subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Obradoiros Culturais 2022-2023


A concellaría de cultura do Concello de Oroso ofrece para este curso 2020-2021 os seguintes obradorios culturais:

- Club de Patchwork
- Debuxo e Pintura
- Tapicería
- Mecanografía
- Cestería
- Ioga en familia

Os cursos están dirixidos tanto para rapaces como para adultos, e terán preferencia os/as empadroados/as no Concello de Oroso.

As solicitudes presentaranse no rexistro municipal do concello de Oroso.

No caso de debuxo e pintura e de mecanografía sinala o código do curso que vai entre paréntesis na solicitude.

O prazo de inscrición comprende dende o 12 ao 27 de setembro.

As cotas dos cursos faranse efectivas a través da páxina web do concello no apartado de tributos on line e entregando o xustificante de pago no centro cultural ou no mail: cultura@oroso.gal o pago realizarase cando lle confirmen a praza dende o departamento de cultura do Concello de Oroso.

No momento de causar baixa nalgún curso deberá comunicalo tamén no centro cultural ou no correo cultura@oroso.gal

Máis información no teléfono 981 690 903.