subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Clausura do Campus Oroso Fundación Celta de Vigo


orosoEsta mañá o alcalde, Alex Doval, e a concelleira de Cultura, María Requejo, estiveron na clausura e entrega de diplomas do Campus Oroso Fundación Celta de Vigo.

Na clausura tamén estiveron presentes os presidentes dos clubes Sigüeiro F.C e ED Xuventude Oroso.

As instalacións do campo de fútbol municipal Lino Balado acolleron o campus dende o pasado luns día 26 ata hoxe venres 30 de xuño, onde máis de 60 rapaces e rapazas de 4 a 16 anos recibiron diferentes contidos para reforzar as súas habilidades futbolísticas tanto técnicas como tácticas nun entorno de entrenamentos entretidos onde a premisa principal foi o aprendizaxe e divertimento.