subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

IX Concurso de Tapas de Oroso "de tapa en tapa"

Bases do Concurso

BASE PRIMEIRA: Obxecto do Concurso
O obxecto do presente concurso é acadar un maior número de visitantes ao concello de Oroso e dinamizar a nosa hostalería, ao tempo que se promove a gastronomía local e as posibilidades do Concello de Oroso en materia de turismo.

BASE SEGUNDA: Participantes
Poderán concursar os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Oroso.

BASE TERCEIRA: Datas e duración do Concurso
Esta novena edición do concurso de tapas de Oroso levarase a cabo no mes de xuño, concretamente os días 1, 2, 3, 8, 9 e 10.

BASE CUARTA: Desenvolvemento do Concurso
Cada establecemento deberá elaborar de un máximo de dúas tapas. O prezo de cada tapa será de 1€. Unha vez degustada polo cliente, o establecemento selaralle o boleto, para poder participar no concurso e ter acceso aos premios.

BASE QUINTA: Valoración da Tapa
1. Concepto de tapa, presentación, empratado e sostibilidade
2. Texturas, olores, e punto de cocción/elaboración
3. Complexidade, creatividade e orixinalidade da receita
4. Ingredientes produtos de Galicia
5. Sabor

BASE SEXTA: Número de Tapas
Aceptaranse como máximo dúas tapas, unha por día. Sendo aceptable tamén unha única tapa para participar os seis días.

BASE SÉPTIMA: Horario de degustación das tapas
Será de carácter obrigatorio para todos os establecementos participantes servirlle as tapas ao público nunha franxa horaria acordada polos participantes e a organización do concurso. Este horario fíxase da seguinte maneira: Os venres de 20:00-23:30h, os sábados de 12:00-15:00h e de 20:00-23:30h e os domingos de 12.00 -15.00h.
Este horario sempre poderá ser aumentado polos locais participantes se así o desexan pero en ningún caso reducido .

BASE OITAVA: Votación
Premio do público: Deberán de terse en conta os criterios fixados na base quinta. A cada establecemento entregaráselle unha urna selada pola organización do concurso. No boleto de selado, no apartado dedicado para tal fin, os degustadores poderán votar polo establecemento que fixera a mellor tapa. Logo deberán depositalo en calquera das urnas que atoparán nos establecementos participantes.

Premio do xurado: O xurado designado polo organización do evento para a valoración das tapas presentadas terán en consideración os seguintes criterios:
1. Concepto de tapa, presentación, empratado e sostibilidade (Ata 5 puntos)
2. Texturas, olores, e punto de cocción/elaboración/textura (Ata 5 puntos)
3. Complexidade, creatividade e orixinalidade da receita (Ata 5 puntos)
4. Ingredientes produtos de Galicia (Ata 5 puntos)
5. Sabor (Ata 10 puntos)

BASE NOVENA: Nº de selos
Serán necesarios 4 selos de distintos bares para poder votar e entrar no sorteo dos premios.

BASE DÉCIMA: Premios
Os premios serán os seguintes:

PREMIO PARA OS ESTABLECEMENTOS
Estableceranse un total de dous premios para os bares participantes.
Premio do público: (300 €)
Premio do xurado: (300 €)
Ditos premios non serán acumulativos, é dicir, cada bar soamente poderá acadar un dos premios. No caso de empates os premios poderán ser divididos + DIPLOMA QUE O ACREDITA COMO GAÑADOR DA CATEGORÍA CORRESPONDENTE POLO CONCELLO DE OROSO.

PREMIOS PARA OS CLIENTES
Sortearase entre todos os boletos debidamente selados polos establecementos e cumprimentados cos datos persoais de cada cliente, por orde de saída das papeletas:
Unha tablet
Un bono regalo estancia nun balneario ou similar
4 vales da compra en supermercados do concello (2 vales de 100€ e 2 vales de 50 €)

Só se admitirán os boletos que se atopen no interior das urnas repartidas polos establecementos.

BASE DÉCIMO PRIMEIRA: Sorteo e entrega de premios
A organización fixará unha data para o sorteo dos premios dos establecementos e do público, que será comunicada aos establecementos participantes e aberto ao público en xeral.
Posteriormente, celebrarase un acto de entrega de premios, que será comunicado a todos os premiados.

BASE DÉCIMO SEGUNDA: Publicidade e material de difusión
A cada establecemento entregaránselle carteis que deberán poñer á vista no seu local para darse a coñecer como participantes. A organización encargarase de darlle publicidade ao dito acontecemento de todas as formas posibles para acadar así unha maior presenza. Isto inclúe os seguintes medios:
1. Páxina web do Concello de Oroso.
2. Carteis por todo o Concello e no resto da comarca, así como tamén nos concellos máis próximos a Oroso que non pertenzan á comarca.

O Concello de Oroso será o encargado de editar as revistas informativas do concurso, cos boletos de selado, nos cales figurarán os locais participantes, as tapas que ofertarán e a localización dos locais.
Estas revistas poderán conseguirse de forma totalmente gratuíta pola clientela que queira entrar no sorteo. Atoparanse en todos os locais que participen e tamén nas dependencias da Casa do Concello e no centro cultural Fernando Casas e Novoa.

BASE DÉCIMO TERCEIRA: Aceptación das bases
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.



VIII Concurso de fotografía. "Muller Traballadora".

Documentación

Bases do concurso de fotografía

Primeira: Participantes
Poderán presentarse todas as persoas DA COMARCA DE ORDES e SANTIAGO DE COMPOSTELA. Con dúas categorías: XERAL (maiores de 16 anos) e INFANTIL ( 9- 16 anos).

Segunda: Tema
Con motivo do Día Internacional da Muller no que se conmemora a loita da Muller pola súa participación e igualdade de xénero na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa, convócase este concurso. Centrado no ámbito do traballo e co que se pretende que a través das imaxes se reflicte o traballo das mulleres en calquera eido.

Terceira: Número máximo de fotografías
O número de fotografías a presentar por cada participante estará limitado a 3.

Cuarta: Tamaño e presentación
O formato das fotografías será de 20 x 30 cm. Admitiranse fotos en cor e en branco e negro quedando prohibido o uso de programas de retoque fotográfico.
As fotografías presentaranse sen montar, sen paspartú, marco nin cristal. E sen datos persoais que poidan identificar á persoa autora.
Aquelas fotografías nas que apareza unha persoa identificable, deben contar co consentimento da persoa retratada. (Anexo I). A non presentación deste anexo implica quedar excluído/a no devandito concurso.

Quinta: Obras
Cada fotografía levará un título escrito por detrás, xunto co pseudónimo que indique o autor ou autora. Nun sobre pechado co pseudónimo, e a categoría a que pertence escrito por fóra, o autor introducirá os seus datos persoais. (Nome e apelidos, NIF, enderezo e teléfono) así como un CD coa fotografía en formato dixital no que figure o título.

Sexta: Prazo de recepción dos traballos
As fotografías entregaranse na Biblioteca Municipal no centro cultural Fernando de Casas e Novoa de 09:30h a 13.30h e de 16.30h a 21.00h. O prazo de entrega das obras rematará o día 26 de febreiro de 2018.
As persoas participantes tamén poderán enviar as fotografías por correo postal dentro do prazo de admisión do parágrafo anterior. Neste caso a participante xustificará a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciará a este concello a remisión das fotografías, mediante fax (981691786) ou telegrama ata o día 26 de febreiro de 2018 ás 21:00 horas.
Sen a concorrencia de ambos os requisitos non serán admitidas as fotografías, se son recibidas por este organismo con posterioridade á data de terminación do prazo.
Porén, logo de transcorrer os 5 días hábiles seguintes á data indicada sen recibirse as fotografías estas non será admitidas en ningún caso

Sétima: Premios
O xurado establecerá tres premios CATEGORÍA XERAL:

  • 1º Premio : 250 €
  • 2º Premio : 150 €
  • 3º Premio : 100 €

E tres premios CATEGORÍA INFANTIL. A trocar en establecementos do concello de Oroso.

  • 1º Premio : Vale agasallo valorado en 100 €
  • 2º Premio : Vale agasallo valorado en 60 €
  • 3º Premio : Vale agasallo valorado en 40 €

O fallo do xurado darase a coñecer no marco das celebracións do Día Internacional da Muller o 8 de marzo de 2018 ás 19:30 horas no centro cultural Fernando de Casas e Novoa.

Oitava: Fallo do xurado
A decisión do xurado será inapelable.
A selección da fotografías realizarase tendo en conta a súa calidade técnica e artística e o grao no que fosen capaces de captar a esencia da temática do concurso.
No caso no que o xurado así o estimase todos ou algúns dos premios poderían quedar desertos.
Para poder recibir o premio é condición imprescindible estar presente no acto de entrega. No caso de non poder acudir, pódese enviar unha persoa representante, coa autorización expresa do titular da fotografía premiada.

Novena: Difusión dos traballos e protección de datos de caracter persoal (LOPD).
O Concello de Oroso resérvase todos os dereitos de propiedade e uso das fotografías, citando sempre o nome da persoa autora, pasando a formar parte do patrimonio artístico – cultural do Concello Todas as fotografías presentadas a concurso serán expostas ao público no mes de marzo en Dependencias Municipais. Si a cantidade de obras recibidas excedera o número máximo para a súa exhibición, realizarase unha selección previa.
O Concello garante o correcto tratamento dos datos de acordo coa Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD).

Décima: Aceptación das bases
A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada unha das bases descritas.
A organización queda facultada para resolver calquera continxencia non prevista nas Bases.



Excursión patinar sobre xeo e birlos solbowling.

