Voluntariado Oroso.
Voluntariado Oroso
QUE É O VOLUNTARIADO?
O voluntariado é o conxunto de actividades desenvolvidas en áreas de interese xeral sempre que:
- Teñan carácter solidario e altruista
- Se realicen libremente
- Se leven a cabo sen contraprestación material
- Se desenvolvan a través dunha organización, pública ou privada, sen ánimo de lucro e dacordo con proxectos concretos
COMO ESTA REGULADO?
En Galicia, a acción voluntaria está regulada pola Lei 3/2000 de 22 de decembro, do Voluntariado de Galicia.
QUEN PODE SER VOLUNTARIO/A?
Calquera persoa maior de idade (ou maior de 16 anos con autorización paterna) que, en virtude dunha decisión libre e altruista decida participar nunha actividade voluntaria no seo dunha entidade, sen recibir una contraprestación material a cambio.
ENTRE OS TEUS DEREITOS
- Recibir información, formación, orientación e apoio para as actividades que vas desenvolver
- Estar asegurado/a contra riscos de accidentes e doenzas derivados do desempeño da actividade
- A ser dotado de medios e recursos axeitado para o cumprimento das túas función
- A cesar libremente na túa condición de persoa voluntaria
- A que se certifique a túa actividade de persoa voluntaria con constancia dos teus datos persoais e a duración e natureza da actividade desenvolvida.
- A túa acreditación persoal mediante un carné de voluntario
ENTRE OS TEUS DEBERES
- Cumprir os compromisos adquiridos coa organización e respectar os fins e as normativas da mesma, así como gardar confidencialidade da información recibida.
- Participar nas tareas formativas previstas
- Respectar os dereitos das persoas beneficiarias e actuar de maneira dilixente e solidaria
EN QUE PODES COLABORAR?
No Concello de Oroso, podes colaborar , entre outros, nos seguintes proxectos e actividades:
- VOLUNTARIADO CÍVICO: Entrada/saída do colexio, coidado do mobiliario urbán,...
- APOIO ÁS PERSOAS MAIORES E DEPENDENTES: Acompañamento, xestións, recados, ...
- VOLUNTARIADO MEDIOAMBIENTAL: Recuperación e mantemento dos espazos naturais, roteiros, Camiño de Santiago...
- SOLIDARIEDADE SOCIAL: Roupeiro social, recollida de xoguetes, ...
- VOLUNTARIADO CULTURAL E DEPORTIVO: Apoio en actividades como exposicións, eventos deportivos, obradoiros, ...
- INFANCIA E XUVENTUDE: obradoiros, actividades, ...
- INMIGRANTES: Axuda á integración, trámites, campañas de sensibilización, ...
- PERSOAS CON DISCAPACIDADE: Acompañamento, axuda, ...
SÓ NECESITAS UN POUCO DE TEMPO E MOITAS GANAS DE AXUDAR AOS DEMAIS. INTÉNTAO, VERÁS COMO TE SINTES RECOMPENSADO/A