www.thisisdurham.com ,cun suxestivo itinerario que forma parte do Camiño Inglé" />

Un “bo camiño”

Un “bo camiño” é o título do artigo do día 16 de xuño no blogue de www.thisisdurham.com ,cun suxestivo itinerario que forma parte do Camiño Inglés. A guía turística, Ruth Robson, explora os vínculos entre os Carreiros dos Santos do Norte e o antigo roteiro de peregrinación do Camiño de Santiago.

Un atractivo percorrido desde Durham, o Camiño de Finchale, está oficialmente recoñecido como parte do Camiño Inglés. Pódese comezar no Priorado de Finchale e terminalo en Gainford, a uns 53 kms. Este roteiro permite realizarse en tres ou catro días percorrendo lugares de peregrinacion e patrimonio, como a catedral de Durham (Patrimonio Mundial da UNESCO), idílicos paseos polo campo, travesías interesantes por pobos e cidades.

O Camiño de Finchale e dous dos Camiños dos Santos do Norte se solapan:

Camiñar cara ao sur desde o Priorado de Finchale a través da cidade de Durham e Bishop Auckland ata Gainford forma parte do Camiño Inglés.

Camiñar cara ao norte desde Gainford en sentido inverso ata a catedral de Durham forma parte do Camiño da Vida.

Camiñar cara ao sur desde a igrexa de San Pedro de Sunderland, pasando por Chester-lle-Street e a abadía de Finchale, ata a catedral de Durham, forma parte do Camiño da Aprendizaxe.

Finchale foi fogar de San Godric, vendedor ambulante e capitan de barco, que cando visitou o lugar onde foi enterrado San Cuthbert, tivo unha visión e converteuse ao crisitanismo. Peregrinou a Roma, a Xerusalén e a Santiago. Finalmente estableceuse en Durham con permiso do bispo Ranulf Flambard. O priorado de Finchale fundouse en 1176, e foi casa de retiro para os monxes de Durham.

A un pouco máis de 6 quilómetros ao sur está a cidade de Durham, impresionante Patrimonio da Humanidade con preciosos restaurantes e cafés. Hai un espectacular, nun edificio do século XVI.

Neste itinerario pola cidade, e tras render homenaxe a S. Cuthbert na catedral de Durham, o camiño segue cara ao sur. O roteiro sae da vila polo Monte da Alegría, chamado así pola “alegre” vista que teñen os peregrinos da Catedral de Durham.

Segue o roteiro cara ao suroeste da cidade, pasando polo pobo de Byers Green, vila na que naceu Thomas Wright, primeiro astrónomo en describir a Vía Lactea. Esta homenaxe ás estrelas é apropiado debido ao vinculo do Camiño de Finchale co de Santiago de Compostela. Ten sentido que o lugar de nacemento de alguién famoso por documentar un dos máis famosos “campos de estrelas” (Campus Stellae) forme parte do Camiño Inglés.

O Camiño de Finchale abarca o antigo e o moderno, como o forte romano de Binchester, e outros restos da época romana na comarca, ao que se chega atravesando un fermoso parque de cervos e que foi coto de caza dos bispos de Durham. O castelo de Auckland era a residencia de campo dos bispos de Durham, e pasou a ser fogar permanente cando o bispo William Van Mildert e o cabido da catedral formaron a Universidade de Durham en 1832.

O Camiño de Finchale continua cara ao sur a través de Westa Auckland ata Gainford bordeando as terras que no seu día pertenceron ao rei anglo-danés de Inglaterra, o rei Canoto (principios do s. XIX).

Gainford está na béira norte do río Tees e ten unha longa tradición de augas sanadoras. Unha lenda apunta que o nome de Gainford vén por unha disputa por quen controlaba un antigo cruzamento do río Tees. Dúas comunidades, unha ao norte e outra ao sur disputábanse a propiedade dos dereitos do cruzamento. Houbo unha batalla. Gañou o norte e, por tanto, “gañou” (gain) o “vao” (ford). Este encantador pobo foi no seu día un famoso balneario victoriano. Un vestixio deste balneairo pódese atopar nun carreiro que vai desde o oeste do pobo, a beiras do río Tees. Consérvanse en funcionamento unha pila e unha fonte.

Os peregrinos e camiñantes que decidan realizar este roteiro que pasa pola abadía de Finchale, a catedral de Durham, o castelo de Auckland e Escomb, poden recibir os selos oficiais do Camiño no seu pasaporte (credencial) do peregrino e que tamén é válido en España.

diseña ASINFO