, con descansos e vacacións seguindo o calendario escolar
  • Para as actividades de Pilates, Ximnasia Mantemento e Escola de Costas e moi recomendable levar unha esterilla
  • Os que figuran en reserva serán avisados segundo se produzcan baixas dos inscritos

Horario oficina municipal de deportes

LUNS A VENRES DE 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 23:00 horas
SÁBADOS DE 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas
Tfno.: 981927901 – 616408598
Fax: 981 691152
deportes@oroso.gal

Concurso de disfraces Oroso 2023

Folla de inscrición

Bases do Concurso

PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.
O obxecto da convocatoria é o Concurso de disfraces de Entroido 2023 que organiza o Concello de Oroso o sábado 18 de febreiro de 2023 pola tarde.

O desfile de carnaval terá a organización seguinte:

- A recollida do dorsal realizarase o día do concurso no pavillón de deportes de 16 a 17h, será obrigatorio recoller o dorsal nese horario para poder participar no concurso. As actuacións ou postas en escena diante do xurado terán un máximo de duración de 3 minutos, a partir dese tempo poderán ser descualificadas.

- A hora prevista de saída do pasarrúas será ás 17:30h (punto de partida pavillón de deportes, o percorrido será circular) sempre que o tempo o permita, a continuación os participantes desfilarán ou actuarán dependendo de cada quen diante do xurado no interior do pavillón de deportes para proceder a súa valoración.

SEGUNDA.- PERSOAS BENEFICIARIAS.
Poderán ser beneficiarios dos premios previstos nestas bases tódalas persoas, así como as agrupacións de persoas físicas constituídas para a consecución dos fins sinalados coma obxecto de premio, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Non estar incursas en ningún dos casos previstos no artigo 13.2 da lei xeral de subvencións.
b) Non ter co concello débedas ou sancións tributarias en período executivo, salvo que se trate de débedas ou sancións tributarias que se atopen aprazadas, fraccionadas o cuxa execución estivese suspendida.
c) Non ter pendente de xustificar subvención concedida polo concello.
Aquelas persoas menores de idade ou que non teñan plena capacidade de obrar que desexen participar deberán facelo sempre coa preceptiva autorización do titular da patria potestade ou tutela, segundo modelo anexo a estas bases.

A inscrición poderá formalizarse nalgunha das categorías seguintes:
- Individual Infantil: nesta categoría participarán nenos e nenas ata 16 anos.
- Grupo Infantil: nesta categoría encadraranse os grupos de 2 a 5 compoñentes todos eles menores de 16 anos.
- Comparsa infantil: Os grupos de nenos e nenas ata 16 anos integrados por 6 compoñentes ou máis.
- Individual Adulto: nesta categoría participarán persoas de 16 anos ou máis.
- Grupo Adulto: nesta categoría entrarán os grupos de 2 a 5 compoñentes todos eles maiores de 16 anos.
- Comparsa: Os grupos de persoas de 16 anos ou máis integrados por 6 persoas como mínimo.

A inscrición no modelo oficial que se achega como ANEXO I e a maiores o correspondente á categoría na que participa (IA, IB, IC e ID), facilitado polo Concello de Oroso, constitúe un requisito imprescindible que deben cumprir os participantes que queiran optar a un premio.

Nas Categorías Individuais non se premiará a persoas con disfraces que pertenzan a unha agrupación que participe no concurso aínda que se presenten en diferentes categorías.

A participación no concurso supón a aceptación das condicións establecidas nestas bases e a declaración responsable do seu cumprimento.

TERCEIRA. TEMAS.
Os temas son libres. Sen embargo, non poderán ter contido sexista, homófobo, racista, ou calquera expresión violenta que poida afectar ou danar á integridade ou o benestar de outras persoas.

Unha vez finalizada a actividade é necesario que os propietarios dos disfraces se fagan cargo dos residuos que ocasionen depositando os mesmos de maneira selectiva dentro dos contedores da vía pública pertinentes.

Cuarta.-RÉXIME DE CONCESIÓN DOS PREMIOS
Os premios outorgaranse a instancia do solicitante con cargo ó orzamento da Corporación mediante procedemento de concorrencia competitiva. O seu outorgamento será motivado e os seus importes non poderán ser revisados ni ampliados.

O importe dos premios a conceder non superará o presupostado no Orzamento Xeral da Corporación para cada exercicio orzamentario.

Concederanse o seguintes premios (IMPORTE BRUTO):
CATEGORÍA XERAL (MAIORES DE 16 ANOS)
MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
Gañador: 500 euros
Finalista: 300 euros

MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
Gañador: 350 euros
Finalista: 220 euros

MODALIDADE INDIVIDUAL.
Gañador: 250 euros
Finalista: 180 euros

CATEGORÍA INFANTIL (ATA 16 ANOS)

MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
Gañador: 350 euros
Finalista: 200 euros

MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
Gañador: 220 euros
Finalista: 150 euros

MODALIDADE INDIVIDUAL
Gañador: 180 euros
Finalista: 120 euros

PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO: 150€

De conformidade co artigo 75.3 do Real Decreto 439/2007 do 30 de Marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e modifícase o Regulamento de Plans e Fondos de Pensións, aprobado por Real decreto 304/2004, do 20 de febreiro, non existe a obrigación de practicar retención ou ingreso a conta sobre os mencionados premios, excepto os que superen a contía de 300,00 euros nos que se efectuará a retención do 19%.

Os premios previstos para cada concurso regulado nestas bases imputarase contra a partida orzamentaria prevista no 338.481.00 do orzamento municipal prorrogado para o exercicio de 2023 por importe de 3.170,00 euros.

As candidaturas valoraranse segundo a orixinalidade, laboriosidade e deseño do disfraz así como a simpatía ou a posta en escea de cada participante, podendo declararse deserto calquera premio se a xuízo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.

Quinta.-PUBLICIDADE E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Unha vez aprobadas as presentes bases e convocatoria por resolución da Alcaldía-Presidencia, serán obxecto de publicación íntegra no «Boletín Oficial» da provincia de A Coruña.

O prazo para a presentación de solicitudes rematará dous días naturais antes da data de celebración do concurso.

Para aclaracións ou asesoramento en canto as solicitudes para o concurso poden poñerse en contacto co departamento de cultura no 981 690 903 para aclarar as dúbidas sempre dentro do prazo establecido.

Sexta.- DOCUMENTACIÓN
A documentación que se deberá acompañar é a seguinte:

- Solicitude, segundo modelo que se acompaña no anexo I, firmada polos interesados, ou por quen teña conferida a representación no que se inclúe declaración responsable de encontrarse ó corrente das súas obrigas fiscais con este Concello, e a facenda pública e estatal, así coma a seguridade social e de que o(s) solicitante(s) non se atopa(n) en ningún dos casos de prohibición para obter subvencións establecidas no artigo 13 da lei xeral de subvencións.

Na solicitude de participación deberá indicarse no apartado de documentación adicional:
1. Se presenta música en formato MP3.
2. Indicar se desfila con carroza e as súas dimensións.

Sétima.- LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes e no seu caso documentación adicional deberanse entregar:
1º) No Rexistro Municipal do concello, en horario de 8:30 a 12:00 horas os días laborables.
2º) . Na Sede Electrónica Municipal (https://sede.oroso.gal/).
3º) Por calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Oitava.-PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN
O procedemento a seguir será o de concorrencia competitiva, cas seguintes especialidades:
a) O órgano de instrución sinalado na lei será a Concellería delegada de Cultura.
b) O órgano colexiado encargado de avaliar aos concursantes atendendo aos criterios previstos, estará formada por un xurado imparcial cuxa composición é a seguinte:
1) Presidente: Concelleira delegada de Cultura
2) Auxiliar técnico de biblioteca e cultura do concello de Oroso
3) Un/unha representante dunha asociación do concello de Oroso
4) Un/unha representante dunha asociación do concello de Oroso
5) Secretario/a: Persoal do concello de Oroso ou Mancomunidade de Ordes. Suplentes do resto dos membros do xurado serán designados polo Alcalde-Presidente en caso de que fose necesario.
c) O réxime xurídico e de funcionamento do xurado será o disposto nos artigos 15 a 18 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público. Os membros do xurado deberán coidar de respectar as causas de abstención previstas no artigo 23.2 da lei 39/2015, comunicando por escrito á Alcaldía-Presidencia de xeito inmediato unha vez teñan coñecemento da existencia de calquera causa en que incorresen. Do mesmo xeito os membros do xurado poderán ser obxecto de recusación polos concursantes en calquera momento do procedemento por incorrer en causa de abstención. Na acta redactada de avaliación de candidaturas deberá recollerse coma mínimo:

a. Baremación de todos os concursantes mediante o sistema previsto, por orde de maior a menor puntuación e por categoría.
b. Proposta dos premiados por categoría.
d) Unha vez recibida a proposta do xurado, o órgano instrutor procederá a:
a. Solicitar os correspondentes informes dos servizos municipais da:
1- Non concorrencia dos premiados nalgunha das circunstancias previstas na base terceira para obter subvencións e que foron obxecto de declaración responsable, mediante a petición dos certificados telemáticos á Axencia Tributaria e Seguridade Social e contabilidade municipal.
b. Requirir aos premiados para que no prazo de dez días hábiles aporten a seguinte documentación:
1- Acreditación da identidade e no seu caso representación legal dos premiados:
· A persoas físicas mediante a aportación do DNI.
· Os titores ou titulares da patria potestade dos premiados minores de idade ou incapacitados, mediante a aportación do libro de familia, sentencia xudicial ou título suficiente que acredite a representación.
· No suposto de seres unha asociación ou entidade con personalidade xurídica, acreditación de poder ou nomeamento para actuar en nome e representación da entidade.
i. Aportación dun certificado de número de conta da entidade bancaria cuxo titular será o premiado ou o seu representante legal.
e) O órgano instrutor á vista do expediente e do informe do xurado, formulará a proposta definitiva de resolución de concesión dos premios en favor de aqueles premiados que acreditasen o cumprimento das bases e aportasen a documentación requirida, ou no seu defecto, aos concursantes coa seguinte maior puntuación segundo a baremación feita polo xurado que cumprisen co disposto nesta base.
f) A Alcaldía-Presidencia será o órgano competente para unha vez vista a proposta de resolución e a fiscalización da intervención municipal, resolver mediante acordo motivado.
A notificación dos actos de tramitación e resolución de concesión dos premios será publicada aos interesados no taboleiro de anuncios dixital do concello, medio exclusivo de notificación de conformidade co disposto no artigo 45.1 b) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Novena.- PAGO DOS PREMIOS
O pago de premios en metálico concedidos farase efectivo mediante transferencia bancaria ao número de conta indicado polos premiados. No momento do pago practicarase as oportunas retencións segundo a normativa tributaria vixente.
No suposto de premios compartidos por unha pluralidade de persoas, o pago ratearase a partes iguais entre todos os premiados que cumprisen o disposto nestas bases e aportasen a documentación requirida, salvo que nomeen un representante previa autorización asinada por todos conforme o modelo de Anexo I.C) no que o pago se efectuará a dito representante.

Décima.- DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
A participación nos concursos previstos nestas bases implica polos participantes a aceptación incondicionada das seguintes cláusulas:

1º) A cesión en modalidade non exclusiva ao concello de Oroso de xeito gratuíto dos seguintes dereitos de explotación:
a) Reprodución
b) Distribución
c) Comunicación pública
d) Publicación.

1º) A autorización ao concello para a publicación na páxina web, redes sociais e publicacións da súa titularidade do nome e apelidos dos concursantes e premiados, así coma fotografías e vídeos dos mesmos nos actos de entrega de premios ou na participación nas actividades culturais, deportivas, lúdicas etc. obxecto do concurso.

Undécima.-INSPECCIÓN E CONTROL
O concello poderá realizar as comprobacións que estime oportunas respecto das actividades premiadas e terá acceso a toda a documentación xustificativa das mesmas, en particular a información de estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non estar incurso en causa que impida a obtención de subvencións públicas, así como a requirir aos premiados nos termos que precise todo elo de conformidade co disposto no Título III da lei 38/2003.

Duodécima.-INFRACCIÓNS E SANCIÓNS
O réxime de infraccións e sancións será o establecido no Título IV da lei 38/2003.

O incumprimento parcial ou total das condicións establecidas, a desviación do premio para actividades ou conceptos no estimados no proceso de tramitación e resolución, o incumprimento da obriga de xustificación, a duplicidade de subvencións para un mesmo programa, sempre que non sexan complementarias con cargo a créditos de outras Administracións Públicas, constituirán causa determinante para a revogación do premio concedido, coa seguinte devolución dos créditos obtidos.

Igualmente, o falseamento ou ocultación dos datos esixidos nas correspondentes convocatorias, así como a aplicación da prestación a fins distintos dos previstos, dará lugar á cancelación do premio e a obriga do reintegro das cantidades recibidas.

As cantidades a reintegrar terán a consideración de créditos de dereito público, resultando de aplicación para a súa cobranza no previsto no Regulamento Xeral de Recadación.

Decimo terceira.-COMPROMISOS
As persoas que resulten beneficiarias dos premios se comprometen a:
- Comunicar ó Concello por escrito, cando proceda, a obtención de premios, subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou ente público.
- Comunicar ó concello, por escrito, as modificacións da situación, condición ou circunstancias que motivaron a concesión.
- Autorizar ó Concello a obter por medios telemáticos os certificados correspondentes de atoparse ó corrente de obrigas tributarias, coa seguridade social e de non estar incurso en causa que impida a obtención de subvencións públicas.
- Obrigas adicionais:
A música para as actuacións é preciso presentala no momento da inscrición en formato MP3 a ser posible e por mail a: cultura@oroso.gal ou memoria USB (non se recollerá música fora do prazo de inscrición nin tampouco o propio día do concurso).

É obrigatorio participar no desfile polas rúas de Sigüeiro para formar parte do concurso de disfraces. Será a organización do concurso a que determine se suspende ou non o desfile por causas alleas, como poden ser as condicións meteorolóxicas.

Concurso de Máscaras Oroso 2023.

Inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Máscaras do Entroido Oroso 2023 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os criterios establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a diferentes idades, establecendo tres categorías: a categoría infantil (de 7 a 9 anos), categoría infantil (de 10 a 12 anos) e categoría xeral (a partir de 13 anos).

TERCEIRA:
Non se aceptarán máscaras que xa foran premiadas noutros concursos.

CUARTA:
O tema das máscaras será libre.

QUINTA:
A máscara deberá ser de elaboración propia.

SEXTA:
Admitense no concurso máscaras (estas deberán cubrir completamente o rostro) e antefaces.

SÉTIMA:
O xurado valorará con maior puntuación as máscaras/antifaces que sexan de elaboración propia podendo utilizarse distintos materiais.

OITAVA:
A decoración da máscara poderá estar realizada con materiais e accesorios de libre elección, segundo as necesidades da máscara e a idea a plasmar polo artista.

NOVENA:
Valoraranse os acabados, a creatividade, a estética e o bo gusto.

DECIMA:
Aceptarse como máximo unha máscara por participante, non podendo resultar premiado/a o/a mesmo/a como gañador/a finalista.

DÉCIMO PRIMEIRA
Os concursantes presentarán as súas máscaras nas oficinas do Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00h e de 16:30 a 20:30h, tendo como data límite de presentación o 14 de febreiro de 2023, antes das 20:30h. As máscaras que participen no concurso estarán expostas no centro ata o 28 de febreiro no hoario do centro

DÉCIMO SEGUNDA
Requirirase a seguinte documentación por cada máscara entregada: sobre pechado cunha fotografía da máscara presentada no concurso, impresa en papel, co nome da obra e o nome do artista, tamén se pode enviar esa documentación a cultura@oroso.gal. Todo escrito no dorso da dita fotografía no caso de ser presentada presencialmente, (as fotografías non serán devoltas).

DÉCIMO TERCEIRA
A entrega dos agasallos farase o sábado 18 de febreiro arredor das 19:30 horas no pavillón de deportes durante a celebración do concurso de disfraces.

DÉCIMO CUARTA
As máscaras poderanse recoller no Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa do 1 ao 10 de marzo, tras previa presentación por parte dos propietarios do xustificante de inscrición. Se o día 10 de marzo non se recolleron ás máscaras, entenderase que os seus autores renuncian á súa propiedade a favor da organización, quen poderá destruílas ou darlles o destino que considere máis conveniente.

DÉCIMO QUINTA
A organización non se fai responsable dos danos, roubo, extravío ou outros riscos similares sobre as obras dos participantes, dende a entrega ata a devolución das mesmas.

DÉCIMO SEXTA
Os premios dos gañadores serán os seguintes:

  • Categoria Infatil (7 a 9 anos):
    • Gañador: Vale regalo por valor de 70€ en Juguettos
    • Finalista: Vale regalo por valor de 35€ en Juguettos
  • Categoria Infatil (10 a 12 anos):
    • Gañador: Un autofalante intelixente
    • Finalista: Uns auriculares inalámbricos
  • Categoria Adultos
    • Gañador: Unha noite de aloxamento para 2 persoas en "Las Cabañitas del bosque" (Outes)
    • Finalista: Cea para dúas persoas no Restaurante Solleiros (Santiago de Compostela)

DÉCIMO SÉTIMA
No caso de que o finalista da categoría de adultos non teña cumpridos os 18 anos deberá ir acompañado do pai/nai titor/a.

DÉCIMO OITAVA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Concurso de receitas de entroido. "En galego sabe mellor".

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de receitas de Entroido “En galego sabe mellor” do Entroido Oroso 2023 son:

PRIMEIRA:
O concurso está dirixido a maiores de 16 anos.

SEGUNDA:
As receitas terán que ser típicas do Entroido, deberán estar escritas en lingua galega e presentarse en memoria USB ou enviar ao mail cultura@oroso.gal. Así mesmo, deberase presentar o prato elaborado o día indicado pola organización.

TERCEIRA:
Valorarase, a presentación e a creatividade, ser típicas de entroido, o sabor, así como a orixinalidade e a lingua da receita.

CUARTA:
Aceptaranse como máximo dúas receitas por participante, sendo premiada únicamente unha delas.

QUINTA:
Os participantes presentarán as súas receitas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 9 a 14 h e de 16:30 a 20:30 h, e os sábados de 10 a 13h, tendo como data límite de presentación o martes 14 de febreiro de 2023, antes das 14:00h. O día 16 de febreiro o prato deberá entregarse cociñado no centro cultural de 9 a 14 ou de 16:30 a 17:30h.

SEXTA:
Requirirase presentar a seguinte documentación: a receita presentada no concurso en memoria USB ou no mail cultura@oroso.gal, e noutro documento o título da receita cos datos persoais do/a autor/a.

SÉTIMA:

O día 18 de febreiro, arredor das 19.30h, terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral, realizarase a entrega durante o concurso de disfraces.

OITAVA:
Os premios dos gañadores serán os seguintes:
> Gañador: Cea para dúas persoas no restaurante La Bodeguilla de Santa Marta (Santiago de Compostela)
> Finalista: Un lote de produtos gourmet

Ademais, as súas receitas serán publicadas na páxina web do concello: www.concellooroso.com

NOVENA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

XV Concurso de Marcapáxinas.

Bases do Concurso

Participantes: Poderán participar todos os rapaces que teñan os anos correspondentes as seguintes categorías:
- De 3 a 5 anos
- De 6 a 8 anos
- De 9 a 11 anos
- De 12 a 14 anos
Cada participante poderá presentar un só marcapáxinas.

Tema: Libre.

Dimensións: 20 x 5 cm (deseño por unha soa cara).

Presentación: Os traballos (sen nome) presentaranse nun sobre pechado. No interior xunto co marcapáxinas irá unha folla co nome e apelidos do concursante así como un nº de teléfono.

Prazo e lugar de presentación: Os orixinais poderán presentarse na Biblioteca Municipal ata o 13 de maio de 09:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30.

Criterios para a concesión de premios: A calidade, orixinalidade e a mensaxe de animación á lectura serán os criterios nos que se basará o xurado para o fallo dos premios.

Premios: Establecerase un premio para cada categoría que consistirá nun lote de libros ademáis da edición dos marcapáxinas.

A decisión do xurado será inapelable. No caso no que o xurado así o estimase todos ou algúns dos premios poderían quedar desertos. Os marcapáxinas galardoados pasarán a ser propiedade do Concello de Oroso, reservándose todos os dereitos sobre os mesmos, incluídos os de reprodución e edición.

Campamentos deportivos 2022

Información xeral:

Lugar: A Coruña
Aloxamento: IES Rosalía Mera (Rúa Archer Milton Huntington, 24).
Duración: de domingo pola tarde entre as 18:00 horas e as 19:30 horas ata o venres seguinte entre as 16:00 horas e as 17:00 horas.
Quenda: do 3 ao 8 de xullo.
Destinatarios: rapaces/zas nados entre o 1 de xaneiro de 2008 ata o 31 de decembro 2013.
Cota de inscrición: 85 € (oitenta e cinco euros), que se ingresarán, unha vez o/a interesado/a obteña praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña, facendo constar "Campamento Deportivo Deputación da Coruña 2022", ademáis do nome do/a participante inscrito e concello ó que pertence.
Inclúe: transporte interno, estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.
PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 20 de maio.
SORTEO DAS PRAZAS: 24 de maio ás 13:30 horas no Concello.

Actividades:

Equipamento recomendado:

  • Roupa de rúa (pantalóns, camisas)
  • Equipamento deportivo (suadoiro, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina)
  • Toallas de aseo
  • Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante)
  • Saco de durmir e lanterna
  • Gafas para o sol
  • Crema protectora para o sol, factor alto
  • Chuvasqueiro
  • Mochila pequena

Material:

  • O material propio das actividades deportivas será proporcionado pola organización a cada participante durante a celebración do campamento.

Documentación que se entregará:

Para formalizar a inscrición debes entregar no concello:
1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo titor
2.- Fotocopia do carnet de identidade ou libro de familia.
3.- Copia do aboamento da cota de inscrición. (cando a praza estea confirmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web)
4.- No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase certicado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentario ou doutro tipo.

Semana Cultural 2019.

Cine, Teatro, Música, Talleres, Maxia, Títeres, Roteiro, Excursións, ... toda unha ampla gama de actividades culturais e de lecer para gozar todos os veciños do Concello de Oroso dende o 25 de agosto ata o 6 de setembro.

Os lugares das actividades poden cambiar en caso de choiva. Algunhas das actividades precisan inscrición previa.
Para máis información diríxete ao departamento de Cultura no ou chama ao teléfono: 981 690 903).

Programa de Actividades
 
 :: DOMINGO 25 AGOSTO ::

HORA: 12:30
LUGAR:Praza de Isaac Díaz Pardo

BANDA DE MÚSICA DE ORDES
"Concerto Popular "
(Dirixido ao todos os públicos)

 :: MARTES 27 AGOSTO ::

HORA: Todo o día
LUGAR: Cerceda

EXCURSIÓN AQUAPARK CERCEDA.
11h Saída diante do centro cultural, e chegada ás 19h no mesmo sitio. Os participantes deberán ter cumpridos os 8 anos no momento da presentación da solicitude de inscrición na excursión. Preferencia a menores de idade e empadroados/as no Concello de Oroso. Inscricións do 9 ao 23 de agosto no centro cultural ou oficinas do concello, prazas limitadas.
Máis información no Centro Cultural.

 :: MÉRCORES 28 AGOSTO ::

HORA: 19:00
LUGAR: Exterior Piscina Municipal

TEATRO CÓMICO.
Culturactiva Producións con Saabor!
cos actores Fran Rei e Félix Rodríguez
(Dirixido a todos os públicos)

 :: XOVES 29 AGOSTO ::

HORA: 19:00
LUGAR: Exterior Piscina Municipal

CIRCO E CLOWN
As Sincronacidas co espectáculo "OhLimpiadas"
(Dirixido ao todos os públicos)

 :: VENRES 30 AGOSTO ::

HORA: 21:00
LUGAR:Praza Isaac Díaz Pardo

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DO ACORDEÓN DE SIGÜEIRO-OROSO

HORA: 22:00
LUGAR:Praza Isaac Díaz Pardo

ORQUESTRA VAN BAND

 :: MARTES 3 SETEMBRO ::

HORA: 17:00 a 20:00
LUGAR: Exterior Piscina Municipal

INCHABLES PARA NENOS ATA 5 ANOS, OBRADOIRO DE MÓBILES DE VENTO, TÁBOA DE SURF, FUTBOLÍN HUMANO, E GRANIZADOS DE XEO.

 :: MÉRCORES 4 SETEMBRO ::

HORA: 19:00
LUGAR: Exterior Piscina Municipal

MÁXIA CÓMICA
Dani García
(Dirixido ao público familiar)

 :: XOVES 5 SETEMBRO ::

HORA: 19:00
LUGAR:Exterior Piscina Municipal

MONICREQUES
Micromina con "A familia unida"
A partir de 3 anos.

 :: VENRES 6 SETEMBRO ::

HORA: 20:00
LUGAR:

EXPOSICIÓN GÓIS OROSO ARTE
Inauguración do Certame Internacional .

HORA: 21:00
LUGAR: Praza Isaac Díaz Pardo

MÚSICA
A BANDA DA LOBA "Bailando"
(Dirixido a todos os públicos)

Competencias Delegadas Concellaría de Economía e Facenda, Seguridade Cidadá, Tráfico e Protección Civil

  • Confección dos orzamentos, seguimento dos orzamentos, ordenanzas fiscais, control orzamentario e gasto dos distintos departamentos
  • Todo o relacionado coa orde pública, Garda Civil, Policia Local, emerxencias e Protección Civil

VII CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE OROSO.

O Concello de Oroso organiza o sábado 27 de abril a súa sétima carreira popular pedestre nun circuito urbano e rural e con probas para todas as categorías. As probas darán comenzo as 17:30 horas e estarán baixo o control técnico do Comite Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

Regulamento

  1. As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.
  2. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
  3. A inscrición da proba absoluta (de junior a veteráns) poderá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago con data límite: mércores 24 de abril ás 23:59 horas.
    A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a xuvenil) farase tamén a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago debendo rellenar o formulario de inscrición (data límite: mércores 24 de abril ás 23:59 horas).

    PREZOS DA INSCRICION
    CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a sub 18 incluídos): GRATUITA
    PROBA ABSOLUTA (de sub 20 a máster incluidos): 5€ por participante

    * O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 ou no em@il FGAsantiago@gmail.com. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.
  4. Os dorsais retiraranse nas oficinas do Centro Deportivo o venres 26 de abril de 16:00 a 22:00 (opción recomendable especialmente para atletas locais que deberán tentar recollelo o día anterior). O día da proba os dorsais recolleranse no Centro Civico situado a carón da saída da proba. Haberá prazo límite de 30 minutos antes de cada proba correspondente.
  5. PREMIOS
    Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento, masculino e feminino e tamén os tres primeiros absolutos masculino e feminino.
    Nas categorías prebenxamín e pitufo recibirán medallas e agasallos todos/as os participantes pero non haberá trofeos, xa que estas categorías non serán competitivas.
    Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
    Establécense tamén 3 premios en metálico para os tres primeiros clasificados da categoría absoluta masculina e feminina.

    As cuantias son as seguintes:
    1º Clasificado/a: 200 €
    2º Clasificado/a: 100 €
    3º Clasificado/a: 50 €
    Todos os participantes recibirán tamén un agasallo como recordó
  6. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona anterior do corpo, será automáticamente descualificado.
  7. Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da súa proba.
  8. Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte.
  9. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
  10. O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función do número de participantes de cada categoría.
  11. Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.
Categorias e Horarios

 MENORES

CATEGORÍA

IDADE

HORA

DISTANCIAS

 Pitufo

 Nados 2014 e posteriores

 18.30

300 mt.

 Prebenxamín

 Nados/as en 2012-2013

 18:40

300 mt.

 Sub10

 Nados/as en 2010-2011

 18:50

1.000 mt.

 Sub12

 Nados/as en 2008-2009

 19:00

2.000 mt.

 Sub14

 Nados/as en 2006-2007

 19:15

2.000 mt.

 Sub16

 Nados/as en 2004-2005

 19:30

3.000 mt.

 Sub18

 Nados/as en 2002-2003

 19:45

3.000 mt

 ABSOLUTA

 Sub20

 Nados/as en 2000-2001

17:30

10.000 mt.

 Sub23

 Nados/as en 1997-1998-1999

17:30

10.000 mt.

 Senior

 Nados/as en 1996 ata 1985

17:30

10.000 mt.

 Máster 1

 Nados/as en 1984 ata 1979

17:30

10.000 mt.

 Máster 2

 Nados/as en 1978 ata 1970

17:30

10.000 mt.

 Máster 3

 Nados/as en 1969 ata 1960

17:30

10.000 mt.

 Máster 4

 Nados/as a partir do ano 1959

17:30

10.000 mt.

ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 20:00

  • NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow ,13 - 15008 A Coruña.

O FINAL DA CARREIRA TEREMOS SERVIZO DE FISIOTERAPIA PARA TODOS/AS AQUELES QUE O NECESITEN

IV Certame de traballos de investigación do Camiño Inglés

Bases do Certame

O Concello de Oroso convoca o IV Certame de Traballos de Investigación do Camiño Inglés, de acordo coas seguintes

  1. Os traballos deberán referirse a calquera faceta do Camiño Inglés, (histórica, lingüistica, xeográfica, botánica, ecolóxica...) tanto en Galicia como noutras partes de España ou outros países.
  2. Poderán ser presentados en galego normativo, castelán ou inglés e deberán ser orixinais e inéditos. Aceptaranse os que foran presentados a outros certames sempre e cando non recibiran premio nin mención algunha, nin foran posteriormente publicados en calquera tipo de soporte.
  3. Establécense tres categorías: investigadores/as, peregrinos/as maiores de idade (diarios de peregrino e experiencias persoais) e mozos/as ata os 18 anos.
  4. A extensión mínima será de 18.000 caracteres para investigadores/as, 5.000 para peregrinos/as e 2.500 para os/as menores de 18 anos, e deberán presentarse en Word e PDF agás os estudantes de Primaria e Infantil, que poderán presentalos escritos a man. Admítense fotos, debuxos e infografías citando a súa procedencia. O autor ou autores responsabilizanse de que non estean suxeitos a dereitos de autor.
  5. Nas categorías de investigadores/as e peregrinos/as os traballos deberán presentar a maiores unha copia en papel, no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa. O Word e máis o PDF deberán remitirse aos seguintes enderezos: cutlrua@oroso.gal e bibloteca@oroso.gal. Deberán constar os datos personais (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI e teléfono de contacto)
  6. Poderán ser presentados por persoas individuais ou por conxuntos de persoas. Cada autor/a ou autores/as poderán presentar cantos traballos desexen.
  7. As persoas que resultan premiadas recibirán un diploma acreditativo da súa participación no certame.
  8. Os premios estarán suxeitos ás retencións que marque a Lei. A estancia, así como o bono, terán validez durante un ano dende a data do fallo do xurado.
  9. Establécense os seguintes premios:
    Investigadores/as:
    Primeiro premio: 1.000 euros
    Segundo premio: 500 euros
    Terceiro premio: unha tableta.
    Peregrinos/as:
    Primeiro premio: 500 euros
    Segundo premio: unha tableta
    Terceiro premio: Invitación para dúas persoas para coñecer unha fin de semana (sábado e domingo) o Concello de Oroso con gastos pagos.
    Mozos/as ata 18 anos:
    Primeiro premio: Unha tableta
    Segundo premio: unha cámara estilo go pro
    Terceiro premio: un bono para mercar nunha tenda do Concello de Oroso por valor de 50 euros
  10. A data límite de presentación dos orixinais será o 13 de abril de 2019 ás 14 horas.
  11. O Concello de Oroso designará un xurado para cada categoría (que poderá ser o mesmo para as tres), que estará composto por un mínimo de cinco persoas, das cales polo menos tres deberán ser alleas a corporación municipal e ao cadro de persoal administrativo do Concello de Oroso, presididas polo concelleiro de Camiño Inglés ou persoa na que este delegue. No xurado de investigadores/as, polo menos un dos seus membros pertencerá ao claustro dalgunha universidade galega. Os xurados faranse públicos ao mesmo tempo que os seus fallos.
  12. Calquera premio pode ser declarado deserto.
  13. O Concello quedará cunha copia dos traballos presentados, que pasará a formar parte dos fondos propios do CEICI (Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés). Así mesmo, o/a autor/a ou autores/as cederán ao dito Concello, polo mero feito de presentarse, os dereitos de publicación da primeira edición dos traballos premiados.
  14. Non se devolverán os orixinais nin as copias dos traballos participantes.
  15. A participación neste certame implica a aceptación destas bases e das resolucións que tomen os xurados en caso de calquera discrepancia ou aclaración.

Programa de Entroido Oroso 2019.

CONCURSO DE RECEITAS DE ENTROIDO

entroido

"EN GALEGO SABE MELLOR"
O prazo de entrega das receitas remata o 27 de febreiro, ás 14h. Terán que ser típicas do Entroido e escritas en lingua galega, poden presentarse en memoria USB (será devolto ao participante) no centro cultural, ou enviar por mail a cultura@oroso.gal. Os datos persoais (nome e apelidos, data de nacemento, DNI, teléfono e enderezo) do/da participante deberán figurar noutro documento independente da receita. Así mesmo deberase presentar o prato elaborado o día 28 de febreiro de 9 a 14h ou de 17 a 18h. No centro cultural. O premio para o/a gañador/a será unha cea para dúas persoas (patrocinado por Restaurante Mirás) e un vale de 30€ en alimentación (premio patrocinado por supermercado Covirán Sigüeiro), para o/a finalista un libro de cociña (patrocinado por Librería Aula 10). Dirixido a maiores de 16 anos. Os premios entregaranse o sábado 2 de marzo durante o concurso de disfraces. .

CONCURSO DE MÁSCARAS

entroido

Prazo: ata o 26 de febreiro no centro cultural ás 20h. Hai tres categorías:
- Categoría infantil: de 7 a 9 anos. Premio para o/a gañador/a, un vale por importe de 50€ na librería papelería La Repro en Sigüeiro e para o/a finalista un vale por importe de 30€ en Petiscos Doces.
-Categoría infantil: de 10 a 12 anos. Premio para o/a gañador/a un vale por importe de 70€ e o finalista por importe de 35€ en Equip@t.
-Categoría Xeral (de 13 anos en adiante). O/a gañador/a será premiado/a cunha noite de aloxamento para dúas persoas , con almorzo e acceso ó spa no Hotel Ego en Viveiro, e cunha cámara deportiva. O finalista un menú degustación para dúas persoas na Bodeguilla de San Lázaro (premios patrocinados por Galicia Calidade e IDE informática)
Os premios entregaranse o día do concurso de disfraces arredor das 19:30h.

FESTIVAL DO CRA

entroido

Venres 1 de marzo no centro cultural.

CONCERTO COMBOS ESCOLA DE MÚSICA

entroido

Venres 1 de marzo no centro cultural ás 20h.

CONCURSO DE DISFRACES

entroido

Sábado 2 de marzo ás 17.30h saída do Pavillón de Deportes DESFILE DE ENTROIDO CON ANIMACIÓN DE RÚA. Haberá tamén inchables, mascotas, e actuación da asociación folclórica Lembranzas do Tambre .

CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 16 anos)
Comparsa: (mínimo 6 compoñentes) - Gañador: 500€
Finalista: 300€
Grupo: (de 2 a 5 compoñentes) - Gañador: 350€
Finalista: 220€
Individual: - Gañador/a: 250€
Finalista:180€

CATEGORÍA INFANTIL (ata os 16 anos)
Comparsa: (mínimo 6 compoñentes) - Gañador: 350€
Finalista: 200€
Grupo: (de 2 a 5 compoñentes) - Gañador: 220€
Finalista: 150€
Individual: Gañador/a: 180€
Finalista: 120€

PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO 150€

CARNIVAL CAMP

entroido

Luns 4 e mércores 6 de marzo. No CEIP do Camiño Inglés. Dirixido a nenos/as de 3 a 12 anos.

OBRADOIRO: REPOSTEIRO CUPCAKES

entroido

Luns 4 de marzo. Dirixido a rapaces/azas 3 a 13 anos.
De 10.30 a 11.30 dirixido a nenos/as de 9 anos en adiante.
De 11.30 a 12.30 dirixido a nenos/as de 3 a 5.
De 12.30 a 13.30 dirixido a nenos/as de 6 a 8.
Inscrición previa no centro cultural. Prazas limitadas, preferencia a empadroados/as. Gratuíto

FESTA DE DISFRACES

entroido

Luns 4 de marzo ás 19h no centro cultural ou carpa (consultar a organización o espazo no que se levará a cabo). DISCOMÓBIL e obradoiro de maquillaxe. Dirixido a todos os públicos. Colabora traendo filloas e orellas (productos típicos do entroido).

OBRADOIRO DE ROSQUIÑAS DE ENTROIDO

entroido

Mércores 6 de marzo no centro cultural. Dirixido a nenos/as de 6 anos en adiante:
1º grupo de 10 a 11.30h
2º grupo de 11.30 a 13h
Prazas limitadas, inscrición previa no centro cultural. Preferencia a empadroados/as. Gratuito.

ENTROIDO 2019

Obradoiros culturais 2018-2019.

O prazo de inscrición para os obradoiros culturais 2018-2019 remata o 27 de setembro.
Terán preferencia os/as empadroados/as no Concello de Oroso.
As inscricións deberán entregarse asinadas no Centro Cultural de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e os martes e xoves de 17:00 a 20:00 horas ou a través do correo cultura@oroso.gal.
Máis información no teléfono 981 690 903.
As actividades levaranse a cabo no centro cultural agás a de fotografía que será na aula de informática na rúa Do Deporte.

As cotas dos cursos faranse efectivas as empresas ou empregados das mesmas que leven a cabo o curso, do mes por adiantado, agás en traballos manuais e debuxo e pintura, que se farán a través da páxina web do concello no apartado de tributos on line e entregando o xustificante de pago no centro cultural ou no mail: cultura@oroso.gal o pago realizarase cando lle confirmen a praza dende o departamento de cultura do Concello de Oroso

III Certame de Traballos de Investigación do Camiño Inglés.

Bases do Certame

O Concello de Oroso convoca o III Certame de Traballos de Investigación do Camiño Inglés, de acordo coas seguintes

  1. Os traballos deberán referirse a calquera faceta do Camiño Inglés, (histórica, lingüistica, xeográfica, botánica, ecolóxica...) tanto en Galicia como noutras partes de España ou noutros países.
  2. Poderán ser presentados en galego normativo, castelán ou inglés e deberán ser orixinais e inéditos. Aceptaranse os que foran presentados a outros certames sempre e cando non recibiran premio nin mención ningunha.
  3. Establécense tres categorías: investigadores/as, peregrinos/as maiores de idade (diarios de peregrino e experiencias persoais) e mozos/as ata os 18 anos.
  4. A extensión mínima será de 18.000 caracteres para investigadores/as, 5.000 para peregrinos/as e 2.500 para os/as menores de 18 anos, e deberán estar mecanografados a dobre espazo, agás os estudantes de Primaria e Infantil, que poderán presentalos escritos a man. Non hai extensión máxima.
  5. Nas categorías de investigadores/as e peregrinos/as os traballos deberán presentarse en soporte dixital e papel no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa e enviarse por correo electrónico, en formato Word ou PDF, aos seguintes enderezos: cultura@oroso.gal e biblioteca@oroso.gal, deberán constar os datos personais (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI e teléfono de contacto)
  6. Poderán ser presentados por persoas individuais ou por conxuntos de persoas. Cada autor/a ou autores/as poderán presentar cantos traballos desexen.
  7. A data límite de presentación será o 8 de abril de 2018.
  8. Establécense os seguintes premios:
    Investigadores/as:
    Primeiro premio: 1.000 euros
    Segundo premio: 500 euros
    Terceiro premio: unha tableta.
    Peregrinos/as:
    Primeiro premio: 500 euros
    Segundo premio: unha tableta
    Terceiro premio: Invitación a dúas persoas para coñecer o Camiño no Concello de Oroso.
    Mozos/as ata 18 anos:
    Primeiro premio: Unha tableta
    Segundo premio: unha go pro
    Terceiro premio: Bono para mercar nunha tenda local por valor de 100 euros
  9. As persoas que resulten premiadas recibirán un diploma acreditativo da súa participación no certame.
  10. Os premios estarán suxeitos ás retencións que marque a lei e as estancias así como o bono terán validez durante un ano dende a data de faio do xurado.
  11. O Concello de Oroso designará un xurado para cada categoría, que estará composto por un mínimo de cinco persoas, das cales polo menos tres deberán ser alleas ao cadro de persoal administrativo do Concello de Oroso, presididas polo concelleiro de Camiño Inglés. No xurado de investigadores/as, polo menos un dos seus membros pertencerá ao claustro dalgunha universidade galega. Os xurados faranse públicos ao mesmo tempo que os fallos, podendo ser declarado deserto calquera dos premios.
  12. O Concello quedará cunha copia dos traballos presentados, que pasará a formar parte dos fondos propios do CEICI (Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés). Así mesmo, o/a autor/a ou autores/as cederán ao dito Concello os dereitos de publicación da primeira edición dos traballos premiados.
  13. Non se devolverán os orixinais nin as copias dos traballos participantes.
  14. A participación no certame implica a aceptación destas bases e das resolucións que tome o xurado en caso de calquera discrepancia ou aclaración.

Descargar díptico do Certame

Concurso de disfraces - Oroso 2018.

Folla de inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2018 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar tódalas persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2018 terá lugar o sábado día 10 de febreiro no Pavillón Polideportivo Municipal de Sigüeiro, comezando coas actividades previstas ás 17:30 horas cun desfile de todos os participantes polas rúas de Sigüeiro.

TERCEIRA:
Quedan establecidas dúas categorías en función da idade:

  • 1ª: categoría xeral (maiores de 16 anos)
  • 2ª: categoría infantil (ata 16 anos)

CUARTA:
O prazo de inscrición esténdese ata o venres 9 de febreiro ás 14 horas. A inscrición formalizarase nas oficinas do Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa ou chamando ao número de teléfono 981 690 903 ata as 14.00 horas do venres 9 de febreiro. A música para as actuacións é preciso presentala no momento da inscrición en formato MP3 a ser posible e por mail a: cultura@oroso.gal ou memoria USB (non se recollerá música fora do prazo de inscrición nin tampouco o propio día do concurso), a recollida do dorsal realízarase o día do concurso no pavillón de deportes de 16 a 17h, será obrigatorio recoller o dorsal nese horario para poder participa. As actuacións terán un máximo de duración de 5 minutos, a partir dese tempo poderán ser descalificadas.

QUINTA: PREMIOS:

Categoria Xeral (maiores 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 500 euros
    • Finalista: 300 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 220 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 250 euros
    • Finalista: 180 euros

Categoria Infantíl (ata 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 200 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 220 euros
    • Finalista: 150 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 180 euros
    • Finalista: 120 euros

  • PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO DE 150€

SEXTA:
Será obrigatorio participar no desfile que sairá do Pavillón percorrendo diversas rúas de Sigüeiro para formar parte do concurso de disfraces. Será a organización do concurso a que determine se se suspende ou non este por causas alleas ao mesmo (como poden ser as condicións meteorolóxicas).

SETIMA:
A selección dos gañadores levarase a cabo o mesmo día do concurso segundo a valoración dun xurado composto de cinco membros e designado para tal fin. Valorará a orixinalidade e a laboriosidade, podendo declararse deserto calquera premio se a xuízo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.

OITAVA:
A entrega de premios para todas as modalidades efectuarase con posterioridade ao concurso, tras previa presentación de certificación bancaria e fotocopia do DNI do premiado nas dependencias municipais. Nos premios superiores a 299 euros o ingreso do mesmo prorrotearase entre os participantes presentando tamén fotocopia do DNI de cada un deles e certificación bancaria dos seus correspondentes números de conta.

NOVENA:
Normas finais
O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación por parte dos concursantes das presentes bases.
Segundo.- Aprobar o gasto polo importe de 3.170,00 euros con cargo á partida 452.226.11.

Concurso de Máscaras de Entroido 2018.