O Concello de Oroso organiza unha excursión para patinar sobre xeo e xogar aos birlos o martes 26 de decembro para maiores de 11 anos.
A saída será ás 11 horas diante do centro cultural para chegar aproximadamente ás 11:40 horas á pista de xeo de Marineda City, na cal se estará de 12 a 13 horas.
Despois desprazaremonos ata Oleiros onde os encargados do xogo dos birlos explicarán as normas do xogo e farán entrega de calzado axeitado. Xantaremos e dende as 15 horas ata as 17 horas realizaranse as partidas de birlos.
Ás 17:15 horas partirase da bolera para chegar arredor das 18 horas o centro cultural de Sigüeiro.

Información

  • PRAZO DE INSCRICIÓN: ata o 21 de decembro no centro cultural ou ata cubrir prazas.
  • PRAZAS: 32 (adxudicación de praza por orde de inscrición).
  • REQUISITOS: nacidos/as desde 2006 (a partir de 11 anos) e preferencia aos/ás empadroados/as no concello de Oroso.
  • DÍA: martes 26 de decembro.
  • HORA E LUGAR DE SAÍDA: diante do centro cultural ás 11h.
  • HORA E LUGAR DE REGRESO: 18h. diante do centro cultural.
  • OS/AS PARTICIPANTES TERÁN QUE LEVAR GUANTES PARA PATINAR SOBRE XEO.
  • DARÁSELLES PREFERENCIA AOS/ÁS MENORES DE IDADE.
  • OBRIGAS: Os/as participantes menores de idade deberán facer as dúas viaxes (tanto a de ida como a de volta) no autobús e ter cuberta a autorización no momento da viaxe.

NOTA: os/as participantes irán acompañados/as de persoal do concello durante toda a viaxe. Aínda así o concello non se responsabiliza das posibles perdas materiais, así como tampouco dos danos físicos ou psiquícos que puidesen sufrir os/as participantes na excursión

Información e inscricións

  • Concello de Oroso
    • Centro Cultural (981 690 903)



Programación Nadal Oroso 2017-2018.

Concurso de postais de Nadal con Mensaxe

Prazo:

Prazo de entrega das postais ata o 15 de decembro. Entrega das postais na biblioteca municipal.
[Ver publicidade específica]

Dirixido:

A maiores de 4 anos.


Exposición homenaxe a Maruxa Mallo

Días:

Do 11 ao 30 de decembro.

Lugar:

Centro Cultural.


Belén vivente da Gardería Municipal "A Ulloa"

Día:

venres 15 de decembro.

Hora:

18:00 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

Todos os públicos.


Festival do CRA

Día:

xoves 21 de decembro.

Hora:

Pola mañan

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

Todos os públicos.


Visita dos Paxes Reais

Día:

xoves 21 de decembro.

Lugares:

O carteiro Real e un paxe Real pasarán a recoller as cartas dos nenos e nenas da gardería “Trastes”, gardería Municipal “A Ulloa”, gardería A Chousa Nova as dos alumnos/as do C.R.A.  no centro cultural, e acudirán tamén ao Fogar Residencial Porto Avieira, en horario de mañá.

Hora:

Os Paxes Reais pasarán a recoller pola mañá as cartas.


Christmas Camp 2017

Días:

22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2017 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018 (9 días)
[Ver publicidade específica]

Lugar:

CEIP Camiño Inglés.

Dirixido:

A nenos e nenas escolarizados.


Concerto de Nadal da ESMU José Verea

Día:

venres 22 de decembro

Lugar:

Centro Cultural.

Hora:

19:00 horas

 

Obradoiro de Nadal para os máis cativos. E se mercas nos comercios asociados a Sigüeiro Vende ou nos postos de artesanía consigues un vale para un chocolate.


Mercado de Artesanía de Nadal

Día:

Vernes 22 de decembro

Lugar:

Rúas Xuncal e Lengüelle

Hora:

11:00 a 20:00 horas.

Prazo:

Inscricións no centro cultural .


Excursión: Patinaxe sobre xeo e Bolera

Día:

martes 26 de decembro.

Lugar:

Santa Cristina - Oleiros.

Prazo:

Excursión gratuíta a patinar sobre xeo e á bolera (aos birlos) Solbowling en Santa Cristina – Oleiros,  xantar e partidas de birlos. Información e inscricións no centro cultural.

Dirixido:

A maiores de 11 anos.


Obradoiro de decoración de Nadal

Día:

martes 26 de decembro

Lugar:

Centro Cultural. Prazas limitadas. Inscrición previa no centro cultural ata o 20 de decembro.

Hora:

17:00 horas

Dirixido:

A maiores de 5 anos.


Monicreques Trompicallo: "Violeta Coletas e as Salchichas Glub"

Días:

mércores 27 de decembro

Lugar:

Centro Cultural.

Hora:

18:30 horas.

Dirixido:

Ao público familiar.


O retrete de Dorian Gray co espectáculo "Rúa Aire"

Días:

xoves 28 de decembro

Lugar:

Centro Cultural.

Hora:

18:30 horas.

Dirixido:

Non recomendado a menores de 5 anos.


Nadal sobre rodas en familia

Días:

26, 27, 28, 29 de decembro
De 10 a 14h Esta actividade está dirixida polo Club Patín Oroso e conta coa colaboración do Concello de Oroso. Trátase dunha actividade que ten como fin a conciliación da vida laboral e familiar.
Máis información e inscricións nas oficinas do centro deportivo ou a través do Club Patín Oroso.

Lugar:

Centro Deportivo .


II Campus de Nadal da Escola Deportiva Xuventude Oroso

Día:

Do 26 de decembro ao 5 de xaneiro.

Hora:

10 a 14 horas

Lugar:

Máis información no Centro Deportivo ou Escola Deportiva.


Concerto de Panxoliñas

Día:

Venres 29 de decembro.

Hora:

20:00 h.

Lugar:

Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa

Dirixido:

Todos os públicos.


Maxia

Día:

Mércores 3 de decembro

Lugar:

Dani Polo co espectáculo I+D+d (Ilusión más diversión más imaginación).

Hora:

18:00 horas

Dirixido:

Dirixido a todos os públicos.


Gran Cabalgata de Reis

Día:

Xoves 5 de xaneiro de 2018.

Hora:

ás 18:00 horas.

Lugar:

Saída da Rúa do Portiño e percorrido polas rúas de Sigüeiro.

N- 550 (avda. de Compostela)
- Rúa do Portiño
- Rúa da Insua
- Praza de Alexandre Bóveda
- Rúa do Medio
- Rúa do Portiño
- Avda. de Compostela

- Praza da Foca
- Avda. da Grabanxa
- Rúa do Concello
- Rúa Rio Lengüelle
- Avda. de Compostela
- Rúa Xuncal

Recepción na Casa do Concello das súas Maxestades ás 18:15 h.

Chegada ao Pavillón de Deportes arredor das 19:00 h.
No pavillón haberá inchables, e caramelos (aptos para celíacos) para todos !!!.
(O Pavillón de Deportes non se abrirá ata pasadas as 18:30 horas)


As súas Maxestades queren sentirse arroupadas polos nenos/as de Oroso, por iso pedímosvos que aqueles/as que esteades interesados/as podedes acompañalas na gran Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro, percorrendo as rúas de Sigüeiro.
Tamén nos dixeron que necesitan paxes reais para ese mesmo día, como ben sabedes trátase dunha xornada de moito traballo, concentrado nunha soa noite. Para colaborar é necesario que acudas ao centro cultural para inscribirte.






Concurso de postais de Nadal de mensaxe 2017.

PREMIADOS


  • CATEGORIA de 4 a 6 anos
  • Gañador: Oscar Boo Platas

    postais

    Reno Nadal.
  • CATEGORIA de 7 a 9 anos
  • Gañadora: Mónica Conde Castiñeira

    postais
     

    Bo Nadal!.

  • CATEGORIA de 10 a 13 anos.
  • Gañadora: Elba Blanco Martínez

    postais

    Ledicia, Amor, Amizade. A estrela fugaz mais bonita dunha cidade. Bo Nadal.

  • CATEGORIA máis de 14 anos.
  • Gañador: Miguel Vázquez Varela

    postais




Bases:

  • As postais terán como máximo as seguintes dimensións: 21 x 15
  • Poden entregarse na técnica que cada un considere oportuna pero deben incluír unha mensaxe de felicitación orixinal e escrita en lingua galega
  • Cada participante poderá presentar un máximo de 2 postais
  • No caso de non presentarse un mínimo de 3 postais por cada categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta

Categorías
Establécense catro categorías:

  • De 4 a 6 anos
  • De 7 a 9 anos
  • De 10 a 13 anos
  • Máis de 14 anos

Premios
Os/as gañadores/as de cada categoría gañarán un lote de libros.

Onde entregar a postal
As postais entregaranse na biblioteca municipal no seguinte horario: De luns a venres : 09:30 a 13:30 e de 16:30 a 21:00 e sábados de 10:00 a 13:00.

Prazo de entrega:
Ata o 15 de decembro ás 21:00h.

Entrega de premios:
OS PREMIOS ENTREGARANSE O DÍA 05/01/2018 ANTES DA RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE NO PAVILLÓN MUNICIPAL.



Campamento Xuvenil a Devesa - Ribadeo.

O campamento xuvenil de verán está destinado a nenos e nenas de 7 a 14 anos de idade, e terá lugar no Campamento da Devesa (Ribadeo) dende o 18 ata o 29 de agosto.
Durante o campamento levaranse a cabo actividades como: rutas de senderismo, actividades multiaventura, actividades nauticas, excursións, rutas en barco, xogos e cancións...
Os prezos inclúen todo:

  • desprazamento ata o campamento
  • actividades
  • aloxamento e manutención

As prazas son limitadas e terán preferencia os/as emppadroados/as no Concello).

Prazo de inscrición:
Ata completar as prazas.

