O Concello de Oroso pon en marcha un punto de información para peregrinos.

O Concello de Oroso vén de poñer en marcha un punto de información sobre o Camiño Inglés, emprazado no exterior da piscina municipal de Sigüeiro e que ofrecerá información e asesoramento aos centos de peregrinos que se achegan ata o municipio. No acto de posta en funcionamento participaron esta mañá o alcalde, Manuel Mirás, e a concelleira de Turismo, Vanesa Boo.

Boo explica que “escollemos o exterior da piscina municipal xa que se atopa ao pé do Camiño Inglés, polo que así poderemos informar aos pe...


Mirás agarda que os acordos de colaboración con varias escolas de Durham se traduzan en intercambios con estudantes de Oroso.

Unha representación do Concello de Oroso participa na peregrinación que se está a facer entre as localidades de Finchale e Durham (Reino Unido) para reivindicar que o Camiño Inglés comeza nesta localidade inglesa. Unha delegación encabezada polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás; o concelleiro de Cultura, Luís Rey, e a concelleira de Turismo, Vanesa Boo; na que tamén participa o deputado provincial de Economía, Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior, Antonio Leira, en representación da Deputación da Coruña.

Ma...


Investigadores das Universidades de Santiago e Lancaster gañan o I Certame Internacional de Traballos de Investigación do Camiño Inglés.

Os investigadores Óscar Perea Rodríguez, actualmente na Universidade de Lancaster, e Paula Cadaveira López, da Universidade de Santiago de Compostela, inscribiron os seus nomes como primeiros gañadores do Certame Internacional de Traballos de Investigación do Camiño Inglés, organizado polo Concello de Oroso. Uns premios que foron entregados polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, quen estiveron acompañados polo deputado provincial Antonio Leira, concelleiros orosáns e o director de G...


O Concello de Oroso pon en marcha un Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, e o xerente da sociedade Xacobeo da Xunta de Galicia, Rafael Sánchez Bargiela, presentaron este xoves o Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés. Trátase dunha iniciativa municipal que abre as súas portas no centro cultural de Sigüeiro, cun fondo bibliográfico e audiovisual de máis de douscentos documentos e que está especialmente dirixido a investigadores do Camiño Inglés.

Mirás Franqueira e Sánchez Bargiela estiveron acompañados polo deputado pr...


O Concello de Oroso recibe a un grupo de expertos internacionais en patrimonio que están percorrendo o Camiño Inglés.

Oroso vén de recibir a visita dun grupo de expertos internacionais en patrimonio que están percorrendo o Camiño Inglés para coñecer en detalle esta ruta, unha iniciativa promovida pola entidade Tesouros de Galicia en colaboración coa Deputación da Coruña para promover este camiño. Os concelleiros de Cultura, Antonio Leira; Turismo, Xaime Carneiro; e Familia, María del Carmen Liste; recibiron ao grupo de peregrinos, que estaba encabezado polos máximos responsables do International National Truts Organisation (INTO): Simon Molesworth, presid...

diseña ASINFO