Premiados

Os membros do xurado do Concurso de Máscaras acordaron o mércores 7 de febreiro nomear gañadora e finalista da categoría infatil (7-9 anos) a:

Gañadora: Alicia Méndez Fernández Finalista: Brais Bahamonde Barcala
Máscara: Máscara de Gatiño Máscara: Volvoreta

Nomear gañadora e finalista na categoría de infantil (10-12 anos) a:

Gañadora: Luciana Andrade Dimatale Finalista: Claudia Gonzalez Boullosa
Máscara: O Embruxo Máscara: O sol e a lúa

Nomear gañador e finalista na categoría de adultos a:

Gañador: Ivan Blanco Castro Finalista: Mª Jesús Martínez Fernández
Máscara: Jostro "O hereje" Máscara: Arde Galicia

Premio especial para:

Simón Caneda Rivera
Máscara: Páxaro Loco

Folla de inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Máscaras Oroso 2018 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a diferentes idades, establecendo tres categorías: a categoría infantil (de 7 a 9 anos), categoría infantil (de 10 a 12 anos) e a categoría xeral (a partir de 13 anos).

TERCEIRA:
Non se aceptarán máscaras que xa fosen premiadas noutros concursos.

CUARTA:
O tema das máscaras será libre.

QUINTA:
A máscara deberá ser de elaboración propia.

SEXTA:
As máscaras deberán estar adaptadas ao tamaño dunha cara humana e cubrir o rostro completamente, podendo, no seu caso sobresaír adornos, accesorios, etc. As máscaras tipo anteface tamén serán admitidas.

SÉTIMA:
Os materiais para a realización da estrutura base poderán ser de tres tipos:
a) Calquera material derivado do papel (papel maché, cartón pedra ou cartón das fallas, cartolinas, técnicas mixtas derivadas do papel etc.)
b) Vendas de escaiola
c) Combinacións que poidan xurdir entre as técnicas citadas no apartado a e b (papel e escaiola). Na categoría de adultos, valoraranse con menos puntuación máscaras nas cales a base estea realizada con materiais plásticos.
OITAVA:

A decoración da máscara poderá estar realizada con materiais e accesorios de libre elección, segundo as necesidades da máscara e a idea a plasmar polo artista.

NOVENA:
Valoraranse os acabados, a creatividade, a estética e o bo gusto.

DÉCIMA
Aceptarase como máximo unha máscara por participante, agás na categoría infantil que se aceptarán dúas máscaras por participante, non podendo resultar premiado o mesmo participante como gañador e finalista.

DÉCIMO PRIMEIRA
Os concursantes presentarán as súas máscaras nas oficinas do Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa, de luns a venres en horario de 9 a 14h e martes e xoves de 17:00 a 20:00h, tendo como data límite de presentación o 6 de febreiro de 2018, antes das 20h.

DÉCIMO SEGUNDA
Requirirase a seguinte documentación por cada máscara entregada: sobre pechado cunha fotografía da máscara presentada no concurso, impresa en papel, co nome da obra, o nome do artista e un lema ou frase que explique a idea que inspirou a obra. Todo escrito no dorso da dita fotografía (as fotografías non serán devoltas).

DÉCIMO TERCEIRA
O día 10 de febreiro, ás 19.30h, durante o concurso de disfraces fárase entrega dos premios do concurso de máscaras.

DÉCIMO CUARTA
As máscaras poderanse recoller no Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa do 19 ao 28 de febreiro, tras previa presentación por parte dos propietarios do xustificante de inscrición. Se o día 1 de marzo non se recolleron ás máscaras, entenderase que os seus autores renuncian á súa propiedade a favor da organización, quen poderá destruílas ou darlles o destino que considere máis conveniente.

DÉCIMO QUINTA
A organización non se fai responsable dos danos, roubo, extravío ou outros riscos similares sobre as obras dos participantes, dende a entrega ata a devolución das mesmas.

DÉCIMO SEXTA
Os premios dos gañadores serán os seguintes:

  • Categoria Infatil (de 7 a 9 anos):
    • Gañador: Vale regalo na tenda de roupa infantil La Bellota, por valor de 60€
    • Finalista: Vale regalo na Petiscos Doces por valor de 30€
  • Categoria Infatil (de 10 a 12 anos):
    • Gañador: Vale regalo en equip@t por valor de 70€ (Patrocinado por equip@t)
    • Finalista: Vale regalo en equip@t por valor de 35€ (Patrocinado por equip@t)
  • Categoria Xeral
    • Gañador: Unha tablet (patrocinada por IDE)
    • Finalista: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello (patrocinada por Restaurante Mariñaos)

DÉCIMO SÉTIMA
No caso de que o gañador ou finalista da categoría de adultos non teña cumpridos os 18 anos deberá ir acompañado do pai/nai titor/a.

DÉCIMO OITAVA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Concurso de receitas de entroido. "En galego sabe mellor".

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de receitas de Entroido “En galego sabe mellor” do Entroido Oroso 2018 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a adultos maiores de 16 anos.

TERCEIRA:
As receitas terán que ser típicas do Entroido, deberán estar escritas en lingua galega e presentarse mecanografadas, en memoria USB ou enviar por email a cultura@oroso.gal. Así mesmo, deberase presentar o prato elaborado o día indicado pola organización.

CUARTA:
Valoraranse a presentación e a creatividade do prato, e a orixinalidade e a lingua da receita.

QUINTA:
Aceptaranse como máximo dúas receitas por participante, sendo premiada únicamente unha delas.

SEXTA:
Os concursantes presentarán as súas receitas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 10:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:00h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o mércores 7 de febreiro de 2018, antes das 14:00h. O día 8 de febreiro o prato deberá entregarse cociñado no centro cultural de 9 a 14 ou de 17 a 18h.

SÉTIMA:
Requirirase presentar a seguinte documentación: a receita presentada no concurso, impresa en papel, en memoria USB ou no mail cultura@oroso.gal, e noutro documento o título da receita cos datos persoais do/a autor/a.

OITAVA:

O día 10 de febreiro, arredor das 19.30h, terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral, realizarase a entrega durante o concurso de disfraces.

NOVENA:
Os premios dos gañadores serán os seguintes:
> Gañador: Cea para dúas persoas nun restaurante do termo municipal de Oroso
> Finalista: Libro de cociña

Ademais, as súas receitas serán publicadas na páxina web do concello: www.concellooroso.com

DÉCIMA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Semana Cultural - Oroso 2017.

Cine, Teatro, Música, Talleres, Maxia, Títeres, Roteiro, Excursións, ... toda unha ampla gama de actividades culturais e de lecer para gozar todos os veciños do Concello de Oroso dende o 24 de agosto ata o 9 de setembro.

Os lugares das actividades poden cambiar en caso de choiva. Algunhas das actividades precisan inscrición previa.
Para máis información diríxete ao departamento de Cultura no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de 9:00 a 14:00. (Teléfono: 981 690 903).

Programa de Actividades
 
 :: XOVES 24 AGOSTO ::

HORA: Todo o día
LUGAR: Cerceda

EXCURSIÓN AQUAPARK CERCEDA.
Saída diante do centro cultural, e chegada ás 19:00h tamén diante do centro cultural.
Dirixida a partir de 8 anos (nacidos/as en 2009 e en adiante) e empadroados/as no Concello de Oroso
Previa inscrición do 8 ao 22 de agosto no Centro Cultural. Prazas limitadas
Máis información no Centro Cultural.

 :: VENRES 25 AGOSTO ::

HORA: 15:30
LUGAR: Camiño Inglés

ROTEIRO POLO CAMIÑO INGLÉS.
(Dificultade baixa, percorrido 10 km aprox.)
Ver publicidade específica

HORA: 22:00
LUGAR: Praza Isaac Díaz Pardo
SE CHOVE: Alameda de Góis

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DO ACORDEÓN DE SIGÜEIRO-OROSO

GRUPO PACÍFICO

 :: LUNS 28 AGOSTO ::

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Consultar organización

AEREOS KANBAHIOTA
"Vaya Circo "
(Dirixido ao todos os públicos)

 :: MARTES 29 AGOSTO ::

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

POPÍN PALOMERO
(Dirixido ao todos os públicos)

 :: MÉRCORES 30 AGOSTO ::

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Consultar organización

TRASPEDIANTE

"Up 2 down"
(Dirixido ao todos os públicos)

 :: XOVES 31 AGOSTO ::

HORA: 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:30
LUGAR: Piscina Municipal

INCHABLES.
(Dirixido a maiores de 4 anos)
Entrada gratuita.

HORA: 19:00
LUGAR: Piscina Municipal

FESTA DA ESPUMA
(Dirixido a maiores de 4 anos)
Entrada gratuita.

HORA: 21:45
LUGAR: Exterior Piscina Municipal

OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA
(Consultar coa organización as prediccións metereolóxicas)

 :: VENRES 1 SETEMBRO ::

HORA: 11:00
LUGAR: Exterior Piscina Municipal

XINCANA
(Dirixida a nenos/as de 6 anos en adiante)

Previa inscrición do 11 ao 24 de agosto no Centro Cultural.

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

CONCERTO MAMÁ CABRA
(Dirixido o público familiar)

 :: LUNS 4 SETEMBRO ::

HORA:
LUGAR: Praza Isaac Diaz Pardo

SE CHOVE: Centro Cultural

OBRADOIRO "O SISTEMA SOLAR"
Nenos de 3 a 5 anos) de 12:00 a 12:45 horas
Nenos de máis de 9 anos) de 13:00 a 13:45)
Previa inscrición no Centro Cultural.

HORA: 16:30 a 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Consultar organización

KARAOKE, TORO MECÁNICO, TABLA DE SURF, MÁQUINA DE PALOMITAS, INCHABLE FUTBOLÍN HUMANO e OBRADOIRO.
(Dirixido a todos os públicos)

 :: MARTES 5 SETEMBRO ::

HORA:
LUGAR: Praza Isaac Diar Pardo
SE CHOVE: Centro Cultural

OBRADOIRO "O SISTEMA SOLAR"
Nenos de 6 a 8 anos) de 12:00 a 12:45 horas
OBRADOIRO "BÓLIDOS E METEORITOS"
Nenos de máis de 9 anos) de 13:00 a 13:45 horas
Previa inscrición no Centro Cultural.

HORA: 22:00
LUGAR: Praza Isaac Díaz Pardo
SE CHOVE: Centro Cultural

NOITE DE CINE AO AIRE LIBRE "O Apóstolo"
(Non recomendada para menores de 7 anos)

 :: MÉRCORES 6 SETEMBRO ::

HORA:
LUGAR: Praza Isaac Diar Pardo
SE CHOVE: Centro Cultural

OBRADOIRO "BÓLIDOS E METEORITOS "
Nenos de 6 a 8 anos) de 12:00 a 12:45 horas
OBRADOIRO "AS ESTRELAS "
Nenos de máis de 9 anos) de 13:00 a 13:45 horas
Previa inscrición no Centro Cultural.

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municial
SE CHOVE: Centro Cultural

MAXIA "MAGO KIKO PASTUR"
(Dirixido a todos os públicos)

 :: XOVES 7 SETEMBRO ::

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

LUCECÚS TEATRO
"PingüiSOS"
(Dirixido ao público familiar)

 :: VENRES 8 SETEMBRO ::

HORA: 21:00
LUGAR: Praza Isaac Díaz Pardo
SE CHOVE: Centro Cultural

CONCERTO GALLAECIA EVENTOS
"The Lollipos & Piano"
(Dirixido a todos os públicos)

 :: SABADO 9 SETEMBRO ::

HORA: 12:00
LUGAR: Centro Cultural

EXPOSICIÓN GÓIS OROSO ARTE
INAUGURACIÓN CERTAME INTERNACIONAL

HORA: 13:00
LUGAR: Parque Carboeiro

FESTIVAL FOLCLÓRICO

Premios da Gala da Cultura do Concello de Oroso 2018.

Documentación

Bases dos premios da Gala da Cultura

PRESENTACIÓN:
O Concello de Oroso, neste ano 2018, segue a considerar oportuna a creación dun recoñecemento ao mérito en distintas actividades culturais para galardoar deste xeito a quen destaque especialmente en cada unha delas.
Por este motivo, convócase para o venres 1 de xuño a quinta edición da Gala da Cultura, na cal se concederán as seguintes categorías de premios:

A. CATEGORIAS

  • Recoñecemento Especial á Traxectoria no eido da cultura.
  • Recoñecemento Especial á Promesa 2017, que despunte nalgunha categoría ou disciplina artística.
  • Recoñecemento Especial á Asociación /Entidade 2017, que potencia a cultura no concello de Oroso.
  • Recoñecemento Especial á Empresa polo seu apoio á cultura.

B. PREMIOS
Os premios non terán dotación económica ningunha. O/a galardoado/a recibirá unha placa e un diploma e os nomeados un diploma como recoñecemento ao seu labor cultural.

C. PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
Poderán presentar candidaturas as institucións públicas ou privadas, persoas físicas, fundacións/asociacións, colexios profesionais, academias e personalidades de distintos ámbitos que posteriormente serán avaliadas polo xurado.

Para optar ao premio, deberá presentarse:

  • Formulario oficial cuberto cos datos do/a candidato/a.
  • O currículum vitae do/a candidato/a.
  • Unha memoria ou motivo que detalle o labor desenvolvido polo/a candidato/a a través da actividade exercida e na que se detallen os premios acadados de ser o caso, publicacións e outra documentación que contribúa á xustificación dos méritos alegados, tales coma fotografías, vídeos das actividades ou actuacións desenvolvidas polos/as nomeados/as.

D. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
O prazo para presentar as candidaturas dos distintos premiados será de quince días a partir da publicación das presentes bases.

E. LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS
As candidaturas presentaranse no Rexistro do Concello de Oroso, en horario de 08:30 a 14:00 horas de luns a venres.

F. CRITERIOS DE VALORACIÓN

  • Para seleccionar a candidatura premiada, valorarase a entrega do/a candidato/a á súa actividade, así como os beneficios derivados dela para a sociedade e a repercusión da actividade dentro e fóra do concello.
  • Para participar nesta convocatoria a persoa ou entidade da que se presente candidatura deberá estar vinculada ao concello de Oroso.
  • As persoas premiadas na categoría Recoñecemento Especial á Traxectoria no eido da Cultura en edicións anteriores non poderán presentarse nas sucesivas. No resto de categorías poderán repetir presentación de candidaturas tanto as persoas premiadas como as nomeadas.
  • As persoas nomeadas en edicións anteriores poderán repetir nomeamentos e ser premiadas en anos posteriores ata acadar premio se fose o caso.

G. XURADO
O xurado estará presidido polo Alcalde do Concello de Oroso (ou mediante DELEGACIÓN) e estará formado por un total de 9 membros designados por este co concelleiro de Cultura e especialistas nas categorías premiadas que non se presenten nesta convocatoria.

Constituirase un único xurado para todos os premios. O voto non se poderá delegar e as súas decisións serán inapelables.

A votación será mediante o sistema de papeleta.

O xurado poderá declarar o premio deserto nalgunha das categorías.

A resolución do xurado darase a coñecer na Gala da Cultura que terá lugar o 8 de xuño de 2018 ás 20:30 horas no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de Sigüeiro.

H. DOCUMENTACIÓN ADXUNTA Á CANDIDATURA
Achegarase a seguinte documentación:

  • Formulario oficial.
  • Currículum vitae da persoa candidata.
  • Memoria.
  • Outra documentación.
  • Fotografías da persoa candidata.

Concurso de receitas de entroido. "En galego sabe mellor".

Receita gañadora. Francisco Javier Martínez Martín

concurso receitas en galego ESCUMA DE GRELOS CON LACÓN

DESCARGAR RECEITA

Receita finalista. Pilar Muradás Vietez

concurso receitas en galego PEMENTOS DO PIQUILLO CON RECHEO DE CACHUCHA

DESCARGAR RECEITA

Receita Premio Especial. Aula de maiores da Gardería Trastes

concurso receitas en galego FILLOAS RECHEAS DE CHOCOLATE E PLÁTANO

DESCARGAR RECEITA

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de receitas de Entroido “En galego sabe mellor” do Entroido Oroso 2017 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a adultos maiores de 16 anos.

TERCEIRA:
As receitas terán que ser típicas do Entroido, deberán estar escritas en lingua galega e presentarse mecanografadas. Así mesmo, deberase presentar o prato elaborado o día indicado pola organización.

CUARTA:
Valoraranse a presentación e a creatividade do prato, e a orixinalidade e a lingua da receita.

QUINTA:
Aceptaranse como máximo dúas receitas por participante, sendo premiada únicamente unha delas.

SEXTA:
Os concursantes presentarán as súas receitas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 10:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:00h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 22 de febreiro de 2017, antes das 14:00h. O día 23 de febreiro o prato deberá entregarse cociñado no centro cultural de 9 a 14 ou de 17 a 18h.

SÉTIMA:
Requirirase presentar a seguinte documentación: a receita presentada no concurso, impresa en papel, co nome e os datos persoais do autor.

OITAVA:

O día 25 de febreiro, arredor das 19.30h, terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral, realizarase a entrega durante o concurso de disfraces.

NOVENA:
Os premios dos gañadores serán os seguintes:
> Gañador: Cea para dúas persoas nun restaurante do termo municipal de Oroso
> Finalista: Libro de cociña

Ademais, as súas receitas serán publicadas na páxina web do concello: www.concellooroso.com

DÉCIMA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Concurso de Máscaras de Entroido 2017.

Premiados

Os membros do xurado do Concurso de Máscaras acordaron o mércores 22 de febreiro nomear gañadora e finalista da categoría infatil (7-9 anos) a:

Gañadora: Luciana Andrade Dinatale Finalista: Adriana Mosquera Pequeño
Máscara: Expresión de Cor Máscara: Mariquita

Nomear gañadora e finalista na categoría de infantil (10-12 anos) a:

Gañadora: Lucia Tabarés Rodríguez Finalista: Nuno Sancosmed Fernández
Máscara: Scraabooking mask Máscara: Tú eliges el bien o el mal

Nomear gañador e finalista na categoría de adultos a:

Gañador: Adrián González Jiménez Finalista: Encarnación Jiménez López
Máscara: A bestia porquiña Máscara: A beleza en arapos

Folla de inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Máscaras Oroso 2017 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a diferentes idades, establecendo tres categorías: a categoría infantil (de 7 a 9 anos), categoría infantil ( de 10 a 12 anos) e a categoría xeral (a partir de 13 anos).

TERCEIRA:
Non se aceptarán máscaras que xa fosen premiadas noutros concursos.

CUARTA:
O tema das máscaras será libre.

QUINTA:
A máscara deberá ser de elaboración propia.

SEXTA:
As máscaras deberán estar adaptadas ao tamaño dunha cara humana e cubrir o rostro completamente, podendo, no seu caso sobresaír adornos, accesorios, etc. As máscaras tipo anteface tamén serán admitidas.

SÉTIMA:
Os materiais para a realización da estrutura base poderán ser de tres tipos:
a) Calquera material derivado do papel (papel maché, cartón pedra ou cartón das fallas, cartolinas, técnicas mixtas derivadas do papel etc.)
b) Vendas de escaiola
c) Combinacións que poidan xurdir entre as técnicas citadas no apartado a e b (papel e escaiola). Na categoría de adultos, valoraranse con menos puntuación máscaras nas cales a base estea realizada con materiais plásticos.
OITAVA:

A decoración da máscara poderá estar realizada con materiais e accesorios de libre elección, segundo as necesidades da máscara e a idea a plasmar polo artista.

NOVENA:
Valoraranse os acabados, a creatividade, a estética e o bo gusto.

DÉCIMA
Aceptarase como máximo unha máscara por participante, agás na categoría infantil que se aceptarán dúas máscaras por participante, non podendo resultar premiado o mesmo participante como gañador e finalista.

DÉCIMO PRIMEIRA
Os concursantes presentarán as súas máscaras nas oficinas do Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00h e martes e xoves de 17:00 a 20:00h, tendo como data límite de presentación o 21 de febreiro de 2017, antes das 20:00h.

DÉCIMO SEGUNDA
Requirirase a seguinte documentación por cada máscara entregada: sobre pechado cunha fotografía da máscara presentada no concurso, impresa en papel, co nome da obra, o nome do artista e un lema ou frase que explique a idea que inspirou a obra. Todo escrito no dorso da dita fotografía (as fotografías non serán devoltas).

DÉCIMO TERCEIRA
O día 25 de febreiro, ás 19.30h, durante o concurso de disfraces fárase entrega dos premios do concurso de máscaras.

DÉCIMO CUARTA
As máscaras poderanse recoller no Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa do 6 ao 17 de marzo, tras previa presentación por parte dos propietarios do xustificante de inscrición. Se o día 17 de marzo non se recolleron ás máscaras, entenderase que os seus autores renuncian á súa propiedade a favor da organización, quen poderá destruílas ou darlles o destino que considere máis conveniente.

DÉCIMO QUINTA
A organización non se fai responsable dos danos, roubo, extravío ou outros riscos similares sobre as obras dos participantes, dende a entrega ata a devolución das mesmas.

DÉCIMO SEXTA
Os premios dos gañadores serán os seguintes:

  • Categoria Infatil (de 7 a 9 anos):
    • Gañador: Vale regalo na tenda de roupa infantil La Bellota, por valor de 60€
    • Finalista: Vale regalo na Librería Refoxos por valor de 30€
  • Categoria Infatil (de 10 a 12 anos):
    • Gañador: Vale regalo en equip@t por valor de 70€ (Patrocinado por equip@t)
    • Finalista: Vale regalo en equip@t por valor de 35€ (Patrocinado por equip@t)
  • Categoria Xeral
    • Gañador: Unha tablet (patrocinada por IDE)
    • Finalista: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello (patrocinada por Restaurante Mariñaos)

DÉCIMO SÉTIMA
No caso de que o gañador ou finalista da categoría de adultos non teña cumpridos os 18 anos deberá ir acompañado do pai/nai titor/a.

DÉCIMO OITAVA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Concurso de disfraces - Oroso 2017.

Folla de inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2017 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar tódalas persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2017 terá lugar o sábado día 25 de febreiro no Pavillón Polideportivo Municipal de Sigüeiro, comezando coas actividades previstas ás 17:30h cun desfile de todos os participantes polas rúas de Sigüeiro.

TERCEIRA:
Quedan establecidas dúas categorías en función da idade:

  • 1ª: categoría xeral (maiores de 16 anos)
  • 2ª: categoría infantil (ata 16 anos)

CUARTA:
O prazo de inscrición esténdese ata o sábado 25 de febreiro ás 17:00 horas. A inscrición formalizarase nas oficinas do Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa ou chamando ao número de teléfono 981690903 ata as 14.00 horas do día 24 de febreiro e o propio día do Concurso de 16:00 a 17:00 horas no Pavillón Municipal. A música para as actuacións é preciso presentala no momento da inscrición en formato MP3 a ser posible e por mail a: cultura@oroso.gal ou memoria USB, os participantes que se inscriban o mesmo día do concurso non podemos garantizar que a actuación sexa coa música presentada por motivos de organización. As actuacións terán un máximo de duración de 5 minutos, a partir dese tempo poderán ser descalificadas.

QUINTA: PREMIOS:

Categoria Xeral (maiores 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 500 euros
    • Finalista: 300 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 220 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 250 euros
    • Finalista: 180 euros

Categoria Infantíl (ata 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 200 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 220 euros
    • Finalista: 150 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 180 euros
    • Finalista: 120 euros

  • PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO DE 150€

SEXTA:
Será obrigatorio participar no desfile que sairá do Pavillón percorrendo diversas rúas de Sigüeiro para formar parte do concurso de disfraces. Será a organización do concurso a que determine se se suspende ou non este por causas alleas ao mesmo (como poden ser as condicións meteorolóxicas).

SETIMA:
A selección dos gañadores levarase a cabo o mesmo día do concurso segundo a valoración dun xurado composto de cinco membros e designado para tal fin. Valorará a orixinalidade e a laboriosidade, podendo declararse deserto calquera premio se a xuízo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.

OITAVA:
A entrega de premios para todas as modalidades efectuarase con posterioridade ao concurso, tras previa presentación de certificación bancaria e fotocopia do DNI do premiado nas dependencias municipais. Nos premios superiores a 299 euros o ingreso do mesmo prorrotearase entre os participantes presentando tamén fotocopia do DNI de cada un deles e certificación bancaria dos seus correspondentes números de conta.

NOVENA:
Normas finais
O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación por parte dos concursantes das presentes bases.
Segundo.- Aprobar o gasto polo importe de 3.170,00 euros con cargo á partida 452.226.11.

Programa do Entroido Oroso 2018.

CONCURSO DE RECEITAS DE ENTROIDO

entroido

"EN GALEGO SABE MELLOR"
O prazo de entrega das receitas remata o vindeiro 7 de febreiro, antes das 14h no centro cultural. Terán que ser típicas do Entroido e deberán estar escritas en lingua galega e mecanografadas (impresas en papel e datos persoais do autor noutro impreso) ou enviar por mail a cultura@oroso.gal, ou en memoria USB. Así mesmo deberase presentar o prato elaborado o día 8 de febreiro de 9 a 14h ou de 17 a 18h. O premio para o/a gañador/a será unha cea para dúas persoas no Restaurante Cortés e para o/a finalista un libro de cociña patrocinado por Librería Aula 10. Dirixido a maiores de 16 anos.

CONCURSO DE MÁSCARAS

entroido

Prazo límite de entrega o 6 de febreiro no centro cultural ás 20h.
Tres categorías:
- Categoría infantil: de 7 a 9 anos. Premio para o/a gañador/a, un vale por importe de 60€ na tenda de roupa infantil La Bellota e para o/a finalista un vale regalo por importe de 30€ en Petiscos Doces.
- Categoría infantil: de 10 a 12 anos. Premio para o/a gañador/a un vale por importe de 70 euros e o finalista por importe de 35€ en Equip@t.
- Categoría Xeral (de 13 anos en adiante). O gañador será premiado cunha tablet e o finalista unha cea para dúas persoas no restaurante Mariñaos.

FESTIVAL DO CRA

entroido

Venres 9 de febreiro no centro cultural.

CONCERTO COMBOS ESCOLA DE MÚSICA

entroido

Venres 9 de febreiro no centro cultural ás 20h.

ANIMACIÓN Á LECTURA

entroido

Sábados 10 e 24 de febreiro de 11 a 12:30h.
Inscricións na biblioteca municipal, as prazas son limitadas.
Dirixido a partir de 3 anos.

CONCURSO DE DISFRACES

entroido

Sábado 10 de febreiro. Saída ás 17:30h do pavillón de deportes e percorrido polas rúas de Sigüeiro. Entrega de premios do concurso de receitas e do concurso de máscaras arredor das 19.30h.
Haberá animación, inchables, premios, música e moita diversión.

CATEGORÍA ADULTOS (maiores de 16 anos)
Comparsa: (mínimo 6 compoñentes) - Gañador: 500€
Finalista: 300€
Grupo: (de 2 a 5 compoñentes) - Gañador: 350€
Finalista: 220€
Individual: - Gañador/a: 250€
Finalista:180€

CATEGORÍA INFANTIL (ata os 16 anos)
Comparsa: (mínimo 6 compoñentes) - Gañador: 350€
Finalista: 200€
Grupo: (de 2 a 5 compoñentes) - Gañador: 220€
Finalista: 150€
Individual: Gañador/a: 180€
Finalista: 120€

PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO 150€

CARNIVAL CAMP

entroido

Luns 12 e mércores 14 de febreiro. No CEIP do Camiño Inglés. Dirixido a nenos/as de 3 a 12 anos.

OBRADOIRO: MINI-CAKES DE ENTROIDO

entroido

Luns 12 de febreiro. Dirixido a rapaces/azas 3 a 13 anos.
De 10.30 a 11.30 dirixido a nenos/as de 9 anos en adiante.
De 11.30 a 12.30 dirixido a nenos/as de 3 a 5.
De 12.30 a 13.30 dirixido a nenos/as de 6 a 8.
Inscrición previa no centro cultural a partir do 1 de febreiro. Prazas limitadas, preferencia a empadroados/as. Gratuíto

FESTA DE DISFRACES

entroido

Luns 12 de febreiro ás 19h no centro cultural. DISCOMÓBIL para nenos/as con dj, mascota e obradoiro de maquillaxe. Dirixido a todos os públicos. Colabora traendo filloas e orellas (productos típicos do entroido).

OBRADOIRO DE ROSQUIÑAS DE ENTROIDO

entroido

Mércores 14 de febreiro:
1º grupo de 10 a 11.30h
2º grupo de 11.30 a 13h
No centro cultural. Dirixido a nenos/as de 6 anos en adiante. Prazas limitadas, inscrición previa no centro cultural a partir do 1 de febreiro.

ENTROIDO 2017

VII Concurso de fotografía. "Muller Traballadora".

Documentación

Bases do concurso de fotografía

Primeira: Participantes
Poderán presentarse todas as persoas DA COMARCA DE ORDES e SANTIAGO DE COMPOSTELA. Con dúas categorías: XERAL (maiores de 16 anos) e INFANTIL ( 9- 16 anos).

Segunda: Tema
Con motivo do Día Internacional da Muller no que se conmemora a loita da Muller pola súa participación e igualdade de xénero na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa, convócase este concurso,centrado no ámbito do traballo e co que se pretende que a través das imaxes se reflicte o traballo das mulleres en calquera eido.

Terceira: Número máximo de fotografías
O número de fotografías a presentar por cada participante estará limitado a 3.

Cuarta: Tamaño e presentación
O formato das fotografías será de 20 x 30 cm. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico.
As fotografías presentaranse sen montar, sen paspartú, marco nin cristal. E sen datos persoais que poidan identificar á persoa autora.
Aquelas fotografías nas que apareza unha persoa identificable, deben contar co consentimento da persoa retratada. (Anexo I). A non presentación deste anexo implica quedar excluído/a no devandito concurso.

Quinta: Obras
Cada fotografía levará un título escrito por detrás, xunto co pseudónimo que indique o autor ou autora. Nun sobre pechado co pseudónimo, e a categoría a que pertence escrito por fóra, o autor introducirá os seus datos persoais. (Nome e apelidos, NIF, enderezo e teléfono) así como un CD coa fotografía en formato dixital no que figure o título.

Sexta: Prazo de recepción dos traballos
As fotografías entregaranse na Biblioteca Municipal no centro cultural Fernando de Casas e Novoa de 09:30h a 13.30h e de 16.30h a 21.00h. O prazo de entrega das obras rematará o día 24 de febreiro de 2017.
As persoas participantes tamén poderán enviar as fotografías por correo postal dentro do prazo de admisión do parágrafo anterior. Neste caso a participante xustificará a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciará a este concello a remisión das fotografías, mediante fax (981691786) ou telegrama ata o día 24 de febreiro de 2017 ás 21:00 horas.
Sen a concorrencia de ambos os requisitos non serán admitidas as fotografías, se son recibidas por este organismo con posterioridade á data de terminación do prazo.
Porén, logo de transcorrer os 5 días hábiles seguintes á data indicada sen recibirse as fotografías estas non será admitidas en ningún caso

Sétima: Premios
O xurado establecerá tres premios CATEGORÍA XERAL:

  • 1º Premio : 250 €
  • 2º Premio : 150 €
  • 3º Premio : 100 €

E tres premios CATEGORÍA INFANTIL. A trocar en establecementos do concello de Oroso.

  • 1º Premio : Vale agasallo valorado en 100 €
  • 2º Premio : Vale agasallo valorado en 60 €
  • 3º Premio : Vale agasallo valorado en 40 €

O fallo do xurado darase a coñecer no marco das celebracións do Día Internacional da Muller o 8 de marzo de 2017 ás 19:30 horas no centro cultural Fernando de Casas e Novoa.

Oitava: Fallo do xurado
A decisión do xurado será inapelable.
A selección da fotografías realizarase tendo en conta a súa calidade técnica e artística e o grao no que fosen capaces de captar a esencia da temática do concurso.
No caso no que o xurado así o estimase todos ou algúns dos premios poderían quedar desertos.
Para poder recibir o premio é condición imprescindible estar presente no acto de entrega. No caso de non poder acudir, pódese enviar unha persoa representante, coa autorización expresa do titular da fotografía premiada.

Novena: Difusión dos traballos e protección de datos de caracter persoal (LOPD).
O Concello de Oroso resérvase todos os dereitos de propiedade e uso das fotografías, citando sempre o nome da persoa autora, pasando a formar parte do patrimonio artístico – cultural do Concello Todas as fotografías presentadas a concurso serán expostas ao público no mes de marzo en Dependencias Municipais. Si a cantidade de obras recibidas excedera o número máximo para a súa exhibición, realizarase unha selección previa.
O Concello garante o correcto tratamento dos datos de acordo coa Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD).

Décima: Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases descritas.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas Bases.

Programación Nadal Oroso 2016-2017.

Concurso de postais de Nadal con Mensaxe

Prazo:

Prazo de entrega das postais ata o 15 de decembro, entrega das postais na Biblioteca Municipal
[Ver publicidade específica]

Dirixido:

A maiores de 4 anos.

Campaña de Animación á lectura

Días:

Sábados 3 e 17 de decembro. Contacontos "Contos do tempo de Nadal " ás 11:00 horas.
Dirixido a maiores de 3 anos.

Venres 23 de decembro. "Club de lectura" ás 18:00 horas.

Venres 30 de decembro. Obradoiro "A rebotica dos contos " ás 18:00 horas.
Dirixido a nenos e nenas maiores de 4 anos.

Lugar:

Centro Cultural.

Prazo:

Inscrición previa na Biblioteca Municipal.

Belén vivente da Gardería Municipal "A Ulloa"

Día:

venres 16 de decembro.

Hora:

18:00 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

Todos os públicos.

Baile de Nadal para maiores

Día:

Sábado 17 de decembro.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

19:30 h.

Actuación do grupo Chanel.

Dirixido:

Terceira idade.

Festival do CRA

Día:

mercores 21 de decembro.

Hora:

Pola mañan

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

Todos os públicos.

Visita dos Paxes Reais

Día:

mercores 21 de decembro.

Lugares:

O carteiro Real e un paxe Real pasarán a recoller as cartas dos nenos e nenas da gardería “Trastes”, gardería Municipal “A Ulloa”, gardería A Chousa Nova as dos alumnos/as do C.R.A.  no centro cultural, e acudirán tamén ao Fogar Residencial Porto Avieira, en horario de mañá.

Hora:

Os Paxes Reais pasarán a recoller pola mañá as cartas.

Christmas Camp 2016

Días:

22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2016 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2017 (11 días)
[Ver publicidade específica]

Dirixido:

A nenos e nenas escolarizados.

Teatro da semente "Gretel e Bela"

Día:

xoves 22 de decembro

Lugar:

Centro Cultural.

Hora:

18:00 horas

Dirixido:

Dirixido ao público familiar a partir dos 6 anos.

Mercado de Artesanía

Día:

Vernes 23 de decembro

Lugar:

Rúas Xuncal e Lengüelle

Hora:

10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

Prazo:

Inscricións no centro cultural .

Concerto de Panxoliñas

Día:

Venres 23 de decembro.

Hora:

20:30 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

Todos os públicos.

Nadal sobre rodas en familia

Días:

26, 27, 28, 29 e 30 de decembro
De 08:30 a 14:30 h. Esta actividade está dirixida polo Club Patín Oroso e conta coa colaboración do Concello de Oroso. Trátase dunha actividade que ten como fin a conciliación da vida laboral e familiar. É gratuíta agás o servizo de madrugadores e o xantar (que é opcional)
Mais información e inscricións nas oficinas do centro deportivo.

Prazo:

ata o 16 de decembro.

Lugar:

Centro Deportivo .

I Campus de Nadal da Escola Deportiva Xuventude Oroso

Día:

Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro.

Hora:

10 a 14 horas

Lugar:

Máis información no Centro Deportivo ou Escola Deportiva.

Excursión a Bolera e Patinaxe sobre xeo

Día:

Luns 26 de decembro.

Lugar:

Santa Cristina - Oleiros.

Prazo:

Excursión gratuíta á “bolera” Solbowling en Santa Cristina – Oleiros, partidas de birlos, xantar e despois patinaxe sobre xeo. Información e inscricións no centro cultural.

Dirixido:

A maiores de 11 anos.

Maxia

Día:

Mércores 28 de decembro

Lugar:

O Mago Linaje co espectáculo "La magia de la Navidad " no Centro Cultural.

Hora:

18:00 horas

Dirixido:

Dirixido a todos os públicos.

Torneo de Padel Xuventude

Días:

29 e 30 de decembro
[Ver publicidade específica]

Dirixido:

A nenos e nenas de 10 a 18 anos.

Obradoiro de Nadal

Día:

Xoves 29 de decembro

Lugar:

Centro Cultural. Prazas limitadas. Inscrición previa no centro cultural

Hora:

17:00 horas

Dirixido:

A nenos de 5 a 12 anos.

Concerto de Nadal da Escola de Música

Día:

Venres 30 de decembro

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

19:00 h.

Dirixido:

Todos os públicos.

Imos Cantar os Reis

Día:

martes 3 de xaneiro.

Hora:

17:00 a 20:00 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Prazo:

Obradoiro participativo de recuperación dos Cantos de Reis. A sesión divídese en tres partes: obradoiro de construción de instrumentos sonoros e Cantos de Reis, saída para cantar os Reis e visitas a establecementos do contorno pedindo o aguinaldo e merenda cos aguinaldos conseguidos.
Prazas limitadas. Inscricións no centro cultural a partir do 19 de decembro.

Dirixido:

A nenos/as de todas as idades e as súas familias.

Obradoiro de carbón de Reis

Día:

Mércores 4 de xaneiro

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

17:00 h.

Prazo:

Prazas limitadas, inscricións no centro cultural a partir do 19 de decembro

Dirixido:

A maiores de 6 anos.

Gran Cabalgata de Reis

Día:

Xoves 5 de xaneiro de 2017.

Hora:

ás 18:00 horas.

Lugar:

Saída da Rúa do Portiño e percorrido polas rúas de Sigüeiro.

- Rúa do Portiño
- Rúa da Insua
- Praza de Alexandre Bóveda
- Rúa do Medio
- Rúa do Portiño
- Avda. de Compostela

- Praza da Foca
- Avda. da Grabanxa
- Rúa da Cultura
- Rúa Rio Lengüelle
- Avda. de Compostela
- Rúa Xuncal

Recepción na Casa do Concello das súas Maxestades ás 18:15 h.

Chegada ao Pavillón de Deportes arredor das 19:00 h.
No pavillón haberá inchables, e caramelos (aptos para celíacos) para todos !!!.
(O Pavillón de Deportes non se abrirá ata pasadas as 18:30 horas)

As súas Maxestades queren sentirse arroupadas polos nenos/as de Oroso, por iso pedímosvos que aqueles/as que esteades interesados/as podedes acompañalas na gran Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro, percorrendo as rúas de Sigüeiro.
Tamén nos dixeron que necesitan paxes reais para ese mesmo día, como ben sabedes trátase dunha xornada de moito traballo, concentrado nunha soa noite. Para colaborar é necesario que acudas ao centro cultural para inscribirte.

II Certame de Traballos de Investigación do Camiño Inglés.

Bases do Certame

O Concello de Oroso convoca o II Certame de Traballos de Investigación do Camiño Inglés, de acordo coas seguintes

  1. Os traballos deberán referirse a calquera faceta do Camiño Inglés, tanto en Galicia como noutras partes de España ou noutros países.
  2. Poderán ser presentados en galego normativo, castelán ou inglés e deberán ser orixinais e inéditos. Aceptaranse os que foran presentados a outros certames sempre e cando non recibiran premio nin mención ningunha.
  3. Establécense tres categorías: investigadores/as, peregrinos/as maiores de idade (diarios de peregrino e experiencias persoais) e mozos/as ata os 18 anos.
  4. A extensión mínima será de 18.000 caracteres para investigadores/as, 5.000 para peregrinos/as e 2.500 para os/as menores de 18 anos, e deberán estar mecanografados a dobre espazo, agás os estudantes de Primaria e Infantil, que poderán presentalos escritos a man.
  5. Nas categorías de investigadores/as e peregrinos/as os traballos deberán presentarse en soporte dixital e papel no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa e enviarse por correo electrónico, en formato Word ou PDF, aos seguintes enderezos: cultura@oroso.gal e biblioteca@oroso.gal, deberán constar os datos personais (nome e apelidos, data de nacemento, enderezo, DNI e teléfono de contacto)
  6. Poderán ser presentados por persoas individuais ou por conxuntos de persoas. Cada autor/a ou autores/as poderán presentar cantos traballos desexen.
  7. A data límite de presentación será o 31 de marzo de 2017.
  8. Establécense os seguintes premios:
    Investigadores/as:
    Primeiro premio: 1.000 euros
    Segundo premio: Unha tableta
    Terceiro premio: Viaxe desde a súa residencia ata A Coruña ou Ferrol para facer o Camiño Inglés, con acollida (cea e aloxamento por unha noite) en Oroso, cando a etapa remate neste concello..
    Peregrinos/as:
    Primeiro premio: Unha tableta
    Segundo premio: Un disco duro
    Terceiro premio: Invitación a dúas persoas para coñecer o Camiño no Concello de Oroso unha fin de semana
    Mozos/as ata 18 anos:
    Primeiro premio: Unha tableta
    Segundo premio: Gran Enciclopedia do Camiño de Santiago
    Terceiro premio: Bono para mercar nunha tenda local por valor de 100 euros
  9. As persoas que resulten premiadas recibirán un diploma acreditativo da súa participación no certame.
  10. Os premios estarán suxeitos ás retencións que marque a lei e as estancias así como o bono terán validez durante un ano dende a data de faio do xurado.
  11. O Concello de Oroso designará un xurado para cada categoría, que estará composto por un mínimo de cinco persoas, das cales polo menos tres deberán ser alleas ao cadro de persoal administrativo do Concello de Oroso, presididas polo concelleiro de cultura. No xurado de investigadores/as, un dos seus membros pertencerá ao claustro dalgunha universidade galega. Os xurados faranse públicos ao mesmo tempo que os fallos, podendo ser declarado deserto calquera dos premios.
  12. O Concello quedará cunha copia dos traballos presentados, que pasará a formar parte dos fondos propios do CEICI. Así mesmo, o/a autor/a ou autores/as cederán ao dito concello os dereitos de publicación da primeira edición dos traballos premiados.
  13. Non se devolverán os orixinais nin as copias dos traballos participantes, e non se manterá en ningún caso nin en ningún momento contacto cos autores/as premiados/as.
  14. A participación no certame implica a aceptación destas bases e das resolucións que tome o xurado en caso de calquera discrepancia ou aclaración.

Descargar decreto bases certamen (Castellano)

Semana Cultural - Oroso 2016.

Cine, Teatro, Música, Talleres, Maxia, Títeres, Xincana, Excursións, ... toda unha ampla gama de actividades culturais e de lecer para gozar todos os veciños do Concello de Oroso dende o 22 de agosto ata o 2 de setembro.

Os lugares das actividades poden cambiar en caso de choiva. Algunhas das actividades precisan inscrición previa.
Para máis información diríxete ao departamento de Cultura no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de 9:00 a 14:00. (Teléfono: 981 690 903).

Programa de Actividades
 
 :: LUNS 22 AGOSTO ::

HORA: Todo o día
LUGAR: Cerceda

EXCURSIÓN AQUAPARK CERCEDA.
Saída diante do centro cultural, e chegada ás 19:00h tamén diante do centro cultural.
Dirixida a partir de 8 anos (nacidos/as en 2008 e en adiante) e empadroados/as no Concello de Oroso
Previa inscrición do 8 ao 18 de agosto no Centro Cultural. Prazas limitadas
Máis información no Centro Cultural.

 :: MARTES 23 AGOSTO ::

HORA: 11:30
LUGAR: Exterior da Piscina Municipal

XINCANA LINGÜISTICA.
(Dirixido a nenos/as con idades entre 6 a 12 anos)
Previa inscrición do 8 ao 22 de agosto no Centro Cultural. Prazas Limitadas

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

MONICREQUES MIRCROMINA . "Vacacións no mar "

(Dirixido ao público familiar).

 :: MÉRCORES 24 AGOSTO ::

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

MAXIA CÓMICA a cargo da compañía Mundo Mandarrina
"O meu avó é mago"
(Dirixido ao público familiar)

 :: XOVES 25 AGOSTO ::

HORA: 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00
LUGAR: Piscina Municipal

INCHABLES.
(Dirixido a maiores de 4 anos)
Entrada gratuita.

HORA: 19:15
LUGAR: Piscina Municipal

FESTA DA ESPUMA
(Dirixido a maiores de 4 anos)
Entrada gratuita.

 :: VENRES 26 AGOSTO ::

HORA: 11:00
LUGAR: Exterior Piscina Municipal

XINCANA
(Dirixida a nenos/as de 6 anos en adiante)

Previa inscrición do 11 ao 24 de agosto no Centro Cultural.