PREZOS

  • Empadroados: 140 €
  • Non Empadroados: 190 €

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN
A formalización das solicitudes farase no Centro Cultural de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
A documentación que se debe presentar é a seguinte:

  • Solicitude de Inscrición
  • Anexo 1
  • Autorización de reportaxes de imaxe e son (Anexo 2)
  • Autorización recollida por outras persoas, se procede (Anexo 3)
  • Fotografía tamaño carné
  • Fotocopia tarxeta sanitaria
  • Informe ou certificado médico se fose o caso de padecer algunha enfermidade, minusvalía, intolerancia ou alerxia ou tomar algún medicamento
  • Xustificacnte de pago (Pagamento) - Tributos Online



Mergúllate na Cultura.

O Departamento de Cultura do Concello de Oroso vén de preparar un intenso programa cultural para o mes de xuño e xullo: Música, teatro, monicreques, gala da cultura, obradoiros, ... estarán a disposición de todos os veciños e veciñas do concello.

Programa

  • EXPOSICIÓN OBRADOIROS CULTURAIS
    Data: Do 24 de maio ao 9 de xuño
    Lugar: Centro Cultural
    Xoves 24 de maio ás 20 h. acto de inauguración
    e entrega de diplomas

  • CARAMUXO Teatro
    "REDONDO"

    Data: sábado 2 de xuño ás 11 horas o primeiro pase, e ás 12 horas o segundo pase.
    Lugar: Centro Cultural

    Espectáculo para bebés. Incricións no 981 690 903

  • GALA DA CULTURA.
    III CERTAME DE TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN DO CAMIÑO INGLÉS.
    CONCURSO "Escríbelle unha carta a János Zádori"

    Data: venres 8 de xuño ás 20:30 horas.
    Lugar: Centro Cultural

  • FESTIVAL FIN DE CURSO DA GARDERÍA "A ULLOA"
    Data: venres 15 de xuño ás 18 horas
    Lugar: Centro Cultural

  • Grupo de teatro infantil "BOLBORETAS DE PAPEL"
    “BRANCANITAS E AS ANANEVES ”
    Escrita e dirixida por Ana García Reig .
    Data: mércores 20 de xuño ás 20 horas
    Lugar: Centro Cultural

  • Música Xoán Curiel e a Banda Son+d2
    "ESTAMOS NO VERÁN"

    Data: xoves 21 de xuño ás 19 horas
    Lugar: exterior da piscina municipal, en caso de choiva Centro Cultural
    Dirixido ao público familiar.

  • INCHABLES E FESTA DA ESPUMA
    Data: venres 22 de xuño de 11 a13 horas e de 16:30 a 18:30 horas.
    As 19 horas festa da espuma na piscina municipal

  • XOGOS POPULARES
    Data: martes 26 de xuño de 17 a 19 horas
    Lugar: exterior piscina municipal
    Dirixido ao públio familiar

  • Monicreques Pérez & Fernández
    "O PODER DE AMABEL "

    Data: mércores 27 de xuño ás 19 horas
    Lugar: exterior da piscina municipal
    Dirixido a partir de 3 anos

  • Concerto FIN DE CURSO DA ESCOLA DE MÚSICA
    Data: venres 29 de xuño ás 19 horas
    Lugar: centro cultural

  • Concerto COMBOS ESMU
    Data: sábado 30 de xuño ás 20 horas
    Lugar: Praza Isaac Díaz Pardo

  • PSICOTROITA OROSO 2018
    ATAQUE ESCAMPE
    ATRÁS TIGRE
    MAL RAIO
    HICKEYS
    THE LAZY FAITHFUL
    LA MOTO DE FERNAN
    DJ's
    Data: sábado 7 de xullo a partir das 18 horas
    Lugar: alameda de Góis






II Concurso de escaparatismo de Nadal.

Primeira.- Obxectivos
Esta iniciativa ten como obxecto premiar o esforzo dos/as participantes no coidado da imaxe comercial dos seus establecementos.

Segunda.- Requisitos dos/as participantes
Poderán participar no concurso de escaparates os/as titulares dun establecemento comercial no termo municipal de Oroso.

Os escaparates deberán de estar preparados ás 19.00h do venres 15 de decembro, momento a partir do cal o xurado poderá realizar a súa visita. Os escaparates non poderán desmontarse antes do 7 de xaneiro de 2017, co obxecto de que poidan contemplarse durante as festas de Nadal.
Os comercios participantes están obrigados a manter o escaparate iluminado e nas condición que lle permitan ao xurado valoralo no seu conxunto, así como manter a iluminación, polo menos, ata as 22.00h dos días de Nadal establecidos nas bases.

Terceira.- Prazo de presentación de solicitudes e documentación
As solicitudes de participación presentaranse mediante o modelo do anexo I, que deberá ir acompañado dos seguintes documentos:
1. Copia do NIF do/a solicitante, no caso de ser persoa física.
2. CIF da entidade, no caso de tratarse dunha persoa xurídica.
3. Declaración responsable de non estar incurso/a en causa que impida ser beneficiario/a de subvencións públicas e de estar ao corrente das obrigas tributarias e da Seguridade Social (anexo II).

Os impresos (anexos I e II) estarán á disposición dos/as interesados/as na páxina web e no Rexistro Xeral do Concello, onde poderán presentarse as solicitudes dende o día 4 de decembro ata o día 15 de decembro, ambos os dous incluídos, en horario de luns a venres de 08.30h a 14.00h.

Cuarta.- Órgano competente para a instrución e resolución
O órgano instrutor do procedemento será a concelleira delegada de Comercio.
O órgano competente para resolver será a Xunta de Goberno Local.

Quinta.- Criterios de valoración
O tema para desenvolver será alegórico co ambiente propio das Festas de Nadal e valoraranse as candidaturas tendo en conta especialmente os seguintes criterios:
a) Calidade artística
b) Composición
c) Iluminación
d) Utilización de elementos tradicionais do Nadal
e) Orixinalidade do escaparate
f) Uso do galego
g) Esforzo e dedicación do/a promotor/a no resultado
h) Utilización do produto que se comercializa na composición do escaparate

Sexta.- Xurado
O xurado estará integrado polos seguintes membros:
- Un/unha representante da hostalería local
- Un/unha representante da Mesa de Comercio local
- Tres representantes do Concello de Oroso

Sétima.- Dotación dos premios
Concederanse tres premios e distribuiranse do seguinte xeito entre os proxectos que obteñan unha maior puntuación segundo o ditame do xurado:
-Primeiro premio: 300 euros.
- Segundo premio: 200 euros.
- Terceiro premio: 100 euros.

De cada escaparate participante colgarase unha fotografía no perfil de Facebook oficial do Concello de Oroso, e abrirase un prazo de votación entre o 28 de decembro de 2017 e o 6 de xaneiro de 2018. O escaparate que acade máis “gústames” será agasallado cunha cea nun restaurante do concello.

Entre todas as persoas que voten en Facebook, facendo clic en “Gústame”, sortearase un vale por unha cea para dúas persoas nun restaurante do termo municipal.

As decisións do xurando serán inapelables e adoptaranse por maioría simple. O acto de entrega dos premios terá lugar en xaneiro de 2018 no salón de plenos do Concello de Oroso. Avisarase a todos os comercios participantes, así coma aos gañadores, mediante unha chamada telefónica e a publicación da información na páxina web do Concello.

Oitava.- Protección de datos
Os datos de carácter persoal recollidos na documentación entregada polos/as participantes serán tratados en conformidade coa Lei orgánica 15/99, de protección de datos de carácter persoal, e normativa acorde. Estes datos recóllense temporalmente coa finalidade de valorar as candidaturas á convocatoria de premios.

Novena.- Aceptación
A concorrencia nesta convocatoria supón a plena aceptación destas bases.

Décima.- Publicidade
Na publicidade dos premios deberán constar os logotipos do Concello de Oroso. A comunicación privada que realicen os establecementos en relación con esta iniciativa deberá incluír tamén os referidos logos, sempre que sexa comunicación en medios visuais.

Undécima.- Normativa aplicable
Para todo o non previsto expresamente nestas bases, aplicarase a Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e a Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.


ANEXO I: Solicitude de inscrición.
ANEXO II: Declaración responsabilidades.




Concurso de postais de Nadal con mensaxe 2016.

PREMIADOS


  • CATEGORIA de 4 a 6 anos
  • Gañadora: Elba Carrillo Mosquera

    postais

    Que un sorriso sempre nos acompañe.
  • CATEGORIA de 7 a 9 anos
  • Gañador: Sergio Souto Seoane

    postais
     

    Boas Festas.

  • CATEGORIA de 10 a 13 anos.
  • Gañadora: Leo Avila Castro

    postais

  • CATEGORIA máis de 14 anos.
  • Gañadora: Mª José García Rodríguez

    postais




Bases:

  • As postais terán como máximo as seguintes dimensións: 21 x 15
  • Poden entregarse na técnica que cada un considere oportuna pero deben incluír unha mensaxe de felicitación orixinal e escrita en lingua galega
  • Cada participante poderá presentar un máximo de 2 postais
  • No caso de non presentarse un mínimo de 3 postais por cada categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta

Categorías
Establécense catro categorías:

  • De 4 a 6 anos
  • De 7 a 9 anos
  • De 10 a 13 anos
  • Máis de 14 anos

Premios
Os/as gañadores/as de cada categoría gañarán un lote de libros.

Onde entregar a postal
As postais entregaranse na biblioteca municipal no seguinte horario: De luns a venres : 09:30 a 13:30 e de 16:30 a 21:00 e sábados de 10:00 a 13:00.

Prazo de entrega:
Ata o 15 de decembro ás 21:00h.

