subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Oroso

¿Qué é Protección Civil?

A Protección Civil Municipal ten como fin a configuración dunha Organización en base ós recursos muncipais e á colaboración das entidade privadas edos cidadáns, para garantir a coordinación preventiva e operativa respecto da protección de persoas e bens ante daños produciodo polas situación de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calmaidade pública, mediante a realización de actividades que permitan evitar as mesmas, reducir os seus efectos, reparar os daños e, no seu caso, contribuir a correxir as causas que os produciron.

Organización da Agrupación de Protección Civil de Oroso

A Agrupacion de Voluntarios de Protección Civil de Oroso está regulada polo seu Regulamento aprobado por acorod do Plenos do Concello en sesión celebrada o día 31 de outubro de 2002, e foi constituida e empezou a prestar servicio no mes de xaneiro de 2003.
A Agrupación depende directamente do Alcalde, que delegou o exerccio das súas funcións e competencias no Concelleiro Delegado de Protección Civil. Non obstante, a Agrupación encádrase, orgánica e funcionalmente nos Servicios de Seguridade e Policía Municipal.
Na actualidade a Agrtupacion está constituida por un Responsable, un Coordinador, nove voluntarios operativos e dous colaboradores.
A sede está ubicada na Casa Consistorial, sita na Praza do Concello, 1 en Sigüeiro.
A tarefa máis importante que realizamos é a intervención en situacións de peligro, sobre todo en accidentes de tráfico, incendios e inundacións.
As actuacións dos voluntarios organizanse e elvan a cabo para cubrir acontecemento onde se producen aglomeracións de persoas na nosa localidade: Cabalgata de Reis, Entroido, Festa da Troita, Semana Cultural, Camiño Inglés e outros eventos d etipo relixioso ou popular.
Na Agrupación estas en continua formación, realizando cursos de perfeccionamento e especialización en diferentes ramas para poder afrontar da mellor maneirao calquer situación que se presente.

¿Quén pode formar parte de Protección Civil?

Poderán vincularse á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil como voluntarios  operativos tódolos veciños maiores de 18 anos que teñan interés en colaborar directamente nas actividades propias dos Servicios básicos de Protección  Civil.

Poderán incorporarse á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil como voluntarios operativos tódolos veciños maiores de 18 anos que teñan interés en colaborar directamente nas actividades propias dos Servicios básicos de Protección Civil.

Poderán incorporarse á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Oroso, como colaboradores en misións de orentación, asesoramento e asistencia técnica, os veciños con formación e experiencia suficiente no exercicio profesional ou vocación relacionada co servicio de Protección Civil.

Procedemento de inscrición

A incorporación á Agrupación faise en virtude de solicitude do interesado, acompañada de fotocopia de D.N.I. e dúas fotografías.
Os modelos de solicitude poderán recollerse na sede social da Agrupación.

Dende aquí animámoste a que te unas a nós.