HORA: 21:30
LUGAR: Praza de Isaac Díaz Pardo
SE CHOVE: Centro Cultural

LA TROVA CORUÑESA (actuación musical)

HORA: 22:30
LUGAR: Praza de Isaac Díaz Pardo
SE CHOVE: Centro Cultural

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DO ACORDEÓN (actuación musical)

HORA: 23:30
LUGAR: Praza de Isaac Díaz Pardo

GRUPO PACÍFICO (actuación musical)

 :: DOMINGO 28 AGOSTO ::

HORA: 17:30
LUGAR: Campo de fútbol municipal de Deixebre

TORNEO DE FÚTBOL CONCELLO DE OROSO
Encontros do Sigüeiro F.C. - S.D. Deixebre - Sigüeiro B - E.D. Xuventude Oroso

 :: LUNS 29 AGOSTO ::

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Consultar coa organización

AÉREOS KANBAHIOTA. "La Coquette"
(Dirixido a todos os públicos)

 :: MARTES 30 AGOSTO ::

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Consultar coa organización

DUELIRIUM (circo). "Welcome"
(Dirixido a todos os públicos)

 :: MÉRCORES 31 AGOSTO ::

HORA: 22:00
LUGAR: Praza de Isaac Díaz Pardo
SE CHOVE: Centro Cultural

NOITE DE CINE AO AIRE LIBRE
"Aviones, equipo de rescate "
(Dirixido ao público infantil)

 :: XOVES 1 SETEMBRO ::

HORA: 11:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30
LUGAR: Praza Isaac Díaz Pardo

MAXIA "El baúl del Mago Rafa"
Espectáculo de maxia nunha caravana, pases de 10 minutos
(Dirixido ao público familiar)

 :: VENRES 2 SETEMBRO ::

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

GRAMOLA GOMINOLA (actuación musical).
(Dirixida a todos os públicos)

HORA: 21:00
LUGAR: Praza Isaac Díaz Pardo
SE CHOVE: Centro Cultural

PEPE PIÑA (actuación musical)
(Dirixida a todos os públicos)

HORA: 22:00
LUGAR: Praza Isaac Díaz Pardo
SE CHOVE: Centro Cultural

CONCERTO DOS PROFESORES DA ESCOLA DE MÚSICA JOSÉ VEREA (actuación musical)
(Dirixido a todos os públicos)

Colabora

Organiza

Semana das Letras Galegas 2016.

Programación da Semana das Letras Galegas

DATA

HORA

PROGRAMACIÓN

19 Maio

18:00

Obradoiro "Bibliocanto"
Centro Cultural
(para asistir é preciso anotarse previamente)

20 Maio

18:00

Títeres Cascanueces "Barriga Verde"
Centro Cultural

XI Concurso de Marcapáxinas.

letras galegasMaís información ou inscrición na Biblioteca Municipal ou no teléfono 981 690 903.

MANUEL MARÍA
(1929-2004)

VII Concurso de Tapas de Oroso "de tapa en tapa"

Bases do Concurso

BASE PRIMEIRA: Obxecto do Concurso
O obxecto do presente concurso é acadar un maior número de visitantes no concello de Oroso e dinamizar a nosa hostalería, ao tempo que se promove a gastronomía local e as posibilidades do concello de Oroso en materia de turismo.

BASE SEGUNDA: Participantes
Poderán concursar os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Oroso inscrito previamente.

BASE TERCEIRA: Datas e duración do Concurso
Esta sétima edición do concurso de tapas de Oroso levarase a cabo no mes de abril, concretamente os días 9, 10, 16 e 17 de abril de 2016. É dicir, terá unha duración de dúas fins de semana.

BASE CUARTA: Desenvolvemento do Concurso
Cada establecemento deberá elaborar de unha a catro tapas, podendo ser tradicionais ou creativas.
Con cada consumición será entregada a tapa. Unha vez degustada polo/a cliente/a, o establecemento selaralle o boleto para poder participar no concurso e ter acceso aos premios.

BASE QUINTA: Valoración da Tapa
Valoraranse aspectos como a presentación, a orixinalidade e por suposto o sabor.

BASE SEXTA: Número de Tapas
Aceptaranse como máximo 4 tapas, unha por día, sendo aceptable tamén unha única tapa para participar os catro días.

BASE SÉPTIMA: Horario de degustación das tapas
Será de carácter obrigatorio para todos os establecementos participantes servirlle as tapas ao público nunha franxa horaria acordada polos participantes e a organización do concurso. Este horario fíxase da seguinte maneira: Os sábados e os domingos de 12.00h da mañá a 15.00h da tarde e de 19.00h da tarde a 22.00h.
Este horario sempre poderá ser aumentado polos locais participantes se así o desexan pero en ningún caso reducilo.

BASE OITAVA: Votación
As tapas gañadoras serán elixidas por votación popular. Os propios clientes e degustadores das tapas a concurso serán os que decidan os tres gañadores. En cada boleto poderán votar a un máximo de tres establecementos por orde de preferencia, podendo deixar baleiro algún dos votos si o desexa. Cada bar poderá ser votado unha única vez en cada boleto. Os votos outorgan a seguinte puntuación: 1º 3 puntos, 2º 2 puntos, 3º 1 punto.
A cada establecemento entregaráselle unha urna selada a conciencia pola organización do concurso. No boleto de selado, no apartado dedicado para tal fin, os degustadores poderán votar polos establecementos que fixeran as mellores tapas, podendo outorgarlle a cada establecemento soamente un dos premios. Logo deberán depositalo en calquera das urnas que atoparán nos establecementos participantes.

BASE NOVENA: Nº de selos
Serán necesarios 6 selos de distintos bares para poder votar e entrar no sorteo dos premios, dos cales un deles deberá ser dalgún dos establecementos participantes das parroquias.

BASE DÉCIMA: Premios
Os premios serán os seguintes:

PREMIO PARA OS ESTABLECEMENTOS
Estableceranse un total de tres premios para os bares participantes.
1º Premio (300 €)
2º Premio (200 €)
3º Premio (100 €)
Os premios non serán acumulativos, é decir, cada bar soamente poderá acadar un dos premios + DIPLOMA QUE O ACREDITA COMO GAÑADOR DA CATEGORÍA CORRESPONDENTE POLO CONCELLO DE OROSO.

PREMIOS PARA OS CLIENTES
Sortearase entre todos os boletos debidamente selados polos establecementos e cubertos cos datos persoais de cada cliente, por orde de saída das papeletas:
Unha tablet
Un bono regalo consistente nunha estancia nas Cabanas do Barranco (Outes)
4 vales da compra en supermercados do concello ( 2 vales de 100€ e 2 vales de 50 €)
3 lotes de: botella de vermú Petroni, cubitera e un par de copas cortesía de Petroni
Un par de zocos cortesía do comercio Zoclos
4 vales cortesía dos comercios colaboradores (un vale de 100 €, un vale de 80 € e dous vales de 60 €)

Só se admitirán os boletos que se atopen no interior das urnas repartidas polos establecementos.

BASE DÉCIMO PRIMEIRA: Sorteo e entrega de premios
A organización fixará unha data para o sorteo dos premios dos establecementos e do público, que será comunicada aos establecementos participantes e aberto ao público en xeral.
Posteriormente, terá lugar un acto de entrega de premios, que será comunicado a todos os premiados.

BASE DÉCIMO SEGUNDA: Publicidade e material de difusión
A cada establecemento entregaránselle carteis que deberán poñer á vista no seu local para darse a coñecer como participantes. A organización encargarase de darlle publicidade ao dito acontecemento de todas as formas posibles para acadar así unha maior presenza. Isto inclúe os seguintes medios:
1. Páxina web do Concello de Oroso.
2. Cartelería.

O Concello de Oroso será o encargado de editar as revistas informativas do concurso, cos boletos de selado, nos cales figurarán os locais participantes, as tapas que ofertarán e a localización dos locais.
Estas revistas poderán conseguirse de forma totalmente gratuíta pola clientela que queira entrar no sorteo. Atoparanse en todos os locais que participen e tamén nas dependencias da Casa do Concello e no centro cultural Fernando Casas e Novoa.

BASE DÉCIMO TERCEIRA: Aceptación das bases
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

BASE DÉCIMO CUARTA: Comercios colaboradores e patrocinios
Os comercios e patrocinadores que colaboran co concurso son os seguintes: Zoclos, Petroni, Mi vestidor azul, Calzados Loli, A casa verde, El ropero de Nalet, Ensoños, Uve moda, Librería Refoxos, As Esencias, Volvoreta, Chévere, Confecciones Primitiva, Equip@T, Óptica Neovisión, Mercería María, A Tenda de Soledad, Zapatería Rial, Zapatería Sigüeiro.

Obradoiros culturais 2017-2018.

O prazo de inscrición para os obradoiros culturais 2017-2018 remata o 27 de setembro.
Terán preferencia os/as empadroados/as no Concello de Oroso.
As inscricións deberán entregarse asinadas no Centro Cultural de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e os martes e xoves de 17:00 a 20:00 horas ou a través do correo cultura@oroso.gal.
Máis información no teléfono 981 690 903.
As actividades levaranse a cabo no centro cultural agás a de fotografía que será na aula de informática na rúa Do Deporte.

As cotas dos cursos faranse efectivas as empresas ou empregados das mesmas que leven a cabo o curso, do mes por adiantado, agás en traballos manuais e debuxo e pintura, que se farán a través da páxina web do concello no apartado de tributos on line e entregando o xustificante de pago no centro cultural ou no mail: cultura@oroso.gal o pago realizarase cando lle confirmen a praza dende o departamento de cultura do Concello de Oroso

VI Concurso de fotografía. "Muller Traballadora".

Documentación

Bases do concurso de fotografía

Primeira: Participantes
Poderán presentarse todas as persoas DA COMARCA DE ORDES e SANTIAGO DE COMPOSTELA. Con dúas categorías: XERAL (maiores de 16 anos) e INFANTIL ( 9- 16 anos).

Segunda: Tema
Con motivo do Día Internacional da Muller no que se conmemora a loita da Muller pola súa participación e igualdade de xénero na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa, convócase este concurso,centrado no ámbito do traballo e co que se pretende que a través das imaxes se reflicte o traballo das mulleres en calquera eido.

Terceira: Número máximo de fotografías
O número de fotografías a presentar por cada participante estará limitado a 3.

Cuarta: Tamaño e presentación
O formato das fotografías será de 20 x 30 cm. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico.
As fotografías presentaranse sen montar, sen paspartú, marco nin cristal. E sen datos persoais que poidan identificar á persoa autora.
Aquelas fotografías nas que apareza unha persoa identificable, deben contar co consentimento da persoa retratada. O xurado pode requirir este consentimento por escrito.

Quinta: Obras
Cada fotografía levará un título escrito por detrás, xunto co pseudónimo que indique o autor ou autora. Nun sobre pechado co pseudónimo, e a categoría a que pertence escrito por fóra, o autor introducirá os seus datos persoais. (Nome e apelidos, NIF, enderezo e teléfono) así como un CD coa fotografía en formato dixital no que figure o título.

Sexta: Prazo de recepción dos traballos
As fotografías entregaranse na Biblioteca Municipal no centro cultural Fernando de Casas e Novoa de 09:30h a 13.30h e de 16.30h a 21.00h. O prazo de entrega das obras rematará o día 26 de febreiro de 2016. As fotografías que se remitan por correo postal terán que ter o selo de saía, como máximo, o día 26 de febreiro de 2016. Debendo chegar ao seu destino antes do día 4 de marzo de 2016, como data limite. As cartas recibidas despois de dita data non poderán participar no VI concurso de fotografía.

Sétima: Premios
O xurado establecerá tres premios CATEGORÍA XERAL:

  • 1º Premio : 250 €
  • 2º Premio : 150 €
  • 3º Premio : 100 €

E tres premios CATEGORÍA INFANTIL. A trocar en establecementos do concello de Oroso.

  • 1º Premio : Vale agasallo valorado en 100 €
  • 2º Premio : Vale agasallo valorado en 60 €
  • 3º Premio : Vale agasallo valorado en 40 €

O fallo do xurado darase a coñecer no marco das celebracións do día Internacional da Muller o 11 de marzo de 2016 as 19:00 horas no centro cultural Fernando de Casas e Novoa.

Oitava: Fallo do xurado
A decisión do xurado será inapelable.
A selección da fotografías realizarase tendo en conta a súa calidade técnica e artística e o grao no que fosen capaces de captar a esencia da temática do concurso.
No caso no que o xurado así o estimase todos ou algúns dos premios poderían quedar desertos.
Para poder recibir o premio é condición imprescindible estar presente no acto de entrega. No caso de non poder acudir, pódese enviar unha persoa representante, coa autorización expresa do titular da fotografía premiada.

Novena: Difusión dos traballos e protección de datos de caracter persoal (LOPD).
O Concello de Oroso resérvase todos os dereitos de propiedade e uso das fotografías, citando sempre o nome da persoa autora, pasando a formar parte do patrimonio artístico – cultural do Concello Todas as fotografías presentadas a concurso serán expostas ao público no mes de marzo en Dependencias Municipais. Si a cantidade de obras recibidas excedera o número máximo para a súa exhibición, realizarase unha selección previa.
O Concello garante o correcto tratamento dos datos de acordo coa Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD).

Décima: Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases descritas.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas Bases.

Concurso de receitas de entroido. "En galego sabe mellor".

Receita gañadora. José Ramón Pulleiro Liste

concurso receitas en galego FILLOAS ACARAMELADAS CON QUEIXO E MERMELO

DESCARGAR RECEITA

Receita finalista. Zaira Pulleiro Sáchez

concurso receitas en galego TORTA DE FILLOAS CON RECHEO PARA LARPEIROS

DESCARGAR RECEITA

Receita Premio Especial. Aula de maiores da Gardería Trastes

concurso receitas en galego ROSQUILLAS DO ENTROIDO PARA OS MAIS PEQUENOS

DESCARGAR RECEITA

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de receitas de Entroido “En galego sabe mellor” do Entroido Oroso 2016 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a adultos maiores de 16 anos.

TERCEIRA:
As receitas terán que ser típicas do Entroido, deberán estar escritas en lingua galega e presentarse mecanografadas. Así mesmo, deberase presentar o prato elaborado o día indicado pola organización.

CUARTA:
Valoraranse a presentación e a creatividade do prato, e a orixinalidade e a lingua da receita.

QUINTA:
Aceptaranse como máximo dúas receitas por participante, sendo premiada únicamente unha delas.

SEXTA:
Os concursantes presentarán as súas receitas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 10:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:00h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 3 de febreiro de 2016, antes das 14:00h. O día 4 de febreiro o prato deberá entregarse cociñado no centro cultural de 9 a 14 ou de 17 a 18h.

SÉTIMA:
Requirirase presentar a seguinte documentación: a receita presentada no concurso, impresa en papel, co nome e os datos persoais do autor.

OITAVA:

O día 6 de febreiro, ás 19.30h , terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral, realizarase a entrega durante o concurso de disfraces.

NOVENA:
Os premios dos gañadores serán os seguintes:
> Gañador: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello
> Finalista: Libro de cociña

Ademais, as súas receitas serán publicadas na páxina web do concello: www.concellooroso.com

DÉCIMA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

I Certame de Traballos de Investigación do Camiño Inglés.

Premiados do Certame

CATEGORÍA DE INVESTIGADORES:
3º PREMIO: MÓNICA GARRIDO LAVANDEIRA
2º PREMIO: SILVIA LEÓN MARTÍNEZ
1º PREMIO: ÓSCAR PEREA RODRÍGUEZ e PAULA CADAVEIRA LÓPEZ

CATEGORÍA DE PEREGRINOS/AS:
3º PREMIO: SARA POSE MARTÍNEZ
2º PREMIO: MANUEL RUÍZ GÓMEZ DE FEZ
1º PREMIO: BRIGID RYAN

CATEGORÍA DE MOZO/A ATA 18 ANOS:
3º PREMIO: ESTELA BROCOS OTERO
2º PREMIO: ADRIÁN BOQUETE MORENO
1º PREMIO: MARTÍN FERNÁNDEZ VILLAVERDE

PREMIOS ESPECIAIS APORTADOS POR GALICIA CALIDADE E PAZOS DE GALICIA
- Mención de honra a MANUEL PAZOS GÓMEZ (Estancia dunha noite na Casa Grande do Bachao, xentileza de Pazos de Galicia)

- O xurado valora tamén o traballo de ADRIANA GARCÍA, ÁNGELA PITA e SARA POSE e agasallas cun lote de produtos galegos, por xentileza de Galicia Calidade.

- Mención espacial a "Persoa Colaboradora" EVA CASTRO BLANCO, o xurado recoñece a súa labor e o seu traballo motivando e animando a totalidade dos seus alumnos/as de 6ºA, do CEIP SIGÜEIRO (Estancia dunha noite or xentileza de Galicia Calidade)

Composición do xurado:
- Vanesa Boo Martínez (alcaldesa en funcións)
- Luis Rey Villaverde (concelleiro de cultura)
- José Salgado Mosquera (fotográfo)
- Magdalena Rodríguez Fernández (profesora da UDC)
- Alfonso Cabaleiro Durán (director de Galicia Calidade)
- Telmo Rodróguez Cid (divulgador do Camiño)
- Javier Goyanes Vilar (Presidente de Pazos de Galicia)
- Secretaria: Lucía Vilariño Viqueira

Bases do Certame

O Concello de Oroso convoca o I Certame de Traballos de Investigación do Camiño Inglés, de acordo coas seguintes

  1. Os traballos deberán referirse a calquera faceta do Camiño Inglés, tanto en Galicia como noutras partes de España ou noutros países.
  2. Poderán ser presentados en galego normativo, castelán ou inglés e deberán ser orixinais e inéditos. Aceptaranse os que foran presentados a outros certames sempre e cando non recibiran premio nin mención ningunha.
  3. Establécense tres categorías: investigadores/as, peregrinos/as maiores de idade (diarios de peregrino e experiencias persoais) e mozos/as ata os 18 anos.
  4. A extensión mínima será de 18.000 caracteres para investigadores/as, 5.000 para peregrinos/as e 2.500 para os/as menores de 18 anos, e deberán estar mecanografados a dobre espazo, agás os estudantes de Primaria e Infantil, que poderán presentalos escritos a man.
  5. Poderán presentarse en soporte papel no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa ou enviarse por correo electrónico, en formato Word ou PDF, ao seguinte enderezo: cultura@concellooroso.com
  6. Poderán ser presentados por persoas individuais ou por conxuntos de persoas. Cada autor/a ou autores/as poderán presentar cantos traballos desexen.
  7. A data límite de presentación será o 31 de marzo de 2016.
  8. Establécense os seguintes premios:
    Investigadores/as:
    Primeiro premio: 1.000 euros
    Segundo premio: Unha tableta
    Terceiro premio: Viaxe desde a súa residencia ata A Coruña ou Ferrol para facer o Camiño Inglés, con acollida (cea e aloxamento por unha noite) en Oroso, cando a etapa remate neste concello.
    Peregrinos/as:
    Primeiro premio: Unha tableta
    Segundo premio: Un disco duro
    Terceiro premio: Invitación a dúas persoas para coñecer o Camiño no Concello de Oroso unha fin de semana
    Mozos/as ata 18 anos:
    Primeiro premio: Unha tableta
    Segundo premio: Gran Enciclopedia do Camiño de Santiago
    Terceiro premio: Bono para mercar nunha tenda local por valor de 100 euros
  9. As persoas que resulten premiadas recibirán un diploma acreditativo da súa participación no certame.
  10. Os premios estarán suxeitos ás retencións que marque a lei.
  11. O Concello de Oroso designará un xurado para cada categoría, que estará composto por un mínimo de cinco persoas, das cales polo menos tres deberán ser alleas ao cadro de persoal administrativo do Concello de Oroso, presididas polo concelleiro de cultura. No xurado de investigadores/as, un dos seus membros pertencerá ao claustro dalgunha universidade galega. Os xurados faranse públicos ao mesmo tempo que os fallos, podendo ser declarado deserto calquera dos premios.
  12. O Concello quedará cunha copia dos traballos presentados, que pasará a formar parte dos fondos propios do CEICI. Así mesmo, o/a autor/a ou autores/as cederán ao dito concello os dereitos de publicación da primeira edición dos traballos premiados.
  13. Non se devolverán os orixinais nin as copias dos traballos participantes, e non se manterá en ningún caso nin en ningún momento contacto cos autores/as premiados./as
  14. A participación no certame implica a aceptación destas bases e das resolucións que tome o xurado en caso de calquera discrepancia ou aclaración.

Concurso de Máscaras Oroso 2016.

Premiados

Os membros do xurado do Concurso de Máscaras acordaron o xoves 12 de febreiro nomear gañador e finalista da categoría infatil:

  • Gañadora: Lucía Tabarés Rodríguez, "A cabeza non para"
    Ver máscara
  • Finalista: Mónica Conde Castiñeiras, “O loro de entroido”
    Ver máscara

Nomear gañadora e finalista na categoría de adultos a:

  • Gañador: Alberto Sanmiguel Rodríguez, "O Porquiño"
    Ver máscara
  • Finalista: Encarnación Jimenez López, “Dama de Outono”
    Ver máscara

Inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Máscaras do Entroido Oroso 2016 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a diferentes idades, establecendo dúas categorías: a categoría infantil (dende os 7 anos aos 12) e a categoría de adultos, na que se inclúen os maiores de 13 anos.

TERCEIRA:
Non se aceptarán máscaras que xa foran premiadas noutros concursos.

CUARTA:
O tema das máscaras será libre.

QUINTA:
A máscara deberá ser de elaboración propia.

SEXTA:
As máscaras deberán estar adaptadas ao tamaño dunha cara humana e cubrir o rostro completamente, podendo, no seu caso sobresaír adornos, accesorios, etc. As máscaras tipo anteface tamén serán admitidas.

SÉTIMA:
Os materiais para a realización da estrutura base poderán ser de tres tipos:
a) Calquera material derivado do papel (papel maché, cartón pedra ou cartón das fallas, cartolinas, técnicas mixtas derivadas do papel etc.)
b) Vendas de escaiola
c) Combinacións que poidan xurdir entre as técnicas citadas no apartado a e b (papel e escaiola). Na categoría de adultos, non se aceptarán máscaras nas cales a base estea realizada con materiais plásticos.
OITAVA:

A decoración da máscara poderá estar realizada con materiais e accesorios de libre elección, segundo as necesidades da máscara e a idea a plasmar polo artista.

NOVENA:
Valoraranse os acabados, a creatividade, a estética e o bo gusto.

DÉCIMA
Aceptarase como máximo unha máscara por participante, agás na categoría infantil que se aceptarán dúas máscaras por participante, non podendo resultar premiado o mesmo participante como gañador e finalista.

DÉCIMO PRIMEIRA
Os concursantes presentarán as súas máscaras nas oficinas do Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00h e martes e xoves de 17:00 a 20:00h, tendo como data límite de presentación o 2 de febreiro de 2016, antes das 20:00h.

DÉCIMO SEGUNDA
Requirirase a seguinte documentación por cada máscara entregada: sobre pechado cunha fotografía da máscara presentada no concurso, impresa en papel, co nome da obra, o nome do artista e un lema ou frase que explique a idea que inspirou a obra. Todo escrito no dorso da dita fotografía (as fotografías non serán devoltas).

DÉCIMO TERCEIRA
O día 6 de febreiro, ás 19.30h. , durante o concurso de disfraces fárase entrega dos premios do concurso de máscaras.

DÉCIMO CUARTA
As máscaras poderanse recoller no Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa do 15 ao 26 de febreiro, tras previa presentación por parte dos propietarios do xustificante de inscrición. Se o día 26 de febreiro non se recolleron ás máscaras, entenderase que os seus autores renuncian á súa propiedade a favor da organización, quen poderá destruílas ou darlles o destino que considere máis conveniente.

DÉCIMO QUINTA
A organización non se fai responsable dos danos, roubo, extravío ou outros riscos similares sobre as obras dos participantes, dende a entrega ata a devolución das mesmas.

DÉCIMO SEXTA
Os premios dos gañadores serán os seguintes:

  • Categoria Infatil:
    • Gañador: Vale regalo en Equipa-t por valor de 70€
    • Finalista: Vale regalo en Equipa-t por valor de 35€
  • Categoria Adultos
    • Gañador: Unha tablet
    • Finalista: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello

DÉCIMO SÉTIMA
No caso de que o finalista da categoría de adultos non teña cumpridos os 18 anos deberá ir acompañado do pai/nai titor/a.

DÉCIMO OITAVA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Programa de Entroido 2016.

OBRADOIRO DE MÁSCARAS

entroido

Para nenos/as a partir de 6 anos os días 26 e 28 de xaneiro de 16:30 a 18:30h no centro cultural.
Previa inscrición no centro cultural, as prazas son limitadas.

CONCURSO DE RECEITAS DE ENTROIDO

entroido

"EN GALEGO SABE MELLOR"
O prazo de entrega das receitas remata o vindeiro 3 de febreiro de 2015, antes das 14:00h no centro cultural. Terán que ser típicas do Entroido e deberán estar escritas en lingua galega e mecanografadas (impresas en papel e cos datos persoais do autor). Así mesmo deberase presentar o prato elaborado o día 4 de febreiro de 9 a 14h ou de 17 a 18h. O premio para o/a gañador/a será unha cea para dúas persoas e para o/a finalista un libro de cociña. Dirixido a maiores de 16 anos.

CONCURSO DE MÁSCARAS

entroido

Prazo límite de entrega o 2 de febreiro no centro cultural. Dúas categorías: infantil (dos 7 aos 12 anos) e adultos (a partir dos 13 anos). Os premios na categoría infantil serán: para o gañador un vale regalo en equip@t por valor de 70€ e para o finalista outro vale regalo por valor de 35€ en quip@t. Para os adultos o gañador unha tablet e o finalista unha cea para dúas persoas no restaurante Mariñaos.

ANIMACIÓN Á LECTURA

entroido

  • Sábados 13, 20 e 27 de febreiro ás 11:00h. Contos e obradoiros
  • Venres 19 de febreiro ás 18:00h - Club de Lectura.
  • Venres 26 de febreiro ás 18:00h A Rebotica dos Contos.
Na Biblioteca Municipal. Prazas limitadas.

Os contos van dirixidos ao público familiar e para participar é preciso ter cumpridos os 4 anos e inscribirse na biblioteca, as prazas son limitadas.

FESTIVAL DO CRA

entroido

Venres 5 de febreiro no centro cultural.

CONCERTO COMBOS AULA DE MÚSICA

entroido

Venres 5 de febreiro no centro cultural ás 20:00 horas.

CONCURSO DE DISFRACES

entroido

Sábado 6 de febreiro. Saída ás 18:00h do Pavillón de Deportes e percorrido polas rúas de Sigüeiro amenizado polo grupo de percusión da Aula de Música. Entrega de premios do concurso de receitas e do concurso de máscaras arredor das 19:30h. Haberá animación, inchables, mascotas, premios, música e moita diversión.
Dirixido a todos os públicos.

OBRADOIRO REPOSTEIRO DE MINI-TORTAS DE FONDANT DE ENTROIDO

entroido

Luns 8 de febreiro. Dirixido a rapaces/azas 4 a 13 anos.
De 10 a 11:30 dirixido a nenos/as de 9 anos en adiante.
De 12:00 a 13:30 dirixido a nenos/as de 3 a 8.
Inscrición previa no centro cultural a partir do 1 de febreiro. Prazas limitadas, preferencia a empadroados/as.
Gratuíto

FESTA DE DISFRACES

entroido

Luns 8 de febreiro ás 19:00h no centro cultural.
DISCOMÓBIL para nenos/as con dj, máquina de pompas e de fume!
Dirixido a todos os públicos.
Colabora traendo filloas e orellas!!!

OBRADOIRO DE FILLOAS

entroido

Mércores 10 de febreiro de 11:00 a 12:30h. No centro cultural.
Dirixido a nenos/as de 6 anos en adiante.
Prazas limitadas, tras a inscrición previa no centro cultural a partir do 1 de febreiro

BAILE DE MAIORES

entroido

Sábado 27 de febreiro ás 19:30h no centro cultural, coa actuación do grupo “Dúo Chanel”.
Dirixido á terceira idade..

ENTROIDO 2016

Concurso de disfraces 2016.

Folla de inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2016 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar tódalas persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2016 terá lugar o sábado día 6 de febreiro no Pavillón Polideportivo Municipal de Sigüeiro, comezando coas actividades previstas ás 18:00h cun desfile de todos os participantes polas rúas de Sigüeiro.

TERCEIRA:
Quedan establecidas dúas categorías en función da idade:

  • 1ª: categoría xeral (maiores de 16 anos)
  • 2ª: categoría infantil (ata 16 anos)

CUARTA:
O prazo de inscrición esténdese ata o día 6 de febreiro ás 17:30 horas.
A inscrición formalizarase nas oficinas do Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa ou chamando ao número de teléfono 981 690 903 ata as 14.00 horas do día 5 de febreiro e o propio día do Concurso de 16:30 a 17:30 horas no Pavillón Municipal.

QUINTA: PREMIOS:

Categoria Xeral (maiores 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 500 euros
    • Finalista: 300 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 220 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 250 euros
    • Finalista: 180 euros

Categoria Infantíl (ata 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 200 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 220 euros
    • Finalista: 150 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 180 euros
    • Finalista: 120 euros

  • PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO DE 150€

SEXTA:
Será obrigatorio participar no desfile que sairá do Pavillón percorrendo diversas rúas de Sigüeiro para formar parte do concurso de disfraces. Será a organización do concurso a que determine se se suspende ou non este por causas alleas ao mesmo (como poden ser as condicións meteorolóxicas).

SETIMA:
A selección dos gañadores levarase a cabo o mesmo día do concurso segundo a valoración dun xurado composto de cinco membros e designado para tal fin. Valorará a orixinalidade e a laboriosidade, podendo declararse deserto calquera premio se a xuízo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.

OITAVA:
A entrega de premios para todas as modalidades efectuarase con posterioridade ao concurso, tras previa presentación de certificación bancaria e fotocopia do DNI do premiado nas dependencias municipais. Nos premios superiores a 299 euros o ingreso do mesmo prorrotearase entre os participantes presentando tamén fotocopia do DNI de cada un deles e certificación bancaria dos seus correspondentes números de conta.

NOVENA:
Normas finais
O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación por parte dos concursantes das presentes bases.
Segundo.- Aprobar o gasto polo importe de 3.170,00 euros con cargo á partida 452.226.11.

Programa de prevención da exclusión social na poboación xuvenil.

O Programa Aleida ten o propósito de traballar coa poboación xuvenil, fundamentalmente en situación de risco ou de exclusión social. Esta labor levase a cabo principalmente nos centros educativos, o que permite detectar aqueles casos cos que é necesario actuar.

O Concello de Oroso experimentou nos últimos 20 anos unha significativa transformación poboacional e social. Durante anos Oroso destacou pola alta taxa de natalidade en comparativa coa gran maioría de concellos galegos, que sofren unha diminución de poboación e un grave envellecemento. Este rápido crecemento xerou unha nova realidade de necesidades sociais, destacando entre elas aquelas relacionadas coa poboación nova. Detectáronse nos últimos anos situacións de fracaso escolar, conflitividade familiar e social, o inicio no consumo de drogas que provocan no seu conxunto un risco de exclusión social.

Debido a todo isto consideramos a necesidade dunha intervención social coa poboación xuvenil baseada na prevención como estratexia máis eficaz e efectiva da abordaxe da exclusión social.

O Concello de Oroso ten o obxectivo de poñer en marcha actividades que afronten aquelas situacións de risco de exclusión social para a poboación xuvenil dende a óptica da prevención. O obxectivo principal é favorecer o proceso de integración escolar, familiar, social e laboral para o cal as actividades adaptaranse ás necesidades e características individuais ou grupais da poboación destinataria.

O Concello de Oroso xunto con IGAXES3 como entidade social, especializada en traballo con menores con problemas de integración e vulnerabilidade social pretende dar resposta a través do programa Aleida-Oroso configurando unha serie de accións preventivas que se integren no proceso de aprendizaxe dos nenos e nenas etraballen aspectos tales como: as habilidades sociais, afectividade e sexualidade, interculturalidade, resolución de conflitos, dereitos e deberes, a prevención do consumo de drogas, etc

Os nosos ámbitos de intervención serán fundamentalmente tres. En primeiro lugar nos centros educativos xa que constitúe o marco idóneo para traballar coa poboación xuvenil, pois en numerosas ocasións sírvenos para detectar situacións de risco e/ou traballar de maneira máis individualizada con aqueles/as que xa están en situación de conflito e localizadas polo persoal do propio centro.

En segundo lugar traballo en rede entre diferentes entidades a nivel autonómico e local (ONG´S, asociacións, servizos sociais, entidades xuvenís, etc.) e por último co traballo da rúa cuxo obxectivo é a intervención educativa nos espazos non formais podendo chegar así a un maior número de adolescentes estean ou non escolarizados.

A estratexia de intervención consistirá no traballo conxunto dos servizos sociais comunitarios, animación comunitaria e mediación familiar. O propósito é a xeración de dinámicas que contribuían a creación ou reforzo de redes de apoio social que favorezan a cohesión social e integración no conxunto da cidadanía.

Programación Nadal Oroso 2015/2016.

Concurso de postais de Nadal con Mensaxe

Prazo:

Prazo de entrega das postais ata o 15 de decembro, entrega das postais na Biblioteca Municipal
[Ver publicidade específica]

Dirixido:

A maiores de 4 anos.

Christmas Camp 2015

Días:

21, 22, 23, 24 ,28, 29. 30 e 31 de decembro de 2015 e 4 e 5 de xaneiro de 2016 (10 días)
[Ver publicidade específica]

Dirixido:

A nenos e nenas escolarizados.

Nadal sobre rodas en familia

Días:

21, 22 e 23 de decembro
De 10 a 14h e de 16 a 19h (Servizo de madrugadores de 08:30 a 10h). Esta actividade está dirixida polo Club Patín Oroso e conta coa colaboración do Concello de Oroso. Trátase dunha actividade que ten como fin a conciliación da vida laboral e familiar. É gratuíta agás o servizo de madrugadores e o xantar (que é opcional)
Mais información e inscricións nas oficinas do centro deportivo.

Prazo:

ata o 16 de decembro.

Lugar:

Centro Deportivo .

Campaña de Animación á lectura

Días:

Sábados 12 e 19 de decembro. Contacontos "Contos do tempo de Nadal " ás 11:00 horas.
Dirixido a maiores de 3 anos.

Venres 11 de decembro. "Club de lectura" ás 18:00 horas.

Venres 18 de decembro. Obradoiro "A rebotica dos contos " ás 18:00 horas.
Dirixido a nenos e nenas maiores de 4 anos.

Lugar:

Centro Cultural.

Prazo:

Inscrición previa na Biblioteca Municipal.

Belén vivente da Gardería Municipal "A Ulloa"

Día:

venres 11 de decembro.

Hora:

18:00 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

Todos os públicos.

Festival do CRA

Día:

venres 18 de decembro.

Hora:

Pola mañan

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

Todos os públicos.

Visita dos Paxes Reais

Día:

venres 18 de decembro.

Lugares:

O carteiro Real e un paxe Real pasarán a recoller as cartas dos nenos e nenas da gardería “Trastes”, gardería Municipal “A Ulloa”, gardería A Chousa Nova as dos alumnos/as do C.R.A.  no centro cultural, e acudirán tamén ao Fogar Residencial Porto Avieira, en horario de mañá.

Hora:

Os Paxes Reais pasarán a recoller pola mañá as cartas.

Presentación do conto infantíl "Non quero xogar ás agachadas coa lúa"

Día:

venres 18 de decembro.

Hora:

20:00 horas

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa. Presentación do conto infantil de Estela Suárez Recouso con ilustracións de Eitor Picallo

Dirixido:

Público familiar .

Excursión "Bolera"

Día:

Luns 21 de decembro.

Lugar:

Santa Cristina - Oleiros.

Prazo:

Excursión gratuíta á “bolera” Solbowling en Santa Cristina – Oleiros, partidas de birlos e xantar. Información e inscricións no centro cultural.

Dirixido:

A maiores de 12 anos.

Obradoiro de agasallos de Nadal

Día:

22 de decembro

Lugar:

Centro Cultural. Prazas limitadas. Inscrición previa no centro cultural

Hora:

11:00 horas

Dirixido:

A nenos de 5 a 12 anos.

Maxia

Día:

23 de decembro

Lugar:

O Mago Martín Camiña co espectáculo "Momentos de asombro" no Centro Cultural.

Hora:

18:00 horas

Dirixido:

Dirixido a todos os públicos.

Baile de Nadal para maiores

Día:

Sábado 26 de decembro.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

19:30 h.

Actuación do grupo Chanel.

Dirixido:

Terceira idade.

Festival de Nadal da Aula de Música

Día:

luns 28 de decembro

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

19:00 h.

Dirixido:

Todos os públicos.

Depor Campus Oroso

Días:

28, 29, 30 e 31 de decembro.

Lugar:

Instalacións deportivas do campo de fútbol municipal Lino Balado

Hora:

10:00 a 14:00 h.

Prazo:

Previa inscrición no centro deportivo.

Dirixido:

A nenos/as de 6 a 14.

Imos Cantar os Reis

Día:

martes 29 de decembro.

Hora:

17:00 a 20:00 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Prazo:

Obradoiro participativo de recuperación dos Cantos de Reis. A sesión divídese en tres partes: obradoiro de construción de instrumentos sonoros e Cantos de Reis, saída para cantar os Reis e visitas a establecementos do contorno pedindo o aguinaldo e merenda cos aguinaldos conseguidos.
Prazas limitadas. Inscricións no centro cultural a partir do 14 de decembro.

Dirixido:

A nenos/as de todas as idades e as súas familias.

Concerto de Panxoliñas

Día:

mércoress 30 de decembro.

Hora:

20:30 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

Todos os públicos.

Obradoiro de carbón de Reis

Día:

luns 4 de xaneiro

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

17:00 h.

Prazo:

Prazas limitadas, inscricións no centro cultural a partir do 14 de decembro

Dirixido:

A maiores de 6 anos.

Gran Cabalgata de Reis

Día:

Domingo 5 de xaneiro de 2016.

Hora:

ás 17:30 horas.

Lugar:

Saída da Estación de Vilacide e percorrido polas rúas de Sigüeiro.

- Rúa do Portiño
- Rúa da Insua
- Praza de Alexandre Bóveda
- Rúa do Medio
- Rúa do Portiño
- Avda. de Compostela

- Praza da Foca
- Avda. da Grabanxa
- Rúa da Cultura
- Rúa Rio Lengüelle
- Avda. de Compostela
- Rúa Xuncal

Recepción na Casa do Concello das súas Maxestades ás 18:15 h.

Chegada ao Pavillón de Deportes arredor das 19:00 h.
No pavillón haberá inchables, e caramelos (aptos para celíacos) para todos !!!.
(O Pavillón de Deportes non se abrirá ata pasadas as 18:30 horas)

As súas Maxestades queren sentirse arroupadas polos nenos/as de Oroso, por iso pedímosvos que aqueles/as que esteades interesados/as podedes acompañalas na gran Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro, percorrendo as rúas de Sigüeiro.
Tamén nos dixeron que necesitan paxes reais para ese mesmo día, como ben sabedes trátase dunha xornada de moito traballo, concentrado nunha soa noite. Para colaborar é necesario que acudas ao centro cultural para inscribirte.

VIII Concurso de Tapas de Oroso "de tapa en tapa".

Bases do Concurso

BASE PRIMEIRA: Obxecto do Concurso
O obxecto do presente concurso é acadar un maior número de visitantes no concello de Oroso e dinamizar a nosa hostalería, ao tempo que se promove a gastronomía local e as posibilidades do concello de Oroso en materia de turismo.

BASE SEGUNDA: Participantes
Poderán concursar os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Oroso inscrito previamente.

BASE TERCEIRA: Datas e duración do Concurso
Esta oitava edición do concurso de tapas de Oroso levarase a cabo no mes de xuño, concretamente os días 2,3,4,9,10 e 11 de xuño de 2017. É dicir, terá unha duración de dúas fins de semana.

BASE CUARTA: Desenvolvemento do Concurso
Cada establecemento deberá elaborar de unha a catro tapas, podendo ser tradicionais ou creativas.
Con cada consumición será entregada a tapa. Unha vez degustada polo cliente, o establecemento selaralle o boleto, para poder participar no concurso e ter acceso aos premios.

BASE QUINTA: Valoración da Tapa
Valoraranse aspectos como a presentación, a orixinalidade e por suposto o sabor.

BASE SEXTA: Número de Tapas
Aceptaranse como máximo 6 tapas, unha por día, sendo aceptable tamén unha única tapa para participar os seis días.

BASE SÉPTIMA: Horario de degustación das tapas
Será de carácter obrigatorio para todos os establecementos participantes servirlle as tapas ao público nunha franxa horaria acordada polos participantes e a organización do concurso. Este horario fíxase da seguinte maneira: Os venres de 20:00-23:30h, os sábados de 12:00-15:00 e de 20:00-23:30 h e os domingos de 12.00h da mañá a 15.00h.
Este horario sempre poderá ser aumentado polos locais participantes se así o desexan pero en ningún caso reducido.

BASE OITAVA: Votación
As tapas gañadoras serán elixidas por votación popular. Os propios clientes e degustadores das tapas a concurso serán os que decidan os tres gañadores. En cada boleto poderán votar a un establecemento.
A cada establecemento entregaráselle unha urna selada a conciencia pola organización do concurso. No boleto de selado, no apartado dedicado para tal fin, os degustadores poderán votar polo establecemento que fixera a mellor tapa. Logo deberán depositalo en calquera das urnas que atoparán nos establecementos participantes.

BASE NOVENA: Nº de selos
Serán necesarios 5 selos de distintos bares para poder votar e entrar no sorteo dos premios.

BASE DÉCIMA: Premios
Os premios serán os seguintes:

PREMIO PARA OS ESTABLECEMENTOS
Estableceranse un total de tres premios para os bares participantes.
1º Premio (300 €)
2º Premio (200 €)
3º Premio (100 €)
Os premios non serán acumulatios, é decir, cada bar soamente poderá acadar un dos premios + DIPLOMA QUE O ACREDITA COMO GAÑADOR DA CATEGORÍA CORRESPONDENTE POLO CONCELLO DE OROSO.

PREMIOS PARA OS CLIENTES
Sortearase entre todos os boletos debidamente selados polos establecementos e cubertos cos datos persoais de cada cliente, por orde de saída das papeletas:
Unha tableta
Un bono regalo estancia nun balneario
4 vales da compra en supermercados do concello ( 2 vales de 100€ e 2 vales de 50 €)
3 botellas magnum de Terras do Cigarrón
1 agasallo corteseía de vermú Petroni

Vales desconto nas tendas Sigüeiro Vende con cada consumición nos bares participantes, cortesía da Asociación de comerciantes Sigüeiro Vende.
Só se admitirán os boletos que se atopen no interior das urnas repartidas polos establecementos.

BASE DÉCIMO PRIMEIRA: Sorteo e entrega de premios
A organización fixará unha data para o sorteo dos premios dos establecementos e do público, que será comunicada aos establecementos participantes e aberto ao público en xeral.
Posteriormente, terá lugar un acto de entrega de premios, que será comunicado a todos os premiados.

BASE DÉCIMO SEGUNDA: Publicidade e material de difusión
A cada establecemento entregaránselle carteis que deberán poñer á vista no seu local para darse a coñecer como participantes. A organización encargarase de darlle publicidade ao dito acontecemento de todas as formas posibles para acadar así unha maior presenza. Isto inclúe os seguintes medios:
1. Páxina web do Concello de Oroso.
2. Cartelería.

O Concello de Oroso será o encargado de editar as revistas informativas do concurso, cos boletos de selado, nos cales figurarán os locais participantes, as tapas que ofertarán e a localización dos locais.
Estas revistas poderán conseguirse de forma totalmente gratuíta pola clientela que queira entrar no sorteo. Atoparanse en todos os locais que participen e tamén nas dependencias da Casa do Concello e no centro cultural Fernando Casas e Novoa.

BASE DÉCIMO TERCEIRA: Aceptación das bases
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

V Concurso de fotografía. "Muller Traballadora".

Documentación

Bases do concurso de fotografía

Primeira: Participantes
Poderá presentarse toda persoa que o desexe das comarcas de Ordes e Santiago de Compostela.

Segunda: Tema
Con motivo do Día Internacional da Muller no que se conmemora a loita da Muller pola súa participación e igualdade de xénero na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa, convócase este concurso,centrado no ámbito do traballo e co que se pretende que a través das imaxes se reflicte o traballo das mulleres en calquera eido.