Entrega de premios:
OS PREMIOS ENTREGARANSE O DÍA 05/01/2017 ANTES DA RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE NO PAVILLÓN MUNICIPAL.



Summer Camp 2017.

O Concello de Oroso e Escuela ConTalento poñen en marcha o Summer Camp 2018. Un campamento dirixido a nenos e nenas en idade escolar (3 a 12 anos).

Summer Camp 2018

  • Datas, horarios e prezos
  • Do 22 ao 29 de xuño, 1ª e 2ª quincena de xullo e agosto, do 3 ao 7 de setembro (excepto festivos)
  • Prezos días soltos
  • 9:00 a 14:00 = 6€
    7:30 a 15:30 = 8€
  • Outros prezos
  • hora adicional = 5€

    almorzo = 2€
    xantar = 5€
    merenda = 3€
  • Inclúe merenda media maña
  • Aberto de 7:30 a 22:30
  • Posibilidade doutros horarios e necesidades (consultar)

Información e inscricións

  • Concello de Oroso
    • Centro Cultural (981 690 903)
  • Escuela ConTalento
    • C/Carboeiro, 9 baixo (Sigüeiro)
    • (881 981 905 - 669 956 427)



Carnival Camp.

O Concello de Oroso e Escuela ConTalento poñen en marcha o Carnival Camp 2017. Un campamento dirixido a nenos e nenas en idade escolar (3 a 12 anos).

Carnival Camp

  • Datas: luns 12 e mércores 14 de febreiro.
  • Prazo de inscrición: Inscrición previa
  • Prezos:
    • 9:00 a 14:00 horas: 12 € os dous días
    • 7:30 a 15:30 horas: 16 € os dous días
    • Almorzo: 2 €
    • Xantar: 5 €
    • Merenda: 3 €
    • Hora adicional: 2 €
  • Aberto de 7:30 a 15:30
  • Posibilidade doutros horarios (consultar)

Información e inscricións

  • Concello de Oroso
    • Centro Cultural (981 690 903)



Christmas Camp 2017.

O Concello de Oroso e Escuela ConTalento poñen en marcha o Christmas Camp 2017-2018. Un campamento dirixido a nenos e nenas en idade escolar (3 a 12 anos).

Christmas Camp

  • Datas:22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2017 e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018.
  • Prazo de inscrición: Inscrición previa
  • Prezos:
    • 9:00 a 14:00 horas: 50 €
    • 7:30 a 15:30 horas: 65 €
    • Almorzo: 2 €
    • Xantar: 5 €
    • Merenda: 3 €
  • Aberto de 7:30 a 15:30
  • Posibilidade doutros horarios (consultar)

Información e inscricións

  • Concello de Oroso
    • Centro Cultural (981 690 903)
  • Escuela ConTalento
    • C/Carboeiro, 9 baixo (Sigüeiro)
    • (881 981 905)



Concurso de postais de Nadal con mensaxe 2015.

PREMIADOS


  • CATEGORIA de 4 a 6 anos
  • Gañadora: Ainoa Rouco González

    postais

    Que o mundo se encha de Amor.
  • CATEGORIA de 7 a 9 anos
  • Gañador: Mario Suárez Géndre

    postais
     

    Bo Nadal.

  • CATEGORIA de 10 a 13 anos.
  • Gañadora: Estela Brocos Otero

    postais

    Bo Nadal

  • CATEGORIA máis de 14 anos.
  • Gañadora: Guadalupe García Ferreiro

    postais

    Amor e Paz dende Galiza




Bases:

  • As postais terán como máximo as seguintes dimensións: 21 x 15
  • Poden entregarse na técnica que cada un considere oportuna pero deben incluír unha mensaxe de felicitación orixinal e escrita en lingua galega
  • Cada participante poderá presentar un máximo de 2 postais
  • No caso de non presentarse un mínimo de 3 postais por cada categoría o xurado pode declarar esa categoría deserta

Categorías
Establécense catro categorías:

  • De 4 a 6 anos
  • De 7 a 9 anos
  • De 10 a 13 anos
  • Máis de 14 anos

Premios
Os/as gañadores/as de cada categoría gañarán un lote de libros.

Onde entregar a postal
As postais entregaranse na biblioteca municipal no seguinte horario: De luns a venres : 09:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 e sábados de 10:00 a 13:00.

Prazo de entrega:
Ata o 15 de decembro ás 20:00h.

Entrega de premios:
OS PREMIOS ENTREGARANSE O DÍA 05/01/2016 ANTES DA RECEPCIÓN DOS REIS MAGOS DE ORIENTE NO PAVILLÓN MUNICIPAL.



Días verdes de Oroso.

Esta iniciativa pretende concienciar aos cidadáns da necesidade de preservar a Natureza cun cambio de actidude que propicie un encontro máis respectuoso co noso Medio Ambiente.
Na actualidade ao longo do noso municipio podemos encontrar numerosas zonas que tranquilamente poderían levar o nome de "vertedoiros incontrolados" e que dende o Concello e xunto con voluntarios e voluntarias queremos erradicar totalmente lanzando estas xornadas de recollida de lixo ao longo de todo o municipio.

Aqueles veciños e veciñas que desexen colaborar na limpeza e recollida de lixo poderá facelo inscribíndose na casa do Concello ou ben por teléfono 981 691 478. A iniciativa contará coa participación dos alumnos e alumnas do IES de Oroso e do CEIP de Oroso.

Programa

09:15 horas - Recollida do alumnado
09:45 horas - Proxección dun video e breve charla
10:30 horas - Distribución dos grupos e traslado aos lugares indicados
13:15 horas - Traslado dos alumnos/as ao IES




Campamento Halloween.

O Concello de Oroso e Escuela ConTalento poñen en marcha o Happy Halloween Camp. Un campamento dirixido a nenos e nenas en idade escolar (3 a 12 anos).

Happy Halloween Camp

  • Datas: 30 de outubro de 2015.
  • Prazo de inscrición: Inscrición previa
  • Prezos:
    • 5 horas: 6 €
    • 8 horas: 8 €
    • Almorzo: 2 €
    • Xantar: 6 €
    • Merenda: 3 €
  • Aberto de 7:30 a 15:30
  • Posibilidade doutros horarios (consultar)

Información e inscricións

  • Concello de Oroso
    • Centro Cultural (981 690 903)
  • Escuela ConTalento
    • C/Carboeiro, 9 baixo (Sigüeiro)
    • (881 981 905 - 981 690 944 - 669 956 427)



Outono Cultural 2018.


SETEMBRO


MONOLOGO XOSÉ A. TORURIÑAN "Manolo Lojo"

Venres 28 ás 21.00 h

Prezo da entrada: 10 € (venda a partir do 18 de setembro no centro cultural).


OUTUBRO


TROMPICALLO "O día que chegou unha nube e choveu"

Sábado 20 de outubro
1º pase ás 11h e 2º pase ás 12h

Espectáculo para bebés (0 - 3 anos)
(Prazas limitadas) Inscricións no 981 690 903 ou no centro cultural


DÍA DA BIBLIOTECA e MAXIA Pedro Bugarín

Martes 24 ás 18.00 h.

Dirixido ao público familiar

 

TEATRO CULTURACTIVA "Senior"

Venres 26

Dirixido ao público adulto.
Espectáculo cómico sobre a crise dos 50, cos coñecidos e populares actores Luis Iglesia e Marcos Orsi.


XORNADAS MICOLÓXICAS

Sábado 27

Máis información e inscrición no centro cultural.


ENTREGA DE CABAZAS

Luns 29 e martes 30

Entrega a túa cabaza decorada con temática do Samain, e recibirás un agasallo!!!
As cabazas estarán espostas no centro cultural.

 

FESTA DO SAMAÍN

Mércores 31 ás 17 horas

Dirixido ao público familiar
Fotomatón, disco móbil e obradoiros de maquillaxe.





NOVEMBRO


MALASOMBRA "Os rockenstein"

Domingo 11 ás 18 horas

Espectáculo musical
Dirixido a partir de 3 anos.


TEATRO BUTACA ZERO "Camiños"

Venres 16 ás 21 horas

Dirixido ao público adulto.


FANI TRIANA "Maxia pola igualdade"

Domingo 25 ás 18 horas

Dirixido a todos os públicos.


PÍSCORE "Concerto singular"

Domingo 2 ás 18 horas.

Dirixido a todos os públicos.









Comedor Escolar CEIP Camiño Inglés.

Dende o departamento de cultura e ensino do Concello de Oroso queremos mellorar e optimizar o servizo de Comedor Escolar no CEIP Camiño Inglés, o obxectivo é darlle continuidade para o próximo curso escolar 2017/18.

Para os que xa estades utilizando o servizo, a continuación explicamosvos como serían os pasos a seguir para matricular o/a voso/a fillo/a para o vindeiro curso:
- Prazo: Do 17 ao 30 de abril de 2018 – Renovación de matrículas e inscricións de irmans de alumnos matriculados no curso anterior.
- Do 18 de xuño en adiante matrículas novas ata cubrir prazas (mesma documentación que para as renovacións e pago tamén da matrícula de 20€)

  • Matrícula (folla de inscrición)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • 1 fotografía tamaño carné
  • Carta domiciliación (as mensualidades serán cobradas polo Concello de Oroso mediante domiciliación bancaria)
  • Xustificante de pago da matrícula. O pago realizaranse a través da páxina web: www.concellooroso.com no apartado de tributos on line, é imprimindo o resgardo de pagamento para adxuntalo coa folla de matrícula
  • Certificado ou informe médico se o/a usuario/a padece algunha enfermidade, intolerancia, alerxia a ter enconta pola empresa encargada do servizo de comedor
  • Documentación acreditativa de ser familia numerosa se é o caso
  • Fotocopia dos DNI dos progenitores ou tutores así como das persoas autorizadas

  • O importe da matrícula é de 20€ e non é reembolsable
  • O importe da mensualidade será de 55€.
  • O importe para os días soltos será de 5€/dia.
  • Aplicaranse os descontos nas familias numerosas unicamente nas mensualidades
  • Máis información e recollida de documentación no centro cultural
  • Esta documentación deberá presentarse no rexistro municipal do Concello de Oroso no prazo sinalado anteriormente (do 1 ao 15 de xuño no caso das renovacións e a partir do 16 de xuño en adiante ata cubrir prazas para as matrículas novas)
  • No caso das matrículas novas se o curso estivese empezado hai que formalizar a matrícula 3 días antes do comezo no servizo de comedor para poder facer os trámites oportunos



Concurso de selfies.

