Telecentro de Oroso
A Rede de Telecentros de Comunicación (RTC) é un servizo público e gratuíto para tódolos cidadáns financiado pola Secretaría Xeral de Comunicación en colaboración co Concello de Oroso.
O obxectivo da Rede de Telecentros de Comunicación é o seguinte:
- Ser un espazo aberto de comunicación.
- Familiarizar á cidadanía coas novas canles e soportes audiovisuais de comunicación.
- Facilitar o acceso público a Internet como medio de comunicación favorecendo a democratización de acceso aos servizos que proporciona a Sociedade da Información.
- Mellorar a formación profesional dos profesionais do sector audiovisual e multimedia.
O Telecentro de comunicación é un espazo acondicionado axeitadamente que dispón de material informático (ordenadores, impresoras, etc.), equipo de videoconferencia, material audiovisual, pantallas de proxección e de plasma, sistemas de control, etc. que permiten realizar diferentes escenarios dependendo das necesidades técnicas do evento que se queira desenvolver.
O Telecentro de Comunicación pódense utilizar para realizar:
- Cursos formativos e poñencias.
- Teleformación.
- Roldas de prensa.
- Videoconferencias/multivideoconferencias, reunións de traballo, etc.
- Visionado de audiovisuais.
- Edición e creación de material multimedia e/ou audiovisual.