Terceira: Número máximo de fotografías
O número de fotografías a presentar por cada participante estará limitado a 3.

Cuarta: Tamaño e presentación
O formato das fotografías será de 20 x 30 cm. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico.
As fotografías presentaranse sen montar, sen paspartú, marco nin cristal. E sen datos persoais que poidan identificar á persoa autora.
Aquelas fotografías nas que apareza unha persoa identificable, deben contar co consentimento da persoa retratada. O xurado pode requirir este consentimento por escrito.

Quinta: Obras
Cada fotografía levará un título escrito por detrás, xunto co pseudónimo que indique o autor. Nun sobre pechado co pseudónimo escrito por fóra, o autor introducirá os seus datos persoais. (Nome e apelidos, NIF, enderezo e teléfono) así como un CD coa fotografía en formato dixital no que figure o título.

Sexta: Prazo de recepción dos traballos
As fotografías entregaranse na Biblioteca Municipal no centro cultural Fernando de Casas e Novoa de 09:30h a 13.30h e de 16.30h a 21.00h .O prazo de entrega das obras rematará o día 27 de febreiro.

Sétima: Premios
O xurado establecerá tres premios

  • 1º Premio : 250 €
  • 2º Premio : 150 €
  • 3º Premio : 100€

O fallo do xurado darase a coñecer o venres 6 de marzo de 2015 no marco dos actos conmemorativos do día Internacional da Muller.

Oitava: Fallo do xurado
A decisión do xurado será inapelable.
A selección da fotografías realizarase tendo en conta a súa calidade técnica e artística e o grao no que fosen capaces de captar a esencia da temática do concurso.
No caso no que o xurado así o estimase todos ou algúns dos premios poderían quedar desertos.
Para poder recibir o premio é condición imprescindible estar presente no acto de entrega que se celebrará o día 6 de marzo de 2015 ás 20:00 horas no centro cultural Fernando de Casas e Novoa. No caso de non poder acudir, pódese enviar unha persoa representante, coa autorización expresa do titular da fotografía.

Novena: Difusión dos traballos e protección de datos de caracter persoal (LOPD).
O Concello de Oroso resérvase todos os dereitos de propiedade e uso das fotografías, citando sempre o nome do/a autor/a , pasando a formar parte do patrimonio artístico – cultural do Concello Todas as fotografías presentadas a concurso serán expostas ao público no mes de marzo en Dependencias Municipais. Si a cantidade de obras recibidas excedera o número máximo para a súa exhibición, realizarase unha selección previa.
O Concello garante o correcto tratamento dos datos de acordo coa Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD).

Décima: Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases descritas.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.

Concurso de receitas de entroido. "En galego sabe mellor".

Receita gañadora. José Ramón Pulleiro Liste

concurso receitas en galego FILLOAS DE LEITE RECHEAS DE FRESAS CON NATA

Receita finalista. Zaira Pulleiro Sáchez

concurso receitas en galego XEADO DE ANÍS CON BROWNIE DE CHOCOLATE E CAFÉ

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de receitas de Entroido “En galego sabe mellor” son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a adultos maiores de 16 anos.

TERCEIRA:
As receitas terán que ser típicas do Entroido, deberán estar escritas en lingua galega e presentarse mecanografadas. Así mesmo, deberase presentar o prato elaborado o día indicado pola organización.

CUARTA:
Valoraranse a presentación e a creatividade do prato, e a orixinalidade e a lingua da receita.

QUINTA:
Aceptaranse como máximo dúas receitas por participante.

SEXTA:
Os concursantes presentarán as súas receitas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 10:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:00h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 11 de febreiro de 2015, antes das 14:00h. O día 12 de febreiro o prato deberá entregarse cociñado da casa no centro cultural de 9 a 14 ou de 17 a 18h.

SÉTIMA:
Requirirase presentar a seguinte documentación: a receita presentada no concurso, impresa en papel, co nome e os datos persoais do autor.

OITAVA:

O día 14 de febreiro, ás 19.30h , terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral, realizarase a entrega durante o concurso de disfraces.

NOVENA:
Os premios dos gañadores serán os seguintes:
> Gañador: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello
> Finalista: Libro de cociña

Ademais, as súas receitas serán publicadas na páxina web do concello: www.concellooroso.com

DÉCIMA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Concurso de disfraces 2015.

Folla de inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2015 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar tódalas persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2015 terá lugar o sábado día 14 de febreiro no Pavillón Polideportivo Municipal de Sigüeiro, comezando coas actividades previstas ás 18:00h cun desfile de todos os participantes polas rúas de Sigüeiro.

TERCEIRA:
Quedan establecidas dúas categorías en función da idade:

  • 1ª: categoría xeral (maiores de 16 anos)
  • 2ª: categoría infantil (ata 16 anos)

CUARTA:
O prazo de inscrición esténdese ata o día 14 de febreiro ás 17:30 horas.
A inscrición formalizarase nas oficinas do Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa ou chamando ao número de teléfono 981 690 903 ata as 14.00 horas do día 13 de febreiro e o propio día do Concurso de 16:30 a 17:30 horas no Pavillón Municipal.

QUINTA: PREMIOS:

Categoria Xeral (maiores 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 500 euros
    • Finalista: 300 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 220 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 250 euros
    • Finalista: 180 euros

Categoria Infantíl (ata 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 200 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 220 euros
    • Finalista: 150 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 180 euros
    • Finalista: 120 euros

  • PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO DE 150€

SEXTA:
Será obrigatorio participar no desfile que sairá do Pavillón percorrendo diversas rúas de Sigüeiro para formar parte do concurso de disfraces. Será a organización do concurso a que determine se se suspende ou non este por causas alleas ao mesmo (como poden ser as condicións meteorolóxicas).

SETIMA:
A selección dos gañadores levarase a cabo o mesmo día do concurso segundo a valoración dun xurado composto de cinco membros e designado para tal fin. Valorará a orixinalidade e a laboriosidade, podendo declararse deserto calquera premio se a xuízo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.

OITAVA:
A entrega de premios para todas as modalidades efectuarase con posterioridade ao concurso, tras previa presentación de certificación bancaria e fotocopia do DNI do premiado nas dependencias municipais.

NOVENA:
Normas finais
O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación por parte dos concursantes das presentes bases.
Segundo.- Aprobar o gasto polo importe de 3.170,00 euros con cargo á partida 452.226.11.

Programa de Entroido 2015.

OBRADOIRO DE MÁSCARAS

entroido

- Para nenos/as a partir de 6 anos os días 4 e 5 de febreiro de 16:30 a 18:30h no centro cultural. Prezo para empadroados/as 15€ e 18€ non empadroados,(material engadido no prezo)

- Para adultos/as os días 20, 23, 27 e 30 de xaneiro e 3 e 6 de febreiro de 16:30 a 18:30h no centro cultural. Prezo para empadroados/as 20€ e 23€ non empadroados/as.

CONCURSO DE RECEITAS DE ENTROIDO

entroido

"EN GALEGO SABE MELLOR"
O prazo de entrega das receitas remata o vindeiro 11 de febreiro de 2015, antes das 14:00h no centro cultural. Terán que ser típicas do Entroido e deberán estar escritas en lingua galega e mecanografadas (impresas en papel e cos datos persoais do autor). Así mesmo deberase presentar o prato elaborado o día 12 de febreiro de 9 a 14h ou de 17 a 18h. O premio para o/a gañador/a será unha cea para dúas persoas e para o/a finalista un libro de cociña. Dirixido a maiores de 16 anos.

CONCURSO DE MÁSCARAS

entroido

Prazo límite de entrega o 11 de febreiro no centro cultural. Dúas categorías: infantil (dos 7 aos 12 anos) e adultos (a partir dos 13 anos). Os premios na categoría infantil serán: para o gañador un vale regalo en equip@t por valor de 70€ e para o finalista outro vale regalo por valor de 35€ en quip@t. Para os adultos o gañador unha tablet e o finalista unha cea para dúas persoas no restaurante Mariñaos.

FESTIVAL DO CRA

entroido

Venres 13 de febreiro no centro cultural pola mañan.

ANIMACIÓN Á LECTURA

entroido

  • Sábados 7, 21 e 28 de febreiro ás 11:00h. Contos e obradoiros “Fabulas fabulosas”, na Biblioteca Municipal.
  • Venres 20 de febreiro ás 18:00h club de lectura “En busca do libro perdido”, na Biblioteca Municipal. Prazas limitadas. Dirixido a nenos/as de 8 a 12 anos.
  • Venres 27 de febreiro ás 18:00h obradoiro A Rebotica dos Contos “Animalario fantástico”.

Os contos van dirixidos ao público familiar e para participar é preciso ter cumpridos os 4 anos e inscribirse na Biblioteca, as prazas son limitadas.

CONCURSO DE DISFRACES

entroido

Sábado 14 de febreiro. Saída ás 18:00h do Pavillón de Deportes e percorrido polas rúas de Sigüeiro amenizado polo grupo de percusión da Aula de Música. Entrega de premios do concurso de receitas e do concurso de máscaras arredor das 19:30h.
Haberá animación, inchables, mascotas, premios, música e moita diversión.
Dirixido a todos os públicos.

OBRADOIRO REPOSTEIRO DE CUPCAKES DE ENTROIDO

entroido

Luns 16 de febreiro. Dirixido a rapaces/azas 4 a 13 anos.
De 10 a 11:30 dirixido a nenos/as de 9 anos en adiante.
De 12:00 a 13:30 dirixido a nenos/as de 3 a 8.
Inscrición previa no centro cultural a partir do 2 de febreiro. Prazas limitadas. Gratuíto

FESTA DE DISFRACES

entroido

Luns 16 de febreiro ás 19:00h no centro cultural.
DISCOMÓBIL para nenos/as con dj, máquina de pompas e de fume!
Dirixido a todos os públicos.
Colabora traendo filloas e orellas!!!

OBRADOIRO DE FILLOAS

entroido

Mércores 18 de febreiro de 11:00 a 12:30h. No centro cultural.
Dirixido a nenos/as de 6 anos en adiante.
Prazas limitadas, tras a inscrición previa no centro cultural a partir do 4 de febreiro

BAILE DE MAIORES

entroido

Sábado 28 de febreiro ás 19:30h no centro cultural, coa actuación do grupo “JJ y Son”.
Dirixido á terceira idade.

ENTROIDO 2015

Concurso de Máscaras Oroso 2015.

Premiados

Os membros do xurado do Concurso de Máscaras acordaron o xoves 12 de febreiro nomear gañador e finalista da categoría infatil:

  • Gañadora: Lucía Tabarés Rodríguez, “Red Buttons”
    Ver máscara
  • Finalista: Martín Ramírez Rodríguez, “Rolo e Chine”
    Ver máscara

Nomear gañadora e finalista na categoría de adultos a:

  • Gañador: Miguel Calvo Rial, “Troi Mutante”
    Ver máscara
  • Finalista: Encarnación Jimenez López, “A Dama”
    Ver máscara

Inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Máscaras do Entroido Oroso 2015 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a diferentes idades, establecendo dúas categorías: a categoría infantil (dende os 7 anos aos 12) e a categoría de adultos, na que se inclúen os maiores de 13 anos.

TERCEIRA:
Non se aceptarán máscaras que xa foran premiadas noutros concursos.

CUARTA:
O tema das máscaras será libre.

QUINTA:
A máscara deberá ser de elaboración propia.

SEXTA:
As máscaras deberán estar adaptadas ao tamaño dunha cara humana e cubrir o rostro completamente, podendo, no seu caso sobresaír adornos, accesorios, etc. As máscaras tipo anteface tamén serán admitidas.

SÉTIMA:
Os materiais para a realización da estrutura base poderán ser de tres tipos:
a) Calquera material derivado do papel (papel maché, cartón pedra ou cartón das fallas, cartolinas, técnicas mixtas derivadas do papel etc.)
b) Vendas de escaiola
c) Combinacións que poidan xurdir entre as técnicas citadas no apartado a e b (papel e escaiola). Na categoría de adultos, non se aceptarán máscaras nas cales a base estea realizada con materiais plásticos.
OITAVA:

A decoración da máscara poderá estar realizada con materiais e accesorios de libre elección, segundo as necesidades da máscara e a idea a plasmar polo artista.

NOVENA:
Valoraranse os acabados, a creatividade, a estética e o bo gusto.

DÉCIMA
Aceptarase como máximo unha máscara por participante, agás na categoría infantil que se aceptarán dúas máscaras por participante, non podendo resultar premiado o mesmo participante como gañador e finalista.

DÉCIMO PRIMEIRA
Os concursantes presentarán as súas máscaras nas oficinas do Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00h e martes e xoves de 17:00 a 20:00h, tendo como data límite de presentación o 11 de febreiro de 2015, antes das 14:00h.

DÉCIMO SEGUNDA
Requirirase a seguinte documentación por cada máscara entregada: sobre pechado cunha fotografía da máscara presentada no concurso, impresa en papel, co nome da obra, o nome do artista e un lema ou frase que explique a idea que inspirou a obra. Todo escrito no dorso da dita fotografía (as fotografías non serán devoltas).

DÉCIMO TERCEIRA
O día 14 de febreiro, ás 19.30h. , durante o concurso de disfraces fárase entrega dos premios do concurso de máscaras.

DÉCIMO CUARTA
As máscaras poderanse recoller no Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa do 23 de febreiro ao 13 de marzo, tras previa presentación por parte dos propietarios do xustificante de inscrición. Se o día 13 de marzo non se recolleron ás máscaras , entenderase que os seus autores renuncian á súa propiedade a favor da organización, quen poderá destruílas ou darlles o destino que considere máis conveniente.

DÉCIMO QUINTA
A organización non se fai responsable dos danos, roubo, extravío ou outros riscos similares sobre as obras dos participantes, dende a entrega ata a devolución das mesmas.

DÉCIMO SEXTA
Os premios dos gañadores serán os seguintes:

  • Categoria Infatil:
    • Gañador: Vale regalo en Equipa-t por valor de 70€
    • Finalista: Vale regalo en Equipa-t por valor de 35€
  • Categoria Adultos
    • Gañador: Unha tablet
    • Finalista: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello

DÉCIMO SÉTIMA
No caso de que o finalista da categoría de adultos non teña cumpridos os 18 anos deberá ir acompañado do pai/nai titor/a.

DÉCIMO OITAVA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Obradoiros 2015.

O prazo de inscrición para os cursos remata o 28 de xaneiro.
As inscricións deberán formalizarse no Centro Cultural de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e os martes e xoves de 17:00 a 20:00 horas.
Máis información no teléfono 981 690 903.

Programación Nadal Oroso 2014/2015.

Concurso de postais de Nadal con Mensaxe

Prazo:

Prazo de entrega das postais ata o 15 de decembro, entrega das postais na Biblioteca Municipal
[Ver publicidade específica]

Dirixido:

A maiores de 4 anos.

Diver Nadal

Días:

22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31  de decembro de 2014 e

2, 5, e 7 de xaneiro de 2015.
[Ver publicidade específica]

Prazo:

ata o 16 de decembro.

Lugar:

C.E.I.P. de Sigüeiro.

Dirixido:

Nenos/as escolarizados/as de 3 a 12 anos.

Belén vivente da Gardería Municipal "A Ulloa"

Día:

venres 12 de decembro.

Hora:

18:30 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

Todos os públicos .

Campaña de Animación á lectura

Días:

Sábados 13, 20 e 27 de decembro e 3 de xaneiro.
Contacontos "Contos do tempo de Nadal " ás 11:00 horas.
Dirixido a maiores de 3 anos.

Venres 19 de decembro. "Club de lectura" ás 18:00 horas.

Venres 26 de decembro. Obradoiro "Somos amig@s invisibles" ás 18:00 horas.
Dirixido a nenos e nenas maiores de 4 anos.

Lugar:

Centro Cultural.

Prazo:

Inscrición previa na Biblioteca Municipal.

Sesión aberta dos/as alumnos/as do Obradoiro de Teatro

Día:

xoves 18 de decembro.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

Ás 18:00 horas.

Dirixido:

Sesión aberta a todos os públicos .

Teatro Ateaco "Eirugas"

Día:

venres 19 de decembro.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

Ás 21:00 horas.

Dirixido:

A maiores de 12 anos .

Visita dos Paxes Reais

Día:

venres 19 de decembro.

Lugares:

O carteiro e os Paxes Reais pasarán a recoller as cartas dos nenos e nenas da gardería municipal "A Ulloa", da gardería "Trastes", dos/das alumnos/as do C.R.A. e do Fogar Residencial Porto Avieira.

Hora:

Os Paxes Reais pasarán a recoller pola mañá as cartas.

Obradoiro de decoración de nadal con materiais de refugallo

Días:

2, 3, 4, 9, 10 e 11 decembro.
22 e 23 de decembro (sesións nenos/as)

Lugar:

Centro Cultural

Hora:

[Ver publicidade específica]

Dirixido:

Todos os públicos.

Obradoiro de decoración de nadal de cupcakes para nenos/as

Día:

22 e 23 de decembro (sesións nenos/as)

Lugar:

Centro Cultural

Hora:

De 10:30 a 11:30 horas a partir de 10 anos
De 12:00 a 13:00 horas de 3 a 9 anos

Prazo:

Prazo de inscrición aberto a partir do 9 de decembro ata o mesmo día do obradoiro.

Prezo:

18€ empadroados/as e 22€ non empadroados/as.

Material engadido no prezo.

Maxia

Día:

martes 23 de decembro.

Mago Martín Camiña co espectáculo "Intres de ilusionismo"

Lugar:

Centro Cultural.

Hora:

ás 18:00 horas

Dirixido:

Todos os públicos.

Concerto de Panxoliñas

Día:

venres 26 de decembro.

Hora:

ás 20:30 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

Todos os públicos.

Baile de Nadal para maiores

Día:

Sábado 27 de decembro.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

ás 19:30 h.

Actuación do grupo Chanel.

Dirixido:

Terceira idade.

Excursión Xuvenlugo (Atraccións, karts, piscina waterball, etc)

Día:

xoves 29 de decembro.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

Saída ás 15:30 horas diante do centro cultural.
Regreso ás 21:00 horas

Prazo:

Previa inscrición no Centro Cultural antes do 23 de decembro.

Dirixido:

Rapaces/zas de 7 a 16 anos.

Imos cantar os Reis

Día:

martes 30 de decembro.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

de 17:00 a 20:00 horas.

Prazo:

Inscrición no centro cultural a partir do 15 de decembro.
Prazas limitadas

Dirixido:

Todos os públicos.
Obradoiro participativo de recuparación dos Cantos de Reis. A sesión divídese en tres partes: obradoiro de construción de instrumentos sonoros e Cantos de Reis, saída para cantar os Reis e visitas a establecementos de contorno pedindo o aguinaldo e merenda cos aguinaldos conseguidos.

Festival de Ano Novo da Aula de Música

Día:

venres 9 de xaneiro de 2015.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

19:00 h.

Dirixido:

Dirixido a todos os públicos.

Gran Cabalgata de Reis

Día:

5 de xaneiro de 2015.

Hora:

ás 17:30 horas.

Lugar:

Saída da Estación de Vilacide e percorrido polas rúas de Sigüeiro.

- Rúa do Portiño
- Rúa da Insua
- Praza de Alexandre Bóveda
- Rúa do Medio
- Rúa do Portiño
- Avda. de Compostela

- Praza da Foca
- Avda. da Grabanxa
- Rúa da Cultura
- Rúa Rio Lengüelle
- Avda. de Compostela
- Rúa Xuncal

Recepción na Casa do Concello das súas Maxestades ás 18:15 h.

Chegada ao Pavillón de Deportes arredor das 19:00 h.
No pavillón haberá inchables, e caramelos (aptos para celíacos) para todos !!!.
(O Pavillón de Deportes non se abrirá ata pasadas as 18:30 horas)

As súas Maxestades queren sentirse arroupados polos nenos/as de Oroso, por iso pedímosvos que aqueles que esteades interesados podedes acompañalos na gran Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro, percorrendo as rúas de Sigüeiro.
Tamén nos dixeron que necesitan paxes reais para ese mesmo día; como ben sabedes trátase dunha xornada de moito traballo, concentrado nunha soa noite. Para colaborar é necesario que acudas ao centro cultural para inscribirte.

Concurso de postais de Nadal con mensaxe 2014.

PREMIADOS

  • CATEGORIA de 4 a 6 anos
  • Gañador: Xoel Costa Castiñeiras

    postais

    Que o mais sinxelo nos faga felices. Bo Nadal.
  • CATEGORIA de 7 a 9 anos
  • Gañador: Brais Garea Rodríguez

    postais
     
    O, O, O, Bo Nadal.

  • CATEGORIA de 10 a 13 anos.
  • Gañadora: Carlota Ramos Broncos

    postais

    Bo Nadal

  • CATEGORIA máis de 14 anos.
  • Deserta

Bases:

  • As postais terán como máximo as seguintes dimensións: 21 x 15
  • Poden entregarse na técnica que cada un considere oportuna pero deben incluír unha mensaxe de felicitación orixinal e escrita en lingua galega
  • Cada participante poderá presentar un máximo de 2 postais
  • No caso de non presentarse un mínimo de 3 postais por cada categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta

Categorías
Establécense catro categorías:

  • De 4 a 6 anos
  • De 7 a 9 anos
  • De 10 a 13 anos
  • Máis de 14 anos

Premios
Os/as gañadores/as de cada categoría gañarán un lote de libros.

Onde entregar a postal
As postais entregaranse na biblioteca municipal no seguinte horario: De luns a venres : 09:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 e sábados de 10:00 a 13:00.

Prazo de entrega:
Ata o 15 de decembro ás 20:00h.

Entrega de premios:
OS PREMIOS ENTREGARANSE O DÍA 05/01/2015 ANTES DA RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE NO PAVILLÓN MUNICIPAL.

Semana Cultural - Oroso 2014.

Obradoiros, Teatro, Música, Talleres, Festa da Espuma, Inchables, Maxia, Títeres, Actividades Acuáticas, Actividades deportivas, ... toda unha ampla gama de actividades culturais e de lecer para gozar todos os veciños e veciñas do Concello de Oroso dende o 21 ata o 31 de agosto.

Os lugares das actividades poden cambiar en caso de choiva. Algunhas das actividades precisan inscrición previa.
Para máis información diríxete ao departamento de Cultura no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de 9:00 a 14:00. (Teléfono: 981 690 903).

Programa de Actividades
 
 :: MARTES 19 AGOSTO ::

HORA: Todo o día
LUGAR: Cerceda

EXCURSIÓN AQUAPARK CERCEDA.
Saída ás 11:00 h do centro cultural e chegada ás 19:00 h ao mesmo lugar.
(Dirixida a maiores de 8 anos empadroados/as no concello de Oroso)
Previa inscrición do 4 ao 18 de agosto no Centro Cultural. Prazas limitadas
Máis información no Centro Cultural.

 :: MÉRCORES 20 AGOSTO ::

HORA: 11:00
LUGAR: Centro Cultural

OBRADOIRO ELABORACIÓN DUN CONTO.
(Dirixido a nenos/as con idades entre 6 a 9 anos)
Previa inscrición do 4 ao 18 de agosto no Centro Cultural.
O SNL da Mancomunidade de Ordes impartirá un obradoiro de iniciación á lingua e a literatura galegas para nenos e nenas, de xeito lúdico mediante a interacción con eles e elas coa idea fundamental de fomentar a súa creatividade, para a realización dun conto ou calquera outra pequena obra literaria ou lingüística.

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

PISTA CATRO. "Residuo"

(Dirixido ao público familiar).
Espectáculo de clown e malabares sobre a reciclaxe.

 :: XOVES 21 AGOSTO ::

HORA: 11:00 a 14:00
LUGAR: Praza Isaac Díaz Pardo
SE CHOVE: Centro Cultural

GRANDES XOGOS E XOGOS TRADICIONAIS.
(Dirixido a maiores de 4 anos)

HORA: 20:30
LUGAR: Centro Cultural

TEATRO A. C. CHARAMELA (Melide). "Paco Jones detective privado"
(Dirixido a todos os públicos)

 :: VENRES 22 AGOSTO ::

HORA: 11:00 a 13:00
LUGAR: Centro Cultural

CONTACONTOS. "Contiños para compartir"
(De 11:00 a 12:00 h dirixido a nenos/as con idades entre 6 e os 10 anos)

(De 12:00 a 13:00 h dirixido a nenos/as con idades entre 3 e os 6 anos)
Previa inscrición do 4 ao 18 de agosto no Centro Cultural. Prazas limitadas.
Igualdade entre homes e mulleres a través da lectura de contos e posterior reflexión.

HORA: 16:00 a 19:00
LUGAR: Piscina Municipal

INCHABLES
(Dirixido a maiores de 4 anos)

HORA: 19:15
LUGAR: Piscina Municipal

FESTA DA ESPUMA
(Dirixido a maiores de 4 anos)

HORA: 20:00
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

ACTUACIÓN DOS COMBOS DA AULA DE MÚSICA
(Dirixido a todos os públicos)

 :: LUNS 25 AGOSTO :: (DIAS 25, 26, 27, 28 e 29)

HORA: 10:00 a 13:00
LUGAR: Centro Cultural

OBRADOIRO DE DECORACIÓN DE CUPCAKES E GALLETAS.

Prazo e lugar de inscrición: ata o 20 de agosto no centro cultural
Horario: de 10 a 11h nenos/as a partir de 10 anos e de 12 a 13h nenos/as de 5 a 9 anos
Prezo: 40€ empadroados/as / 45€ non empadroados/as (o prezo inclúe o material) Preferencia aos empadroados/as no Concello de Oroso.

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

ACROBACIAS AEREAS de CIRCO CHOSCO "Chosco voando"
(Dirixido a todos os públicos)

 :: MARTES 26 AGOSTO ::

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

MONICREQUES de TROMPICALLO
"Jiñol"
(Dirixido a todos os públicos)

 :: MÉRCORES 27 AGOSTO ::

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

TEATRO INFANTIL GHAZAFELLOS.
"Bon Appetit "
(Dirixido a todos os públicos)

 :: XOVES 28 AGOSTO ::

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

MAXIA co mago CAYETANO LLEDÓ

"O Peregrino Máxico"

(Dirixido a todos os públicos).

 :: VENRES 29 AGOSTO ::

HORA: 17:00 a 19:00
LUGAR: Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

TALLER DE MAQUILLAXE.
(Recollida de tickets piscina municipal)

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

MONICREQUES.
"La noche de los mostruitos"
(Dirixido ao público infantil)

Para o taller non é preciso inscribirse pero si pasar a recoller un tícket na piscina ou no caso de choiva no centro cultural, os tíckets entregaranse de 17 a 18h dese mesmo día

HORA: 19:30
LUGAR: Alameda de Góis

ACTUACIÓNS MUSICAIS:
- Grupo Alborada

- A.C. Amigos do Acordeón de Sigüeiro-Oroso.

- A Misela (Noia)
(Dirixido ao público infantil)

Colabora

Organiza

CAMPUS DE FÚTBOL OROSO 2018.

PRESENTACIÓN
Un verán máis,a Escola Deportiva Xuventude Oroso e a Fundación Celta de Vigo, coa colaboración do Concello de Oroso, ofertan o V Campus de Fútbol Oroso 2018.
Unha oferta que este ano presenta grandes novidades, cunha gran variedade de actividades lúdicas e educativas en combinación ca ensinanza técnica e a convivencia de nenos e nenas a través da práctica do fútbol.

OBXECTIVOS

  • Alcanzar de maneira lúdica que os nenos/as gocen da actividade deportiva e formativa.
  • Convivir de forma amigable e cordial con nenos/as de idades afíns, co obxectivo de facer novas amizades.
  • Mellorar os hábitos de disciplina e esforzo, adquirindo valores de respecto polos demais, polo material, polo cumprimento das tarefas.
  • Coñecer e desenvolver estilos de vida saudables, a través do binomio dieta saudable e exercicio físico e deporte.
  • Practicar o deporte do fútbol,optimizando os principias contados técnicos e tácticos.
  • Coñecer e practicar outros deportes, así como a realización de diferentes actividades deportivas.

HORARIO
09.30 - 10.00: Chegada de participantes

Para os que elixan a opción de matrícula Matinal terán un horario de 10:00 a 14:00

Para os que elixan a opción de matrícula Xornada Completa terán un horario de 10:00 a 18:00

PREZOS E MODALIDADES

XORNADAS

MATINAL (10:00-14:00)

COMPLETA (10:00-18:00)

Empadroados

Oroso

Xeral

Empadroados
Oroso

Empadroados
Oroso

Xeral

Xeral

Comida

Sen comida

Comida

Sen Comida

1 Semana

110

130

185

160

205

180

2 Semanas

150

170

250

200

270

220

3 Semanas

180

200

300

230

320

350

4 Semanas

210

230

350

260

370

280

*Haberá descontos por segundo irmán.
* Inclúe unha equipación ADIDAS da Fundación Celta de Vigo.
* Xogadores da ED Xuventude Oroso coa renovación da tempada 2018/2019, nas mesmas condicións que os empadroados en Oroso.

INSTALACIÓNS

  • Campo de fútbol Municipal Lino Balado
  • Complexo Deportivo Juanito Amigo Ferreiro
  • Piscina Municipal
  • Aquapark Cerceda
  • Pistas multixogos
  • Estadio de Balaidos
  • Instalacións deportivas de A Madroa

EQUIPO TÉCNICO
Adestradores de fútbol, Licenciados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, monitores de tempo libre, socorristas e fisioterapeuta.

ACTIVIDADES

MULTIDEPORTE
PISCINA
SQUASH
PADEL
RUTAS DE SENDEIRISMO
TENIS DE MESA
TOUR POLO ESTADIO DE BALAÍDOS
BEISBOL
VISITA AS INSTALACIÓNS DE A MADROA
AQUAPARK

IDADES E DATAS
De 4 anos (ano 2014) a 16 anos (ano 2002)
Sigueiro - Oroso do 2 ó 27 de Xullo

1ª Semana: 2-6 Xullo
2ª Semana: 9-13 Xullo
3ª Semana: 16-20 Xullo
4ª Semana: 23-27 Xullo

Posibilidade de matricularse por semanas soltas.

INFORMACIÓN-INSCRICIÓN (Como matricularse)
Enche a ficha de inscrición (Dúas opcións)
- www.oroso.es

- Recolle a ficha no Centro Deportivo de Sigüeiro

Realiza o correspondente ingreso no número de conta que se cita no impreso

Envía ficha de inscrición e xustificante de pago (dúas opcións)
- E-mail: eventos@xuventudeoroso.com
- Entrega presencial no Centro Deportivo

Prazo inscrición: Ata o 29 Xuño. Límite de prazas

Máis información: 646974375

II CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE OROSO.

O Concello de Oroso organiza o sábado 26 de abril a súa segunda carreira popular pedestre nun circuito urbano e rural e con probas para todas as categorías. As probas darán comenzo as 17:30 horas e estarán baixo o control técnico do Comite Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

Regulamento

  1. As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado.
  2. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
  3. A inscrición da proba absoluta (de junior-promesa a veteráns) poderá realizarse nas webs www.fgatletismo.es/santiago e www.carreirasgalegas.com con data límite o mércores 23 de abril ás 22 horas.
    A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a xuvenil) farase tamén a través das páxinas web www.fgatletismo.es/santiago e www.carreirasgalegas.com debendo rellenar o formulario de inscrición (data límite: mércores 23 de abril ás 22 horas).

    PREZOS DA INSCRICION
    CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil incluídos): GRATUITA
    PROBA ABSOLUTA (de junior-promesa a veteráns): 4 € por participante.

    * O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina web www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291799 ou no email FGAsantiago@gmail.com.
    Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.
  4. Os dorsais retiraranse na secretaría da organización ubicada no Centro Cultural a carón da SAIDA das probas e fronte a Casa do Concello o sábado 26 de abril de 10:30 a 14:00 horas (opción recomendable especialmente para atletas locais que deberán tentar recollelo en xornada de mañán). En xornada de tarde haberá prazo límite de 30 minutos antes do inicio de cada proba.
  5. PREMIOS
    Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento, masculinos e femininos e tamén os tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos.
    Nas categorías prebenxamín e pitufo recibirán medallas todos os participantes, non haberá trofeos para esta categoría.
    Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase aproximadamente ás 20:30 horas.
  6. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona anterior do corpo, poderá ser descalificado.
  7. Os participantes deberán achegarse á zona de saída 10 minutos antes do comezo da súa proba.
  8. Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte.
  9. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro ou na secretaría de competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
  10. O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio da organización da proba, en función do número de participantes de cada categoría.
  11. Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.
Categorias e Horarios

CATEGORIA

ANO DE NACEMENTO

HORA

DISTANCIAS

Junior-Promesa

1992-1993-1994-1995-1996

17:30 h

9500 m

Senior

1991 ata veteranos

17:30 h

9500 m

Veterano A masculino

Nados entre 1979 e 1969

17:30 h

9500 m

Veterano B masculino

Nados entre 1968 e 1959

17:30 h

9500 m

Veterano C masculino

Nados no 1958 e anteriores

17:30 h

9500 m

Veterana D feminino

Nados entre 1979 e 1964

17:30 h

9500 m

Veterana E feminino

Nados no 1963 e anteriores

17:30 h

9500 m

Pitufo

Nados en 2009 e posteriores

18:30 h

300 m

Prebenxamín

Nados en 2007-2008

18:40 h

300 m

Benxamín

2005-2006

18:50 h

1000 m

Alevín

2003-2004

19:00 h

2000 m

Infantil

2001-2002

19:15 h

2000 m

Cadete

1999-2000

19:30 h

3000 m

Xuvenil

1997-1998

19:45 h

3000 m

ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 20:30 HORAS

OrosoSolidario

Este programa pretende servir para que aquelas persoas que o desexen poidan axudar a outras que o necesiten, colaborando coa doazóns material escolar, mobiliario, libros, outros materiais, etc. que se precisen puntualmente para cubrir necesidades básicas. O transporte e recollida das donacións correrá a cargo do demnadante da axuda.

Requisitos

Poden inscribirse no programa todas as empresas interesadas en participar ou as persoas maiores de idade (ou entre 16 e 18 anos con permiso paterno).
É necesario dispoñer dunha conta de correo electrónico ou conta en facebook.

Funcionamento

O primeiro que teñen facer as persoas que desexen colaborar é darse de alta, cubrindo o formulario que aparece mais abaixo.
Para informarlles dos programas, recibirán un correo electrónico periodicamente indicando as necesidades ou notificación mediante as redes sociais. Cadaquén pode decidir libremente en que programas participar e en cales non.
As novidades tamén se publicarán no Facebook de voluntariado do Concello de Oroso.

Formulario de inscrición

Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e serán incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Oroso. En calquera momento, poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición comunicándoo por escrito no rexistro xeral do Concello, ou mediante o formulario de baixa da web.

V Concurso de Tapas de Oroso "de tapa en tapa".

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o concurso "De tapa en tapa" son:

BASE PRIMEIRA: Obxecto do Concurso
O obxecto do presente concurso é acadar un maior número de visitantes ao concello de Oroso e dinamizar a nosa hostalería, ao tempo que se promove a gastronomía local e as posibilidades do Concello de Oroso en materia de turismo.

BASE SEGUNDA: Participantes
Poderán concursar os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Oroso.

BASE TERCEIRA: Datas e duración do Concurso
Esta quinta edición do concurso de tapas de Oroso levarase a cabo no mes de abril, concretamente os días 5, 6, 12 e 13 de abril de 2014. É dicir, terá unha duración de dúas fins de semana.

BASE CUARTA: Desenvolvemento do Concurso
Cada establecemento deberá elaborar de unha a catro tapas, podendo ser tradicionais ou creativas.
Con cada consumición será entregada a tapa. Unha vez degustada polo cliente, o establecemento selaralle o boleto, para poder participar no concurso e ter acceso aos premios.

BASE QUINTA: Valoración da Tapa
Valoraranse aspectos como a presentación, a orixinalidade e por suposto o sabor.

BASE SEXTA: Número de Tapas
Aceptaranse como máximo 4 tapas, unha por día. Sendo aceptable tamén unha única tapa para participar os castro días.

BASE SÉPTIMA: Horario de degustación das tapas
Será de carácter obrigatorio para todos os establecementos participantes servirlle as tapas ao público nunha franxa horaria acordada polos participantes e a organización do concurso. Este horario fíxase da seguinte maneira: Os sábados e os domingos de 12.00h da mañá a 15.00h da tarde e de 19.00h da tarde a 22.00h.
Este horario sempre poderá ser aumentado polos locais participantes se así o desexan pero en ningún caso reducido.

BASE OITAVA: Votación
As tapas gañadoras serán elixida por votación popular. Os propios clientes e degustadores das tapas a concurso serán os que decidan o gañador.
A cada establecemento entregaráselle unha urna selada a conciencia pola organización do concurso. No boleto de selado, no apartado dedicado para tal fin, os degustadores poderán votar polos establecementos que fixeran as mellores tapas, podendo outorgarlle a cada establecemento soamente un dos premios. Logo deberán depositalo en calquera das urnas que atoparán nos establecementos participantes.

BASE NOVENA: Nº de selos
Serán necesarios 7 selos de distintos bares para poder entrar no sorteo dos premios, dos cales dous deberán ser de algún dos establecementos participantes das parroquias.

BASE DÉCIMA: Premios
Os premios serán os seguintes:

PREMIO PARA OS ESTABLECEMENTOS
Estableceranse un total de tres premios para os bares participantes.
1º Premio (300 €)
2º Premio (200 €)
3º Premio (100 €)
Ditos premios non serán acumulatios, é decir, cada bar soamente poderá acadar un dos premios + DIPLOMA QUE O ACREDITA COMO GAÑADOR DA CATEGORÍA CORRESPONDENTE POLO CONCELLO DE OROSO.

PREMIOS PARA OS CLIENTES
Sortearase entre todos os boletos debidamente selados polos establecementos e cumprimentados cos datos persoais de cada cliente, por orde de saída das papeletas:
Un circuíto termal no balneario Compostela para dúas persoas
Dous premios de dúas entradas para Termaria Casa da Auga na Coruña
2 ceas para dúas persoas
1 bono de beleza dobre en Sanmar estilismo (Sigüeiro)
6 botellas de viño LAN (agasallo da empresa LAN)

Só se admitirán os boletos que se atopen no interior das urnas repartidas polos establecementos.

BASE DÉCIMO PRIMEIRA: Sorteo e entrega de premios
A organización fixará unha data para o sorteo dos premios, do establecemento e do público, que será comunicada aos establecementos participantes e aberto ao público en xeral.
Posteriormente, celebrarase un acto de entrega de premios, que será comunicado a todos os premiados.

BASE DÉCIMO SEGUNDA: Publicidade e material de difusión
A cada establecemento entregaránselle dous carteis que deberá poñer á vista no seu local para darse a coñecer como participante.
A organización encargarase de darlle publicidade ao dito acontecemento de todas as formas posibles para acadar así unha maior presenza. Isto inclúe os seguintes medios:
1. Páxina web do Concello de Oroso.
2. Carteis por todo o Concello e no resto da comarca, así como tamén nos concellos máis próximos a Oroso que non pertenzan á comarca.
3. Anuncios no xornal.

O Concello de Oroso será o encargado de editar as revistas informativas do concurso, cos boletos de selado, nos cales figurarán os locais participantes, as tapas que ofertarán e a localización dos locais.
Estas revistas poderán conseguirse de forma totalmente gratuíta polos clientes que queiran entrar no sorteo. Atoparanse en todos os locais que participen e tamén nas dependencias da Casa do Concello e no centro cultural Fernando Casas e Novoa.

BASE DÉCIMO TERCEIRA: Aceptación das bases
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Programa de Entroido 2014.

CONCURSO DE RECEITAS DE ENTROIDO

entroido

"EN GALEGO SABE MELLOR"
O prazo de entrega das receitas remata o vindeiro 24 de febreiro antes das 14:00h no centro cultural.
Terán que ser típicas do Entroido e deberán estar escritas en lingua galega e mecanografadas (impresa en papel e cos datos persoais do autor).
Así mesmo deberase presentar o prato elaborado o día 25 de febreiro de 09:00 a 14:00h ou de 17:00 a 18:00h.
O premio para o/a gañador/a será unha cea para dúas persoas e para o/a finalista un libro de cociña. Dirixido a maiores de 16 anos.

ANIMACIÓN Á LECTURA

entroido

  • Sábado 1, 8, 15 e 22 de febreiro ás 11:00h. Contos e obradoiros “Eu querer quéroche ben”, na Bilioteca Municipal
  • Venres 21 de febreiro ás 18:00h club de lectura, na Biblioteca Municipal. Prazas limitadas. Dirixido a nenos/as de 8 a 12 anos
  • Venres 28 de febreiro ás 18:00h obradoiro A Rebotica dos Contos “Cita coa doutora Amor.”
  • Luns 3 de marzo ás 11:00h “Somos uns Entroidos”. Dirixido a rapaces/azas de 4 a 12 anos previa inscrición na bibilioteca. Prazas limitadas
  • Sábados 8, 15, 22 e 29 de marzo ás 11:00h contos e obradoiros “ Animaliños”, na biblioteca municipal
  • Venres 21 de marzo ás 18:00h club de lectura, na Biblioteca Municipal. Prazas limitadas, dirixido a nenos/as de 8 a 12 anos
  • Venres 28 de marzo ás 18:00h obradoiro A Rebotica dos Contos

Os contos van dirixidos ao público familiar e para participar é preciso ter cumpridos os 4 anos e inscribirse na Biblioteca, as prazas son limitadas.

FESTIVAL DO CRA

entroido

Venres 28 de febreiro no centro cultural pola mañan.

CONCERTO DIDÁCTICO DO GRUPO VOX STELLAE "O RODABALLO CON BOTAS"

entroido

Venres 28 de febreiro no centro cultural ás 19:00h.
Adaptación do conto do gato con botas.
Durante a narración do conto hai intervencións musicais dende o Renacemento ata a música popular galega.
Dirixido a todos os públicos.

CONCURSO DE DISFRACES

entroido

Sábado 1 de marzo. Saída ás 18:00h do Pavillón de Deportes e percorrido polas rúas de Sigüeiro amenizado pola batucada da Aula de Música.
Entrega de premios do concurso de receitas arredor das 19:30h.
Haberá animación, inchables, mascotas, premios, música e moita diversión.
Dirixido a todos os públicos.

FESTA DE DISFRACES

entroido

Luns 3 de febreiro ás 19:00h no centro cultural.
Música, mascotas, diversión e sorpresas para todos e todas as asistentes.
Dirixido a todos os públicos.
Colabora traendo filloas e orellas !!!!

OBRADOIRO REPOSTEIRO DE CUPCAKES DE ENTROIDO

entroido

Mércores 5 de marzo ás 18:00h.
Dirixido a rapaces/azas de 8 a 13 anos.
Previa inscrición no centro cultural.
Prazas limitadas.

BAILE DE MAIORES

entroido

Sábado 22 de febreiro a partir das 19:00h. no centro cultural. Coa actuación do dúo “Satélite”.
Dirixido á terceira idade.

Concurso de receitas de entroido. "En galego sabe mellor".

Receita gañadora. Zaira María Pulleiro Sánchez

oroso PANCAKES DE CABAZA E ANÍS
Ingrendientes para 12 racións

  • 3 ovos
  • 200g. de fariña
  • 100g. de leite
  • 50 g. de licor anís
  • Unha culleradiña de anís en gran
  • Reladura dun limón
  • Un chisco de sal fino
  • Aceite de oliva suave, para fritir

Preparación.
Cortamos a cabaza en tacos e cocémola nun chisco de auga. Cando estea lista triturámola coa axuda dun garfo, estendémola ben nun prato para que arrefríe.
Por outra banda, dos ovos separamos as claras das xemas. Batemos as claras ata que queden espumosas e engadimos o azucre pouco a pouco.
A continuación iremos mesturándolle as xemas, o leite, o anís, o sal, a reladura do limón e a cabaza. Por último, engadiremos a fariña peneirada ata formar unha masa de pancakes. Deixamos repousar media hora.
Fritimos a lume medio en aceite de oliva suave. Darémoslles forma aos nosos pancakes ao engadir, coa axuda dunhas culleres, o aceite. Esperar que se douren.

Suxestións: Aqueles/as que sexan máis larpeiros/as poderán degustalos con mel.