Formulario de inscrición:



Bases do concurso:

As bases polas que se rexerá o Concurso de Selfies son:

Primeira
Poderán participar todas as persoas interesadas, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos.
Tratase de que os participantes se fagan autofotos ou máis coñecido como selfies, en solitario ou en grupo nalgún punto do concello de Oroso e as presenten ao concurso.

Segunda
O concurso está dirixido á xuventude entre 12 e 25 anos residentes no concello de Oroso e que presenten imaxes propias, orixinais e inéditas.

Terceira

  • Cada participante poderá prensentar un máximo de 3 selfies (cada selfie levará un titulo ou nome) que cumplan os requisitos descritos nas bases.
  • Non se admitirán imaxes ofensivas, discriminatorias, racistas e en xeral que poidan ferir sensibilidades.
  • Valorarase a orixinalidade e contido estético das mesmas.

Cuarta
O prazo de presentación das fotografías concluirá o día 6 de maio de 2015 e o resultado comunicarase o día 19 de maio de 2015.
As votacións por parte dos usuarios serán do 8 ao 15 de maio na Aula de Xuventude de luns a venres de 5 a 8, enseñando ao responsable o DNI, as votacións son abertas, pode votar quen queira, pero soamente o poderá facer unha vez.

Quinta
As imaxes deberán ser enviadas ao seguinte correo electrónico xuventude@concellooroso.com.
Aportando datos persoais e de contacto, no caso dos participantes que sexan menores de idade será necesaria unha autorización do pai/nai/titor/titora para a difusión das imaxes (cubrir solicitude de participación)
As fotos poden ser tomadas en calquera situación e momento, solo co requisito de que sexa no concello de Oroso.
Unha vez rematado o prazo de entrega das fotos, un xurado fará unha selección das mellores imaxes, para crear unha exposición na aula da xuventude.
Unha vez expostas e abertas ao público, será este cos seus votos quen decida o gañador final. As datas nas que se expoñerán para votar serán do 8 de maio ao 15 de maio no horario da Aula da Xuventude de 17 a 20h.

Sexta
Os participantes autorizan que os seus datos persoais se incluan nun ficheiro cuio responsable e a concelleria de xuventude do concello de Oroso, que os utilizará para xestionar o concurso, para contactar cos gañadores, entrega de premios e enviarlle comunicacións posteriores. Estos datos serán tratados de xeito confidencial conforme a lei orgánica 15/1999 de protección de datos persoais.

Sétima
A resolución farase efectiva o día 19 de maio de 2015 unha vez feito o reconto dos votos.

Oitava
O premio para o/a gañador/a será:
Gañador: Cea para dúas persoas no Café de Manuela.

Novena
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.



I edición do Concurso Infantil de Tapas frías do Concello de Oroso.

Bases do Concurso

BASE PRIMEIRA: Obxecto do Concurso
O obxecto primordial do Concurso é lúdico e con afán participativo pasando a unha segunda orde o carácter competitivo. Organízase encadrado dentro do Concurso de tapas “ De tapa en tapa” que se vén realizando anualmente, e ten o espírito dun obradoiro infantil co engadido de iniciar os temas culinarios nos máis pequenos así como fomentar os bos hábitos alimentario.

BASE SEGUNDA: Participantes
Poderán concursar todos os nenos e nenas (empadroados/as en Oroso) con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos, ambos incluídos.

BASE TERCEIRA: Datas e duración do Concurso
Esta primeira edición do concurso infantil de tapas de Oroso levarase a cabo o día 18 de abril de 2015, dando comezo ás 10.30h , polo que a hora de presentación dos participantes deberá ser ás 10.00h.
Os participantes terán 1 hora e 40 minutos para a realización das tapas. Prazo de inscricións: Ata o 14 de abril.

BASE CUARTA: Desenvolvemento do Concurso
Cada participante deberá facer a inscrición dentro do prazo previsto e ao mesmo tempo que presenta esta deberá achegar a receita da tapa coa que participará no concurso e que posteriormente deberá elaborar in situ o día do concurso. A receita deberá levar especificados os ingredientes así como tamén a forma de elaboración. Durante a xornada do concurso os participantes terán de máximo unha hora e corenta minutos para elaborar a tapa, e un monitor prestaralles asistencia se o precisan.

BASE QUINTA: Ingredientes a utilizar
Bases: Pan, tortaletas de follado, medias noites, tostas
Friames: Queixos, chourizo, xamón York, salchichón
Salsas: Maionesa, mostaza, mel, salsa de tomate, iogur natural
Verduras: Leituga, cogombro, cebola , limón
Doce: Chocolate, nata, marmelo
Froitas: Amorodos, plátanos, laranxas, mazás
Outros: Atún, olivas, ovos cocidos, surimi, azucre, sal, aliño.

Calquera outro ingrediente que sexa necesario deberá constar na receita da tapa presentada.

BASE SEXTA: Valoración da tapa
Valoraranse aspectos como a presentación, a orixinalidade e por suposto o sabor, así como tamén o aproveitamento responsable dos ingredientes.

BASE SÉPTIMA: Número de tapas
Deberán realizar 3 unidades da mesma tapa para ser valorada polos membros do xurado.

BASE OITAVA: O Xurado
O xurado estará composto por tres membros que degustarán as tapas e puntuarán tendo en conta a base sexta, (valoraranse aspectos como a presentación, a orixinalidade e por suposto o sabor, así como tamén o aproveitamento responsable dos ingredientes.) Unha vez deliberase o xurado daranse a coñecer os/as gañadores/as ( 1º, 2º e 3º).

BASE NOVENA: Premios
Os premios serán os seguintes:

1º Premio: Diploma+ Trofeo+ Vale por importe de 70 euros na Tenda de Deportes Equip@t Sigüeiro
2º Premio: Diploma+ Trofeo+ Vale por importe de 40 euros na Librería Aula 10
3º Premio : Diploma+ Trofeo+ Libro de receitas de cociña MasterChef Junior

Todos os participantes terán un obsequio só por participar.

BASE DÉCIMA: Entrega de premios
Os premios serán entregados unha vez escoitado o faio do xurado.

BASE DÉCIMO PRIMEIRA: Aceptación das bases
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.



Torneo Amigable Fútbol Sala.

Información e normas polas que se rexerá o Torneo Amigable Fútbol Sala

  1. O torneo celebrarase o día 24 de abril de 2015 en horario de 16:30 a 20:30 e estará dividido en dúas categorías:
    Categoría 1: Mozos de 12 a 14 anos
    Categoría 2: Mozos de 15 a 22 anos
  2. Para inscribirse no campeonato e necesario que un representante- delegado de cada equipo pase pola aula da xuventude para recoller o impreso de incrición onde terá que poñer os datos dos xogadores que forman o equipo e entregalo de novo na aula da xuventude.
  3. Os partidos terán unha duración de 24 minutos divididos en duas partes de 12 minutos, con 2 minutos de descanso entre parte e parte.
  4. As regras que rixen o xogo serán as mesmas que as da modalidade fútbol sala exceptuando a duración dos encontros.
  5. Haberá unha persoa que exerza o papel de árbitro. É de obrigado cumprimento aceptar a decisións que tome o árbitro.
  6. Calquera conducta antideportiva, violenta ou de falta de respeto cara os compañeiros ou o árbitro poderá ser sancionada do xeito que o arbitro considere axeitado, ata o punto de poder se expulsado da competición.
  7. Os gañadores de cada categoría serán obsequiados cunha cea para todo o equipo no Restaurante Mirás, xa que este encontro é patrocinado por este Restaurante.
  8. O Concello non se responsabiliza dos danos ocasionados en lesións propias que se ocasionen durante o partido entre os xogadores.
  9. Non se levará a cabo o torneo se non se xunta un mínimo de 4 equipos por categoría. O máximo será de 10 equipos entre as dúas categorías, por unha cuestión de tempo.
  10. En caso de inclemencias metereolóxicas (xa que o torneo realizarase en exterior) será a propia organización a que decida si se suspende o torneo ou non, en caso de que se cancele, os equipos serán informados da nova data na que se celebraría.
  11. Preferencia aos equipos nos que os xogadores esten empadroados no Concello de Oroso.



Conmemoración 8 de marzo. Día da Muller.

Actividades venres 6 de marzo

Proxección de curtometraxes.
Proxección de curtometraxes para o alumnado de 1º e 2º da ESO e 6º de primaria. A actividade consiste en proxectar varias curtometraxes con temática relacionada co 8 de marzo en cada curso e despois o alumnado votará o que máis lle guste dos vistos. A cortometraxe gañadora levará un premio de 100€. O alumnado da ESO visionará as curtometraxes no propio centro escolar, mentres que o de 6º o fará no centro cultural Fernando Casas e Novoa. Os títulos das curtometraxes aínda nos os temos, xa volo faremos chegar.O horario é o seguinte:
1º da ESO as 9.20h
2º da ESO as 10.30h
6º de Primaria as 12h

Contos de nenas grandes e pequenas.
Contacontos da compañía A Tropa de Trapo, co título "Contos de nenas grandes e pequenas". Será no Centro cultural Fernando Casas e Novoa as 18h, para o público familiar, entrada gratuíta ata completar aforo.

