subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

VIII Concurso de Tapas de Oroso "de tapa en tapa".


Bases do Concurso

BASE PRIMEIRA: Obxecto do Concurso
O obxecto do presente concurso é acadar un maior número de visitantes no concello de Oroso e dinamizar a nosa hostalería, ao tempo que se promove a gastronomía local e as posibilidades do concello de Oroso en materia de turismo.

BASE SEGUNDA: Participantes
Poderán concursar os establecementos de hostalería do ámbito municipal de Oroso inscrito previamente.

BASE TERCEIRA: Datas e duración do Concurso
Esta oitava edición do concurso de tapas de Oroso levarase a cabo no mes de xuño, concretamente os días 2,3,4,9,10 e 11 de xuño de 2017. É dicir, terá unha duración de dúas fins de semana.

BASE CUARTA: Desenvolvemento do Concurso
Cada establecemento deberá elaborar de unha a catro tapas, podendo ser tradicionais ou creativas.
Con cada consumición será entregada a tapa. Unha vez degustada polo cliente, o establecemento selaralle o boleto, para poder participar no concurso e ter acceso aos premios.

BASE QUINTA: Valoración da Tapa
Valoraranse aspectos como a presentación, a orixinalidade e por suposto o sabor.

BASE SEXTA: Número de Tapas
Aceptaranse como máximo 6 tapas, unha por día, sendo aceptable tamén unha única tapa para participar os seis días.

BASE SÉPTIMA: Horario de degustación das tapas
Será de carácter obrigatorio para todos os establecementos participantes servirlle as tapas ao público nunha franxa horaria acordada polos participantes e a organización do concurso. Este horario fíxase da seguinte maneira: Os venres de 20:00-23:30h, os sábados de 12:00-15:00 e de 20:00-23:30 h e os domingos de 12.00h da mañá a 15.00h.
Este horario sempre poderá ser aumentado polos locais participantes se así o desexan pero en ningún caso reducido.

BASE OITAVA: Votación
As tapas gañadoras serán elixidas por votación popular. Os propios clientes e degustadores das tapas a concurso serán os que decidan os tres gañadores. En cada boleto poderán votar a un establecemento.
A cada establecemento entregaráselle unha urna selada a conciencia pola organización do concurso. No boleto de selado, no apartado dedicado para tal fin, os degustadores poderán votar polo establecemento que fixera a mellor tapa. Logo deberán depositalo en calquera das urnas que atoparán nos establecementos participantes.

BASE NOVENA: Nº de selos
Serán necesarios 5 selos de distintos bares para poder votar e entrar no sorteo dos premios.

BASE DÉCIMA: Premios
Os premios serán os seguintes:

PREMIO PARA OS ESTABLECEMENTOS
Estableceranse un total de tres premios para os bares participantes.
1º Premio (300 €)
2º Premio (200 €)
3º Premio (100 €)
Os premios non serán acumulatios, é decir, cada bar soamente poderá acadar un dos premios + DIPLOMA QUE O ACREDITA COMO GAÑADOR DA CATEGORÍA CORRESPONDENTE POLO CONCELLO DE OROSO.

PREMIOS PARA OS CLIENTES
Sortearase entre todos os boletos debidamente selados polos establecementos e cubertos cos datos persoais de cada cliente, por orde de saída das papeletas:
Unha tableta
Un bono regalo estancia nun balneario
4 vales da compra en supermercados do concello ( 2 vales de 100€ e 2 vales de 50 €)
3 botellas magnum de Terras do Cigarrón
1 agasallo corteseía de vermú Petroni

Vales desconto nas tendas Sigüeiro Vende con cada consumición nos bares participantes, cortesía da Asociación de comerciantes Sigüeiro Vende.
Só se admitirán os boletos que se atopen no interior das urnas repartidas polos establecementos.

BASE DÉCIMO PRIMEIRA: Sorteo e entrega de premios
A organización fixará unha data para o sorteo dos premios dos establecementos e do público, que será comunicada aos establecementos participantes e aberto ao público en xeral.
Posteriormente, terá lugar un acto de entrega de premios, que será comunicado a todos os premiados.

BASE DÉCIMO SEGUNDA: Publicidade e material de difusión
A cada establecemento entregaránselle carteis que deberán poñer á vista no seu local para darse a coñecer como participantes. A organización encargarase de darlle publicidade ao dito acontecemento de todas as formas posibles para acadar así unha maior presenza. Isto inclúe os seguintes medios:
1. Páxina web do Concello de Oroso.
2. Cartelería.

O Concello de Oroso será o encargado de editar as revistas informativas do concurso, cos boletos de selado, nos cales figurarán os locais participantes, as tapas que ofertarán e a localización dos locais.
Estas revistas poderán conseguirse de forma totalmente gratuíta pola clientela que queira entrar no sorteo. Atoparanse en todos os locais que participen e tamén nas dependencias da Casa do Concello e no centro cultural Fernando Casas e Novoa.

BASE DÉCIMO TERCEIRA: Aceptación das bases
A participación no concurso significa a aceptación destas bases.