Receita finalista. José Ramón Pulleiro Liste

oroso FILLOAS RECHEAS DE RISOTO DE GRELOS E TOUCIÑO ENTREFEBRADO

Ingrendientes para o risoto:

  • 200g. arroz
  • 1 cebola mediana
  • 150g. cabaciña
  • 150g. touciño entrefebrado
  • 2 culleradas de nata líquida
  • 1 cullerada de leite enteiro
  • Sal
  • Pementa
  • Allo
  • Aceite de oliva

Ingrendientes para as filloas:

  • Fariña de trigo
  • 1 cullerada de manteiga
  • 1 ovo
  • Auga
  • Sal

Preparación.
Por unha banda prepararemos as filloas: Derretemos a manteiga e deixámola arrefriar. Batemos o ovo e engadimos auga morna. Iremos mesturando o resto dos ingredientes dun nun: o sal, a manteiga arrefriada e a fariña, ata conseguir un amoado. Deixaremos repousar media hora e logo cociñarémolas ao método tradicional.
Por outro lado prepararemos o recheo: O risoto. Nunha pota douraremos un dente de allo triturado en aceite de oliva. Picamos a cebola moi miúda e a cabaciña, salpementamos e escalfamos durante 5 minutos. Unha vez teñamos as verduras ao punto engadiremos o arroz e o touciño entrefebrado cortado en anacos miúdos. Antes de engadir a auga precisa deixaremos dourar os grans de arroz xunto coas verduras e o touciño entrefebrado uns minutos. Coceremos coa auga necesaria o arroz e os grelos limpos e cortados. Unha vez chegado ao punto final da cocción, retiramos do lume e mesturamos a nata e o leite. Deixaremos repousar uns 15 minutos.
Finalmente e preparadas ambas as receitas procederemos a reencher.
Suxestións: pódense substituír a nata e o leite por un bechamel lixeiro.
Bo proveito!

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de receitas de Entroido “En galego sabe mellor” son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a adultos maiores de 16 anos.

TERCEIRA:
As receitas terán que ser típicas do Entroido, deberán estar escritas en lingua galega e presentarse mecanografadas. Así mesmo, deberase presentar o prato elaborado o día indicado pola organización.

CUARTA:
Valoraranse a presentación e a creatividade do prato, e a orixinalidade e a lingua da receita.

QUINTA:
Aceptaranse como máximo dúas receitas por participante.

SEXTA:
Os concursantes presentarán as súas receitas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 24 de febreiro de 2014, antes das 14:00h. o día 25 de febreiro o prato deberá entregarse cociñado da casa no centro cultural de 9 a 14 ou de 17 a 18 horas.

SÉTIMA:
Requirirase presentar a seguinte documentación: a receita presentada no concurso, impresa en papel, co nome e os datos persoais do autor.

OITAVA:

O día 1 de marzo, ás 19.30h , terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral.

NOVENA:
Os premios dos gañadores serán os seguintes:
> Gañador: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello
> Finalista: Libro de cociña

Ademais, as súas receitas serán publicadas na páxina web do concello: www.concellooroso.com

DÉCIMA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Concurso de Disfraces 2014.

Folla de inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2014 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar tódalas persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2014 terá lugar o sábado día 1 de marzo no Pavillón Polideportivo Municipal de Sigüeiro, comezando coas actividades previstas ás 18:00h cun desfile de todos os participantes polas rúas de Sigüeiro.

TERCEIRA:
Quedan establecidas dúas categorías en función da idade:

  • 1ª: categoría xeral (maiores de 16 anos)
  • 2ª: categoría infantil (ata 16 anos)

CUARTA:
O prazo de inscrición esténdese ata o día 1 de marzo ás 17:30 horas.
A inscrición formalizarase nas oficinas do Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa ou chamando ao número de teléfono 981 690 903 ata as 14.00 horas do día 28 de febreiro e o propio día do Concurso de 16:30 a 17:30 horas no Pavillón Municipal.

QUINTA: PREMIOS:

Categoria Xeral (maiores 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 500 euros
    • Finalista: 300 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 220 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 250 euros
    • Finalista: 180 euros

Categoria Infantíl (ata 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 200 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 220 euros
    • Finalista: 150 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 180 euros
    • Finalista: 120 euros

  • PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO DE 150€

SEXTA:
Será obrigatorio participar no desfile que sairá do Pavillón percorrendo diversas rúas de Sigüeiro para formar parte do concurso de disfraces. Será a organización do concurso a que determine se se suspende ou non este por causas alleas ao mesmo (como poden ser as condicións meteorolóxicas).

SETIMA:
A selección dos gañadores levarase a cabo o mesmo día do concurso segundo a valoración dun xurado composto de cinco membros e designado para tal fin. Valorará a orixinalidade e a laboriosidade, podendo declararse deserto calquera premio se a xuízo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.

OITAVA:
A entrega de premios para todas as modalidades efectuarase con posterioridade ao concurso, tras previa presentación de certificación bancaria e fotocopia do DNI do premiado nas dependencias municipais.

NOVENA:
Normas finais
O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación por parte dos concursantes das presentes bases.
Segundo.- Aprobar o gasto polo importe de 3.170,00 euros con cargo á partida 452.226.11.

I edición do Concurso de relatos breves "Olla para mín".

Bases do concurso de relatos 2014

Primeira.
A I edición do Concurso de relatos breves “Olla para min” é unha iniciativa das Concellarías de Cultura e de Muller do Concello de Oroso.

Segunda.
Poderá participar calquera rapaz ou rapaza que neste momento estea a cursar 6º curso de primaria, sempre que estea empadroado/a no concello de Oroso.

Terceira.
Co motivo do Día Internacional da Muller, a temática dos relatos reflectirá o esforzo e a participación das mulleres na construción e crecemento da súa comunidade e onde as diferenzas sexan un valor engadido e desaparezan as desigualdades por razón de sexo.

  • Poderán estar escritos en galego ou en castelán, utilizando unha linguaxe non sexista
  • Terán unha extensión máxima de 1.000 palabras (título incluído), eliminándose do concurso os relatos que teñan unha maior extensión
  • Levarán un título e o pseudónimo do autor ou da autora
  • O texto non terá imaxes ou debuxos
  • Serán orixinais e inéditos, é dicir, non poderán estar publicados en ningún medio ou soporte (en papel, electrónico, ...)
  • Enviaranse preferiblemente por correo electrónico. Pódese remitir tamén por correo postal ou presentalo directamente no departamento de servizos sociais do concello
  • Enviaranse en formato word, DIN-A4, a dobre espazo, con letra Times New Roman de 12 puntos. Non se admitirán relatos manuscritos
    • Envio por correo postal ou no Departamento de Servizos Sociais
    • No anverso do sobre só constará:

    • Servizos Sociais do Concello de Oroso
      Rúa do Deporte, 9
      15888 - Sigüeiro (OROSO)
      I Concurso de relatos breves "Olla para mín"

    • No interior deste sobre incluirase:
      1. O orixinal do relato breve, o seu título e o pseudónimo do autor ou autora
      2. Un sobre adicional pechado, en branco por fora e que conteña no seu interior os datos de identificación do autor ou autora: nome, apelidos, enderezo, correo electrónico e, por ser menores de idade os participantes, unha autorización de participación no certame do pai, nai ou persoa titora legal. Asemade, incluirase a fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte do autor ou autora e da pai, nai ou persoa titora.
      Envio por correo electrónico
    • O envio realizarase ao enderezo: benestarsocial@concellooroso.com
      1. No asunto do correo farase constar I Concurso de relatos breves “Olla para min”.
      2. O corpo da mensaxe deixarase baleiro de contido, non podendo escribir nada.
      3. O relato irá en ficheiro adxunto en formato word, cuxo título será o do relato. O texto irá con letra Times New Roman de 12 puntos, a dobre espazo, sen imaxes nin debuxos. Non se admitirán relatos en pdf. O ficheiro conterá o relato correspondente, o pseudónimo do autor ou autora, sen ningún dato identificativo. Descualificaranse aqueles relatos que conteñan os datos do autor ou autora.
      4. Achegarase outro arquivo en formato word denominado Datos persoais no que se fará constar o título do relato, os datos de identificación do autor ou autora: nome, apelidos, enderezo, teléfono e correo electrónico.
      5. Axuntarase un ficheiro con DNI, NIE ou pasaporte dixitalizado da persoa que autoriza a participación ao tratarse dunha persoa menor de idade.

Os relatos enviados que non cumpran ests requisitos serán excluidos do concurso.

Cuarta.
O prazo de envío dos relatos terminará o día 28 de febreiro de 2014. A estes efectos considerarase a data do cuño de correos, se o envío foi realizado por correo postal, a data do rexistro de entrada se se entregou en persoa, ou a data de entrada se se trata dun envío por correo electrónico.
O Concello de Oroso resérvase todos os dereitos de propiedade e uso dos relatos, citando sempre o nome do autor ou autora.

Quinta.
Os criterios de valoración para a adxudicación do premio serán:

  • O tratamento e axuste á temática proposta
  • A utilización dunha linguaxe non sexista
  • A creatividade e innovación sobre o contido
  • A calidade literaria

O xurado estará integrado por membros coñecedores da temática.

Sexta.
Os premios consistirán en lotes de libros.

Sétima.
A decisión do xurado, que será inapelable, publicarase xunto coa composición dos seus membros, o día 7 de marzo, coincidindo cos actos organizados polo Concello de Oroso co motivo do Día Internacional da Muller.

Oitava.
Os premios entregaranse no marco das celebracións do día da muller traballadora o 7 de marzo.

Novena.
O concello de Oroso resérvase o dereito de publicar na web municipal ou en edición impresa os relatos enviados, sempre citando o nome do autor ou autora.

Décima.
Os datos das persoas participantes incorporaranse a un ficheiro propiedade do Concello de Oroso. O Concello garante o correcto tratamento dos datos de acordo coa Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD).

Undécima.
A participación neste concurso implica a plena aceptación das presentes bases e a resolución pola organización de calquera eventualidade non contemplada nas mesmas.

IV Concurso de fotografía. "Muller Traballadora".

Gañadores do concurso de fotografía "Muller Traballadora"

1º PREMIO

Roberto Milán (Alicante)

"Mariscadoras"
2º PREMIO

Cristina Guerra (Santiago de Compostela)

"No mercado"
3º PREMIO

José Beut (Valencia)

"Igualdad?"

Bases do concurso de fotografía

Primeira: Participantes
Poderá presentarse toda persoa que o desexe.

Segunda: Tema
Con motivo do Día Internacional da Muller no que se conmemora a loita da Muller pola súa participación e igualdade de xénero na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa, convócase este concurso, centrado no ámbito do traballo e co que se pretende que a través das imaxes se reflicte o traballo das mulleres en calquera eido.

Terceira: Número máximo de fotografías
O número de fotografías a presentar por cada participante estará limitado a 3.

Cuarta: Tamaño e presentación
O formato das fotografías será de 20 x 30 cm. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico.
As fotografías presentaranse sen montar, sen paspartú, marco nin cristal. E sen datos persoais que poidan identificar á persoa autora.
Aquelas fotografías nas que apareza unha persoa identificable, deben contar co consentimento da persoa retratada. O xurado pode requirir este consentimento por escrito.

Quinta: Obras
Cada fotografía levará un título escrito por detrás, xunto co pseudónimo que indique o autor. Nun sobre pechado co pseudónimo escrito por fóra, o autor introducirá os seus datos persoais. (Nome e apelidos, NIF, enderezo e teléfono) así como un CD coa fotografía en formato dixital no que figure o título.

Sexta: Prazo de recepción dos traballos
As fotografías entregaranse na Biblioteca Municipal no centro cultural Fernando de Casas e Novoa de 09:30h a 13.30h e de 16.30h a 21.00h .O prazo de entrega das obras rematará o día 26 de febreiro.

Sétima: Premios
O xurado establecerá tres premios

  • 1º Premio : 250 €
  • 2º Premio : 150 €
  • 3º Premio : 100€

O fallo do xurado darese a coñecer no marco das celebracións do día da muller traballadora o 8 de marzo.

Oitava: Fallo do xurado
A decisión do xurado será inapelable.
A selección da fotografías realizarase tendo en conta a súa calidade técnica e artística e o grao no que fosen capaces de captar a esencia da temática do concurso.

Novena: Difusión dos traballos e protección de datos de caracter persoal (LOPD).
O Concello de Oroso resérvase todos os dereitos de propiedade e uso das fotografías, citando sempre o nome do/a autor/a , pasando a formar parte do patrimonio artístico – cultural do Concello Todas as fotografías presentadas a concurso serán expostas ao público no mes de marzo en Dependencias Municipais. Si a cantidade de obras recibidas excedera o número máximo para a súa exhibición, realizarase unha selección previa.
O Concello garante o correcto tratamento dos datos de acordo coa Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD).

Décima: Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases descritas.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.

Cursos 2014.

O prazo de inscrición para os cursos remata o 28 de xaneiro.
As inscricións deberán formalizarse no Centro Cultural de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e os martes e xoves de 17:00 a 20:00 horas.
Máis información no teléfono 981 690 903.

Programación Nadal Oroso 2013/2014.

Concurso de postais de Nadal con Mensaxe

Prazo:

As postais deberánse entregar na Biblioteca Municipal de Sigüeiro, antes do 23 de decembro.

Dirixido:

A maiores de 4 anos.

Diver Nadal

Días:

23, 24, 26, 27, 30 e 31  de decembro de 2013 e

2, 3, 7 e 8 de xaneiro de 2014.

Prazo:

ata o 16 de decembro.

Lugar:

C.E.I.P. de Sigüeiro.

Dirixido:

Nenos/as escolarizados/as de 3 a 12 anos.

Belén vivente da Gardería Municipal "A Ulloa"

Día:

venres 13 de decembro.

Hora:

18:30 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

Todos os públicos .

Campaña de Animación á lectura

Días:

Sábados 14, 21 e 28 de decembro. Contacontos "Lúa Lueira" ás 11:00 horas.
Dirixido a maiores de 3 anos.

Venres 27 de decembro. Taller de Nadal "Somos amig@s invisibles" ás 18:00 horas.
Dirixido a maiores de 4 anos.

Mércores 2 de xaneiro. Contacontos para o tempo de Nadal ás 18:00 horas.
Dirixido a nenos e nenas de 4 a 9 anos.

Lugar:

Centro Cultural.

Prazo:

Inscrición previa na Biblioteca Municipal.

Obradoiro de Teatro

Día:

martes 17 de decembro.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

Ás 19:00 horas.

Dirixido:

Sesión aberta a todos os públicos .

Teatro "Smoke City"

Día:

mércores 18 de decembro.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

Ás 16:45 horas.

Dirixido:

A alumnos/as da ESO. Aberto a público en xeral.

Visita dos Paxes Reais

Día:

venres 20 de decembro.

Lugares:

O carteiro e os Paxes Reais pasarán a recoller, en horario de mañá, as cartas dos nenos e nenas da gardería municipal "A Ulloa", da gardería "Trastes", dos/das alumnos/as do C.R.A. e do Fogar Residencial Porto Avieira.

Hora:

Os Paxes Reais pasarán a recoller pola mañá as cartas.

Concerto de Corais

Día:

Sábado 21 de decembro.

Lugar:

Concerto de Corais no centro cultural.

Hora:

20:30 horas .

Dirixido:

Todos os públicos .

Excursión ás Brañas da Valga (Mesía)

Día:

Xoves 26 de decembro.

Lugar:

Brañas da Valga (Mesía).

Prazo:

Inscrición gratuita no Centro Cultural antes do 22 de decembro.

Dirixido:

Nenos e nenas de 5 a 12 anos.

Concerto de Panxoliñas

Día:

venres 27 de decembro.

Hora:

20:30 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Prazo:

Información e inscricións no Centro Cultural antes do 23 de decembro.

Dirixido:

Todos os públicos.

Baile de Nadal para maiores

Día:

Sábado 28 de decembro.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

19:30 h.

Actuación do grupo Glamour.

Dirixido:

Terceira idade.

Visita ao planeta Móbil

Día:

Xoves 2 e martes 7 de xaneiro de 2014.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

12:00 h.

Prazo:

Previa inscrición no Centro Cultural.

Dirixido:

Todos os públcios.

Festival de Ano Novo da Aula de Música

Día:

venres 3 de xaneiro de 2014.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

19:00 h.

Dirixido:

Todos os públicos.

Gran Cabalgata de Reis

Día:

Domingo 5 de xaneiro de 2014.

Hora:

ás 17:30 horas.

Lugar:

Saída da Estación de Vilacide e percorrido polas rúas de Sigüeiro.

- Rúa do Portiño
- Rúa da Insua
- Praza de Alexandre Bóveda
- Rúa do Medio
- Rúa do Portiño
- Avda. de Compostela

- Praza da Foca
- Avda. da Grabanxa
- Rúa da Cultura
- Rúa Rio Lengüelle
- Avda. de Compostela
- Rúa Xuncal

Recepción na Casa do Concello das súas Maxestades ás 18:15 h.

Chegada ao Pavillón de Deportes arredor das 19:00 h.
No pavillón haberá inchables, e caramelos (aptos para celíacos) para todos !!!.
(O Pavillón de Deportes non se abrirá ata pasadas as 18:30 horas)

Monicreques "Os crebanoces"

Día:

Mércores 8 de xaneiro de 2014.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

18:00 h.

Dirixido:

Dirixido ao público familiar (a partir de 5 anos).

Concurso de postais de Nadal con mensaxe 2013.

PREMIADOS

  • CATEGORIA de 4 a 6 anos
  • Gañadora: Elba Blanco Martínez

    postais

    O importante é que estamos xuntos no Nadal.
  • CATEGORIA de 7 a 9 anos
  • Gañadora: Laura Hermida Pérez

    postais
     
    Con todos os meus desexos de que todas as familias poidan gozar deste Nadal e que aos nenos non lles falte o máis bonito: a infancia, o amor e a ilusión.

  • CATEGORIA de 10 a 13 anos.
  • Deserta

  • CATEGORIA máis de 14 anos.
  • Gañadora: María José García Rodríguez

    postais

    Que a ledicia de ver a Deus nacer faga a esperanza renacer no corazón de tódalas xentes. ¡Boas festas!

Bases:

As bases polas que se rexerá o Concurso de postais de Nadal con mensaxe son:

Primeira
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

Segunda
Establécense catro categorías:

  • De 4 a 6 anos
  • De 7 a 9 anos
  • De 10 a 13 anos
  • Máis de 14 anos

Terceira
As postais terán como máximo as seguintes dimensións: 21x15. Poden entregarse na técnica que cada un/unha considere oportuna, pero deberán incluír unha mensaxe de felicitación de Nadal en lingua galega.

Cuarta
Valoraranse a presentación, o esforzo e a orixinalidade da postal, así como a lingua e o contido da mensaxe.

Quinta
Aceptaranse como máximo dúas postais por participante. No caso de non presentarse un mínimo de tres postais por cada categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta.

Sexta
Os/as concursantes presentarán as súas postais no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:00h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 23 de decembro de 2013.

Sétima
Xunto coa postal, deberase presentar un sobre pechado cos datos persoais: nome e apelidos, idade e teléfono de contacto.

Oitava
Os premios entregaranse o día 05/01/2014 antes da recepción dos Reis Magos de Oriente no polideportivo municipal.

Novena
Os/as gañadores/as de cada categoría serán premiados/as cun lote de libros. Ademais, as súas postais serán publicadas na páxina web do Concello: www.concellooroso.com.

Décima
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas bases.

Semana Cultural - Oroso 2013.

Obradoiros, Teatro, Música, Talleres, Festa da Espuma, Inchables, Maxia, Títeres, Actividades Acuáticas, Actividades deportivas, ... toda unha ampla gama de actividades culturais e de lecer para gozar todos os veciños e veciñas do Concello de Oroso dende o 21 ata o 31 de agosto.

Os lugares das actividades poden cambiar en caso de choiva. Algunhas das actividades precisan inscrición previa.
Para máis información diríxete ao departamento de Cultura no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de 9:00 a 14:00. (Teléfono: 981 690 903).

Programa de Actividades
 
 :: MÉRCORES 21 AGOSTO ::

HORA: Todo o día
LUGAR: Cerceda

EXCURSIÓN AQUAPARK CERCEDA.
Saída ás 11:00 h do centro cultural e chegada ás 19:00 h ao mesmo lugar.
(Dirixida a maiores de 8 anos empadroados/as no concello de Oroso)
Previa inscrición do 7 ao 20 de agosto no Centro Cultural. Prazas limitadas
Máis información no Centro Cultural.

 :: XOVES 22 AGOSTO ::

HORA: 11:30
LUGAR: Praza Isaac Díaz Pardo
SE CHOVE: Centro Cultural

OBRADOIRO LECER CONSUMO .

"Criterios para a escolla de xoguetes "
(De 3 a 9 anos).
Previa inscrición do 7 ao 20 de agosto no Centro Cultural.

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

MAGO DANI .

"Don Gelati "
(Dirixido a todos os públicos).

 :: VENRES 23 AGOSTO ::

HORA: 12:00
LUGAR: Centro Cultural

VISITA AO PLANETA MÓBIL .
Cúpula inchable na que se proxectan vídeos a cúpula completa, o que provoca unha sensación de inmersión total. A visita dura 20 minutos e faranse grupos de 20 rapaces/azas.
(Dirixido a nenos/as de 3 a 12 anos)

HORA: 16:00 a 19:00
LUGAR: Piscina Municipal

INCHABLES.
(Dirixido a maiores de 4 anos)

HORA: 19:15
LUGAR: Piscina Municipal

FESTA DA ESPUMA .
(Dirixido a maiores de 4 anos)

HORA: 21:00
LUGAR: Centro Cultural

CONCERTO DE ACORDEÓNS .
Actuación do grupo Os Melidaos de Melide e a Asociación Cultural Amigos do Acordeón de Sigüeiro – Oroso.
(Dirixido a todos os públicos)

 :: SÁBADO 24 AGOSTO ::

HORA: 19:00
LUGAR: Campo de fútbol municipal "Lino Balado" de Sigüeiro

XI TORNEO DE FÚTBOL CONCELLO DE OROSO
Veteranos "Vinoteca Raquel" - Sigüeiro F.C.

 :: DOMINGO 25 AGOSTO ::

HORA: 17:30
LUGAR: Campo de fútbol municipal "Lino Balado" de Sigüeiro

XI TORNEO DE FÚTBOL CONCELLO DE OROSO
Sigüeiro F.C. - S.D. Deixebre
Sigüeiro B - E.D. Xuventude Oroso

 :: LUNS 26 AGOSTO ::

HORA: 11:00
LUGAR: Praza Isaac Díaz Pardo / Paseo Carboeiro
SE CHOVE: Centro Cultural

XINCANA.
"A busca do tesouro perdido".
(A partir de 5 anos)
Previa inscrición no Centro Cultural. Prazas limitadas

 :: MARTES 27 AGOSTO ::

HORA: 20:30
LUGAR: Centro Cultural

TEATRO da compañia "O aturuxo de Melpomene".
"A ratoeira"
(Dirixido a todos os públicos)

 :: MÉRCORES 28 AGOSTO ::

HORA: 18:00
LUGAR: Exterior Piscina Municipal

OBRADOIRO MAQUILLAXE E GLOBOFLEXIA.

(Dirixido ao público infantil).

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal

MONICREQUES de "Duende Sico".

"As andanzas de Elías"
(Dirixido ao público familiar).

 :: XOVES 29 AGOSTO ::

HORA: 19:30
LUGAR: Exterior Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

CLOWN de Pistacatro.
"A Moucha ".
(Dirixido a todos os públicos)

 :: VENRES 30 AGOSTO ::

HORA: 09:00
LUGAR: Saida Centro Cultural

EXCURSIÓN MULTIAVENTURA.
Escalada, tiro con arco, piragüismo e ruta a cabalo.
Regreso ás 21:00h diante do Centro Cultural. (Dirixido a maiores de 12 anos)
Previa inscrición no centro cultural do 12 ao 28 de agosto (por rigorosa orde).
Para levar a cabo a excursión ten que xuntarse un mínimo de 20 participantes. Preferencia a empadroados/as no Concello de Oroso. Prezo da excursión 45 euros empadroados/as, 80 euros non empadroados/as.

HORA: 12:00
LUGAR: Centro Cultural

VISITA AO PLANETA MÓBIL .
Cúpula inchable na que se proxectan vídeos a cúpula completa, o que provoca unha sensación de inmersión total. A visita dura 20 minutos e faranse grupos de 20 rapaces/azas.
(Dirixido a nenos/as de 3 a 12 anos)

 :: SÁBADO 31 AGOSTO - DOMINGO 1 SETEMBRO::

HORA: Todo o día
LUGAR: Pista de Pádel

II TORNEO DE PÁDEL CONCELLO DE OROSO.
Previa inscrición na cafetería da piscina municipal ata o 26 de agosto.

Colabora

Organiza

VI CARREIRA PEDESTRE POPULAR CONCELLO DE OROSO.

O Concello de Oroso organiza o domingo 22 de abril a súa sexta carreira popular pedestre nun circuito urbano e rural e con probas para todas as categorías. As probas darán comenzo as 10:00 horas e estarán baixo o control técnico do Comite Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo.

Regulamento

  1. As probas disputaranse na localidade de Sigüeiro - Oroso. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Camiño Inglés a carón da casa do Concello e o circuíto correspondente a cada categoría estará debidamente sinalizado. Esta carreira pertence ó VI Circuíto Provincial de Carreiras Populares Deputación Provincial de A Coruña.
  2. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.
  3. A inscrición da proba absoluta (de junior a veteráns) poderá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago con data límite: mércores 19 de abril ás 23:59 horas.
    A inscrición das carreiras escolares (de pitufo a xuvenil) farase tamén a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo.es/santiago debendo rellenar o formulario de inscrición (data límite: mércores 19 de abril ás 23:59 horas).

    PREZOS DA INSCRICION
    CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil incluídos): GRATUITA
    PROBA ABSOLUTA (de junior-promesa a veteráns): 5€ por participante

    * O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago das páxinas web www.carreirasgalegas.com. Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co teléfono 981 291 799 ou no em@il FGAsantiago@gmail.com. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da carreira.
  4. Os dorsais retiraranse nas oficinas do Centro Deportivo o sábado 21 de abril de 10:00 a 14:00 ou de 17:00 a 20:00 horas (opción recomendable especialmente para atletas locais que deberán tentar recollelo o día anterior). O día da proba os dorsais recolleranse no Centro Civico situado a carón da saída da proba. Haberá prazo límite de 30 minutos antes de cada proba correspondente.
  5. PREMIOS
    Recibirán trofeos os 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no presente regulamento, masculino e feminino e tamén os tres primeiros absolutos masculino e feminino.
    Nas categorías prebenxamín e pitufo recibirán medallas e agasallos todos/as os participantes pero non haberá trofeos, xa que estas categorías non serán competitivas.
    Os premios non serán acumulativos, de xeito que ningún corredor/a poderá recibir dous trofeos. A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
    Establécense tamén 3 premios en metálico para os tres primeiros clasificados da categoría absoluta masculina e feminina.

    As cuantias son as seguintes:
    1º Clasificado/a: 200 €
    2º Clasificado/a: 100 €
    3º Clasificado/a: 50 €
    Todos os participantes recibirán tamén un agasallo como recordó
  6. Todo/a corredor/a que chegue á meta sen o seu dorsal ou non o leve colocado de xeito correcto na zona anterior do corpo, será automáticamente descualificado.
  7. Os participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo da súa proba.
  8. Os atletas que obteñan algún premio poderáselles solicitar que acrediten a súa idade coa presentación do DNI ou pasaporte.
  9. Aínda que a proba sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse reclamacións, pero agárdase un espírito e un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. As reclamacións aos resultados oficiais formularánselle ao xuíz árbitro da competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
  10. O horario das saídas poderá ser modificado, a criterio do xuíz árbitro da proba, en función do número de participantes de cada categoría.
  11. Todo o non recollido neste regulamento resolverase de acordo co Regulamento da RFEA e FGA para probas en ruta en vigor.
Categorias e Horarios

CATEGORIA

ANO DE NACEMENTO

HORA

DISTANCIAS

Pitufo

Nados/as 2013 e posteriores

11:10

300 m

Prebenxamín

Nados/as en 2011-2012

11:20

300 m

Benxamín/sub 10

Nados/as en 2009-2010

11:40

1000 m

Alevín/sub 12

Nados/as en 2007-2008

11:50

2000 m

Infantil/sub 14

Nados/as en 2005-2006

12:00

2000 m

Cadete/sub 16

Nados/as en 2003-2004

12:15

3000 m

Xuvenil/sub 18

Nados/as en 2001-2002

12:30

3000 m

Junior/sub 20

Nados/as en 1999-2000

10:00

10000 m

Promesa/sub 23

Nados/as en 1996-1997-1998

10:00

10000 m

Senior

Nados/as en 1995 ata 1984

10:00

10000 m

Veterano/a 1

Nados/as en 1983 ata 1978

10:00

10000 m

Veterano/a 2

Nados/as en 1977 ata 1969

10:00

10000 m

Veterano/a 3

Nados/as en 1968 ata 1959

10:00

10000 m

Veterano/a 4

Nados/as a partir do ano 1958

10:00

10000 m

ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 13:00 HORAS

IV Concurso de Tapas de Oroso "de tapa en tapa".

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o concurso "De tapa en tapa" son:

BASE PRIMEIRA: Obxecto do Concurso
O obxecto do presente concurso é acadar un maior número de visitantes ao concello de Oroso e dinamizar a nosa hostalería, ao tempo que se promove a gastronomía local e as posibilidades do Concello de Oroso en materia de turismo.

BASE SEGUNDA: Participantes
Poderán concursar os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Oroso.

BASE TERCEIRA: Datas e duración do Concurso
Esta cuarta edición do concurso de tapas de Oroso levarase a cabo no mes de abril, concretamente os días 6, 7, 13 e 14 de abril de 2013. É dicir, terá unha duración de dúas fins de semana.

BASE CUARTA: Desenvolvemento do Concurso
Cada establecemento deberá elaborar de unha a catro tapas, podendo ser tradicionais ou creativas.
Con cada consumición será entregada a tapa. Unha vez degustada polo cliente, o establecemento selaralle o boleto, para poder participar no concurso e ter acceso aos premios.

BASE QUINTA: Valoración da Tapa
Valoraranse aspectos como a presentación, a orixinalidade e por suposto o sabor.

BASE SEXTA: Número de Tapas
Aceptaranse como máximo 4 tapas, unha por día. Sendo aceptable tamén unha única tapa para participar os castro días.

BASE SÉPTIMA: Horario de degustación das tapas
Será de carácter obrigatorio para todos os establecementos participantes servirlle as tapas ao público nunha franxa horaria acordada polos participantes e a organización do concurso. Este horario fíxase da seguinte maneira: Os sábados e os domingos de 12.00h da mañá a 15.00h da tarde e de 19.00h da tarde a 22.00h.
Este horario sempre poderá ser aumentado polos locais participantes se así o desexan pero en ningún caso reducido.

BASE OITAVA: Votación
A tapa gañadora será elixida por votación popular. Os propios clientes e degustadores das tapas a concurso serán os que decidan o gañador.
A cada establecemento entregaráselle unha urna selada a conciencia pola organización do concurso. No boleto de selado, no apartado dedicado para tal fin, os degustadores poderán votar polo establecemento que fixera a mellor tapa. Logo deberán depositalo en calquera das urnas que atoparán nos establecementos participantes.
Para que un voto sexa válido a papeleta deberá contar cun mínimo de 6 selos distintos e 9 para poder optar ao premio que se sorteará..

BASE NOVENA: Nº de selos
Serán necesarios como mínimo 9 selos de distintos bares para poder entrar no sorteo dos premios, dos cales dous deberán ser de algún dos establecementos participantes fóra de Sigüeiro.

BASE DÉCIMA: Premios
Os premios serán os seguintes:

PREMIO PARA O ESTABLECEMENTO GAÑADOR
MELLOR TAPA 2013: 300 € + Diploma que o acretida como gañador polo Concello de Oroso.

PREMIOS PARA OS CLIENTES
Sortearase entre todos os boletos debidamente selados polos establecementos e cumprimentados cos datos persoais de cada cliente, por orde de saída das papeletas:
Un circuíto termal no balneario Compostela para dúas persoas (agasallo de ACES)
Dous premios de dúas entradas para Termaria Casa da Auga na Coruña
2 ceas para dúas persoas
1 bono de beleza dobre en Sanmar estilismo (Sigüeiro)
6 botellas de viño LAN (agasallo da empresa LAN)

Só se admitirán os boletos que se atopen no interior das urnas repartidas polos establecementos.

BASE DÉCIMO PRIMEIRA: Sorteo e entrega de premios
A organización fixará unha data para o sorteo dos premios, do establecemento e do público, que será comunicada aos establecementos participantes e aberto ao público en xeral.
Posteriormente, celebrarase un acto de entrega de premios, que será comunicado a todos os premiados.

BASE DÉCIMO SEGUNDA: Publicidade e material de difusión
A cada establecemento entregaránselle dous carteis que deberá poñer á vista no seu local para darse a coñecer como participante.
A organización encargarase de darlle publicidade ao dito acontecemento de todas as formas posibles para acadar así unha maior presenza. Isto inclúe os seguintes medios:
1. Páxina web do Concello de Oroso.
2. Carteis por todo o Concello e no resto da comarca, así como tamén nos concellos máis próximos a Oroso que non pertenzan á comarca.
3. Anuncios no xornal.

O Concello de Oroso será o encargado de editar as revistas informativas do concurso, cos boletos de selado, nos cales figurarán os locais participantes, as tapas que ofertarán e a localización dos locais.
Estas revistas poderán conseguirse de forma totalmente gratuíta polos clientes que queiran entrar no sorteo. Atoparanse en todos os locais que participen e tamén nas dependencias da Casa do Concello e no centro cultural Fernando Casas e Novoa.

BASE DÉCIMO TERCEIRA: Aceptación das bases
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Concurso de fotografía. "Muller Traballadora".

Bases do concurso de fotografía

Primeira: Participantes
Poderá presentarse toda persoa que o desexe.

Segunda: Tema
Con motivo do Día Internacional da Muller no que se conmemora a loita da Muller pola súa participación e igualdade de xénero na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa, convócase este concurso, centrado no ámbito do traballo e co que se pretende que a través das imaxes se reflicte o traballo das mulleres en calquera eido.

Terceira: Número máximo de fotografías
O número de fotografías a presentar por cada participante estará limitado a 3.

Cuarta: Tamaño e presentación
O formato das fotografías será de 20 x 30 cm. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico.
As fotografías presentaranse sen montar, sen paspartú, marco nin cristal. E sen datos persoais que poidan identificar á persoa autora.
Aquelas fotografías nas que apareza unha persoa identificable, deben contar co consentimento da persoa retratada. O xurado pode requirir este consentimento por escrito.

Quinta: Obras
Cada fotografía levará un título escrito por detrás, xunto co pseudónimo que indique o autor. Nun sobre pechado co pseudónimo escrito por fóra, o autor introducirá os seus datos persoais. (Nome e apelidos, NIF, enderezo e teléfono) así como un CD coa fotografía en formato dixital no que figure o título.

Sexta: Prazo de recepción dos traballos
As fotografías entregaranse na Biblioteca Municipal no centro cultural Fernando de Casas e Novoa de 09:30h a 13:30h e de 16:30h a 21:00h. O prazo de entrega das obras rematará o 28 de febreiro.

Sétima: Premios
O xurado establecerá tres premios

  • 1º Premio : 250 €
  • 2º Premio : 150 €
  • 3º Premio : 100€

O fallo do xurado darese a coñecer no marco das celebracións do día da muller traballadora o 8 de marzo.

Oitava: Fallo do xurado
A decisión do xurado será inapelable. A selección da fotografías realizarase tendo en conta a súa calidade técnica e artística e o grao no que fosen capaces de captar a esencia da temática do concurso. No caso no que o xurado así o estimase todos ou algúns dos premios poderían quedar desertos.

Novena: Difusión dos traballos
O Concello de Oroso resérvase todos os dereitos de propiedade e uso das fotografías, citando sempre o nome do/a autor/a, pasando a formar parte do patrimonio artístico-cultural do concello. Todas as fotografías presentadas a concurso serán expostas ao público no mes de marzo en dependencias municipais. Si a cantidade de obras recibidas excedera o número máximo para a súa exhibición, realizarase unha selección previa.
O Concello garante o correcto tratamento dos datos de acordo coa Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD).

Décima: Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases descritas.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.

Concurso de Disfraces 2013.

Folla de inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2013 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar tódalas persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2013 terá lugar o sábado día 9 de febreiro no Pavillón Polideportivo Municipal de Sigüeiro, comezando coas actividades previstas ás 18:00h cun desfile de todos os participantes polas rúas de Sigüeiro.

TERCEIRA:
Quedan establecidas dúas categorías en función da idade:

  • 1ª: categoría xeral (maiores de 16 anos)
  • 2ª: categoría infantil (ata 16 anos)

CUARTA:
O prazo de inscripción esténdese ata as 17:30 horas do día 9 de febreiro.
A inscrición formalizarase nas oficinas do Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa ou chamando ao número de teléfono 981690903 ata as 14.00 horas do día 8 de febreiro e o propio día do Concurso de 16:30 a 17:30 horas no Pavillón Municipal.

QUINTA: PREMIOS:

Categoria Xeral (maiores 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 500 euros
    • Finalista: 300 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 220 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 250 euros
    • Finalista: 180 euros

Categoria Infantíl (ata 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 200 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 220 euros
    • Finalista: 150 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 180 euros
    • Finalista: 120 euros

  • PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO DE 150€

SEXTA:
Será obligatorio participar no desfile que saíra do Pavillón percorrendo diversas rúas de Sigüeiro para formar parte do concurso de disfraces. Será a organización do concurso a que determine si se suspende ou non o mesmo por causas axenas o mesmo (como poden ser as condicións metereolóxicas).

SETIMA:
A selección dos gañadores levarase a cabo o mesmo día do concurso segundo valoración dun xurado composto de cinco membros e designado para tal fin. Valorará a orixinalidade e a laboriosidade, podendo declararse deserto calquera premio se a xuízo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.

OITAVA:
A entrega de premios para tódalas modalidades efectuarase con posterioridade ó Concurso, previa presentación de Certificación bancaria nas dependencias municipais.

NOVENA:
Normas finais
O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación por parte dos concursantes das presentes bases.
Segundo.- Aprobar o gasto polo importe de 3.170,00 euros con cargo á partida 452.226.11.

Programa de Entroido 2013.

III CONCURSO DE RECEITAS DE ENTROIDO

entroido

"EN GALEGO SABE MELLOR"
O prazo de entrega de receitas remata o vindeiro 14 de febreiro, antes das 14:00. As receitas terán que ser típicas do Entroido e deberán estar escritas en lingua galega e presentaranse mecanografadas.
Dirixido a maiores de 16 anos.

CONCURSO DE MÁSCARAS

entroido

A data límite de presentación das máscaras será o vindeiro 14 de febreiro antes das 14:00 horas no centro cultural.

Dirixido a maiores de 9 anos.

ANIMACIÓN Á LECTURA

entroido

-Sábado, 4 de febreiro ás 11:00 horas:
Obradoiro de San Valentín, na Biblioteca Municipal

-Luns, 20 de febreiro:
Obradoiro de Entroido, na Biblioteca Municipal

Para participar é preciso ter cumpridos os 5 anos e incribirse na Biblioteca, as prazas son limitadas.

CONCURSO DE DISFRACES

entroido

Sábado 18 de febreiro, saída ás 18:00 horas do Pavillón de Deportes e percorrido polas rúas de Sigüeiro.
Entrega dos premios do concurso de máscaras e o do concurso de recitas arredor das 19:30 horas.
Haberá animación, inchables, paiasos, música e moita diversión.
Dirixido a tódolos públicos.

FESTA DE DISFRACES

entroido

Luns 20 de febreiro ás 20:30 horas no centro cultural, dirixido a tódolos públicos.
Música, diversión e sorpresas para tódolos asistentes.
Colabora traendo filloas e orellas !!!!

OBRADOIRO DE ENTROIDO

entroido

Mércores 22 de febreiro, ás 11:00 horas no centro cultural (previa inscrición, as prazas son limitadas).
Dirixido a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos.

BAILE DE MAIORES

entroido

Sábado 25 de febreiro a partir das 19:00h. no centro cultural. Coa actuación do dúo “Satélite”.
Dirixido á terceira idade.

Cursos 2013.

O prazo de inscrición para os cursos é dende o 14 ao 30 de xaneiro.
As inscricións deberán formalizarse no Centro Cultural de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e os martes e xoves de 17:00 a 20:00 horas.
Máis información no teléfono 981 690 903.

Arquivo histórico de imaxes.

Que é o arquivo histórico

As fotografías e vídeos antigos constitúen a memoria gráfica do pasado e son testemuño da nosa evolución e dos cambios tecnolóxicos e sociais que nos trouxeron aos nosos días. O Concello de Oroso quere conservar a memoria, as emocións, a nostalxia, os recordos… que gardan as fotos vellas. Por iso pretendemos, coa xenerosidade dos veciños e veciñas de todos os lugares do concello, recuperalas dos caixóns, dos álbums familiares… e crear un arquivo de fotos antigas de todo o concello.
Esta é unha proposta ilusionante… Coa túa axuda recuperaremos e garantiremos que este patrimonio cultural non esmoreza nunca. CONVIDÁMOSTE e ANIMÁMOSTE a COLABORAR prestando as túas fotos vellas para poder escanealas e facer unha copia dixital. Deste xeito FORMARÁS PARTE do proxecto que estará, a través de libros, exposicións, Internet… á disposición de todos os veciños e veciñas de Oroso e de toda a sociedade.

Obxectivos xerais do proxecto:

  • Coñecernos e coñecer o noso pasado común. Todos temos en común o pasado.
  • Reconstruír e coñecer o pasado máis inmediato a través de fotos ou filmacións.
  • Recordar como era a xente, os lugares, os traballos, as festas, as celebracións…
  • Que non se perdan estes documentos tan valiosos (están en papel, humedécense, pérdense… por iso hai que dixitalizalos e polos ao servizo dos investigadores e da sociedade…).
  • Cohesionar, unir á xente, que se nos sintamos partícipes dunha comunidade (neste caso, o noso concello).
  • Lembrar aos máis vellos e dar a coñecer aos máis novos… que haxa un chanzo, unha transmisión de coñecementos entre xeneracións…

CONSERVAR A MEMORIA, GARDAR, ALMACENAR INFORMACIÓN QUE FORMA PARTE DA NOSA IDENTIDADE

Continuidade do proxecto

A vontade do Concello é crear un arquivo de imaxes de todo o concello e posteriormente poñer en valor este arquivo a través de edicións de libros, exposicións, álbums dixitais, etc…

Daráse así continuidade ao labor de recollida xa iniciada con dous libros editados:

  1. CONCELLO DE OROSO. Guía Histórica en Imaxes. (2004)
    Contén 308 fotos
    Fotos das 11 parroquias onde se recolle o patrimonio máis importante de cada unha e as imaxes cedidas polos veciños.
    Ademais de fotos de vistas de Sigüeiro (evolución urbanística) figura a historia dos fotógrafos do Concello de Oroso e un achegamento á Historia do concello desde o Neolítico até a actualidade.
  2. SAN MARTIÑO DE MARZOA. Imaxes para o recordo. (2007)
    Contén 321 fotos
    Fotos aportadas polos veciños desta parroquia orosán.
    Contidos do libro: Xeografía Física, Humana, Achegamento á historia desta parroquia e fotos clasificadas nos seguintes apartados: A escola/a primeira comuñón/casamentos/o traballo/as festas/emigración/ a Guerra

Presta as túas fotos vellas ... escolle como colaborar

Así iremos construindo o arquivo histórico en imaxes

Programación Nadal Oroso 2012/2013.

Concurso de postais de Nadal con Mensaxe

Prazo:

As postais deberánse entregar na Biblioteca Municipal de Sigüeiro, antes do 14 de decembro.

Dirixido:

A maiores de 4 anos.

Diver Nadal

Días:

24, 26, 27, 28, 31  de decembro de 2012 e

2, 3, 4 e 7 de xaneiro de 2013.

Prazo:

Do 29 de novembro ao 14 de decembro.

Lugar:

C.E.I.P. de Sigüeiro.

Dirixido:

Nenos/as escolarizados/as de 3 a 12 anos.

Belén vivente da Gardería Municipal "A Ulloa"

Día:

venres 14 de decembro.

Hora:

18:30 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

Todos os públicos .

Campaña de Animación á lectura

Días:

Sábados 15, 22 e 29 de decembro. Contacontos de Nadal ás 11:00 horas.
Dirixido a maiores de 3 anos.

Venres 28 de decembro. Obradoiro de Nadal ás 18:00 horas.
Dirixido a maiores de 4 anos.