Entrega de premios do concurso de fotografía.
No Centro cultural as 20:15h. Ademais de entregar os premios inaugurarase a exposición coas fotografías presentadas.

Recoñecemento das mulleres.
O Concello de Oroso seleccionará a mulleres do concello que ao longo da súa vida traballaron e se esforzaron para conseguir un mellor futuro para a súa familia e para a sociedade. O acto de recoñecemento terá lugar en cada casa da galardonada e acudirá o Alcalde e a concelleira de Muller.



Novas

Carteis



Información específica



Concurso fotografía






Organiza:


Concello de Oroso



Saúda de Nadal.

Benquerido veciño/a:

Quero aproveitar estas datas de Nadal para enviarche un afectuoso saúdo e convidarche a participar connosco nalgunha das moitas actividades que dende o Concello de Oroso temos programadas para celebrar estas festas. Estou convencido de que entre a nosa variada oferta atoparás algunha iniciativa do teu gusto. Teremos excursións, concerto de panxoliñas e da Escola de Música, obradoiros de Nadal, mercado da artesanía, torneo de pádel... e, por suposto, a Gran Cabalgata de Reis, na que che animo a participar se así o desexas. Unha oferta completa e variada, que podes consultar na nosa páxina web, e que está preparada para que gocemos todos xuntos e en familia.

Por iso, dende o Concello de Oroso decidimos este ano adiantar o acendido do alumeado de Nadal, como medida de apoio ao noso comercio local. Porque mercar no noso comercio non é so garantía de calidade, bo prezo e mellor atención, senón que así conseguimos que esas compras xeren riqueza en Oroso. Uns comercios que, á súa vez, colaboran coa campaña solidaria que dende o Concello lanzamos para que ningún neno ou nena quede sen agasallo de Reis. E, deste modo, esa gran familia de Oroso da que falaba se axuda mutuamente.

En nome da corporación municipal de Oroso deséxovos un Bo Nadal e un Ventureiro 2017.

Manuel Mirás Franqueira.
Alcalde de Oroso.




O Concello de Oroso abre o prazo para o curso de decoración de nadal de cupcakes e galletas.

O Concello de Oroso vén de abrir o prazo de inscrición no curso de decoración de nadal de cupcakes e galletas. Un curso dirixido a persoas maiores de 11 anos e que terá lugar nas instalacións do centro cultural de Sigüeiro os sábados 22 e 29 de novembro e o 13 e 20 de decembro en horario de 11:00 a 12:30 horas.

As persoas interesadas deberán formalizar a inscrición no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro, en horario de 9 a 14 horas ou a traves do correo electrónico cultura@concellooroso.com. A inscrición farase por orde de rexistro e non hai data límite.

As cotas de inscrición serán de 40 euros para empadroados no concello e de 44 euros para non empadroados. No precio inclúese o material necesario para a realización do curso.

Descargar ficha de inscrición



Ensino.

Taboleiro de información


















Campamento Urbano.

O Concello de Oroso e Escuela ConTalento poñen en marcha o Campamento Urbano "Semana Santa 2015". Un campamento dirixido a nenos e nenas en idade escolar (3 a 12 anos).

CAMPAMENTO URBANO

  • Datas: 30, 31 de marzo e 1, 6 de abril de 2015.
  • Prazo de inscrición: Inscrición previa
  • Prezos:
  •   COMPLETO DIAS SOLTOS
    07:30–15:30 32€ Consultar
    09:00–14:00 20 € Consultar
  • Prezo comida día: 5 €
  • Posibilidade de outros horarios e servizos (consultar)

Actividades

  • Inglés
  • Lectoescritura
  • Actividades Lúdicas
  • Liderazgo e comunicación
  • Salidas no entorno urbano

Información e inscricións

  • Concello de Oroso
    • Centro Cultural (981 690 903)
  • Escuela ConTalento
    • C/Carboeiro, 9 baixo (Sigüeiro)
    • (881 981 905 - 981 690 944 - 669 956 427)



Concello e Mancomunidade de Ordes inician o programa "Hola Fabiola", un curso de informática básica para mulleres inmigrantes.

HOLA FABIOLA é un curso formativo on-line, de carácter modular, adaptado as necesidades de cada participante.
Con HOLA FABIOLA non so se pretende transmitir coñecementos “informáticos”, se non que o manexo de estas ferramentas sirva indirectamente para que as mulleres:

• Coñezan novos canais para a comunicación, co seu entorno próximo e comunidades de orixe.
• Descubran vías inéditas de integración, en materia de empleo, vivenda, trámites legais, etc.
• Melloren as súas técnicas de escritura e expresión, e aproveiten as ventaxes das TIC en materia de idiomas.
• Tomen conciencia sobre os seus dereitos en materia de igualdade e cómo exercerlos.
• Aprendan un pouco máis acerca da cultura española.
• Se acerquen as novas vías de participación en redes e asociacións.
• Saquen maior partido ao seu ocio e tempo libre.
• E adquiran capacidades que contribuan a súa mellora individual e colectiva.

Consiste nun aprendizaxe basado en aqueles aspectos do ordenador e Internet que poidan resultar de maior utilidade para as mulleres estranxeiras que residen en España. Trátase de acercar a tecnoloxía a circunstancias e necesidades reais. Para facilitar este enfoque articulouse o programa en torno ao desenvolvemento dunha historia protagonizada por persoaxes de diversas procedencias. O itinerario formativo xira, de este modo, en torno a historia entre estas mulleres.

Estructura del curso

O curso estructurase en oito módulos, inicialmente orientados a aprender as funcionalidades e ferramentas básicas do ordenador e Internet (aprendizaxe dos usos básicos) e posteriormente a mostrar tipos de contidos e aplicacións en Internet que resulten de interés (aprendizaxe das utilidades básicas).

¿A quén se dirixe?

Mulleres inmigrantes que residen na Comarca de Ordes, sen coñecementos ou coñecementos moi básicos do ordenador e Internet. Deben de tener un coñecemento básico nas linguas oficiais da comunidade.

Duración

100 horas lectivas
Impartiranse do 15 de setembro ao 28 de novembro de 2014. Os luns, mércores e venres de 9:30 a 12:30 h

Lugar de realización

Aula Informática (Aula Cemit)
Concello de Oroso
Rúa do Deporte, Sigüeiro (Oroso)

Inscrición e información

• CIM de Ordes (Mancomunidad de Ordes. C/ L. Xoxardo, s/n, Ordes. T. 981 682 108/ 981 680 002)
• Aula de informática e Servicios Sociais de Oroso (Concello de Oroso. C/ do Deporte, Sigüeiro (Oroso); T. 981 688950)

A realización do curso e gratuita.

[Descargar Información]

Campamento Xuvenil a Nigrán.

O campamento xuvenil de verán está destinado a nenos e nenas de 7 a 14 anos de idade, e terá lugar no Campamento de Nigrán dende o 5 ata o 12 de agosto.
Durante o campamento levaranse a cabo actividades como: rutas de senderismo, actividades multiaventura, actividades nauticas, excursións, rutas en barco, xogos e cancións...
Os prezos inclúen todo:

  • desprazamento ata o campamento
  • actividades
  • aloxamento e manutención

As prazas son limitadas e terán preferencia os/as emppadroados/as no Concello).

Prazo de inscrición:
Ata completar as prazas.

PREZOS

  • Empadroados: 140 €
  • Non Empadroados: 190 €

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN
A formalización das solicitudes farase no Centro Cultural de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
A documentación que se debe presentar é a seguinte:

  • Solicitude de Inscrición
  • Anexo 1
  • Autorización de reportaxes de imaxe e son (Anexo 2)
  • Autorización recollida por outras persoas, se procede (Anexo 3)
  • Fotografía tamaño carné
  • Fotocopia tarxeta sanitaria
  • Informe ou certificado médico se fose o caso de padecer algunha enfermidade, minusvalía, intolerancia ou alerxia ou tomar algún medicamento
  • Xustificacnte de pago (Pagamento) - Tributos Online



Campamento Xuvenil.

O campamento xuvenil de verán está destinado a nenos e nenas de 7 a 12 anos de idade, e terá lugar no Campamento Virxe de Loreto en Porto do Son dende o 14 ata o 21 de agosto.
Durante o campamento levaranse a cabo actividades como: tiro con arco, piragüismo, rutas de senderismo, actividades multiaventura, veladas, xogos e cancións...
Os prezos inclúen todo:

  • desprazamento ata o campamento
  • actividades
  • aloxamento e manutención

As prazas son limitadas (50 prazas) e terán preferencia os/as emppadroados/as no Concello).

Prazo de inscrición:
Ata completar as prazas.

PREZOS

  • Empadroados: 100 €
  • Non Empadroados: 150 €

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN
A formalización das solicitudes farase no Centro Cultural de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas e martes e xoves de 17:00 a 20:00 horas.
A documentación que se debe presentar é a seguinte:

  • Solicitude de Inscrición
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Anexo 1
  • Autorización de reportaxes de imaxe e son (Anexo 2)
  • Autorización recollida por outras persoas (Anexo 3)
  • Fotografía tamaño carné
  • Xustificacnte de pago (Pagamento) - Tributos Online



II Campus de baloncesto - Concello de Oroso.

O Campus

O II Campus de baloncesto do Concello de Oroso terá lugar durante 5 días dende o 16 ao 20 de xullo, e está organizado polo Concello de Oroso, xunto co APA do Instituto e a Empresa Brétema Ocio e Tempo Libre.

