subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Demografía

Aspectos demográficos

A posición demográfica é un elemento fundamental para entender o abanico de posibilidades dun municipio; para o caso de Oroso foi decisiva. Emplazando no eixe de comunicacións da comarca compostelana con A Coruña, ós seus habitantes abríronselle as opcións polos efectos expansivos de Santiago e a accesibilidade do seu emplazamento; todo elo ademáis das súas propias capacidades interiores.

Oroso confórmase coma un dos municipios próximos a Santiago de Compostela, en concordancia cunha serie de lugares que deixan atrás o seu pasado rural e se incorporan á diversificación económica antes o novo milenio, ó abrigo da capital compostelana.

A evolución demográfica foi discordante durante o século XX. Unha primeira etapa abarcaría dende 1900, cando o municipio contaba con 3.231 habitantes, ata 1950 cando presenta 4.360, nestes anos móstrase un crecemento estable e continuado de población. O efecto contrario prodúcese nunha segunda etapa, caracterizada polo descenso poboaciónal entre 1960, cando se reduce o número de habitantes ata os 4.234 e 1981, que reflexa 3.612 habitantes. Unha última época representa o aumento de poboación dos últimos anos do século, cando se ascende ata os 4.537 habitantes recollidos no Padrón de 1996.

No comezo do século XXI o crecemento da población continúa, pasando de 5.530 habitantes no ano 2001 ata 6.262 en marzo de 2004.

Sen dúbida, o crecemento experimentado no municipio entre 1996 e 2001 é o de maior proporción demográfica na súa historia. A diferencia entre a población de dereito de 1996 (4.537 habitantes) e a de 2001 (5.530) reflexa un aumento de 993 habitantes para Oroso.

O saldo migratorio constata esta tendencia, no ano 2000 obsérvase un saldo positivo de 322 habitantes. Xa no quinquenio 1991-1996 obsérvase un saldo positivo de 708 habitantes, cunha importante taxa migratoria positiva do 18,7%. Debemos lembrar que este indicador foi lixeiramente negativo durante as décadas dos 70 e 80. A influencia do entorno compostelano perfílase como unha das cousas do aumento de entradas poboacionais no municipio.

Pola súa parte, o crecemento vexetativo foi positivo en todo o segmento comparativo, dende 1970. No periodo 1991-1996 descendeu un pouco o número de nacementos, quedando o índice de movementos vexetativos en 50 habitantes, cunha taxa vexetativa do 1,3% , por debaixo das márxenes sobre o 4% de décadas anteriores. No período 1998-2001 o saldo vexetativo foi positivo, pasando dun saldo positivo de 10 habitantes no 1998 ata o 15 no 2001 xa que o número de nacementos aumentou en todo o periodo.

Unha análise por idades revela un municipio en transición demográfica, en marzo de 2003, os 959 xóvenes menores de 15 anos representan o 15,81% do total poboacional, mentres os 835 maiores de 65 anos solo o 13,77%. Á súa vez, a poboación desglósase entre 3.010 homes e 3.055 mulleres. Os grupos de idade máis numerosos son os comprendidos entre os 15 e os 65 anos, o 70,42% da población total do municipio.

Marco Comarcal

Oroso encádrase na comarca de Ordes que engloba ós seguintes municipios: Cerceda, Tordota, Trazo, Oroso, Frades, Mesía e Ordes, a capital comarcal.

O municipio localízase entre os puntos urbanos de Ordes e Santiago de Compostela. Do primeiro recolle a influencia comarcal e unha das relacións de proximidade máis destacables do seu entorno, do segundo a saida natural do municipio cara un eixo económico relevante.

A relación co entorno realízase sobre a base dos próximos municipios de base rural e importante peso do sector agropecuario que representa un modo de vida representativo de moitos puntos da Galicia interior.

É importante a súa situación limítrofe con Santiago de Compostela, algo que configurou o carácter e as tendencias económicas e sociais das últimas décadas en Oroso. Parte da emigración e das saidas do municipio teñen que ver con este aspecto. O referente económico da capital de Galicia serviu para dar saida a productos e iniciativas do propio municipio, á vez que foi un foco de emprego para numerosos habitantes residentes en Oroso.

Ademáis, a estrada N-550 que une A Coruña con Santiago é o refente da comunicación viaria de Oroso, xa que une ó municipio coa urbe compostelá, coas posteriores facilidades que ofrece este punto en materia de comunicación.

A posición demográfica é un elemento fundamental para entender o abanico de posibilidades dun municipio; para o caso de Oroso foi decisiva. Emplazando no eixe de comunicacións da comarca compostelana con A Coruña, ós seus habitantes abríronselle as opcións polos efectos expansivos de Santiago e a accesibilidade do seu emplazamento; todo elo ademáis das súas propias capacidades interiores.