Mércores 2 de xaneiro. Contacontos de Reis ás 18:00 horas.
Dirixido a maiores de 3 anos.

Lugar:

Centro Cultural.

Prazo:

Inscrición na Biblioteca Municipal.

Concerto de Corais

Día:

Sábado 15 de decembro.

Lugar:

Concerto de Corais no centro cultural.
Actuarán a Coral de Melide, a Coral de Senra e a Banda de Música de Ordes.

Hora:

20:30 horas .

Dirixido:

Todos os públicos .

Visita dos Paxes Reais

Día:

venres 21 de decembro.

Lugares:

Os Paxes Reais pasarán a recoller, en horario de mañá, as cartas dos nenos e nenas da gardería municipal "A Ulloa", dos/das alumnos/as do C.R.A. no centro cultural e dos nenos e nenas da gardería "Trastes".

Hora:

Os Paxes Reais pasarán a recoller pola mañá as cartas.

Teatro

Día:

xoves 27 de decembro.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

Ás 20:00 horas o grupo de teatro de afeccionado de Ordes, coa obra "Non é a típica obra clásica", comedia ambientada na época medieval con toques modernos.

Dirixido:

Todos os públicos .

Concerto de Panxoliñas

Día:

venres 28 de decembro.

Hora:

20:30 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Prazo:

Información e inscricións no Centro Cultural antes do 23 de decembro.

Dirixido:

Todos os públicos .

Baile de Nadal para maiores

Día:

Sábado 29 de decembro.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

19:30 h.

Actuación do grupo Satélite .

Dirixido:

Terceira idade.

Máxia

Día:

xoves 3 de xaneiro de 2013.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

19:00 h.

Actuación do Mago Richard.

Dirixido:

Todos os públcios.

Festival de Ano Novo da Aula de Música

Día:

venres 4 de xaneiro de 2013.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

20:00 h.

Contaremos cun artista invitado "Emiliano Sánchez Velazco".

Dirixido:

Todos os públicos.

Gran Cabalgata de Reis

Día:

sábado 5 de xaneiro de 2013.

Hora:

ás 17:30 horas.

Lugar:

Saída da Estación de Vilacide e percorrido polas rúas de Sigüeiro.

- Rúa do Portiño
- Rúa da Insua
- Praza de Alexandre Bóveda
- Rúa do Medio
- Rúa do Portiño
- Avda. de Compostela

- Praza da Foca
- Avda. da Grabanxa
- Rúa da Cultura
- Rúa Rio Lengüelle
- Avda. de Compostela
- Rúa Xuncal

Recepción na Casa do Concello das súas Maxestades ás 18:15 h.

Chegada ao Pavillón de Deportes arredor das 19:00 h.
No pavillón haberá inchables, e caramelos (aptos para celíacos) para todos !!!.
(O Pavillón de Deportes non se abrirá ata pasadas as 18:30 horas)

Concurso de postais de Nadal con mensaxe 2012.

PREMIADOS

  • CATEGORIA de 4 a 6 anos
  • Gañadora: Noa Cruz Moreiro

    postais

    Desexo que todos os nenos do mundo teñan un fogar onde vivir felices.
  • CATEGORIA de 7 a 9 anos
  • Gañadora: Paula Rodríguez Ponte

    postais
     
    Noite de luz

  • CATEGORIA de 10 a 13 anos.
  • Gañadora: Sara Leira Piñeiro

    postais

    "Que o nadal chegue a cada esquina e cada recuncho do teu fogar, sobre todo a cada recuncho do teu corazón."

  • CATEGORIA máis de 14 anos.
  • Gañadora: Mª Esther Roca Fandiño

    postais

    Que o amor e a solidariedade atravesen as nosas diferencias nestas datas. Bo Nadal e Feliz Ano 2013

Bases:

As bases polas que se rexerá o Concurso de postais de Nadal con mensaxe son:

Primeira
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

Segunda
Establécense catro categorías:

  • De 4 a 6 anos
  • De 7 a 9 anos
  • De 10 a 13 anos
  • Máis de 14 anos

Terceira
As postais terán como máximo as seguintes dimensións: 21x15. Poden entregarse na técnica que cada un/unha considere oportuna, pero deberán incluír unha mensaxe de felicitación de Nadal en lingua galega.

Cuarta
Valoraranse a presentación, o esforzo e a orixinalidade da postal, así como a lingua e o contido da mensaxe.

Quinta
Aceptaranse como máximo dúas postais por participante. No caso de non presentarse un mínimo de tres postais por cada categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta.

Sexta
Os/as concursantes presentarán as súas postais no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 09:30 a 13:30h e de 16:30 a 21:00h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 14 de decembro de 2012.

Sétima
Xunto coa postal, deberase presentar un sobre pechado cos datos persoais: nome e apelidos, idade e teléfono de contacto.

Oitava
Os premios entregaranse o día 05/01/2013 antes da recepción dos Reis Magos de Oriente no polideportivo municipal.

Novena
Os/as gañadores/as de cada categoría serán premiados/as cun lote de libros. Ademais, as súas postais serán publicadas na páxina web do Concello: www.concellooroso.com.

Décima
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas bases.

Semana Cultural - Oroso 2012.

Cine, Teatro, Música, Talleres, Festa da Espuma, Inchables, Maxia, Títeres, Actividades Acuáticas, Actividades deportivas, ... toda unha ampla gama de actividades culturais e de lecer para gozar todos os veciños e veciñas do Concello de Oroso dende o 22 ata o 31 de agosto.

Os lugares das actividades poden cambiar en caso de choiva. Algunhas das actividades precisan inscrición previa.
Para máis información diríxete ao departamento de Cultura no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de 9:00 a 14:00. (Teléfono: 981 690 903).

Programa de Actividades
 
 :: MÉRCORES 22 AGOSTO ::

HORA: Todo o día
LUGAR: Cerceda

EXCURSIÓN AQUAPARK CERCEDA.
Saída ás 11:00 h do centro cultural e chegada ás 19:00 h ao mesmo lugar.
(Dirixido a maiores de 8 anos empadroados no concello de Oroso)
Previa inscrición do 6 ao 21 de agosto no centro cultural. Prazas limitadas.

 :: XOVES 23 AGOSTO ::

HORA: 19:00
LUGAR: Piscina Municipal
SE CHOVE: Pavillón deportivo

DUELIRIUM.

"O que queda por chover"
(Dirixido a todos os públicos)

 :: VENRES 24 AGOSTO ::

HORA: 19:00
LUGAR: Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

MAGO XACOBE.
"Trece anos de maxia"
(Dirixido a todos os públicos)

HORA: 21:00
LUGAR: Centro Cultural

ACTUACIÓN MUSICAL.
"As Dúas" e "Amigos do Acordeón de Sigüeiro"
(Dirixido a todos os públicos)

 :: LÚNS 27 AGOSTO ::

HORA: 16:00 a 19:00
LUGAR: Piscina Municipal

INCHABLES.
(Maiores de 4 anos)

HORA: 19:15
LUGAR: Piscina Municipal

FESTA DA ESPUMA
(Maiores de 4 anos)

 :: MARTES 28 AGOSTO ::

HORA: 19:00
LUGAR: Piscina municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

LUSCO E FUSCO (novo circo).
"Encontros"

(Dirixido a todos os públicos)

 :: MÉRCORES 29 AGOSTO ::

HORA: 11:30
LUGAR: Praza Isaac Díaz Pardo
SE CHOVE: Centro Cultural

OBRADOIRO DE MAXIA.
Magos Xacobe e Pedro Bugarín.
(A partir de 7 anos)
Previa inscrición no Centro Cultural. Prazas limitadas

HORA: 22:00
LUGAR: Centro Cultural

VERDEVERAS (teatro).
"Tacóns na corda".
(A partir de 12 anos)
 
 :: XOVES 30 AGOSTO ::

HORA: 11:30
LUGAR: Praza Isaac Díaz Pardo
SE CHOVE: Centro Cultural

XOGOS DE RASTREXO PIRATA.

(Dirixido a rapaces/as con idades comprendidas entre os 6 e os 11 anos, os/as nenos/as de 4 e 5 anos poderán participar pero acompañados/as dun adulto)

HORA: 19:00
LUGAR: Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

PALLASO PETER.
"Chungo ke te cagas".

(Dirixido a todos os públicos)

HORA: 11:30
LUGAR: Centro Cultural

O ATURUXO DE MELPÓMENE (teatro).
"Café".

(Dirixido a público adulto)

 :: VENRES 31 AGOSTO ::

HORA: 19:00
LUGAR: Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

MANICÓMICOS.
"Cabaret".
(Dirixido a todos os públicos)

Colabora

Organiza

Transporte Metropolitano

Descarga de impresos

Preguntas frecuentes

Teñen dereito ás axudas ao transporte metropolitano na área de Santiago de Compostela outorgadas polo concello de Oroso aquelas persoas que se atopen en algunha das seguintes circunstancias:

  1. Maior de sesenta e cinco anos e sen actividade laboral.
  2. En situación de desemprego.
  3. Con unha discapacidade en grao igual ou superior ao 65%.
  4. En situación de emerxencia social.

Calquera que sexa a modalidade da axuda solicitada, os solicitantes terán que cumprir os seguintes requisitos xerais:

  1. Estar empadroadas no concello de Oroso no momento da súa solicitude.
  2. Acreditar o seu empadroamento en calquera dos concellos da Área de Transporte Metropolitano de Santiago (Santiago de Compostela, Ames, Teo, Brión, O Pino, Boqueixón, Val do Dubra, Touro, Trazo, Oroso e Vedra.) nos doce meses anteriores á solicitude da axuda
  3. Ter uns ingresos persoais anuais non superiores a 1,5 veces o valor do IPREM. (1)
  4. Non ter pendente de pago ningunha débeda en período de prema co Concello de Oroso.
  5. Estar en posesión dunha tarxeta válida de aboado ao transporte metropolitano na área de Santiago de Compostela.(2)
  6. Achegar a documentación xustificativa que se pide no impreso de solicitude aprobado polo Concello de Oroso.

Ademáis dos requisitos anteriores, como requisitos específicos:

a) As persoas en situación de desemprego teñen que acreditar:

  1. Atoparse inscrito como demandante de emprego, de xeito ininterrompido durante os doce meses anteriores á data da súa solicitude.
  2. Ter realizado actividade laboral durante un tempo mínimo de doce meses nos derradeiros cinco anos.
  3. Participar activamente en itinerarios de inserción laboral.

b) As persoas en situación de emerxencia social

  1. Informe favorable dos servicios sociais do Concello de Oroso.

(1)
Nestes momentos o importe anual do IPREM é de 6.390,13 euros, co cal para ter dereito ás axudas non poderá sobrepasarse os 9.585,20 euros anuais de ingresos, entendidos coma a suma da a agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, calculadas se¬gundo os criterios establecidos na normativa do imposto sobre a renda das persoas físicas.

(2)
A tarxeta pode adquirirse nas oficinas de NovaGaliciaBanco.

  1. Todos os solicitantes.
    1. Impreso de solicitude, debidamente cuberto.
    2. Fotocopia NIF
    3. Certificado/s de empadroamento en concello/s da área metropolitana de Santiago de Compostela, que acredita a residencia nos últimos doce meses. (Non é necesario presentar certificado de empadroamento no Concello de Oroso).
    4. Impreso de autoliquidación de cesión de datos de carácter personal
  2. Só para maiores de 65 anos sen actividade laboral.
    1. Certificado da Seguridade Social indicando se o solicitante é perceptor de pensión e, de ser así, facendo constar o seu importe.
  3. Só para solicitantes por estar en situación de desemprego.
    1. Informe de vida laboral.
    2. Certificación de estar inscrita como demandante de emprego no INEM, indicando o período temporal e si é beneficiario ou non de prestación ou subsidio, con indicación, no seu caso, do seu importe.
    3. Certificación da Seguridade Social indicando si é perceptora de pensión e, de ser así, facendo constar o seu importe.
    4. Certificación de estar participando activamente en itinerarios de inserción laboral.
  4. Só para solicitantes por estar en situación de discapacidade.
    1. Certificado expedido pola Seguridade Social indicando si é perceptora de pensión e, de ser así, indicación do seu importe.
    2. Fotocopia de certificación EVO de minusvalía.

O concello publicará periodicamente na páxina web do Concello e no Taboleiro de anuncios un listado de tódalas axudas concedidas ou denegadas.

A contía das axudas fixarase tomando como referencia o prezo da viaxe sinxela correspondente a un Salto, abonado mediante Tarxeta Metropolitana de Galicia, na actualidade 0,78 euros.
O Concello de Oroso subvencionará as viaxes efectuadas nun cincuenta por cento do seu importe (0,39 euros), ata un máximo de vinte viaxes mensuais.

O abonamento das axudas canalizadas a través da TMG Social faranse efectivas no momento de efectuar a recarga da tarxeta por parte do seu titular, ou actualizando a tarxeta nos ATM bancarios autorizados, a partir do mes seguinte ao da realización dos consumos, mediante compensación do cincuenta por cento do importe de ata un máximo de vinte viaxes realizados no mes anterior, e así sucesivamente. Estas compensación serán acumulables por un período máximo de dous meses, entendéndose desistidas si neste prazo non se solicitaran.

Sí, vostede terá un periodo máximo de dous meses para proceder á actualizar a súa tarxeta. Se supera ese prazo o importe das axudas caducará.

Transcorridos 12 meses dende a data de concesión, o concello poderá dar de baixa aquelas tarxetas cuxos titulares non renovaran a documentación acreditativa da permanencia das circunstancias que motivaron a súa concesión. Estes beneficios suspendidos por esta causa, serán repostos de inmediato a partir do momento en que se acredite o dereito efectivo aos mesmos.
O concello poderá revisar e deixar sen efecto as axudas se mediante a comprobación en calquera momento das circunstancias alegadas polos beneficiarios non se cumpren tódalas condicións que deron lugar ao seu outorgamento.

  1. Os beneficiarios están obrigados a comunicar de inmediato ao concello de Oroso calquera variación na súa situación persoal que puidera supoñer o incumprimento das condicións que determinaron a súa concesión.
  2. A tarxeta e persoal e intransferible, responsabilizándose o seu titular do seu uso correcto.
  3. A Tarxeta deberá ser mostrada ao conductor do autobús e presentada nas máquinas canceladoras dos mesmos.
  4. O titular deberá identificarse mediante DNI, pasaporte, permiso de conducir ou documento análogo sempre que sexa requirido para elo polo conductor do autobús, inspectores da compañía de transportes ou persoal do concello debidamente acreditados.
  5. O titular da tarxeta está obrigado a mantela en bo estado e a comunicar ao concello a súa perda ou roubo que puidera significar a utilización por persoas non autorizadas para elo. O incumprimento deste deber podería determinar a esixencia de responsabilidades conforme ao réxime sancionador da ordenanza.

I CONCURSO DE GRAFFITIS DE OROSO.

Documentación

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso son:

BASE PRIMEIRA: FINALIDADE
A Concellería de Xuventude do Concello de Oroso convoca este concurso co obxecto de dar participación a creadores de graffiti e arte urbana de calidade, como canle de expresión cultural e artística, así como para promover a creación artística dos mozos e mozas de Oroso.

BASE SEGUNDA: PARTICIPANTES
O concurso comprende dúas modalidades:
- Modalidade A: Dirixida a alumnos/as do IES de Oroso.
- Modalidade B: Aberta a mozos e mozas entre os 16 e os 30 anos. Terá prioridade a xuventude de Oroso.

No caso dos menores de idade, deberán acompañar unha autorización dos pais ou titores legais para poder participar no concurso.
A participación poderá ser individual ou en grupo.

BASE TERCEIRA: INSCRICIÓN
Para participar, as persoas interesadas deberán cumprimentar a folla de inscrición e aceptación das bases cos seus datos persoais: nome e apelidos, data de nacemento, teléfono e enderezo postal e electrónico e remitila ao Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de Oroso e acompañala da seguinte documentación:

  • Bosquexo do proxecto de graffiti que se quere realizar no caso de ser seleccionado/a en tamaño A3 e que deberá ser orixinal e inédito e sen asinar, identificado na parte posterior cun título e a modalidade á que se presenta. Ademais, presentarase o traballo en formato dixital JPEG nun CD ou DVD.
  • Fotocopia do DNI do participante ou de cada un dos membros do grupo, de ser o caso.
  • No caso dos menores de idade, autorización dos pais ou titores para participar no concurso.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro 4 e xuño ás 20:00 horas.
Todos/as os/as participantes comprométense a concursar unha vez inscritos, agás por causas xustificadas.
Cada persoa ou grupo pode presentar un máximo de dous traballos.

BASE CUARTA: TEMATICA
A temática do concurso será a Xuventude.
Non se admitirán traballos que conteñan contidos políticos, irreverentes, obscenos, xenófobos, ou que atenten contra a dignidade da persoa.

BASE QUINTA: PREMIOS
MODALIDADE A
1º Premio: 200 €
2 accésit de 100 €

MODALIDADE B
1º Premio: 300 €
2º Premio 200 €

BASE SEXTA: REALIZACIÓN DO GRAFFITI
O graffiti corresponderase co bosquexo presentado.
As superficies para a realización dos graffitis atópanse na Casa da Xuventude de Oroso situada en Sigüeiro. As fotos das superficies poderán consultarse na páxina web do Concello de Oroso.
Todo o material necesario para a realización dos graffitis será aportado polos participantes e correrá ao seu cargo.
A técnica utilizada para a realización do graffiti será o spray, executado sobre as paredes, non sobre as ventás.

BASE SÉTIMA: EXPOSICIÓN DE PROXECTOS
Os proxectos presentados serán expostos a partir do 15 de xuño na Casa da Xuventude de Oroso, onde serán valorados polo xurado.

BASE OITAVA: XURADO
O Xurado será designado polo Concello de Oroso e serán profesionais cualificados e persoal do concello, que valorarán a orixinalidade, a calidade artística, a dificultade de execución e a orixinalidade dos traballos.
No caso de que o xurado considere que os traballos non acadan a suficiente calidade, os premios poderán quedar desertas.
Ademais, co fallo do xurado, asignaranse os espacios onde cada artista deberá realizar o seu graffiti.
As obras premiadas quedarán a disposición da organización do evento, a cal se reserva o dereito á súa reproducción total ou parcial.
A organización resérvase o dereito a penalizar aqueles traballos nos cales algún compoñente teña unha actitude violenta, falta de respecto ao resto dos participantes ou asistentes, podendo expulsar ao participante.
Serán motivo de descualificación do concurso:
- Realización do graffiti fóra dos espacios designados pola organización.
- A execución de graffitis que constitúan apoloxía da violencia, así como obras de contido racista, sexista, xenófobo ou obsceno así como outro que atente conta a dignidade das persoas.
- A alteración das obras doutros participantes.
- O plaxio das obras doutros artistas.
- A non correspondencia das obras co seu bosquexo orixinal.

O fallo do xurado darase a coñecer o 15 de xuño, na inauguración da exposición.

BASE NOVENA: EXECUCIÓN DOS PROXECTOS
Os proxectos gañadores serán executados polo/s autor/es os días 22 e 23 de xuño de 2012.
Ademais disporase dun espacio alternativo para que poidan pintar graffitis os participantes que non gañen o concurso.

BASE DÉCIMA: ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación no concurso significa a aceptación destas bases. A decisión do xurado será inapelable, podendo quedar os premios desertos no caso de que así o considere.
A organización resérvase o dereito á modificación dalgún dos puntos destas bases con previo aviso.

III Concurso de Tapas de Oroso "de tapa en tapa".

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o concurso "De tapa en tapa" son:

BASE PRIMEIRA: Obxecto do Concurso
O obxecto do presente concurso é acadar un maior número de visitantes ao concello de Oroso e dinamizar a hostalería orosá, ao mesmo tempo que se promove a gastronomía local e as posibilidades do Concello de Oroso en materia de turismo.

BASE SEGUNDA: Participantes
Poderán concursar os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Oroso.

BASE TERCEIRA: Datas e duración do Concurso
Esta primeira edición do concurso de tapas de Oroso levarase a cabo no mes de marzo, concretamente os días 14, 15, 21 e 22 de abril de 2012. É dicir, terá unha duración de dúas fins de semana.

BASE CUARTA: Desenvolvemento do Concurso
Cada establecemento deberá elaborar unha tapa, podendo ser tradicional ou creativa.
Con cada consumición será entregada a tapa. Unha vez degustada polo cliente o establecemento selaralle o boleto ao cliente que así o solicite, para poder participar no concurso e ter acceso aos premios.

BASE QUINTA: Valoración da Tapa
Valoraranse aspectos como a presentación, a orixinalidade e por suposto o sabor.

BASE SEXTA: Número de Tapas
Aceptaranse como máximo 4 tapas, unha por día. Sendo aceptable tamén unha única tapa para participar os castro días.

BASE SÉPTIMA: Horario de degustación das tapas
Será de carácter obrigatorio para todos os establecementos participantes servirlle as tapas ao público nunha franxa horaria acordada polos participantes e a organización do concurso. Este horario fíxase da seguinte maneira: os sábados de 12.00h da mañá a 15.00h da tarde e de 19.00h da tarde a 21.30h da noite e os domingos de 12.00h a 15.00 h.
Este horario sempre poderá ser aumentado polos locais participantes se así o desexan pero en ningún caso reducido.

BASE OITAVA: Votación
A tapa gañadora será elixida por votación popular. Os propios clientes e degustadores das tapas a concurso serán os que decidan o gañador.
A cada establecemento entregaráselle unha urna selada a conciencia pola organización do concurso. No boleto de selado, no apartado dedicado para tal fin, os degustadores poderán votar polo establecemento que fixera a mellor tapa. Logo deberán depositalo en calquera das urnas que atoparán nos establecementos participantes.
Para que un voto sexa válido a papeleta deberá contar cun mínimo de 6 selos distintos e 9 para poder optar ao premio que se sorteará..

BASE NOVENA: Nº de selos
Serán necesarios como mínimo 9 selos para poder entrar no sorteo do premio.Dos cales tres deberán ser de algún dos establecementos participantes fóra de Sigüeiro.

BASE DÉCIMA: Premios
Este concurso conta co patrocinio de Aces e Viños Lan.
Os premios serán os seguintes:

PREMIO PARA OS ESTABLECEMENTOS
MELLOR TAPA 2012: 150 € + Diploma que o acretida como gañador polo Concello de Oroso.

PREMIOS PARA OS CLIENTES
Sortearase entre todos os boletos debidamente selados polos establecementos e cumprimentados cos datos persoais de cada cliente que queira participar unha fin de semana en réxime de pensión completa nun balneario próximo á zona.
Ademais sortearanse 6 lotes de viño patrocinados por unha empresa e 10 vales desconto en tendas de Sigüeiro, patrocinado por ACES.
Só se admitirán os boletos que se atopen no interior das urnas repartidas polos establecementos.

BASE DÉCIMO PRIMEIRA: Entrega de premios
A organización fixa o sorteo de premios para o venres 27 de abril ás 20:30 h e terá lugar un acto de entrega de premios no centro cultural Fernando Casas e Novoa,ao cal poderá asistir toda persoa que o desexe.

BASE DÉCIMO SEGUNDA: Publicidade e material de difusión
A cada establecemento entregaránselle dous carteis que deberá poñer á vista no seu local para darse a coñecer como participante.
A organización encargarase de darlle publicidade ao dito acontecemento de todas as formas posibles para acadar así unha maior presenza. Isto inclúe os seguintes medios:
1. Páxina web do Concello de Oroso.
2. Carteis por todo o Concello e no resto da comarca, así como tamén nos concellos máis próximos a Oroso que non pertenzan á comarca.
3. Anuncios no xornal.

O Concello de Oroso será o encargado de editar os boletos de selado, nos cales figurarán os locais participantes e a súa localización.
Este boletos poderán ser adquiridos de forma totalmente gratuíta polos clientes que queiran entrar no sorteo. Atoparanse en todos os locais que participen e tamén nas dependencias da Casa do Concello e no centro cultural Fernando Casas e Novoa.

BASE DÉCIMO TERCEIRA: Aceptación das bases
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

XIII Edición do Certame Internacional GóisOrosoArte 2018.

O Concello de Oroso e a Camára Municipal de Góis convocan este certame co obxecto de dar a coñecer as ideas, esperanzas, inquietudes utilizando a arte como medio de comunicación.
O certame inscríbese dentro do marco de encontro das distintas culturas das persoas e países participantes así como das distintas modalidades de arte.
O GÓISOROSOARTE celébrase mediante acordos coa localidade portuguesa de GÓIS, onde ten lugar tamén o certame GÓISOROSOARTE, en cuxo evento participan artistas e obras representantes do Concello de Oroso.

BASES GÓISOROSOARTE 2018

Participantes

GÓISOROSOARTE é un espazo aberto onde poderán participar artistas nacionais e internacionais.
A organización reservarase o dereito de convidar de xeito directo un máximo de 5 obras sen pasar polo xurado de selección.
Os autores dos traballos manteñen íntegros os seus dereitos de autor, mais permitiranlle á organización a publicación de imaxes dixitais e gravacións das obras, así como a exposición destas cos traballos seleccionados e a posterior edición dun catálogo se fose o caso, sempre con fins de promoción do certame.

Xurado

O xurado estará composto por distintas personalidades do mundo da arte e da cultura, e o seu nomeamento será dado a coñecer nos medios de comunicación e na páxina web do Concello de Oroso (www.concellooroso.com) e na Camára Municipal de Góis (http://www.cm-gois.pt/)
O xurado ten como función seleccionar as obras para o certame GÓISOROSOARTE.
O xurado estará facultado para resolver calquera das cuestións non previstas nas bases e as súas decisións serán inapelables.
O número de obras participantes no certame GÓISOROSOARTE 2018 será o estimado polo xurado dependendo da cantidade recibida, das dimensións destas e por suposto da súa calidade.

Características das Obras

O certame estará baseado en obras cunha temática LIBRE, de técnica libre, encadradas dentro de modalidades de pintura, fotografía, escultura ou deseño.
Cada artista poderá presentar unha obra por modalidade atendendo ás seguintes normas:

  • PINTURA
    Un máximo dun cadro convenientemente montado con marco ou listón cun tamaño mínimo de 50cm e máximo de 1m.
  • FOTOGRAFIA
    Un máximo de dúas fotografías perfectamente enmarcadas (pinzas non), e cun tamaño mínimo de 50cm e máximo de 1m.
  • ESCULTURA
    Un máximo dunha peza cun tamaño que sen peaña non exceda dun metro de altura.

Recepción das Obras

As obras presentaranse persoalmente no Rexistro Xeral do Concello de Oroso. Praza de Isaac Díaz Pardo nº1, Sigüeiro-Oroso. Tlf.981691478, de 09:00 a 14:00 horas ou ben no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa. Rúa da Cultura nº1, Sigüeiro-Oroso Tlf.981690903 de 09:30 a 13:30 h e de 16:30 a 21:00 horas.
As obras presentaranse persoalmente no Rexistro Xeral da Camára Municipal de Góis.
Tamén se poderán remitir con portes pagados aos mesmos enderezos, con embalaxe reutilizable para a súa devolución a portes debidos.
As obras deberán ser presentadas antes do día 19 de MAIO de 2018, perfectamente embaladas para a súa seguridade, non facéndose responsable a organización dos danos ocasionados durante o transporte.
As obras deberán estar perfectamente identificadas e firmadas achegando nun sobre en cuxo interior deberá ir :
Título da obra, ano de execución, técnica, dimensións, prezo (para efectos de venda), nome do autor, DNI, enderezo, teléfono, e-mail e un breve currículo.
Cada autor deberá entregar conxuntamente co boletín de inscrición unha fotografía de 15x20 e 300 ppp da obra en soporte dixital , para poder elaborar un catálogo do certame. As obras que non cumplan con este requisito non formarán parte do catálogo.

Así mesmo, poderán participar no GÓISOROSOARTE 2018 a celebrar na Cámara Municipal de Góis (Portugal) unha selección de 25 obras que representarán ao Concello de Oroso na localidade portuguesa, cuxo certame se celebra do 14 ao 31 de xullo de 2018.
Así mesmo, poderán participar no GÓISOROSOARTE 2018 a celebrar no Concello de Oroso unha selección de 25 obras que representarán a Camára Municipal de Góis na localidade galega, cuxo certame se celebra do 8 ao 30 de setembro de 2018.

As obras estarán cubertas por un seguro ante os posibles danos que se puidesen ocasionar durante a exposición, tendo un valor que oscilará entre os 250€ de mínimo e os 1300€ de máximo por obra.
As obras vendidas no transcurso da exposición están suxeitas a unha comisión do 25% que reverterá na organización do GÓISOROSOARTE.
As obras non seleccionadas seranlles devoltas aos artistas tras unha notificación previa, enviándose ao enderezo de remite a portes debidos.

Exposición

O certame GÓISOROSOARTE 2018 será:
En Góis do 14 ao 31 de xullo de 2018.
En Oroso do 8 ao 30 de setembro de 2018.
Non se poderá retirar ningunha obra antes da finalización do certame GÓISOROSOARTE 2018.

Devolución

As obras seleccionadas serán devoltas pola organización a partir do remate da exposición a portes debidos ao enderezo de remite tras un acordo previo cos artistas.
Os artistas poderán retiralas persoalmente na Camára Municipal de Góis ou ben no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de Sigüeiro-Oroso.
Haberá un prazo máximo dun mes para retirar ou reclamar as obras. Se transcorrido este tempo non fosen retiradas, a organización entenderá que os artistas doarán as obras para que pasen a formar parte do arquivo artístico das respectivas entidades.

Aceptación das bases
A participación no certame GÓISOROSOARTE 2018 implica a aceptación automática das bases e as decisións do xurado e a organización.

Concurso de fotografía. "Muller Traballadora"

Gañadores do concurso de fotografía "Muller Traballadora"

1º PREMIO

Ricardo Orxeira Lista

"261"
2º PREMIO

Jesús Estalote Maroño

"Non todo é ensanche"
3º PREMIO

Ofelia de Bartolomé Battista

"Paisaje"

Bases do concurso de fotografía

Primeira: Participantes
Poderá presentarse toda persoa que o desexe.

Segunda: Tema
Situacións que reflictan o traballo das mulleres en calquera eido.

Terceira: Número máximo de fotografías
O número de fotografías a presentar por cada participante estará limitado a 3.

Cuarta: Tamaño e presentación
O formato das fotografías será de 20 x 30 cm. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico.
As fotografías presentaranse sen montar, sen paspartú, marco nin cristal. E sen datos persoais que poidan identificar á persoa autora.
Aquelas fotografías nas que apareza unha persoa identificable, deben contar co consentimento da persoa retratada. O xurado pode requirir este consentimento por escrito.

Quinta: Obras
Cada fotografía levará un título escrito por detrás, xunto co pseudónimo que indique o autor. Nun sobre pechado co pseudónimo escrito por fóra, o autor introducirá os seus datos persoais. (Nome e apelidos, NIF, enderezo e teléfono) así como un CD coa fotografía en formato dixital no que figure o título.

Sexta: Prazo de recepción dos traballos
As fotografías entregaranse na Biblioteca Municipal no centro cultural Fernando de Casas e Novoa de 10:00h a 13.00h e de 17.00h a 20.00h .O prazo de entrega das obras rematará o 2 de marzo.

Sétima: Premios
O xurado establecerá tres premios

  • 1º Premio : 250 €
  • 2º Premio : 150 €
  • 3º Premio : 100€

O fallo do xurado darese a coñecer no marco das celebracións do día da muller traballadora o 8 de marzo.

Oitava: Fallo do xurado
A decisión do xurado será inapelable.
No caso no que o xurado así o estimase todos ou algúns dos premios poderían quedar desertos.

Novena: Difusión dos traballos
O Concello de Oroso resérvase todos os dereitos de propiedade e uso das fotografías, citando sempre o nome do/a autor/a. Todas as fotografías presentadas a concurso serán expostas ao público no mes de marzo en dependencia municipales. Si a cantidade de obras recibidas excedera o número máximo para a súa exhibición, realizarase unha selección previa.

Décima: Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases descritas.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.

Competencias Delegadas Concellaría de Cultura, Comercio e Industria, Actividades Lúdicas.

  • Todo o relacionado coa cultura: exposicións, promocións culturais, actividades de todo tipo relacionadas coa promoción da cultura
  • Escola de Música
  • Promoción e campañas do comercio, industria hostalería
  • Atención as persoas maiores, organización do Día das persoas maiores, saídas culturais e excursións

Competencias Delegadas Concellaría de Deportes, Promoción Económica, Emprego, Turismo e Comunicación

  • Todo o relacionado coas escolas deportivas, deporte en xeral, promición, mantemento das instalacións deportivas, ...
  • Promoción ecnoómica e emprego
  • Promoción do Camiño Inglés e Camiños históricos
  • Piscina Municipal

Competencias Delegadas Concellaría de Urbanismo, Obras, Servizos e Medio Ambiente.

  • Licencias de obras, apertura de negocios, PXOM, M.P.
  • Programar obras, servicio de auga e saneamento, proxectos de obras de todo tipo, ...
  • Limpeza viaria, recollida de lixo, Sogama, vertedoiros, punto limpo e todo o relacionado co medio ambiente.
  • Parques infantís

Competencias Delegadas da Concellaría Réxime Interior, Persoal, Patrimonio, Voluntariado, Xuventude, Mobilidade e Sanidade.

  • Persoal laboral, funcionariado, organización administrativa, ...
  • Todo o relacionado coa xuventude
  • Transportes
  • Inventario municipal, parque móbil,
  • Sanidade en xeral: negocios, centro de saúde, etc

Programa de Entroido 2012.

III CONCURSO DE RECEITAS DE ENTROIDO

entroido

"EN GALEGO SABE MELLOR"
O prazo de entrega de receitas remata o vindeiro 14 de febreiro, antes das 14:00. As receitas terán que ser típicas do Entroido e deberán estar escritas en lingua galega e presentaranse mecanografadas.
Dirixido a maiores de 16 anos.

CONCURSO DE MÁSCARAS

entroido

A data límite de presentación das máscaras será o vindeiro 14 de febreiro antes das 14:00 horas no centro cultural.

Dirixido a maiores de 9 anos.

ANIMACIÓN Á LECTURA

entroido

-Sábado, 4 de febreiro ás 11:00 horas:
Obradoiro de San Valentín, na Biblioteca Municipal

-Luns, 20 de febreiro:
Obradoiro de Entroido, na Biblioteca Municipal

Para participar é preciso ter cumpridos os 5 anos e incribirse na Biblioteca, as prazas son limitadas.

CONCURSO DE DISFRACES

entroido

Sábado 18 de febreiro, saída ás 18:00 horas do Pavillón de Deportes e percorrido polas rúas de Sigüeiro.
Entrega dos premios do concurso de máscaras e o do concurso de recitas arredor das 19:30 horas.
Haberá animación, inchables, paiasos, música e moita diversión.
Dirixido a tódolos públicos.

FESTA DE DISFRACES

entroido

Luns 20 de febreiro ás 20:30 horas no centro cultural, dirixido a tódolos públicos.
Música, diversión e sorpresas para tódolos asistentes.
Colabora traendo filloas e orellas !!!!

OBRADOIRO DE ENTROIDO

entroido

Mércores 22 de febreiro, ás 11:00 horas no centro cultural (previa inscrición, as prazas son limitadas).
Dirixido a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos.

BAILE DE MAIORES

entroido

Sábado 25 de febreiro a partir das 19:00h. no centro cultural. Coa actuación do dúo “Satélite”.
Dirixido á terceira idade.

Concurso de receitas de entroido. "En galego sabe mellor".

Receita gañadora. Loly Bello

oroso Croquetas de Lacon e Grelos
Ingrendientes

  • Lacón cocido
  • Grelos cocidos
  • Cebola
  • Auga do cocido
  • Fariña
  • Pan relado
  • Aceite de oliva vires extra (AOVE)
(As cantidades variarán en dunción do gusto de cada coiñeiro/a, poi shaberá quen prefira incorporar máis lacón e haberá quen prefira botar máis grelos).

Elaboración.
O ideal é aproveitar o entroido para facer unha boa laconada ou un típico cocido galego e despois aproveitar un anaco de lacón e os grelos, xa que así conseguiremos que os sabores estean máis concentrados.
Picamos o lacón en anacos pequenos.
Picamos os grelos miúdos
Picamos unha cebola moi miudiña.
Poñemos a quentar un pouco de AOVE nunca tixola, engadimos a cebola, deixámola dourar un pouco e botamos o lacón. Remexemos ben e incorporamos os grelos. Remexemos de novo.
Engadimos a fariña, remexemos e deixamos que se vaia cocendo un pouco e, a continuación, imos engadindo a auga do cocido quente, para que non se formen bolos de fariña e imos remexendo ata que espese.
Cando estea todo ben mesturado e a masa formada, poñemos a mestura nunca bandexa, tapámola e metémola na nevera ata que arrefríe.
A continuación irémoslle dando forma pasándoas por fariña, ovo e pan relado e, reseguido, frixímolas en aceite ben quente.

Receita finalista ano 2013. María Mercedes Fernández González

oroso Bicos doces de cabelo de anxo e de figos

Estes bicos fanse coa masa das típicas orellas de entroido e podemos poñerlle dentro o que nos guste (crema pasteleira, nata, chocolate, mermeladas…), eu optei por un recheo de cabelo de anxo uns e outros de mermelada de figos de tempada e podemos facelos ao forno ou fritidos.
Ingrendientes para a masa:

  • 350 g. de fariña + 50 g. para o amasado máis ou menos
  • 1 ovo
  • 100 ml. de aceite de fritir unha pela de laranxa (ou manteiga)
  • 100 ml. de anís
  • 50 ml. de leite
  • Rela dun limón
  • Ovo batido para pintalos se os facemos ao forno
  • Canela e azucre
  • Cabelo de anxo e mermelada de figos para o recheo

Mesturamos todos os ingredientes: A fariña, o ovo , a rela de limón, o anís, o aceite (ou manteiga de vaca) e o leite. Traballamos moi ben esta masa ata que non se nos pegue ás mans, amasamos e logo tapámola e deixámola repousar unha hora.
Estiramos a masa e cortámola en círculos pequenos coma se fose para “empanadiñas”, poñemos o recheo que elixamos no centro e pechamos ben os bordes dándolle a forma de medias lúas, pintamos con ovo batido se os cocemos ao forno (sobre 180° sobre 20 minutos) ou os fritimos. Logo botámoslle por riba azucre e canela.

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de receitas de Entroido “En galego sabe mellor” son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a adultos maiores de 16 anos.

TERCEIRA:
As receitas terán que ser típicas do Entroido, deberán estar escritas en lingua galega e presentarse mecanografadas. Así mesmo, deberase presentar o prato elaborado o día indicado pola organización.

CUARTA:
Valoraranse a presentación e a creatividade do prato, e a orixinalidade e a lingua da receita.

QUINTA:
Aceptaranse como máximo dúas receitas por participante.

SEXTA:
Os concursantes presentarán as súas receitas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 5 de febreiro de 2013, antes das 14:00h. No día indicado pola organización (que será comunicado coa antelación suficiente) deberase presentar, ademais, o prato cociñado da casa.

SÉTIMA:
Requirirase presentar a seguinte documentación: a receita presentada no concurso, impresa en papel, co nome e os datos persoais do autor.

OITAVA:

O día 9 de febreiro, ás 19.30h , terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral.

NOVENA:
Os premios dos gañadores serán os seguintes:
> Gañador: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello
> Finalista: Libro de cociña

Ademais, as súas receitas serán publicadas na páxina web do concello: www.concellooroso.com

DÉCIMA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Concurso de Disfraces 2012.

Folla de inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2012 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar tódalas persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2012 terá lugar o sábado día 18 de febreiro no Pavillón Polideportivo Municipal de Sigüeiro, comezando coas actividades previstas ás 18:00h cun desfile de todos os participantes polas rúas de Sigüeiro.

TERCEIRA:
Quedan establecidas dúas categorías en función da idade:

  • 1ª: categoría xeral (maiores de 16 anos)
  • 2ª: categoría infantil (ata 16 anos)

CUARTA:
O prazo de inscripción esténdese ata as 17:30 horas do día 18 de febreiro.
A inscrición formalizarase nas oficinas do Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa ou chamando ao número de teléfono 981690903 ata as 14.00 horas do día 17 de febreiro e o propio día do Concurso de 16:30 a 17:30 horas no Pavillón Municipal.

QUINTA: PREMIOS:

Categoria Xeral (maiores 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 500 euros
    • Finalista: 300 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 220 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 250 euros
    • Finalista: 180 euros

Categoria Infantíl (ata 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 200 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 220 euros
    • Finalista: 150 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 180 euros
    • Finalista: 120 euros

  • PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO DE 150€

SEXTA:
Será obligatorio participar no desfile que saíra do Pavillón percorrendo diversas rúas de Sigüeiro para formar parte do concurso de disfraces. Será a organización do concurso a que determine si se suspende ou non o mesmo por causas axenas o mesmo (como poden ser as condicións metereolóxicas).

SETIMA:
A selección dos gañadores levarase a cabo o mesmo día do concurso segundo valoración dun xurado composto de cinco membros e designado para tal fin. Valorará a orixinalidade e a laboriosidade, podendo declararse deserto calquera premio se a xuízo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.

OITAVA:
A entrega de premios para tódalas modalidades efectuarase con posterioridade ó Concurso, previa presentación de Certificación bancaria nas dependencias municipais.

NOVENA:
Normas finais
O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación por parte dos concursantes das presentes bases.
Segundo.- Aprobar o gasto polo importe de 3.170,00 euros con cargo á partida 452.226.11.

Concurso de Máscaras Oroso 2012.

Premiados

Os membros do xurado do Concurso de Máscaras acordaron o xoves 16 de febreiro nomear gañador e finalista da categoría infatil:

  • Gañador: Nicolás Danis Barcala, “Piratas del Caribe”
  • Finalista: Iago Danis Barcala, “Hellboy”

Nomear gañadora e finalista na categoría de adultos a:

  • Gañadora: Patricia Fernandez García, “Avoiña”
  • Finalista: María José Rodríguez García, “Goxo Enxebre”

Folla de inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Máscaras Oroso 2012 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a diferentes idades, establecendo dúas categorías: unha sería a categoría infantil (dende os 9 anos aos 15) e a categoría de adultos, na que se inclúen os maiores de 16 anos.

TERCEIRA:
Non se aceptarán máscaras que xa fosen premiadas noutros concursos.

CUARTA:
O tema das máscaras será libre.

QUINTA:
A máscara deberá ser de elaboración propia.

SEXTA:
As máscaras deberán estar adaptadas ao tamaño dunha cara humana, podendo, no seu caso, sobresaír adornos, accesorios, etc. As máscaras tipo anteface tamén serán admitidas.

SÉTIMA:
Os materiais para a realización da estrutura base poderán ser de tres tipos:
a) Calquera material derivado do papel (papel maché, cartón pedra ou cartón das fallas, cartolinas, técnicas mixtas derivadas do papel etc.)
b) Vendas de escaiola
c) Combinacións que poidan xurdir entre as técnicas citadas no apartado a e b (papel e escaiola). Na categoría de adultos, non se aceptarán máscaras nas cales a base estea realizada con materiais plásticos.
OITAVA:

A decoración da máscara poderá estar realizada con materiais e accesorios de libre elección, segundo as necesidades da máscara e a idea a plasmar polo artista.

NOVENA:
Valoraranse os acabados, a creatividade, a estética e o bo gusto.

DÉCIMA
Aceptarase como máximo unha máscara por participante.

DÉCIMO PRIMEIRA
Os concursantes presentarán as súas máscaras no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 09:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:00h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 14 de febreiro de 2012, antes das 14:00h.

DÉCIMO SEGUNDA
Requirirase a seguinte documentación por cada máscara entregada: sobre pechado cunha fotografía da máscara presentada no concurso, impresa en papel, co nome da obra, o nome do artista e un lema ou frase que explique a idea que inspirou a obra. Todo escrito no dorso da dita fotografía (as fotografías non serán devoltas).

DÉCIMO TERCEIRA
O día 18 de febreiro, ás 19.30h , terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral, están convidados.

DÉCIMO CUARTA
As máscaras poderanse recoller no Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa dende o 20 ao 29 de febreiro, acompañando por parte dos propietarios a folla de inscrición. Se o día 29 de febreiro non se recolleron as máscaras, entenderase que os seus autores renuncian á súa propiedade a favor da organización, quen poderá destruílas ou darlles o destino que considere máis conveniente.

DÉCIMO QUINTA
A organización non se fai responsable dos danos, roubo, extravío ou outros riscos similares sobre as obras dos participantes, dende a entrega ata a devolución das mesmas.