HORARIOS:

  • 10:00 - 11:45 Adestramentos de baloncesto.
  • 11:45 - 12:15 Descanso e refrixerio.
  • 12:15 - 14:00 Actividades de lecer (natación ou xogos), actividades deportivas, competicións e xogos varios

INSTALACIÓNS:

  • Pavillón polideportivo de Sigüeiro
  • Zona recreativa do Paseo do Río Carboeiro
  • Piscina municipal

INSCRIPCIÓNS:
No centro deportivo "Juanito Amigo Ferreiro" de Sigüeiro, tendo de prazo ata o día 12 de xullo.

IDADES:
Nenos/as con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.

PRAZAS:
30 aproximadamente.

CUSTO:
55 euros, que inclúe os cinco días do campus de 10:00 a 14:00 horas e a entrada da piscina.

MATERIAL DEPORTIVO:
Corre a cargo do Concello, tanto o de basquet como o das actividades de lecer.



Voluntariado Oroso.

Voluntariado Oroso

QUE É O VOLUNTARIADO?
O voluntariado é o conxunto de actividades desenvolvidas en áreas de interese xeral sempre que:

  • Teñan carácter solidario e altruista
  • Se realicen libremente
  • Se leven a cabo sen contraprestación material
  • Se desenvolvan a través dunha organización, pública ou privada, sen ánimo de lucro e dacordo con proxectos concretos

COMO ESTA REGULADO?
En Galicia, a acción voluntaria está regulada pola Lei 3/2000 de 22 de decembro, do Voluntariado de Galicia.

QUEN PODE SER VOLUNTARIO/A?
Calquera persoa maior de idade (ou maior de 16 anos con autorización paterna) que, en virtude dunha decisión libre e altruista decida participar nunha actividade voluntaria no seo dunha entidade, sen recibir una contraprestación material a cambio.

ENTRE OS TEUS DEREITOS

  • Recibir información, formación, orientación e apoio para as actividades que vas desenvolver
  • Estar asegurado/a contra riscos de accidentes e doenzas derivados do desempeño da actividade
  • A ser dotado de medios e recursos axeitado para o cumprimento das túas función
  • A cesar libremente na túa condición de persoa voluntaria
  • A que se certifique a túa actividade de persoa voluntaria con constancia dos teus datos persoais e a duración e natureza da actividade desenvolvida.
  • A túa acreditación persoal mediante un carné de voluntario

ENTRE OS TEUS DEBERES

  • Cumprir os compromisos adquiridos coa organización e respectar os fins e as normativas da mesma, así como gardar confidencialidade da información recibida.
  • Participar nas tareas formativas previstas
  • Respectar os dereitos das persoas beneficiarias e actuar de maneira dilixente e solidaria

EN QUE PODES COLABORAR?
No Concello de Oroso, podes colaborar , entre outros, nos seguintes proxectos e actividades:

  • VOLUNTARIADO CÍVICO: Entrada/saída do colexio, coidado do mobiliario urbán,...
  • APOIO ÁS PERSOAS MAIORES E DEPENDENTES: Acompañamento, xestións, recados, ...
  • VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL: Recuperación e mantemento dos espazos naturais, roteiros, Camiño de Santiago...
  • SOLIDARIEDADE SOCIAL: Roupeiro social, recollida de xoguetes, ...
  • VOLUNTARIADO CULTURAL E DEPORTIVO: Apoio en actividades como exposicións, eventos deportivos, obradoiros, ...
  • INFANCIA E XUVENTUDE: obradoiros, actividades, ...
  • INMIGRANTES: Axuda á integración, trámites, campañas de sensibilización, ...
  • PERSOAS CON DISCAPACIDADE: Acompañamento, axuda, ...



SÓ NECESITAS UN POUCO DE TEMPO E MOITAS GANAS DE AXUDAR AOS DEMAIS. INTÉNTAO, VERÁS COMO TE SINTES RECOMPENSADO/A



Programa "Bo Proveito".

O programa

O programa “Bo Proveito” está destinado a todos aqueles nenos e nenas escolarizados no Concello de Oroso. Preséntase como unha posibilidade para todos aqueles pais e nais que o precisen, ofrecendo así unha solución complementaria ao comedor escolar, que está totalmente saturado, xa que é unha solución máis á conciliación da vida laboral e familiar.

As familias monoparentais e as familias numerosas que o acrediten terán un desconto do 20% en cada un dos membros que asistan ao programa. No caso das familias nas que asistan dous irmáns, aplicaráselle un desconto do 20% ao segundo irmán. Estes descontos non son acumulativos.

FORMA DE PAGO: Domiciliación bancaria para as modalidades mensual e semanal e mediante a compra de bonos no comedor para os días soltos. Os que utilicen a quenda semanal deberán avisar a semana anterior. Para a modalidade de días soltos é necesario avisar da asistencia con 24 h de antelación no Centro cultural.

A desistencia e/ou falta de asistencia dos/as usuarios/as do servizo non suporá a redución nin exención da obriga do pagamento mentres non se formalice a baixa correspondente por escrito ante o rexistro municipal e causará efectos no mes seguinte, non procedendo á devolución do ingresado con anterioridade á data de comunicación da baixa. Tamén se dará de baixa a aqueles/as participantes que adebeden algún recibo.

Para aclarar posibles problemas ou dúbidas sobre o programa, poden facelo no tfno.: 981690903 ou nas oficinas do centro cultural de 9 a 14 horas de luns a venres.

PREZOS

  • Mensual: 95,74 €
  • semanal: 25,00 €
  • Diario: 6,00 €


  • Lugar:Centro Deportivo Juanito Amigo de Sigüeiro.
  • Datas:Prazo de preinscrición ata o 14 de xuño
  • Horario:de 14:00 a 16:00 horas.
  • Dirixido:A nenos/as escolarizados no Concello de Oroso.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Impreso da matrícula
  • Ficha de solicitude
  • Carta domiciliación bancaria
  • Fotografía tamaño carné
  • Impreso autorización prensa
  • Impreso autorización recollida neno/a por outra persoa
  • Impreso autorización recollida monitor/a
  • Título de familia numerosa ou documentación acreditativa de familia monoparental. (De ser o caso).
Lugar de presentación:
  • Rexistro do Concello de Oroso



Programa "Tardes Divertidas".

O programa

O programa “Tardes Divertidas” ten como obxectivo ofrecerlles aos nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos un conxunto de actividades organizadas en torno ao seu desenvolvemento integral.
Por este motivo o modelo de actividades trata de estimular o desenvolvemento cognitivo, actitudinal e psicomotor, sen perder de vista o seu carácter lúdico e motivador. Pretende ofrecer, polo tanto, un conxunto de actividades variadas que contribúan á adquisición das diferentes competencias correspondentes a cada grupo de idade.
Os/as usuarios/as poderán acollerse á modalidade que máis lles interese.
O Concello subvencionará un 30% o prezo das actividades aos empadroados no Concello de Oroso.
A ANPA tamén subvencionará aos asociados.

OBXECTIVOS:

  • Conciliar a vida laboral e familiar
  • Ofrecerlles un servizo práctico a aqueles que o poidan necesitar
  • Coñecer o contorno máis próximo
  • Favorecer a asimilación de certos valores como a cooperación, a amizade, compartir, o respecto e a igualdade.
  • Estimular a imaxinación por medio da creación dun ambiente no que prime a creatividade e a orixinalidade.

ACTIVIDADES:

  • Ofrecer un tempo de talleres formativos de carácter recreativo, tempo de actividade física, e un tempo tamén para a realización de traballos escolares.
  • Exposición de traballos manuais
  • Animacións musicais e danzas tradicionais
  • Acompañamento a actividades que se realicen dentro das instalacións do CEIP
  • Circuítos de educación viaria
  • Festas temáticas

PREZOS

  • Mensual: 75 €
  • semanal: 25 €
  • Diario: 7 €


  • Lugar: C.E.I.P. de Sigüeiro.
  • Datas:
  • Horario: 15:45 a 20:30 (de luns a venres).

  • Documentación a presentar:
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria
    • Modelo de solicitude
    • Carta domiciliación
    • Fotografía tamaño carné
    • Impreso autorización prensa
    • Impreso autorización recollida neno/a por outra persoa



Programa "Bos Días Cole".

O programa

O programa “Bos días cole” é unha iniciativa coa que o Concello de Oroso busca facilitarlles aos pais e nais do municipio a conciliación da vida laboral e familiar, xa que lles permite deixar os cativos nas instalacións do CEIP de Sigüeiro e no CEIP Camiño Inglés dende as 7:30 horas ata o comezo das clases. Uns pequenos que pasan esas horas da mañá con obradoiros de traballos manuais, talleres de lectura de contos e diversos xogos.

  • Lugar: C.E.I.P. de Sigüeiro e C.E.I.P. Camiño Inglés.
  • Horario: 7:30 ata inicio xornada lectiva.
  • Dirixido: a rapaces de 3 a 12 anos.
  • Inclue: servizo de gardería e almorzo.

  • Documentación a presentar:
    • Matrícula (folla de inscrición)
    • Fotocopia da tarxeta sanitaria
    • Certificado médico se fose o caso de que o usuario padeza algún tipo de enfermidade, intolerancia ou alerxia que o persoal da empresa encargada de xestionar o servizo deba ter en conta
    • Carta domiciliación
    • Certificado/libro de familia numerosa para acreditar dita situación e que se poida aplicar o desconto do 20% nas mensualidades
    • Xustificante de pago da matrícula (Taxas Concello de Oroso: www.concellooroso.com
  • Lugar de presentación da documentación: Rexistro Xeral do Concello.
  • Prazas: As prazas asignaranse por rigoroso orde de presentación de solicitudes.
  • Prazo renovación: do 17 ao 30 de abril de 2018 (incluidos irmans de alumnos mantriculados curso anterior).
  • Prazo novas solicitudes: a partir do 18 de xuño de 2018 ata cubrir prazas.