DÉCIMO SEXTA
Os premios dos gañadores serán os seguintes:

  • Categoria Infatil:
    • Gañador: Cámara de fotos
    • Finalista: un MP4
  • Categoria Adultos
    • Gañador: Unha fin de semana nunha casa rural (en días verdes, non en temporada alta)
    • Finalista: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello

DÉCIMO SÉTIMA
No caso de que o gañador ou finalista da categoría de adultos non teña cumpridos os 18 anos deberá ir acompañado do pai/nai titor/a.

DÉCIMO OITAVA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Programación Nadal Oroso 2011/2012.

Concurso de postais de Nadal

Prazo:

As postais deberánse entregar na Biblioteca Municipal de Sigüeiro, antes do 15 de decembro.

Dirixido:

A maiores de 4 anos.

Animación á lectura

Días:

Mércores 14 de decembro: Obradoiro de Nadal.
Mércores 28 de decembro: Obradoiro dos Santos Inocentes.
Mércores 4 de xaneiro: Obradoiro de Reis.

Lugar:

Centro Cultural.

Hora:

As 18:00 h.

Dirixido:

É preciso ter cumpridos os 5 anos para participar nos obradoiros e apuntarse na biblioteca, as prazas son limitadas.

Belén vivente da Gardería Municipal "A Ulloa"

Día:

venres 16 de decembro.

Hora:

18:30 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Visita dos Paxes Reais

Día:

mércores 21 de decembro.

Lugares:

Os Paxes Reais pasarán a recoller, en horario de mañá, as cartas dos/das alumnos/as do C.R.A. (no centro cultural) e da gardería municipal "A Ulloa" e gardería "Trastes".

Hora:

Os Paxes Reais pasarán a recoller pola mañá as cartas.

Encontro Bailes de Salón

Día:

xoves 22 de decembro.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

Ás 20:00 horas terá lugar a firma do convenio e ás 20:30 horas un encontro dos/as alumnos/as dos distintos cursos de baile de salón.

Actuación Charanga Vai de Baile

Día:

venres 23 de decembro.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Hora:

20:30 h.

Concerto de Panxoliñas

Día:

venres 30 de decembro.

Hora:

20:30 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Prazo:

Información e inscricións no Centro Cultural.

Contaremos coa actuación do grupo Néboas.

Diver Nadal

Días:

22, 23, 26, 27, 28, 29, 30 de decembro de 2011 e

2, 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2012.

Hora:

de 07:30 a 15:30 h. ou de 09:00 a 14:00 h.

Lugar:

C.E.I.P. de Sigüeiro.

Dirixido:

Nenos/as escolarizados/as de 3 a 12 anos.

Gran Cabalgata de Reis

Día:

mércores 5 de xaneiro de 2011.

Hora:

ás 17:30 horas.

Lugar:

Saída da Estación de Vilacide e percorrido polas rúas de Sigüeiro.

- Rúa do Portiño
- Rúa da Insua
- Praza de Alexandre Bóveda
- Rúa do Medio
- Rúa do Portiño
- Avda. de Compostela

- Praza da Foca
- Avda. da Grabanxa
- Rúa da Cultura
- Rúa Rio Lengüelle
- Avda. de Compostela
- Rúa Xuncal

Recepción na Casa do Concello das súas Maxestades ás 18:15 h.

Chegada ao Pavillón de Deportes arredor das 19:00 h.
No pavillón haberá inchables, e caramelos (aptos para celíacos) para todos !!!.
(O Pavillón de Deportes non se abrirá ata pasadas as 18:30 horas)

Concurso de postais de Nadal con mensaxe 2011.

PREMIADOS

  • CATEGORIA de 4 a 6 anos
  • Gañadora: Clara Colinas Bello

    postais

    Subo polo Tambre cargado de bos desexos para os veciños de Oroso.
  • CATEGORIA de 7 a 9 anos
  • Gañadora: Sara Leira Pena

    postais
     
    Que o Nadal esboce un sorriso en cada recuncho das nosas casas. Feliz 2012!

  • CATEGORIA de 10 a 13 anos.
  • Gañador: Iván Sueiras Martínez

    postais

    "Oxalá se poidese gardar o espíritu do Nadal nunha saltarina para que botase e rebotase por todo o Mundo."

  • CATEGORIA máis de 14 anos.
  • Gañadora: Mª Esther Roca Fandiño

    postais

    O Nadal é coma un río, que por estas datas medra en solidariedade, en paz, e en amizade..
    ¡Bo Nadal!

Bases:

As bases polas que se rexerá o Concurso de postais de Nadal con mensaxe son:

Primeira
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

Segunda
Establécense catro categorías:

  • De 4 a 6 anos
  • De 7 a 9 anos
  • De 10 a 13 anos
  • Máis de 14 anos

Terceira
As postais terán como máximo as seguintes dimensións: 21x15. Poden entregarse na técnica que cada un considere oportuna, pero deberán incluír unha mensaxe de felicitación de Nadal en lingua galega.

Cuarta
Valoraranse a presentación, o esforzo e a orixinalidade da postal, así como a lingua e o contido da mensaxe.

Quinta
Aceptaranse como máximo dúas postais por participante. No caso de non presentarse un mínimo de tres postais por cada categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta.

Sexta
Os concursantes presentarán as súas postais no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:30h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 15 de decembro de 2011.

Sétima
Xunto coa postal, deberase presentar un sobre pechado cos datos persoais: nome e apelidos, idade e teléfono de contacto.

Oitava
Os premios entregaranse o día 05/01/2012 antes da recepción dos Reis Magos de Oriente no polideportivo municipal.

Novena
Os gañadores/as de cada categoría serán premiados/as cun lote de libros. Ademais, as súas postais serán publicadas na páxina web do Concello.

Décima
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas bases.

Competencias Delegadas Concellaría de Muller, Ensino e Benestar Social.

  • Todo o relacionado co ensino, CEIP Sigüeiro, CEIP Camiño Inglés, IES e CRA, escolas infantís e programas de conciliación
  • Aula Mentor
  • Axuda no fogar, xantar na casa, reparto de alimentos, atención ao menor, Risga e dependencia e igualdade
  • Todo o relacionado coa Muller, día da muller traballadora, actividades relacionadas, etc

Competencias Delegadas Concellaría de Relacións Veciñais, Medio Rural, Parroquias e Xardíns

  • Atención as asociacións veciñais
  • Carpa municipal
  • Limpeza de vías, incendios rurais, vixilancia das vías rurais núcleos
  • Persoal de incendios e tractoristas
  • Toda a xardinería do concello excepto campos de fútbol
  • Persoal do Aprol rural

Semana das Letras Galegas 2015.

Programación da Semana das Letras Galegas

DATA

HORA

PROGRAMACIÓN

18 Maio

18:00

Teatro Ghazafelhos "Contos de Lobo"
Centro Cultural

18 Maio

18:00

X CONCURSO DE MARCAPÁXINAS
Exposición dos marcapáxinas na biblioteca e entrega de premios.

19 Maio

18:00

Obradoiro Eduvía
"Imos xogar con Xosé Filgueira Valverde"
(para asistir é preciso anotarse previamente)

X Concurso de Marcapáxinas.

letras galegasMaís información ou inscrición na Biblioteca Municipal ou no teléfono 981 690 903.

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE
(1906-1996)

Concurso de Disfraces 2011.

As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2011 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar tódalas persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2011 terá lugar o sábado día 5 de marzo no Pavillón Polideportivo Municipal de Sigüeiro, comezando coas actividades previstas ás 18:00h cun desfile de todos os participantes polas rúas de Sigüeiro.

TERCEIRA:
Quedan establecidas dúas categorías en función da idade:

  • 1ª: categoría xeral (maiores de 16 anos)
  • 2ª: categoría infantil (ata 16 anos)

CUARTA:
O prazo de inscripción esténdese ata as 17:30 horas do día 5 de marzo.
A inscrición formalizarase nas oficinas do Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa ou chamando ao número de teléfono 981690903 ata as 14.00 horas do día 4 de marzo e o propio día do Concurso de 16:30 a 17:30 horas no Pavillón Municipal.

QUINTA: PREMIOS:

Categoria Xeral (maiores 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 500 euros
    • Finalista: 300 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 220 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 250 euros
    • Finalista: 180 euros

Categoria Infantíl (ata 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 200 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 220 euros
    • Finalista: 150 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 180 euros
    • Finalista: 120 euros

  • PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO DE 150€

SEXTA:
Será obligatorio participar no desfile que saíra do Pavillón percorrendo diversas rúas de Sigüeiro para formar parte do concurso de disfraces. Será a organización do concurso a que determine si se suspende ou non o mesmo por causas axenas o mesmo (como poden ser as condicións metereolóxicas).

SETIMA:
A selección dos gañadores levarase a cabo o mesmo día do concurso segundo valoración dun xurado composto de cinco membros e designado para tal fin. Valorará a orixinalidade e a laboriosidade, podendo declararse deserto calquera premio se a xuízo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.

OITAVA:
A entrega de premios para tódalas modalidades efectuarase con posterioridade ó Concurso, previa presentación de Certificación bancaria nas dependencias municipais.

NOVENA:
Normas finais
O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación por parte dos concursantes das presentes bases.
Segundo.- Aprobar o gasto polo importe de 3.170,00 euros con cargo á partida 452.226.11.

Programa de Entroido 2011.

II CONCURSO DE RECEITAS DE ENTROIDO

entroido

"EN GALEGO SABE MELLOR"
O prazo de entrega de receitas remata o vindeiro 1 de marzo, antes das 13:00. As receitas terán que ser típicas do Entroido e deberán estar escritas en lingua galega e presentaranse mecanografadas (impresa en papel e cos datos persoais do autor). Así mesmo, deberase presentar o prato elaborado o día indicado pola organización.
O premio para o/a gañador/a será unha cea para dúas persoas e para o/a finalista un libro de cociña.
Dirixido a maiores de 16 anos.

CONCURSO DE MÁSCARAS

entroido

O prazo de presentación das máscaras rematará o vindeiro 1 de marzo antes das 14:00h. Consiste na realización dunha máscara ou anteface (cun derivado do papel ou vendas de escaiola). Hai dúas categorías:
-Categoría Infantil (de 9 a 15 anos): o/a gañador/a será obsequiado/a cun DVD Portátil e o/a finalista cun MP4
-Categoría Adultos (maiores de 16 anos): o/a gañador/a poderá desfrutar dunha fin de semana nunha casa rural e o/a finalista dunha cea para dúas persoas.

CERTAME DE FOTOGRAFÍA DA MULLER TRABALLADORA

entroido

A partir do 8 de marzo, exposición dos traballos presentados no centro cultural Fernando Casas e Novoa.
Dirixido a todos os públicos

ANIMACIÓN Á LECTURA

entroido

-Mércores, 23 de febreiro: Obradoiro de Entroido, ás 18:00h. (previa inscrición) Dirixido a maiores de 5 anos
-Mércores, 2 de marzo: conto “A chave perdida”, ás 18:00h. Dirixido ao público familiar
-Mércores, 9 de marzo: Obradoiro do Día do Pai, ás 18:00h.(previa inscrición). Dirixido a maiores de 5 anos.
Na biblioteca Municipal

CONCURSO DE DISFRACES

entroido

Sábado 5 de marzo, saída ás 18:00h. do Pavillón de Deportes e percorrido polas rúas de Sigüeiro, amenizado polo grupo musical Néboas e Asoc. Folclórica Lembranzas do Tambre.
Entrega dos premios do concurso de máscaras e de receitas arredor das 19:30h. Haberá animación, inchables, pallasos, música e moita diversión. Dirixido a todos os públicos.
A inscrición formalizarase nas oficinas do centro cultural ou no teléfono 981690903, de luns a venres de 09:00 a 14:00h. ata o venres 4 de marzo e o propio día do concurso, no Pavillón de Deportes de 16:30 a 17:30h.

OBRADOIRO DE ENTROIDO

entroido

Luns 7 de marzo, ás 11:30h. no centro cultural (previa inscrición no centro cultural ou no teléfono 981690903) dirixido a rapaces/as con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos.

BAILE DE MAIORES

entroido

Sábado 26 de marzo a partir das 19:00h. no centro cultural. Coa actuación do dúo “Libertad”.
Dirixido á terceira idade

Concurso de fotografía. "Muller Traballadora"

Gañadores do concurso de fotografía "Muller Traballadora"

1º PREMIO

Ana Vanesa Gende Fieira

"Oito décadas de traballo"
2º PREMIO

Marcos Fernández Blanco

"Control diario"
3º PREMIO

María Novoa Rodríguez

"Y al llegar a casa sigues trabajando II"

Bases do concurso de fotografía

Participantes
Poderán participar todas as persoas que o desexen, sexan profesionais ou afeccionados, cun máximo de tres fotografías por persoa.

Tema
Situacións que reflictan o traballo das mulleres en calquera eido.

Formato
As fotografías serán orixinais e non premiadas noutros concursos. Poden ser en branco e negro ou en cor, cun tamaño de 20 x 30 cm.
As fotografías presentaranse sen montar, sen paspartú, marco nin cristal. E sen datos persoais que poidan identificar á persoa autora.
Aquelas fotografías nas que apareza unha persoa identificable, deben contar co consentimento da persoa retratada. O xurado pode requirir este consentimento por escrito.

Prazo e lugar de presentación
As fotografías presentaranse na Biblioteca Municiapal de Oroso en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:30 ata o 26 de febreiro.

Forma de presentación
Entregarase cada fotografía de forma independente en sobre pechado, coa indicación “Concurso de fotografía”.
As normas a cumprir son as seguintes:
- No reverso da fotografía figurará o tíulo da obra.
- Os traballos irán acompañados dun sobre pechado aparte, co mesmo título ou lema de identificación, e no seu interior figurarán nome e apelidos, enderezo e teléfono.

Establecense os seguintes premios

  • 1º Premio : 300 €
  • 2º Premio : 200 €
  • 3º Premio : 100€

Xurado
- O fallo do xurado comunicarase ás persoas interesadas o 4 de marzo.
- A decisión do xurado será inapelable.
- No caso no que o xurado así o estimase todos ou algúns dos premios poderían quedar desertos.
- Os premios entregaranse no marco das celebracións do día da muller traballadora o 8 de marzo.

Destino das obras
- O Concello de Oroso resérvase todos os dereitos de propiedade e uso das fotografías, citando sempre o nome do/a autor/a.
- Todas as fotografías presentadas a concurso serán expostas ao público no mes de marzo no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa. Si a cantidade de obras recibidas excedera o número máximo para a súa exhibición, realizarase unha selección previa.

Varios
- A participación neste concurso implica a plena aceptación das presentes bases e a resolución pola organización de calquera eventualidade non contemplada nas mesmas.

Programación Nadal Oroso 2010/2011.

Concurso de carteis do Nadal

Prazo:

Ata o 30 de novembro.

Dirixido:

A nenos de 0 a 14 anos.

Organiza a asociación de comerciantes de Sigüeiro.
Recollida de traballos no centro cultural.

Concurso de postais de Nadal

Prazo:

As postais deberánse entregar na Biblioteca Municipal de Sigüeiro, antes do 15 de decembro.

Dirixido:

A maiores de 4 anos.

Animación á lectura

Días:

Mércores 15 de decembro: conto "Os tres príncipes".
Mércores 22 de decembro: Obradoiro de Nadal.
Mércores 29 de decembro: conto "Unha avoa particular".

Lugar:

Centro Cultural.

Hora:

As 18:00 h.

Dirixido:

É preciso ter cumpridos os 5 anos para participar nos obradoiros e apuntarse na biblioteca, as prazas son limitadas.
Os contacontos van dirixidos ao público familiar.

Belén vivente da Gardería Municipal "A Ulloa"

Día:

venres 17 de decembro.

Hora:

18:30 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Concerto de Corais

Día:

sábado 18 de decembro.

Hora:

ás 20:30 horas.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Contaremos coa actuación da Banda de Música de Ordes.

Visita dos Paxes Reais

Día:

mércores 22 de decembro.

Lugares:

Os Paxes Reais pasarán a recoller, en horario de mañá, as cartas dos/das alumnos/as do C.R.A. (no centro cultural) e da gardería municipal "A Ulloa" e gardería "Trastes".

Hora:

Os Paxes Reais pasarán a recoller pola mañá as cartas.

Exposición de Tapices

Día:

Inauguración mércores 29 de decembro.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Concerto de Panxoliñas

Día:

xoves 23 de decembro.

Hora:

20:30 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Prazo:

Información e inscricións no Centro Cultural.

Contaremos coa actuación do grupo Néboas, que darán comezo nesta xornada o seu percorrido musical que realizarán polas parroquias do Concello.

Diver Nadal

Días:

23, 24, 27, 28, 29, 30  e 31 de decembro de 2010

3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2011.

Hora:

de 07:30 a 15:30 h. ou de 09:00 a 14:00 h.

Lugar:

C.E.I.P. de Sigüeiro.

Dirixido:

Nenos de 3 a 12 anos.

Obradoiro de Nadal

Día:

luns 27 de decembro.

Hora:

de 11:30 a 13:30 horas

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

Nenos de 5 a 12 anos.

Inscrición:

Para participar no obradoiro e preciso inscribirse no centro cultural antes do luns 27 de decembro. As prazas son limitadas.

Excursión Casa da Auga

Día:

martes 28 de decembro.

Hora:

Saída as 16:00 horas e regreso as 21:00 horas.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Prezos:

de 16 a 24 anos o prezo da entrada é de 15,50 € e os de 25 anos en adiante pagarán 17,50 €
(para empadroados)

Prazo:

ata o 22 de decembro no centro cultural

Contido:

Excursión a cidade de A Coruña. O tempo de visita ao balneario é de 2 horas.

Obradoiro Musical

Día:

luns 3 de xaneiro de 2011.

Hora:

de 11:30 a 13:30 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

A partir de 5 anos.

Inscrición:

No centro cultural.

Gran Cabalgata de Reis

Día:

mércores 5 de xaneiro de 2011.

Hora:

ás 17:30 horas.

Lugar:

Saída da Estación de Vilacide e percorrido polas rúas de Sigüeiro.

- Rúa do Portiño
- Rúa da Insua
- Praza de Alexandre Bóveda
- Rúa do Medio
- Rúa do Portiño
- Avda. de Compostela

- Praza da Foca
- Avda. da Grabanxa
- Rúa da Cultura
- Rúa Rio Lengüelle
- Avda. de Compostela
- Rúa Xuncal

Recepción na Casa do Concello das súas Maxestades ás 18:15 h.

Chegada ao Pavillón de Deportes arredor das 19:00 h.
No pavillón haberá inchables, e caramelos (aptos para celíacos) para todos !!!.
(O Pavillón de Deportes non se abrirá ata pasadas as 18:30 horas)

Saúda de Nadal

Benquerido veciño/a:

Un ano máis aproveito a chegada do Nadal para enviarche un afectuoso saúdo e convidarche a participar connosco na variada programación que temos preparada para celebrar estas festas. Sei que 2013 volveu ser un ano difícil para todos por mor da crise económica e que 2014 semella vai polo mesmo camiño, por moito que algúns se empeñen en falar de recuperacións irreais que ningún cidadán de a pé é quen de ver. Pola parte que nos toca, dende o Concello de Oroso seguiremos mantendo todos os servizos que ofrecemos aos nosos veciños e veciñas e continuaremos investindo en proxectos e obras que melloren a calidade de vida da nosa veciñanza.

Isto é posible grazas á previsión que tivemos en anos de bonanza, nos que reducimos todos os gastos superfluos para poder manter o que de verdade importa. Pequenas medidas de aforro como non acender o alumeado de Nadal en novembro ou non facer calendarios ou axendas contribúen a que poidamos manter un completo e variado programa de Nadal, con actividades para todos os gustos e idades, aínda que cunha especial atención para os máis pequenos, auténticos protagonistas destas festas.

Por iso, quero convidarte a participar connosco no concurso de postais de Nadal, nos concertos de panxoliñas e da Aula de Música, no baile de Nadal para maiores, nos obradoiros de conciliación familiar, no tradicional Belén Vivente da gardería da Ulloa... Estou convencido de que na nosa web www.concellooroso.com atoparás máis de unha actividade do teu gusto ou especialmente interesante para a túa familia.

En nome da corporación municipal de Oroso, deséxoche un Bo Nadal e un ventureiro ano 2014.

Manuel Mirás Franqueira.
Alcalde de Oroso.

Concurso de postais de Nadal con mensaxe 2010.

PREMIADOS

  • CATEGORIA de 4 a 6 anos
  • Gañador: Leo Ávila Castro

    postais

    Que pasedes este Nadal super super ben"
  • CATEGORIA de 7 a 9 anos
  • Gañadora: Iria Barreiro Suárez

    postais
     
    Que o Nadal sexa unha festa divertida para os nenos.
    Que lle gusten os agasaios que os Reis Magos lle ofreceron.
    O Nadal e unha festa donde se celebran moitas tradicións e se reciben moitos agasaios.
    Bo Nadal e que disfrutedes.

  • CATEGORIA de 10 a 13 anos.

    Gañadora: Andrea Domínguez Rodríguez

    postais

    O Nadal é felicidade,
    é amor.
    O Nadal é estar coa familia,
    é paz.
    O Nadal é cariño,
    é repetar, e compartir

  • CATEGORIA máis de 14 anos.

    Gañadora: María José Rodríguez García

    postais

    Os nosos desexos para este Nadal:
    que sempre reine nos fogares, paz, amor e felicidade.
    ¡Boas Festas!

Bases:

As bases polas que se rexerá o Concurso de postais de Nadal con mensaxe son:

Primeira
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

Segunda
Establécense catro categorías:

  • De 4 a 6 anos
  • De 7 a 9 anos
  • De 10 a 13 anos
  • Máis de 14 anos

Terceira
As postais terán como máximo as seguintes dimensións: 21x15. Poden entregarse na técnica que cada un considere oportuna, pero deberán incluír unha mensaxe de felicitación de Nadal en lingua galega.

Cuarta
Valoraranse a presentación, o esforzo e a orixinalidade da postal, así como a lingua e o contido da mensaxe.

Quinta
Aceptaranse como máximo dúas postais por participante. No caso de non presentarse un mínimo de tres postais por cada categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta.

Sexta
Os concursantes presentarán as súas postais no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:30h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 15 de decembro de 2010.

Sétima
Xunto coa postal, deberase presentar un sobre pechado cos datos persoais: nome e apelidos, idade e teléfono de contacto.

Oitava
Os premios entregaranse o día 05/01/2011 antes da recepción dos Reis Magos de Oriente no polideportivo municipal.

Novena
Os gañadores de cada categoría serán premiados cun lote de libros. Ademais, as súas postais serán publicadas na páxina web do Concello.

Décima
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas bases.

Actividades Biodiversidarte

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou que o ano 2010 será o Ano Internacional da Diversidade Biolóxica, o que servirá para aumentar a concienciación sobre a importancia da biodiversidade en todo o mundo."
Por iso dende o Concello de Oroso queremos sumarnos a este feito con "Biodiversidarte", unha serie de actividades, obradoiros e conferencias relacionadas coa diversidade biolóxica, e o V Certame Internacional OrosoArte2010.

Programa de Actividades
 
 :: MÉRCORES 15 SETEMBRO ::

HORA: -
LUGAR: CENTROS EDUCATIVOS

"O cuidado e recuperación dos nosos rios".

"Obradoiro de Em Bokachi"  

HORA: 18:00
LUGAR: CENTRO CULTURAL

"Obradoiro de Em Dango, reciclaxe para a recuperación dos rios".

 :: VENRES 17 SETEMBRO ::

HORA: 20:30
LUGAR: CENTRO CULTURAL

INAUGURACIÓN OROSOARTES2010.

 :: SÁBADO 18 SETEMBRO ::

HORA: 20:00
LUGAR: PRAZA ISAAC DÍAZ PARDO

Concerto de Música Popular a cargo da Banda de Música de Rubiós.

 :: MARTES 21 SETEMBRO ::

HORA: 18:00
LUGAR: CENTRO CULTURAL

Cine-Forum: "Una verdad incómoda"
"Unha visión apocalíptica do planeta".
Dirección: Davis Guggenheim
Guión e Idea: Al Gore.

 :: MÉRCORES 22 SETEMBRO ::

HORA: -
LUGAR: CENTROS EDUCATIVOS

"O cuidado e recuperación dos nosos rios".

"Obradoiro de Em Bokachi"

HORA: 18:00
LUGAR: CENTRO CULTURAL

"Obradoiro de Em Dango, reciclaxe para a recuperación dos rios".

HORA: 20:30
LUGAR:
CENTRO CULTURAL

Conferencia de Andrea Reboreda e Juan Gaiteiro.
Técnicos medioambientais de Reboreda, S.L.
"O cuidado e recuperación dos nosos rios".
 
 :: MARTES 28 SETEMBRO ::

HORA: 18:00
LUGAR: CENTRO CULTURAL

Cine-Forum: "Una verdad incómoda"
"Unha visión apocalíptica do planeta".
Dirección: Davis Guggenheim
Guión e Idea: Al Gore.

 :: MÉRCORES 29 SETEMBRO ::

HORA: -
LUGAR: CENTROS EDUCATIVOS

"O cuidado e recuperación dos nosos rios".

"Obradoiro de Em Bokachi"  

HORA: 18:00
LUGAR: CENTRO CULTURAL

"Obradoiro de Em Dango, reciclaxe para a recuperación dos rios".

 :: MARTES 5 OUTUBRO ::

HORA: 18:00
LUGAR: CENTRO CULTURAL

Cine-Forum: "Una verdad incómoda"
"Unha visión apocalíptica do planeta".
Dirección: Davis Guggenheim
Guión e Idea: Al Gore.

 :: SÁBADO 16 OUTUBRO ::

HORA: 11:30
LUGAR: -

"Obradoiro limpeza dos rios con de Em Dango".

Semana Cultural - Oroso 2011.

A Cine, Teatro, Música, Talleres, Festa da Espuma, Inchables, Maxia, Títeres, Actividades Acuáticas, Ruta de Sendeirismo, Actividades deportivas, ... toda unha ampla gama de actividades culturais e de lecer para gozar todos os veciños do Concello de Oroso dende o 16 ata o 31 de agosto.

Os lugares das actividades poden cambiar en caso de choiva. Algunhas das actividades precisan inscrición previa.
Para máis información diríxete ao departamento de Cultura no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de 9:00 a 14:00. (Teléfono: 981 690 903).

Programa de Actividades
 
 :: MARTES 16 AGOSTO ::

HORA: 19:00
LUGAR: Piscina Municipal
SE CHOVE: Pavillón de Deportes

CULTURACTIVA.
"Novo Circo"
(Dirixida a todos os públicos)

HORA: 22:00
LUGAR: Praza Alexandre Bóveda
SE CHOVE: Centro Cultural

NOITE DE CINE
"Saga Crepúsculo: Luna Nueva ".
(Non recomendada a menores de 13 anos)

 :: MÉRCORES 17 AGOSTO ::

HORA: 19:00
LUGAR: Piscina Municipal
SE CHOVE: Pavillón de Deportes

MONICREQUES.
"Oh, Que bonito é Panamá"
(Dirixida ao público familiar)

HORA: 22:00
LUGAR: Praza Alexandre Bóveda
SE CHOVE: Centro Cultural

NOITE DE CINE.
"Kika Superbruja y el libro de los hechizos"
(Dirixida a todos os públicos)

 :: XOVES 18 AGOSTO ::

HORA: 11:30 a 13:30
LUGAR: Praza Isaac Díaz Pardo
SE CHOVE: Centro Cultural

OBRADOIRO.
Máis información e inscrición no Centro Cultural.

HORA: 19:00
LUGAR: Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

MAGO TETO.
"O Afiador"
(Dirixida a todos os públicos)

 :: VENRES 19 AGOSTO ::

HORA: 11:00
LUGAR: Cerceda

EXCURSIÓN AQUAPARK CERCEDA
Saida do Centro Cultural e chegada ás 19:00 h ao mesmo lugar.
Prazas limitadas.
Máis información e inscrición no Centro Cultural.

 :: SÁBADO 20 AGOSTO ::

HORA: 09:00 a 21:00
LUGAR: Centro Deportivo

II TORNEO INTERNACIONAL DE TENIS DE MESA DO CONCELLO DE OROSO.
Máis información. 

 :: DOMINGO 21 AGOSTO ::

HORA: 09:00 a 21:00
LUGAR: Centro Deportivo

II TORNEO INTERNACIONAL DE TENIS DE MESA DO CONCELLO DE OROSO.
Xornada de portas abertas
Máis información. 

 :: LUNS 22 AGOSTO ::

HORA: 19:00
LUGAR: Centro Cultural

TEATROVOADOR.
"Bom&villa" (Teatro infantil)
(Dirixido ao público familiar)

HORA: 22:00
LUGAR: Praza Alexandre Bóveda
SE CHOVE: Centro Cultural

NOITE DE CINE.
"Up"
(Dirixido a todos os públicos)

 :: MARTES 23 AGOSTO ::

HORA: 12:30
LUGAR: Centro Cultural

TIRITITEMPO.

"Buscando a illa do tesouro"
(Dirixido ao público familiar)

HORA: 19:00
LUGAR: Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

PISTACATRO (Novo Circo).
"Ringo Rango"
(Dirixido ao público familiar)

HORA: 22:00
LUGAR: Praza Alexandre Bóveda
SE CHOVE: Centro Cultural

NOITE DE CINE.
"Ágora"
(Dirixido a maiores de 13 anos)

 :: MÉRCORES 24 AGOSTO ::

HORA: 19:00
LUGAR: Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural

PETER PUNK (clown).
"A Chungatrona"
(Dirixido a todos os públicos)

HORA: 22:00
LUGAR: Centro Cultural

CARRACHANACACHA (teatro).
"Comendo pementos de Padrón con Tarantino"
(Dirixido ao público adulto)

 :: XOVES 25 AGOSTO ::

HORA: 16:00 a 19:00
LUGAR: Piscina Municipal

INCHABLES.
(Maiores de 4 anos)

HORA: 19:15
LUGAR: Piscina Municipal

FESTA DA ESPUMA
(Maiores de 4 anos)

HORA: 22:00
LUGAR: Centro Cultural

MALASOMBRA (teatro).
"Go On"
(Dirixido a todos os públicos)

 :: VENRES 26 AGOSTO ::

HORA: 11:30
LUGAR: Centro Cultural

OBRADOIRO.
"Música e movemento"
Previa inscrición no Centro Cultural.  

(Dirixido a nenos de 3 a 7 anos)

HORA: 18:30
LUGAR: Sigüeiro  

PASACALLES

HORA: 19:00
LUGAR: Piscina Municipal
SE CHOVE: Centro Cultural  

GRALLAS Y GIGNATES DE LA LLACUNA
(teatro/música de rúa)

HORA: 21:00
LUGAR: Centro Cultural

JESÚS COUTO E OS SEUS ACORDEÓNS e
AMIGOS DO ACORDEÓN DE SIGÜEIRO-OROSO
(Actuación musical)
(Dirixido a todos os públicos)

 :: SÁBADO 27 AGOSTO ::

HORA: 18:00 a 20:00
LUGAR: Praza Isaac Díaz Pardo e arredores

XINCANA e MARCHA BTT.
(Ximcana ata 9 anos)
(Marcha BTT maiores de 9 anos)

Previa inscrición no Centro Cultural de 10:00 a 14:00 horas ou no Centro Deportivo de 16:00 a 20:00 horas.

 :: LUNS 29 AGOSTO ::

HORA: 18:00 a 20:00
LUGAR: Centro Cultural

XORNADAS DE XADREZ.

(Sesión de partidas simultáneas de forma rotativa seguindo a orde de inscrición).
(Dirixido a maiores de 6 anos)
Previa inscrición no Centro Cultural de 10:00 a 14:00 horas ou no Centro Deportivo de 16:00 a 20:00 horas.

 :: MARTES 30 AGOSTO ::

HORA: 18:00
LUGAR: Praza Isaac Díaz Pardo
SE CHOVE: Pavillón Deportivo

XINCANA e XOGOS EN PATÍNS.

(Dirixido a todos os públicos)
Previa inscrición no Centro Cultural de 10:00 a 14:00 horas ou no Centro Deportivo de 16:00 a 20:00 horas.

 :: MÉRCORES 31 AGOSTO ::

HORA: 16:00
LUGAR: Saída do Centro Cultural

RUTA DE SENDEIRISMO .

Colabora

Organiza

5ª Edición da Festa da Malla - Oroso 2010.

oroso

Programa de Eventos

SÁBADO 31 DE XULLO

SEGA DO TRIGO

  • A partir das 5 da tarde
  • Na parroquia de Trasmonte, preto da escola de Castro

Despois de facer os medeiros, haberá merenda campestre.

oroso

SÁBADO 21 DE AGOSTO

FESTA DA MALLA TRIGO (Paseo Carboeiro - Sigüeiro)

  • 10:00 Faremos a Meda
  • 11:30 Elaboración do Pan
  • 12:00 Comezará a Malla, limpeza do trigo e feitura do palleiro
  • 14:30 Xantar tradicional. Os asistentes poderán mercar a cazola e a taza onde se servirán os callos e o viño
  • 16:30 Continuación da Malla, da festa e da diversión

oroso

Durante toda a xornada haberá xogos tradicionais, exposición de apeiros de labranza, servizo de bar e contaremos coas actuacións de BUXOS VERDES e BANDA DE MÚSICA DE ORDES.

PRÉGASE A PARTICIPACIÓN VECIÑAL PARA A SEGA E A MALLA.

Información pistas de Squash e Padel.

Información e Reservas

Pista de Squash

  • Ubicación: Centro Deportivo Multiúsos de Sigüeiro
  • Reservas: Conserxe instalación deportivas ou no teléfono 616 408 598
  • Horario: de 16:00 a 23:00 horas

Pista de Padel

  • Ubicación: Centro Deportivo Multiúsos de Sigüerio
  • Reservas: Conserxe instalación deportivas ou no teléfono 616 408 598
  • Horario: de 16:00 a 21:00 horas

NORMAS DAS INSTALACIÓNS

  • Non se permite fumar en toda a instalación.
  • Non está permitida a entrada de animais excepto cans de guía.
  • Non está permitido abandonar desperdicios dentro do recinto, debendo empregar as papeleiras.
  • O uso incorrecto ou a ocasión de danos será responsabilidade de quen efectúa a reserva das instalacións.
  • O concello non se responsabiliza dos obxectos perdidos ou subtraídos nas instalacións.
  • As actividades deberán realizarse coa roupa axeitada, non podendo utilizarse roupa ou calzado de rúa.
  • Evite traer aneis, pendentes ou cadeas, etc. para evitar posibles lesións.
  • É imprescindible utilizar calzado deportivo de sola axeitada (branca), que non deixe marcas na pista (“no marking”).
  • Só se poderán usar pelotas exclusivamente de squash, estando totalmente prohibido outro tipo de xogo dentro da pista.

Campamentos Deportivos 2014.

Información xeral:

Deportes: Tenis, voleibol praia, fútbol 7, baloncesto, voleibol, batuca, capoeira, hip-hop. (Inglés nas actividades)
Lugar: A Coruña
Aloxamento: Colexio Calvo Sotelo da Coruña.
Duración: de domingo a sábado.
Quenda: do 29 de xuño ao 5 de xullo.
Incorporación: Domingo pola tarde.
Regreso: o sábado seguinte despois do almorzo.
Destinatarios: rapaces/as nados nos anos 2004, 2003, 2002, 2001 e 2000.
Cota de inscrición: 85 €.
Ingresarase na conta que determina a Deputación da Coruña, facendo constar: “Campamento deportivo Deputacion da Coruña”. A Deputacion da Coruña informará do número da conta, unha vez realizado o sorteo no concello correspondente..
Inclúe: transporte interno, estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas.
A incorporación ó campamento deportivo realizarase o domingo despois de xantar e o regreso, o sábado despois do almorzo. Avisarase nos concellos dos puntos de recollida e entrega dos participantes coa antelación suficiente.
PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 19 de maio.
Nº prazas para o Concello de Oroso: 3

Actividades:

Actividades deportivas:

  • Deportes náuticos, equitación, paseos a cabalo, multiaventura, kaiaks, orientación, piragüismo, paseos en barco, tenis, voleipraia, fútbol 7, baloncesto, volei, batuka, capoeira e hipp-hop.
  • Pernocta en tendas de campaña unha noite.
  • INGLÉS como novidade.

Actividades culturais:

  • Visita á centros de interese cultural na comarca e na cidade de A Coruña.

Documentación que se entregará:

Para formalizar a inscrición debes entregar no concello:
1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do solicitante.
2.- Unha foto de carné.
3.- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
4.- Fotocopia do Libro de familia ou carné de identidade.
5.- Volante de empadroamento a solicitar no teu concello.
6.- Copia de pagamento da cota de inscrición. Posterior á confirmación da praza por parte do concello.
7.- No suposto de que o neno/a debera ter un tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. IMPORTANTE facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.

Campus de Fútbol 2010.

Información xeral:

DEPORTES: Técnica, táctica, xogo, entrenamento de porteiros.
LUGAR: Instalacións deportivas de A torre (A Coruña) e Acea de Ama (Culleredo).
ALOXAMENTO: Residencia do IES Cruceiro Baleares. (Culleredo).
DURACIÓN: de domingo a sábado.
QUENDA: do 4 ao 10 de xullo.
INCORPORACIÓN: domingo pola tarde.
REGRESO: o sábado seguinte despois do almorzo.
DESTINATARIOS: rapaces/as entre 9 e 13 anos
COTA DE INSCRICIÓN: 75 € que se ingresarán na conta que determine a Deputación, facendo constar "Campus de fútbol Deputación da Coruña". Notificarase despois do sorteo que realice o concello entre os solicitantes.
INCLÚE: estadía e manutención en residencia e todo o gasto que ocasionen as actividades programadas. A incorporación ó campamento deportivo realizarase o domingo despois de xantar e o regreso, o sábado despois do almorzo.
PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 11 de xuño.
Sorteo das prazas o día 11 as 14:00 horas no Centro Cultural.

Actividades:

Específicas de fútbol:

  • Actividades de adestramento tendentes a mellorar a técnica individual e colectiva dos xogadores.
  • Iniciación dos principios tácticos básicos.
  • Adestramento específico dos porteiros.
  • Partidos de competición interna entre equipos. Os xogadores estarán mixturados e compostos por integrantes de diferentes concellos.

Outras actividades deportivas:

  • Natación, baloncesto, xogos tradicionais...

Actividades relacionadas co medio natural:

  • Estudo do ecosistema mariño das nosas rías. Problemáticas actuais.

Actividades culturais:

  • Visita á centros de interese cultural na comarca e na cidade de A Coruña.

Documentación que se entregará:

Documentación. Para formalizar a inscrición debes entregar no teu concello:
1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do solicitante.
2.- Unha foto de carné.
3.- Fotocopia de documento de asistencia sanitaria.
4.- Fotocopia do Libro de familia ou carné de identidade.
5.- Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do concello).
7.- No caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente.

VI Edición do Certame Internacional OrosoArtes 2011.
"SOLIDARIEDADE".

O Concello de Oroso convoca este certame co obxecto de dar a coñecer as ideas, esperanzas, inquietudes utilizando a arte como medio de comunicación.
O certame inscríbese dentro do marco de encontro das distintas culturas das persoas e países participantes así como das distintas modalidades de arte.
O GÓIS/OROSOARTES celébrase mediante acordos coa localidade portuguesa de GÓIS, onde ten lugar tamén o certame GÓIS/OROSO ARTES, en cuxo evento participan artistas e obras representantes do Concello de Oroso.

2011 ANO EUROPEO DO VOLUNTARIADO

BASES OROSOARTES 2011

Participantes

GÓIS/OROSOARTES, é un espazo aberto onde poderán participar artistas nacionais e internacionais.
A Organización reservarase o dereito de convidar de xeito directo un máximo de 5 obras sen pasar polo xurado de selección.
Os autores dos traballos manteñen íntegros os seus dereitos de autor, mais permitiranlle á organización a publicación de imaxes dixitais e gravacións das obras, así como a exposición destas cos traballos seleccionados e a posterior edición dun catalogo se fose o caso, sempre con fins de promoción do Certame.

Xurado

O Xurado estará composto por distintas personalidades do mundo da arte e da cultura, e o seu nomeamento será dado a coñecer nos medios de comunicación e na páxina web do Concello de Oroso (www.concellooroso.com).
O Xurado ten como función seleccionar as obras para o Certame GÓIS/OROSOARTES.
O Xurado estará facultado para resolver calquera das cuestións non previstas nas bases e as súas decisións serán inapelables.
O número de obras participantes no Certame GÓIS/OROSOARTES 2011, será o estimado polo xurado dependendo da cantidade recibida, das dimensións destas e por suposto da súa calidade.

Características das Obras

O Certame estará baseado en obras cunha temática sobre o signo “SOLIDARIEDADE”, de técnica libre, encadradas dentro de modalidades de pintura, fotografía, escultura ou deseño.
Cada artista poderá presentar unha obra por modalidade atendendo as seguintes normas:

  • PINTURA
    Un máximo de un cadro convenientemente montado con marco ou listón que non excederá de 1,5m no seu lado maior.
  • FOTOGRAFIA
    Un máximo de dúas fotografías perfectamente enmarcadas (pinzas non), e cun tamaño que non excederá os 60cm no seu lado maior.
  • ESCULTURA
    Un máximo de unha peza cun tamaño que sen peaña non exceda dun metro de altura.

Recepción das Obras

As obras se presentaran persoalmente no Rexistro Xeral do Concello de Oroso (Praza de Isaac Díaz Pardo nº1, Sigüeiro-Oroso) - Tlf.981691478, de 09:00 a 14:00 horas ou ben no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa (Rúa da Cultura nº1, Sigüeiro-Oroso) - Tlf.981690903 de 09:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:30 horas.
Tamén se poderán remitir con portes pagados os mesmos enderezos, con embalaxe reutilizable para a súa devolución a portes debidos.
As Obras deberán ser presentados antes do día 8 DE AGOSTO de 2011, perfectamente embaladas para a súa seguridade, non facéndose responsable a organización dos danos ocasionados durante o transporte.
As obras deberán estar perfectamente identificadas e firmadas axuntando nun sobre en cuxo interior deberá ir: Titulo da obra, ano de execución, técnica, dimensións, prezo (para efectos de venta, nome do autor, DNI, enderezo, teléfono, e-mail e un breve currículo).
Cada autor deberá entregar conxuntamente có boletín de inscrición, unha fotografía da obra en soporte dixital, para poder elaborar un catalogo do eertame.
Asi mesmo poderán participar no GÓIS/OROSOARTES 2011 a celebrar na Cámara Municipal de Góis (Portugal) unha selección de 15 obras que se presenten antes do día 30 de xuño de 2011 que representarán ao Concello de Oroso na localidade portuguesa, cuxo certame se celebra do 15 ao 31 de xullo de 2011.

As obras estarán cubertas por un seguro ante os posibles danos que se puidesen ocasionar durante a exposición, tendo un valor que oscilara entre os 250€ mínimo e os 1300€ de máximo por obra.
As obras vendidas no transcurso da exposición estan suxeitas a unha comisión do 25% que reverterá na organización do GÓIS/OROSO ARTE.
As Obras non seleccionadas seránlles devoltas aos artistas tras unha notificación previa, enviándose ao enderezo de remite a portes debidos.

Exposición

O Certame GÓIS/OROSOARTES 2011 será do 23 de setembro ata o 14 de outubro de 2011.
Non se poderá retirar ningunha obra antes da finalización do Certame GÓIS/OROSOARTES 2011.

Devolución

As obras seleccionadas serán devoltas pola organización a partir do remate da exposición a portes debidos o enderezo de remite previo acordo cos artistas.
Os artistas poderán retiralas persoalmente no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de Sigüeiro-Oroso.
Haberá un prazo máximo de un mes para retirar ou reclamar as obras. Se transcorrido este tempo non fosen retiradas, a organización entenderá que os artistas doarán as obras para que pasen a formar parte do arquivo artístico do Concello de Oroso.

Aceptación das bases
A participación no certame GÓIS/OROSOARTES 2011, implica a aceptación automática das bases e as decisións do xurado e a organización.

Concurso de fotografía - "Unha ollada a Oroso".

Reparto de zonas a fotografar

Modificación de prazos

Ampliado o prazo para a presentación das fotografías do concuso “Unha ollada a Oroso” ata o día 13 de maio.
As fotografías deberánse presentar no Centro Cultura Fernándo Casas e Novoa.
Deberán presentarse enmarcadas para a exposición e tamén en formato dixital.

O faio do xurado será o venres día 14 de maio.

No relativo a exposición, estará aberta ao público durante o mes de xullo de 2010.

Bases do Concurso

PRIMEIRA.- Participantes
Poderá presentarse toda persoa que o desexe.

SEGUNDA.- Tema
A organización indicará as distintas paisaxes a fotografar, (os temas fotográficos versarán sobre distintas zonas do concello de Oroso) as cales serán adxudicadas por sorteo o día 9 de abril.

TERCEIRA.- Número máximo de fotografias
O número de fotografías a presentar por cada participante estará limitado a 5.

CUARTA.- Tamaño e presentación
O formato das fotografías será como mínimo de 15x21cm, non existindo límite máximo. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro.

QUINTA.- Obras
Cada fotografía levará un título escrito por detrás, xunto co pseudónimo que indique o autor. Nun sobre pechado, xunto co pseudónimo escrito por fóra, o autor introducirá os seus datos persoais. (Nome e apelidos, NIF, enderezo e teléfono).

SEXTA.- Prazo de inscrición
O prazo límite de inscrición para participar no concurso será ata o día 9 de abril.

SÉTIMA.- Prazo de recepción dos traballos
As fotografías entregaranse no centro cultural Fernando Casas e Novoa de 9.00h a 14.00h pola mañá e de 17.00h a 20.00h pola tarde ou ben na Casa do Concello en horario de 09.00h a 14.00h.

O prazo de entrega das fotografías finalizará o 30 de abril.

OITAVA.- Premios
Os premios serán os seguintes:

  • 1º Premio : 300 €
  • 2º Premio : 200 €
  • 3º Premio : 100€

NOVENA.- Fallo do xurado
O fallo do concurso farase público o 3 de maio. A decisión do xurado será inapelable.

O xurado estará presidido polo concelleiro de cultura Eduardo Veiras e distintos profesionais do ámbito da fotografía tomarán parte nel.

No caso de que o xurado así o estimase, todos ou algúns dos premios poderían quedar desertos..

DÉCIMA.- Difusión dos traballos
O Concello de Oroso realizará unha exposición coas fotografías participantes no centro cultural Fernando Casas e Novoa , esta exposición estará aberta ao público dende o día 3 de maio ata o día 30 do mesmo mes.

DÉCIMO PRIMEIRA.- Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases descritas.

A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas bases.

Feira dos Oficios e da Artesanía.

Partindo dos nosos costumes xurdiu a idea de organizar unha Feira de recuperación e mostra de oficios artesáns dos nosos antepasados para achegalos á cidadanía, petición esta nacida mediante a suxestión de artesáns próximos que nos fan recuperar e retroceder no tempo ao mesmo que espertar un interese e unha grande ilusión entre os visitantes que se acercan por primeira vez a estes oficios que descoñecían ou daban por desaparecidos.

Este evento permite darse a coñecer en maior medida, converténdose nun evento sociocultural de gran transcendencia e cun notable éxito.
Os artesáns e participantes da Feira teñen a oportunidade de poñer en marcha o intercambio de ideas e de información así como ter un excepcional escaparate de venda dos seus produtos.
Durante este días podemos presenciar en vivo como os oficios e a artesanía recobran vida, como neste espazo e marco o intercambio nos leva e transporta a novas experiencias e formas de vida e ao mesmo tempo nalgún caso a poder participar dos obradoiros e actividades.

Para todo iso o Concello de Oroso acondiciona un espazo adecuado para que os participantes – artesáns poidan habilitar e instalar os seus postos, sendo este espazo totalmente gratuíto, cun compromiso por parte dos participantes de elaborar e traballar en directo, e poder mostrar os seus produtos cara ao público visitante.
O horario será de 11:00 horas a 22:00 horas, estando desde as 22:00 horas ata as 09:00 horas vixiado por parte da organización.

Obradoiro de vimbio e cana, Obradoiro de esparto, Obradoiro de herbas, Obradoiro de queixo artesán, Obradoiro de marroquinería, Obradoiro de caza, Obradoiro de olería, Obradoiro de apicultura, Obradoiro do pan, Obradoiro de talla de madeira, Obradoiro de cerámica, Obradoiro de tapices, Obradoiro de xoiería, Taller do ferreiro, Taller da navalla, Taller do canteiro, Obradoiro de encadernación, Taller do torneiro….

Queremos que este sexa un espazo onde compartir experiencias e sensacións e que se converta nun lugar de encontro.

Concurso de Máscaras Oroso 2011.

Premiados

Os membros do xurado do Concurso de Máscaras acordaron o día 2 de marzo nomear gañador e finalista da categoría infatil:

  • Gañador: Nicolás Danis Barcala, “A Vella Bruxa”
  • Finalista: Iago Danis Barcala, “La vida color de rosa”

Nomear gañadora e finalista na categoría de adultos a:

  • Gañadora: Concepción García López, “Fantasía de Primavera”
  • Finalista: María Chacón, “Un Minino de Entroido”

Folla de inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Máscaras Oroso 2011 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a diferentes idades, establecendo dúas categorías: unha sería a categoría infantil (dende os 9 anos aos 15) e a categoría de adultos, na que se inclúen os maiores de 16 anos.

TERCEIRA:
Non se aceptarán máscaras que xa fosen premiadas noutros concursos.

CUARTA:
O tema das máscaras será libre.

QUINTA:
A máscara deberá ser de elaboración propia.

SEXTA:
As máscaras deberán estar adaptadas ao tamaño dunha cara humana e cubrir o rostro completamente, podendo, no seu caso, sobresaír adornos, accesorios, etc. As máscaras tipo anteface tamén serán admitidas.

SÉTIMA:
Os materiais para a realización da estrutura base poderán ser de tres tipos:
a) Calquera material derivado do papel (papel maché, cartón pedra ou cartón das fallas, cartolinas, técnicas mixtas derivadas do papel etc.)
b) Vendas de escaiola
c) Combinacións que poidan xurdir entre as técnicas citadas no apartado a e b (papel e escaiola). Na categoría de adultos, non se aceptarán máscaras nas cales a base estea realizada con materiais plásticos.
OITAVA:

A decoración da máscara poderá estar realizada con materiais e accesorios de libre elección, segundo as necesidades da máscara e a idea a plasmar polo artista.

NOVENA:
Valoraranse os acabados, a creatividade, a estética e o bo gusto.

DÉCIMA
Aceptarase como máximo unha máscara por participante.

DÉCIMO PRIMEIRA
Os concursantes presentarán as súas máscaras no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 09:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:30h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 1 de marzo de 2011, antes das 14:00h.

DÉCIMO SEGUNDA
Requirirase a seguinte documentación por cada máscara entregada: sobre pechado cunha fotografía da máscara presentada no concurso, impresa en papel, co nome da obra, o nome do artista e un lema ou frase que explique a idea que inspirou a obra. Todo escrito no dorso da dita fotografía (as fotografías non serán devoltas).

DÉCIMO TERCEIRA
O día 5 de marzo, ás 19.30h , terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral, están convidados.

DÉCIMO CUARTA
As máscaras poderanse recoller no Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa dende o 7 ao 18 de marzo, acompañando por parte dos propietarios a folla de inscrición. Se o día 18 de marzo non se recolleron as máscaras, entenderase que os seus autores renuncian á súa propiedade a favor da organización, quen poderá destruílas ou darlles o destino que considere máis conveniente.

DÉCIMO QUINTA
A organización non se fai responsable dos danos, roubo, extravío ou outros riscos similares sobre as obras dos participantes, dende a entrega ata a devolución das mesmas.

DÉCIMO SEXTA
Os premios dos gañadores serán os seguintes:

  • Categoria Infatil:
    • Gañador: DVD portatil
    • Finalista: un MP4
  • Categoria Adultos
    • Gañador: Unha fin de semana nunha casa rural (en días verdes, non en temporada alta)
    • Finalista: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello

DÉCIMO SÉTIMA
No caso de que o gañador ou finalista da categoría de adultos non teña cumpridos os 18 anos deberá ir acompañado do pai/nai titor/a.

DÉCIMO OITAVA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Animación á Lectura.

No ano 2006 no concello de Oroso comezamos a dar os primeiros pasos na “Campaña de Animación á Lectura”, entendendo a animación á lectura como aquela actividade, ou conxunto de actividades, encamiñadas a espertar nos nenos/as, a curiosidade e o desexo de ler, incluso antes de saber ler, para tratar de tender pontes entre o neno e o libro. Tratamos de fomentar a lectura desde as primeiras idades, nunca desde a imposición, senón desde o afecto e o xogo. Trátase de desenvolver actividades que estimulen a curiosidade dos nenos/as cara ao libro, para que poidan descubrir a riqueza que estes encerran.

Obxectivos

  • Fomentar o pracer pola lectura.
  • Espertar a imaxinación e a fantasía do/a neno/a, ao introducilo/la en mundos fantásticos ou reais, case sempre descoñecidos.
  • Enriquecer o vocabulario, favorecendo a expresión e a compresión oral así como a expresión escrita.
  • Mellorar a elocución do/a neno/a.
  • Favorecer a conversación e a comprensión.
  • Adquirir novos coñecementos.

A campaña de animación á lectura lévase a cabo durante o curso académico, de outubro a maio, na Biblioteca Municipal, situada no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa.

Concurso de postais de nadal.

Se o desexas podes enviar por email calqueira das postais de nadal premiadas. Enviar Postal

  • CATEGORIA INFANTIL de 6 a 9 anos
  • Gañadora: Lucía García Castelo

    postais

  • CATEGORIA INFANTIL de 10 a 13 anos
  • Gañador: Adrián López Rial

    postais
     
  • CATEGORIA de máis de 14 anos
  • Gañadora: Esther Roca Fandiño

    postais

Bases:

  • As postais terán como máximo as seguintes dimensións: 21x15
  • Poden entregarse na técnica que cada un considere oportuna.
  • Cada participante poderá presentar un máximo de 2 postais.
  • No caso de non presentarse un mínimo de 3 postais por cada categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta.

Categorías:

  • de 6 a 9 anos.
  • de 10 a 13 anos.
  • de máis de 14 anos.

Premios:

Os gañadores de cada categoría serán premiados cun lote de libros. Ademais nesta edición unha das postais elixirase como postal oficial para enviarlles aos veciños do noso Concello..

Onde entregar a postal:

As postais entregaránse na Biblioteca Municipal no seguinte horario:
De luns a venres : 10:00 a 13:00 e 17:00 a 20:30
Sábados : 10:00 a 13:00

Prazo de entrega:

As postais deberán entregarse antes do día 20/11/2009.

Entrega de premios:

Os premios entregaránse o día 5/01/2010 antes da recepción dos Reis Magos de Oriente no polideportivo municipal.

Programación Nadal Oroso 2009/2010.

Concurso de postais de Nadal

Prazo:

As postais deberánse entregar na Biblioteca Municipal de Sigüeiro, antes do 20 de novembro.

Dirixido:

A maiores de 6 anos.

Concurso de mensaxes "Nadal Lingua"

Prazo:

As mensaxes deberánse entregar na Biblioteca Municipal de Sigüeiro, antes do 16 de decembro.

Dirixido:

A maiores de 6 anos.

Exposición fotográfica "Más que agua"

Días:

2 ao 22 de decembro.

Horario:

De luns a venres de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:30
Sábados de 10:00 a 13:00h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Contido:

A exposición ten como obxectivo a importancia que ten a auga no contorno e o necesaria que é para a vida dos animais así como das plantas e dos seres vivos.

I Xuntanza de agrupacións folclóricas

Día:

sábado 12 de decembro.

Hora:

ás 20:00 horas.

Lugar:

Salón de actos Colexio Sigüeiro

Contido:

Actuarán Buxos Verdes, Lembranzas do Tambre e Nevoas.

Belén vivente da Gardería Municipal "A Ulloa"

Día:

venres 18 de decembro.

Hora:

18:00 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Festival de Nadal da Escola de Música "José Verea"

Día:

sábado 19 de decembro.

Hora:

ás 20:30 horas.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Contido:

Actuarán os alumnos/as da Escola de Música e como artistas invitados "A Magnifique Band".

Visita dos Paxes Reais

Día:

martes 22 de decembro.

Lugares:

Gardería Municipal "A Ulloa".

C.R.A. (Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa)

Hora:

Os Paxes Reais pasarán a recoller pola mañá as cartas.

Diver Nadal

Días:

23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2009

4, 5 e 7 de xaneiro de 2010.

Hora:

de 07:30 a 15:30 h.

Lugar:

C.E.I.P. de Sigüeiro.

Dirixido:

de 3 a 12 anos.

Campaña de animación á lectura

Días:

mércores 23 de decembro: Obradoiro de Nadal.

Hora:

mércores 30 de decembro: "Vanesa non quere ser princesa"

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

Maiores de 5 anos. Contacontos para público infantil

Inscrición:

Inscrición previa na Biblioteca Municipal de Sigüeiro

Concerto de Corais

Día:

sábado 26 de decembro.

Hora:

ás 20:30 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Excursión Xuvenlugo

Día:

luns 28 de decembro.

Hora:

Saída ás 15:30 horas. Regreso ás 21:30 horas.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

Maiores de 9 anos.

Prazo:

Inscricións no Centro Cultural antes do 18 de decembro.

Concurso de Panxoliñas

Día:

martes 29 de decembro.

Hora:

20:30 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Prazo:

Inscrición no Centro Cultural antes do 18 de decembro.

Baile de Nadal para maiores

Día:

sábado 2 de xaneiro de 2010.

Hora:

de 19:30 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

3ª idade.

Xornadas de sensibilización "Traballo decente para unha vida decente"

Día:

luns 4 de xaneiro

Horas:

de 11:00 a 12:00 horas: nenos de 5 a 9 anos
de 12:00 a 13:00 horas: nenos de 10 a 14 anos
de 19:00 a 20:00 horas: nenos de 15 a 18 anos
de 20:00 a 21:00 horas: adultos

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Contido:

Trátase dun programa de educación para o desenvolvemento, realizado a través de obradoiros educativos.

Prazo:

Inscrición previa no departamento de cultura antes do día 28 de decembro. Prazas limitadas.

Gran Cabalgata de Reis

Día:

5 de xaneiro de 2010.

Hora:

ás 17:30 horas.

Lugar:

Saída da Estación de Vilacide e percorrido polas rúas de Sigüeiro.

- Rúa do Portiño
- Rúa da Insua
- Praza de Alexandre Bóveda
- Rúa do Medio
- Rúa do Portiño
- Avda. de Compostela

- Praza da Foca
- Avda. da Grabanxa
- Rúa da Cultura
- Rúa Rio Lengüelle
- Avda. de Compostela
- Rúa Xuncal

Recepción na Casa do Concello das súas Maxestades ás 18:15 h.

Chegada ao Pavillón de Deportes arredor das 19:00 h.
No pavillón haberá inchables, e caramelos para todos !!!.
(O Pavillón de Deportes non se abrirá ata pasadas as 18:30 horas)

Talleres e Obradoiros Municipais 2009/2010.

Para levar a cabo as actividades deberán xuntarse un mínimo de 10 participantes por grupo. Dando preferencia aos empadroados. En caso de máis xente apuntada que prazas realizarase un sorteo público. As familias numerosas terán o 20% de desconto. Máis información no Centro Cultural en horario de 09:00 a 14:00 ou no teléfono 981 69 09 03.

Semana Cultural - Oroso 2009.

Festa da Malla, Cine, Teatro, Música, Talleres, Festa da Espuma, Inchables, Maxia, Títeres, Actividades Acuáticas, Ruta de Sendeirismo, Miniolimpíada, ... toda unha ampla gama de actividades culturais e de lecer para gozar todos os veciños do Concello de Oroso dende o 18 ata o 30 de agosto.

Os lugares das actividades poden cambiar en caso de choiva. Algunhas das actividades precisan inscrición previa.
Para máis información diríxete ao departamento de Cultura no Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa de 9:00 a 14:00. (Teléfono: 981 690 903).

Programa de Actividades
 
 :: MÉRCORES 29 XULLO AO 30 DE AGOSTO ::

HORA: -
LUGAR: CENTRO CULTURAL

EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA "RÍOS DE GALICIA - TESOUROS DE VIDA".

 :: MARTES 18 AGOSTO ::

HORA: 10:00
LUGAR: ÁREAS DEPORTIVAS SIGÜEIRO

MINIOLIMPÍADA.
(Fútbol, baloncesto, natación, ciclismo, voleibol, tenis de mesa, ...)
(Rapaces de 6 a 15 anos.)
Inscricións no Centro Cultural

HORA: 22:00
LUGAR: PRAZA ALEXANDRE BÓVEDA

NOITE DE CINE "Asterix y los vikingos".
(Todos os públicos)

 :: MÉRCORES 19 AGOSTO ::

HORA: 11:30
LUGAR: CERCEDA

EXCURSIÓN AQUAPARK de Cerceda.
Saída de Sigüeiro ás 11:30 e chegada a Sigüeiro ás 19:00.
(Maiores de 8 anos)

HORA: 22:00
LUGAR: CENTRO CULTURAL

TALÍA TEATRO "Bicos con lingua".
(Maiores de 12 anos)

 :: XOVES 20 AGOSTO ::

HORA: 11:30 a 13:30
LUGAR: PZ. ISAAC DÍAZ PARDO

OBRADOIRO de bolígrafos decorados.
(Maiores de 4 anos)
Inscricións no Centro Cultural

HORA: 16:00 a 19:00
LUGAR: PISCINA MUNICIPAL

INCHABLES.
(Maiores de 5 anos)

HORA: 19:15
LUGAR: PISCINA MUNICIPAL

FESTA DA ESPUMA.
(Maiores de 5 anos)

HORA: 22:00
LUGAR: PRAZA ALEXANDRE BÓVEDA

NOITE DE CINE "Pequeños salvajes".
(Todos os públicos)
 
 :: VENRES 21 AGOSTO ::

HORA: 11:30
LUGAR: PZ. ISAAC DÍAZ PARDO

YUMA MALABARISTA.
(Maiores de 4 anos)

Inscricións no Centro Cultural

HORA: 12:15
LUGAR: PZ. ISAAC DÍAZ PARDO

OBRADOIRO de malabares.
(Maiores de 4 anos)

Inscricións no Centro Cultural

HORA: 19:00
LUGAR: CENTRO CULTURAL

TÍTERES "Ollos para ver" de Argallando.
(Público infantil)

 :: SÁBADO 22 AGOSTO ::

HORA: Todo o día
LUGAR: DEIXEBRE

FESTA DA MALLA.

 :: LUNS 24 AGOSTO ::

HORA: 11:30
LUGAR: PZ. ISAAC DÍAZ PARDO

CONCURSO DE COCIÑA.
(Maiores de 12 anos)
Ver inscricións e detalles

HORA: 19:00
LUGAR: CENTRO CULTURAL

MONICREQUES DE KUKAS "Contos do vento acatarrado".
(Todos os públicos)

HORA: 22:00
LUGAR: CAMPO DA FESTA DE SENRA

NOITE DE CINE "La brújula dorada".
(Todos os públicos)

 :: MARTES 25 AGOSTO ::

HORA: 11:30 a 13:30
LUGAR: PZ. ISAAC DÍAZ PARDO

OBRADOIRO de carpetas recicladas.
(Maiores de 4 anos)
Inscricións no Centro Cultural

HORA: 16:00 a 20:30
LUGAR: -

RUTA DE SENDEIRISMO.
 
HORA: 22:00
LUGAR: CENTRO CULTURAL

TEATRO MÁSCARA PRODUCIÓNS "Asalto de cama".
(Maiores de 12 anos)

 :: MÉRCORES 26 AGOSTO ::

HORA: 11:30
LUGAR: PZ. ISAAC DÍAZ PARDO

TROULADA DE ANIMAIS.
(Maiores de 12 anos)
Ver inscricións e detalles

HORA: 19:00
LUGAR: CENTRO CULTURAL

MAGO VITUCO "Explorador Esteban Quito".
(Todos os públicos)

HORA: 22:00
LUGAR: PRAZA ALEXANDRE BÓVEDA

NOITE DE CINE "La búsqueda II: El diario secreto".
(Todos os públicos)

 :: XOVES 27 AGOSTO ::

HORA: 12:00
LUGAR: CENTRO CULTURAL

TEATRO DO ANDAMIO "Os tres porquiños".
(Todos os públicos)

HORA: 19:30
LUGAR: CENTRO CULTURAL 

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA "Caza foto Sub", por Ignacio Veiga.
(Maiores de 10 anos)  

HORA: 22:00
LUGAR: CENTRO CULTURAL

TEATRO DO ANDAMIO "A preguiza".
(Todos os públicos)

 :: VÉNRES 28 AGOSTO ::

HORA: 11:30
LUGAR: CENTRO CULTURAL

CONCURSO DE BAILE.
(Maiores de 12 anos)
Ver inscricións e detalles

HORA: 20:00 a 21:00
LUGAR: CENTRO CULTURAL

EXHIBICIÓN BAILES DE SALÓN.
(Todos os públicos)

HORA: 21:00 a 22:00
LUGAR: CENTRO CULTURAL

CONCERTO DE ACORDEÓN.
(Todos os públicos)

HORA: 22:00
LUGAR:
ARREDORES CENTRO CULTURAL

CONCERTO PEPE PIÑA.
 
Colabora

Organiza

Semana das Letras Galegas 2010.

Programación da Semana das Letras Galegas

DATA

HORA

PROGRAMACIÓN

11 Maio

18:00

"A illa do Tesouro". (Amalia Pérez Otero).
Obradoiro.
Dirixido a tódolos públicos.

12 Maio

18:00

Obradoiro das Letras Galegas.

14 Maio

18:00

"Chincha Rabincha". (A Xanela do Maxín).
Monicreques.

18 Maio

20:00

"Voces no Camiño". (Olalla Cociña - Xacobeo 2010).
Representación poético musical.

Concurso de Marcapáxinas.

Concurso de relatos breves.

letras galegasNota: Tódas as actividades da Semana das Letras Galegas se desenvolverán no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa. Para asistir ós obradoiros hai que apuntarse na Biblioteca Municipal, as prazas son limitadas. Máis información no 981.690.903

Programa de Entroido 2010.

CONCURSO DE RECEITAS DE ENTROIDO

entroido

"EN GALEGO SABE MELLOR"
prazo de entrega de receitas o 9 de febreiro antes das 14:00h. no centro cultural.
Dirixido a maiores de 16 anos.

CONCURSO DE MÁSCARAS

entroido

Data límite de presentación das máscaras o martes 9 de febreiro antes das 14:00h. no centro cultural.
Dirixido a maiores de 9 anos.

EXPOSCIÓN: ARTESANIA DE ANTÓN FRAGUAS

entroido

Do 2 ao 14 de febreiro, no centro cultural Fernando Casas e Novoa.
Dirixido a tódolos públicos

ANIMACIÓN Á LECTURA

entroido

Mércores, 10 de febreiro ás 18:00h.
Contacontos “Conto os cabalos de Ana”, dirixido a tódolos públicos.
Na Bilioteca Municipal.

Mércores, 17 de febreiro ás 18:00h.
Obradoiro, realización dun lapiceiro, dirixido a maiores de 5 anos, previa inscrición na Biblioteca Municipal

CONCURSO DE DISFRACES

entroido

Sábado 13 de febreiro, saída ás 18:00h. do Pavillón de Deportes e percorrido polas rúas de Sigüeiro.
Entrega dos premios do concurso de máscaras arredor das 19:30h.
Haberá animación, inchables, paiasos, música e moita diversión.
Dirixido a tódolos públicos

OBRADOIRO MÁSCARAS E ANTEFACES

entroido

luns 15 de febreiro, ás 11:30h no centro cultural (previa inscrición) dirixido a rapaces/azas con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos

FESTA DE DISFRACES

entroido

Luns 15 de febreiro ás 20:30h. no centro cultural.
Música, diversión e sorpresas para tódolos asistentes.
Dirixido a tódolos públicos.
Colabora traendo filloas e orellas

BAILE DE MAIORES

entroido

Sábado 27 de febreiro ás 19:30 coa actuación do grupo “Glamour”.
Dirixido á terceira idade

Concurso de receitas de entroido. "En galego sabe mellor".

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de receitas de Entroido “En galego sabe mellor” son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a adultos maiores de 16 anos.

TERCEIRA:
As receitas terán que ser típicas do Entroido, deberán estar escritas en lingua galega e presentarse mecanografadas. Así mesmo, deberase presentar o prato elaborado o día indicado pola organización.

CUARTA:
Valoraranse a presentación e a creatividade do prato, e a orixinalidade e a lingua da receita.

QUINTA:
Aceptaranse como máximo dúas receitas por participante.

SEXTA:
Os concursantes presentarán as súas receitas no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:30h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 1 de marzo de 2011, antes das 13:00h. No día indicado pola organización (que será comunicado coa antelación suficiente) deberase presentar, ademais, o prato cociñado da casa.

SÉTIMA:
Requirirase presentar a seguinte documentación: a receita presentada no concurso, impresa en papel, co nome e os datos persoais do autor.

OITAVA:

O día 5 de marzo, ás 19.30h , terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral.

NOVENA:
Os premios dos gañadores serán os seguintes:
> Gañador: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello
> Finalista: Libro de cociña

Ademais, as súas receitas serán publicadas na páxina web do concello: www.concellooroso.com

DÉCIMA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Receita gañadora ano 2011. Loly Bello Nine

oroso Filloa rechea de lacón con crema de queixo San Simón da costa
Ingrendientes para as filloas

  • 2 ovos
  • 150 ml. de auga mineral ou auga do cocido
  • 150 grs. de fariña de trigo
  • Sal

Elaboración das filloas.
Mesturamos todos os ingredientes ata conseguir unha mestura ben ligada e deixamos que repouse uns 5 minutos.
Untamos unha filloeira cunha pinga de aceite de oliva, deixamos que quente ben, e procedemos a botar cun cazo un pouco da mestura anterior, estendéndoa rapidamente pola tixola, deixámola que se doure e dámoslle a volta retirándoa rapidamente.

Ingrendientes para o recheo

  • Lacón cocido
  • Queixo San Simón da Costa
  • Nata líquida
  • Pementa
  • Sal

Elaboración do recheo.
Cortamos o lacón en anacos finos.
Derretemos o queixo e engadimos a nata líquida, mesturamos ben os dous ingredientes, e finalmente engadimos sal e pementa ao gusto.
Abrimos a filloa, poñemos encima o lacón e botámoslle a salsa por enriba.

Nota: para a presentación do prato podemos utilizar unha redución de vinagre de Módena.

Receita finalista ano 2011. M. Mercedes Fernández González

oroso Paus de Entroido

  • 2 ovos
  • 100 grs. azucre
  • 100 ml. leite
  • 100 ml. aceite de fritir unha pela de laranxa
  • Raspa dun limón
  • ½ kg. fariña ou algo máis
  • 1 cullerada de lévedo
  • Canela e azucre mesturados

Batemos os ovos, o azucre, o leite, o aceite de fritir a pela dunha laranxa e a raspa dun limón, engadimos a fariña co lévedo pouco a pouco ata ir formando unha masa fácil de traballar, amasamos, deixamos repousar unha media hora, facemos os paus ao noso xeito e fritimos en abundante aceite.
Botámoslle por riba azucre e canela mesturados.

Concurso de Máscaras Oroso 2010.

Premiados

Os membros do xurado do Concurso de Máscaras acordaron o día 10 de febreiro nomear gañador e finalista da categoría infatil:

  • Gañador: Vicente López Seijo, “Bart Simpson y sus indianas”
  • Finalista: Rosi Chenlo “Festa de colores”

Nomear gañadora e finalista na categoría de adultos a:

  • Gañador: Rosa María Chacón “Flores en el pelo”
  • Finalista: María López “La vida color de rosa”

Folla de inscrición

Bases do Concurso

As bases polas que se rexerá o Concurso de Máscaras Oroso 2010 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O concurso está dirixido a diferentes idades, establecendo dúas categorías: unha sería a categoría infantil (dende os 9 anos aos 15) e a categoría de adultos, na que se inclúen os maiores de 16 anos.

TERCEIRA:
Non se aceptarán máscaras que xa fosen premiadas noutros concursos.

CUARTA:
O tema das máscaras será libre.

QUINTA:
A máscara deberá ser de elaboración propia.

SEXTA:
As máscaras deberán estar adaptadas ao tamaño dunha cara humana e cubrir o rostro completamente, podendo, no seu caso, sobresaír adornos, accesorios, etc. As máscaras tipo anteface serán admitidas no concurso sempre e cando cubran dende o labio superior ata a fronte.

SÉTIMA:
Os materiais para a realización da estrutura base poderán ser de tres tipos:
a) Calquera material derivado do papel (papel maché, cartón pedra ou cartón das fallas, cartolinas, técnicas mixtas derivadas do papel etc.)
b) Vendas de escaiola
c) Combinacións que poidan xurdir entre as técnicas citadas no apartado a e b (papel e escaiola). Na categoría de adultos, non se aceptarán máscaras nas cales a base estea realizada con materiais plásticos.
OITAVA:

A decoración da máscara poderá estar realizada con materiais e accesorios de libre elección, segundo as necesidades da máscara e a idea a plasmar polo artista.

NOVENA:
Valoraranse os acabados, a creatividade, a estética e o bo gusto.

DÉCIMA
Aceptarase como máximo unha máscara por participante.

DÉCIMO PRIMEIRA
Os concursantes presentarán as súas máscaras no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 09:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:30h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 9 de febreiro de 2010, antes das 14:00h.

DÉCIMO SEGUNDA
Requirirase a seguinte documentación por cada máscara entregada: sobre pechado cunha fotografía da máscara presentada no concurso, impresa en papel, co nome da obra, o nome do artista e un lema ou frase que explique a idea que inspirou a obra. Todo escrito no dorso da dita fotografía (as fotografías non serán devoltas).

DÉCIMO TERCEIRA
O día 13 de febreiro, ás 19.30h , terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral, están convidados.

DÉCIMO CUARTA
As máscaras poderanse recoller no Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa do 22 de febreiro ao 9 de marzo, con previa presentación por parte dos propietarios do xustificante de inscrición. Se o día 9 de marzo non se recolleron as máscaras, entenderase que os seus autores renuncian á súa propiedade a favor da organización, quen poderá destruílas ou darlles o destino que considere máis conveniente.

DÉCIMO QUINTA
A organización non se fai responsable dos danos, roubo, extravío ou outros riscos similares sobre as obras dos participantes, dende a entrega ata a devolución das mesmas.

DÉCIMO SEXTA
Os premios dos gañadores serán os seguintes:

  • Categoria Infatil:
    • Gañador: Cámara de fotos
    • Finalista: un MP4
  • Categoria Adultos
    • Gañador: Unha fin de semana nunha casa rural (en días verdes, non en temporada alta)
    • Finalista: Cea para dúas persoas nun restaurante do Concello

DÉCIMO SÉTIMA
No caso de que o gañador ou finalista da categoría de adultos non teña cumpridos os 18 anos deberá ir acompañado do pai/nai titor/a.

DÉCIMO OITAVA
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.

Concurso de Relatos Breves "Letras Galegas 2010"

Premiados

CATEGORÍA INFANTIL Nome Relato
Gañadora Andrea Domíngez Rodríguez (Sigüeiro) "A imaxinación perdida"
Finalista Antía Seoane Grobas (Oroso) "Meu anaquiño de ceo"
     
CATEGORÍA ADULTOS Nome Relato
Gañadora Ruth Caramés Blanco (Santiago) "Dora"
Finalista Rocío Leira Castro (Cee) "Vidas de plastilina"
Finalista Noelia Martínez Rey (Lugo) "Un verso do Poema"

Bases

As bases polas que se rexerá o Concurso de relatos breves Letras Galegas 2010 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
Establécense dúas categorías:

  • Infantil (de 6 a 14 anos)
  • Adultos (máis de 14 anos)

TERCEIRA:
Os relatos deberán ser orixinais e inéditos, estar escritos en lingua galega e presentarse mecanografados a dobre espazo, por unha soa cara, cun máximo de 5 folios de extensión.

CUARTA:
Valoraranse a orixinalidade, o desenvolvemento da temática, o estilo e a lingua.

QUINTA:
Aceptaranse como máximo tres relatos por participante. No caso de non presentarse un mínimo de tres relatos por categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta..

SEXTA:
Os concursantes presentarán os seus relatos no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 09:00 a 14:00h e de 17:00 a 20:30h e os sábados de 10:00 a 13:00h, tendo como data límite de presentación o 13 de maio de 2010.

SÉTIMA:
Cada relato levará un título, un pseudónimo que indique o autor e á categoría á que pertence (infantil ou adultos). Nun sobre pechado, xunto co pseudónimo e o título da obra escrito por fóra, o autor introducirá os seus datos persoais: nome e apelidos, idade, DNI, enderezo e teléfono de contacto.

OITAVA:
O día 21 de maio, ás 19.30h , terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral.

NOVENA:
Os premios dos gañadores serán os seguintes:
- Categoría adultos: 100 euros
- Categoría infantil: Lote de libros
Ademais, os tres mellores relatos de cada categoría serán publicados na páxina web do concello: www.concellooroso.com.
O autor renuncia a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor, e os exemplares que entregue da súa obra quedarán en propiedade do Concello.

DÉCIMA:
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas bases

Concurso de Disfraces 2010

PREMIADOS:

Categoria Xeral (maiores 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: Grease
    • Finalista: Dragón
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: Brasil
    • Finalista: Chegou o verán
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: Traxe de papel
    • Finalista: A Sementeira

Categoria Infantíl (ata 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: Moulin Rouge
    • Finalista: Playschool
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: A vaca amarela
    • Finalista: Escenas de la corte: Romeo y Julieta
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: Princesa recicladora de bolsas
    • Finalista: Marinero

  • PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO
    • Gañador: Un labrador con vacas

As bases polas que se rexerá o Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2010 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar tódalas persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
O Concurso de Disfraces Entroido Oroso 2010 terá lugar o sábado día 13 de febreiro no Pavillón Polideportivo Municipal de Sigüeiro, comezando coas actividades previstas ás 18:00h horas cun desfile de todos os participantes polas rúas de Sigüeiro.

TERCEIRA:
Quedan establecidas dúas categorías en función da idade:

  • 1ª: categoría xeral (maiores de 16 anos)
  • 2ª: categoría infantil (ata 16 anos)

CUARTA:
O prazo de inscripción esténdese dende o día 25 de xaneiro ata as 17:30 horas do sábado 13 de febreiro.
A inscripción formalizarase nas oficinas do Centro Cultural de Fernando Casas e Novoa ou chamando ó número de teléfono 981690903 ata ás 14.00 horas do día 12 de febreiro e o propio día do Concurso de 16:30 a 17:30 horas no Pavillón Municipal.

QUINTA: PREMIOS:

Categoria Xeral (maiores 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 500 euros
    • Finalista: 300 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 220 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 250 euros
    • Finalista: 180 euros

Categoria Infantíl (ata 16 anos)

  • MODALIDADE COMPARSA (mínimo 6 compoñentes)
    • Gañador: 350 euros
    • Finalista: 200 euros
  • MODALIDADE DE GRUPO (de 2 a 5 compoñentes)
    • Gañador: 220 euros
    • Finalista: 150 euros
  • MODALIDADE INDIVIDUAL.
    • Gañador: 180 euros
    • Finalista: 120 euros

  • PREMIO ESPECIAL PARA UNHA COMPARSA DO CONCELLO DE 150€

SEXTA:
Será obligatorio participar no desfile que saíra do Pavillón percorrendo diversas rúas de Sigüeiro para formar parte do concurso de disfraces. Será a organización do concurso a que determine si se suspende ou non o mesmo por causas axenas o mesmo (como poden ser as condicións metereolóxicas).

SETIMA:
A selección dos gañadores levarase a cabo o mesmo día do concurso segundo valoración dun xurado composto de cinco membros e designado para tal fin. Valorará a orixinalidade e a laboriosidade, podendo declararse deserto calquera premio se a xuízo do propio xurado non se reúnen os méritos suficientes.

OITAVA:
A entrega de premios para tódalas modalidades efectuarase con posterioridade ó Concurso, previa presentación de Certificación bancaria nas dependencias municipais.

NOVENA:
Normas finais
O feito de participar no concurso implica o coñecemento e aceptación por parte dos concursantes das presentes bases.
Segundo.- Aprobar o gasto polo importe de 3.170,00 euros con cargo á partida 452.226.11.

Relacións veciñais

Dende a Concellaría de Cultura, Deportes, Mocidade, Infraestructura Cultural e Deportiva, Relacións Veciñais e Festexos Populares puxéronse en marcha distintas actividades para fortalezar as relacións entre os veciños.
O Concello de Oroso, colabora con tódalas Asociacións Veciñais na organización das Sardiñadas, Magostos, ... e outros enventos veciñais.

Relación de Magostos 2008

DÍA

HORA

ORGANIZA

LUGAR

25 outubro

20:00 h.

A.V Terceira Idade

Pavillón Polideportivo

26 outubro

12:00 h.

A.V. Cardama

Local Social da Iglesia

8 novembro

18:00 h.

A.V. Penateixa

Local Social da Gándara

8 novembro

21:00 h.

A.V. Senra

Local Social

8 novembro

22:00 h.

A.V. Villarromariz

Local Social

14 novembro

21:00 h.

A.V. Deixebre

Local Social

14 novembro

21:30 h.

A.V. Sigüeiro Residencial

Rúa Ourense

15 novembro

21:00 h.

Lembranzas do Tambre

Centro Cultural

15 novembro

22:00 h.

A.V. Orosiños

Escola de Cabanas

22 novembro

20:00 h.

Buxos Verdes

Local Social de Senra

22 novembro

21:00 h.

A.V. Marzoa

Local Social

23 novembro

14:00 h.

A.V. San Juan Calvente

Capela Grabanxa

23 novembro

14:00 h.

A.V. Trasmonte

Local Social

Relación das Sardiñadas 2008

DÍA

HORA

ORGANIZA

LUGAR

20 xuño

21:30 h.

A.V Orosiños

Local social

21 xuño

21:00 h.

A.V. Villarromarís

Local social

22 xuño

13:30 h.

A.V. Chamadeiro

Local social de Bran

22 xuño

14:00 h.

A.V. Senra

Local social

27 xuño

21:30 h.

A.V. Sigüeiro Residencial

Rúa Ourense (Sigüeiro)

8 xuño

13:00 h.

A.V. de Trasmonte

Local social

28 xuño

20:00 h.

A.V. Cardama

Campo da festa

28 xuño

20:00 h.

A.V. San Martiño de Marzoa

Campo da igrexa

28 xuño

20:00 h.

A.V. Penateixa

Local social de Gándara

28 xuño

21:00 h.

A.V. A Carballeira

Campo de fútbol de Deixebre

6º Concurso de Marcapáxinas

Bases do Concurso

Participantes: Poderán participar tódolos rapaces que teñan os anos correspondentes as seguintes categorías:

  • de 6 a 8 anos
  • de 9 a 11 anos
  • de 12 a 14 anos

Cada participante poderá presentar un só marcapáxinas.

Tema: O tema será libre.

Dimensións: 20x5 cm. (deseño por unha soa cara).

Presentación: Os traballos presentaranse nun sobre no que constará a idade do participante (nunca o nome).No interior figurará nunha folla o nome e apelidos do concursante así como un nº de teléfono.

Prazo e lugar de presentación: Os orixinais poderán presentarse na Biblioteca Municipal do 19 de abril ó 7 de maio en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:30.

Criterios para a concesión de premios: A calidade, orixinalidade e a mensaxe de animación a lectura serán os criterios nos que se basará o xurado para o fallo dos premios.

Premios: Establecerase un premio para cada categoría que consistirá nun lote de libros ademáis da edición dos marcapáxinas.

7º Concurso de Marcapáxinas.

Bases do Concurso

Participantes: Poderán participar todos os rapaces que teñan os anos correspondentes ás seguintes categorías:

  • de 3 a 5 anos
  • de 6 a 8 anos
  • de 9 a 11 anos
  • de 12 a 14 anos

Cada participante poderá presentar un só marcapáxinas.

Tema: Tema: Libre.

Dimensións: 20x5 cm. (deseño por unha soa cara).

Presentación: Os traballos presentaranse nun sobre no que constará a idade do participante (nunca o nome).No interior figurará nunha folla o nome e apelidos do concursante así como un nº de teléfono.

Prazo e lugar de presentación: Os orixinais poderán presentarse na Biblioteca Municipal do 11 de abril ao 7 de maio en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:30.

Criterios para a concesión de premios: A calidade, orixinalidade e a mensaxe de animación á lectura serán os criterios nos que se baseará o xurado para o fallo dos premios.

Premios: Establecerase un premio para cada categoría que consistirá nun lote de libros ademais da edición dos marcapáxinas.

II Concurso de Relatos Breves "Letras Galegas 2011".

Premiados

CATEGORÍA INFANTIL Nome Relato
Primeiro premio Andrea Domínguez Rodríguez (Sigüeiro) "Regreso a Creat"
Segundo premio Tomás Fernández Bouvier (Sigüeiro) "A ruleta da vida"
Finalista María Lagares Carrillo (Beán - Ordes) "Nunca xogues á ouija"
     
CATEGORÍA ADULTOS Nome Relato
Primeiro premio María del Carmen Simón Martínez (Ames) "Leite con chicoria"
Segundo premio Lucía Gómez Franqueiro (Sigüeiro) "Pegadas infinitas"
Finalista Noelia Martínez Rey (Lugo) "Apenas murmurio"

Bases

As bases polas que se rexerá o II Concurso de relatos breves Letras Galegas 2011 son:

PRIMEIRA:
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.

SEGUNDA:
Establécense dúas categorías:

  • Infantil (de 6 a 14 anos)
  • Adultos (máis de 14 anos)

TERCEIRA:
Os relatos deberán ser orixinais e inéditos, estar escritos en lingua galega e presentarse en formato DIN A4, escritos a ordenador a dobre espazo, por unha soa cara, cun máximo de 5 folios de extensión.

CUARTA:
Valoraranse a orixinalidade, o desenvolvemento da temática, o estilo e a lingua.

QUINTA:
Aceptaranse como máximo tres relatos por participante. No caso de non presentarse un mínimo de tres relatos por categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta..

SEXTA:
Os concursantes presentarán os seus relatos no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres de 09:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:30h e os sábados de 10:00 a 13:00h, ou poderán envialos ao seguinte enderezo: Servizo de Normalización Lingüistica do Concello de Oroso, Praza de Isaac Díaz Pardo nº1, CP 15888 Sigüeiro-Oroso (A Coruña), indicando no sobre Concurso de relatos breves Letras Galegas 2011, e tendo como data límite de presentación o 13 de maio de 2011.

SÉTIMA:
Cada relato levará un título, un pseudónimo que indique o autor e á categoría á que pertence (infantil ou adultos). Nun sobre pechado, xunto co pseudónimo e o título da obra escrito por fóra, o autor introducirá os seus datos persoais: nome e apelidos, idade, DNI, enderezo e teléfono de contacto, ademais dunha fotocopia do DNI.

OITAVA:
O día indicado pola organización coa antelación suficiente terá lugar un acto de entrega de premios, ao cal poderán asistir todos os participantes e o público en xeral.

NOVENA:
Os premios dos gañadores serán os seguintes:
- Categoría adultos:
       Primeiro premio: 150 euros
       Segundo premio: 75 euros
- Categoría infantil:
       Primeiro premio: Vale de 100 euros para gastar nunha libreria
       Segundo premio: Lote de libros (valorado en 50 euros)
Ademais, os tres mellores relatos de cada categoría serán publicados na páxina web do concello: www.concellooroso.com.
O autor renuncia a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor, e os exemplares que entregue da súa obra quedarán en propiedade do Concello.

DÉCIMA:
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nestas bases

XIII Concurso de Marcapáxinas.

Bases do Concurso

Participantes: Poderán participar todos os rapaces que teñan os anos correspondentes as seguintes categorías:
- De 3 a 5 anos
- De 6 a 8 anos
- De 9 a 11 anos
- De 12 a 14 anos
Cada participante poderá presentar un só marcapáxinas.

Tema: Libre.

Dimensións: 20 x 5 cm (deseño por unha soa cara).

Presentación: Os traballos (sen nome) presentaranse nun sobre pechado. No interior xunto co marcapáxinas irá unha folla co nome e apelidos do concursante así como un nº de teléfono.

Prazo e lugar de presentación: Os orixinais poderán presentarse na Biblioteca Municipal ata o 11 de maio de 09:30 a 13:30 e de 16:30 a 21:00.