Portal Educativo - EducaOroso

Educaoroso é o portal educativo do Concello de Oroso. Neste portal de acceso gratuito a tódolos veciños e veciñas de Oroso poderán obter información de diversas ensinanzas, realizar cursos presenciais e on-line, alugar as aulas do telecentro, etc.



Aula Mentor EducaOroso


A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración co Centro Nacional de Información e Comunicación Educativa (CNICE) do Ministerio de Educación e Ciencia, poñen en marcha unha ampla oferta de cursos mediante o uso das últimas tecnoloxías informáticas e audiovisuais (internet). A oferta formativa facilita a oportunidade de actualizar o perfil profesional, potenciar o acceso ao emprego e aumentar a formación básica. Son ensinanzas non regradas para persoas adultas, abertas, flexibles e a distancia, con titoría telemática a través de internet.

Destinatarios.

Persoas maiores de 18 anos. Non se require titulación previa. Calquera adulto que se desexe formar para acceder a un posto de traballo ou aumentar o seu nivel cultural.

Organización.

As aulas onde se realizan as actividades de formación dispoñen de recursos tecnolóxicos avanzados, como ordenadores, número de conta en internet para cada alumno, CD-ROM, vídeos, biblioteca, etc…, así como un profesor-administrador que axuda aos alumnos/as nas súas conexións á rede, na comunicación co titor e en todo o que facilite o proceso de aprendizaxe.

O horario de asistencia á aula acórdase co profesor-administrador do centro.

O alumno/a recibe unha conta de correo gratuíta, datos de conexión a internet e non necesita asistir á aula, excepto para realizar a proba final presencial.

Os cursos poden iniciarse calquera día do ano escolar e cada alumno leva o seu ritmo de aprendizaxe.

O titor non está na aula, comunícase co alumno por correo electrónico e contesta en 24 horas a todas as dúbidas.

Acreditación.

Ao superar o curso, o alumno recibe unha certificación de aproveitamento emitida pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.



Programa Diver

Os programas.

O Concello de Oroso pon en marcha, un ano máis, o programa DIVER OUTONO, DIVER NADAL, DIVER PRIMAVERA e DIVER VERÁN, que está dirixido a nenos e nenas en idade escolar.

Con esta iniciativa preténdese que durante as vacacións escolares os pais poidan conciliar a vida laboral e familiar, ademais de ocuparen o tempo de lecer dos seus fillos dun xeito divertido e educativo. Entre as actividades que se van realizar destacan as visitas e excursións, os obradoiros, a aprendizaxe e a interpretación de cancións ou a realización de xogos en equipo.

Diver Nadal

  • Datas: 10 días (22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro 2014 e 2, 5 e 7 de xaneiro de 2015).
  • Prazo de inscrición:
  • Mínimo participantes: 20 nenos/nenas de 3 a 12 anos.
  • Prezos:
  • CONCEPTO PREZO
    09:00 a 14:00 60 €
    07:30 a 15:30 90 €
    Día solto 09:00 a 14:00 7 €
    Día solto 07:30 a 15:30 10 €
    Almorzo 2 €
    Xantar 5 €
    Merenda 3 €
    Hora adicional 5 €

Inscrición.

  • Horario: de 9:00 a 14:00 horas
  • Lugar: Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa
    • As inscricións deberán realizarse dentro dos prazos establecidos
    • Establécese un mínimo de 20 inscricións para poder levar a cabo a actividade
    • O Concello subvenciona estas actividades para os empadroados en Oroso que posuan algunha das seguintes condicións:
      1. Familia numerosa
      2. Familia monoparental
      3. Segundo irmán que participe na actividade



Educación de Adultos.

Actividades: Nivel I e Nivel II

Profesor das actividades: Miguel Anxo Gómez Mosquera

Tipo de actividades:

  • Alfabetización ou Nivel I
  • Consolidación de coñecemento e técnicas
  • Instrumentais ou Nivel II

Duración do Curso: outubro a setembro

Niveis

NIVEL I:
Coa actividade de alfabetización, preténdese correxir determinadas carencias nos coñecementos básicos e elementais que son precisos para o desenvolvemento e o progreso na vida cotiá.
Vai dirixido a persoas doutros países e culturas e a alumnos que saen do sistema educativo sen acadar os obxectivos marcados para, no primeiro caso, incrementar o nivel de adaptación á sociedade e no segundo atopar os coñecementos necesarios para a súa incorporación á vida laboral.

NIVEL II:
Vai dirixido a desempregados e ás amasa de casa. No primeiro caso para que poidan obter os coñecementos necesarios para adquirir un título e dispor así de maiores posibilidades á hora de atopar un emprego; e no segundo porque tende ser o grupo poboacional máis esquecido desde o punto de vista social, e porque é un colectivo cada vez máis numeroso e máis falto de posibilidades e medios de integración social.

Obxectivos

Os obxectivos primordiais perseguidos co desenvolvemento da actividade de Alfabetización son:

  • Concienciar ó alumnado da importancia que implica a adquisición e posterior posta en práctica da serie de coñecementos básicos e precisos para poder acadar certa independencia.
  • Actuar e desenvolverse con autonomía nas súas actividades habituais e nas relacións cos grupos ós que pertence (familia, escola, grupo de iguais, barrio ou vila), recoñecendo as súas propias posibilidades e limitacións e desenvolvendo un axeitado nivel de autoconfianza e autoestima.
  • Colaborar na planificación e na realización de actividades grupais, aceptando as normas e as regras que democraticamente se establezan, articulando os seus obxectivos e intereses cos dos outros membros do grupo, respectando puntos de vista distintos do propio e asumindo as responsabilidades que lles corresponden.
  • Coñecemento e dominio de actividades de carácter básico como: a lectura, a compresión do que se le, escritura básica, manexo do reloxo, rubricas, diferenciar as moedas,...
  • Encamiñar ó alumnado no uso e control de determinadas actividades cotiás precisas para o desenvolvemento do día a día, como poden ser: o uso do transporte público, execución dunha compra nun establecemento, solicitude dunha cita previa nun centro de saúde, uso correcto do teléfono, interpretación do calendario,....
  • Aprecia-la importancia dos valores básicos que rexen a vida e a convivencia humana e obrar de acordo con eles.
  • Comprender e establecer relacións entre feitos e fenómenos do contorno natural e social, valorando a interacción entre ambos, como elemento que inflúe na calidade de vida, e contribuír activamente, na medida das súas posibilidades, á defensa, conservación e mellora do medio ambiente.
  • Familiarización coa nova moeda para todos aqueles alumnos que presenten algunha dificultade no calculo necesario para realizar a conversión pesetas-Euros, Euros-pesetas.
  • Espertar a súa curiosidade e interese polas novas diarias que se fan públicas nos medios de comunicación (radio, televisión e prensa, entre outros) para acadar un maior coñecemento do mundo que nos rodea.
  • Comprender e producir mensaxes orais e escritas en galego e en castelán, atendendo a diferentes intencións e contextos de comunicación, así como comprender e producir mensaxes orais e escritas sinxelas e contextualizadas nunha lingua estranxeira.
  • Identificar e formular interrogantes e problemas a partir da súa experiencia diaria, utilizando tanto os seus coñecementos e os recursos materiais ó seu alcance como a colaboración ou a axuda doutras persoas para resolvelos de forma creativa e autónoma.

Descrición do desenvolvemento da actividade

As ensinanzas básicas iniciais de nivel I, ou de alfabetización, e de nivel II, ou de consolidación de coñecementos e técnicas instrumentais, están dirixidas a persoas adultas que non dominan as técnicas instrumentais elementais.
Os obxectivos establecidos para a actividade de NIVEL II non son os mesmos que os establecidos para o Curso de Alfabetización.
O obxetivo primordial a acadar é o de correxir as necesidades e carencias formativas que posúen, coa finalidade expresa de que podan acceder a secundaria e abordar o titulo nun futuro próximo, preciso para a súa posterior inserción laboral na maioría dos casos, para promocionarse no emprego ou para a satisfacción personal nos casos restantes.
A interrelación significativa de capacidades dota de pleno sentido os obxectivos ó explicitar cal queremos salientar, en que contexto e con que grao se debe dar e que outras capacidades esixe para o seu axeitado desenvolvemento.
Por outra parte, a ordenación de obxectivos non responde a unha relación de prioridade entre eles, xa que todos colaboran por igual á consecución das finalidades do ensino.
Inténtase tamén acadar outra serie de obxetivos que poden chegar a ser tanto ou máis interesantes, coma:

  • Potenciar o compañeirismo e o asociacionismo como vía de integración social e de cara á inserción laboral.
  • Fomentar a implicación e participación do alumnado nas distintas actividades, tanto de carácter didáctico como todas aquelas alleas ó círculo de ensino, pero que forman parte do contorno comunitario da que forman parte.
  • Concienciar ó alumnado da relevancia que conleva a formación, a adquisición dunhos coñecementos básicos precisos para o desenvolvemento personal.
  • Utilizar técnicas elementais de recollida de datos para obter información sobre fenómenos e situacións do seu contorno, representalos gráfica e numericamente e formar un xuízo sobre a mesma.
  • Conseguir empregar habitualmente o sistema decimal de numeración e utilizar adecuadamente as operacións elementais para resolver problemas da vida cotiá.
  • Conseguir estratexias de cálculo mental para a resolución de problemas elementais, utiliza-lo cálculo aproximado para predici-lo resultado de problemas e a estimación de medidas.
  • Utilizar adecuadamente os instrumentos de medida e cálculo.
  • Perseguir un clima social idóneo dentro da aula, co obxetivo de equilibrar as diferencias personales e a capacidade de adquisición de coñecementos.