subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Reunión informativa da corporación local para analizar as medidas pola COVID-19


orosoEsta mañá, todos os concelleiros e concelleiras da corporación local mantiveron unha nova reunión por videoconferencia para analizar as medidas postas en marcha polo Covid 19:

En primeiro lugar, a Alcaldía informou dos datos que o centro de saúde transmitiulle este luns. Desde a semana pasada, rexistráronse 3 novos positivos por coronavirus e déronse 4 altas, polo que agora hai 10 persoas co Covid 19 en seguimento polo centro de saúde, das cales só unha está hospitalizada. Todas as demais están nos seus domicilios.

O Concello de Oroso desexa unha pronta recuperación a todos os enfermos e agradece o traballo dos e das profesionais do centro de saúde.

Continúan os traballos de desinfección e limpeza das rúas, espazos públicos e negocios esenciais, tanto no casco urbano como no rural.

Un camión quitaneves do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana estivo onte en Sigüeiro, Porto Avieira e outros núcleos de poboación para nebulizar as súas rúas cunha solución de auga con hipoclorito sódico, desinfectando os espazos públicos (FOTOGRAFÍAS ADXUNTAS).

Por outra parte, o concello adquiriu unha sulfatadora para desinfectar os núcleos rurais. O centro de saúde e os comercios abertos límpanse 3 veces por semana e os colectores de lixo dúas veces por semana.

Xa repartíronse 6.800 mascarillas, primeiro entre as persoas maiores de 60 anos que o solicitaron, os grupos de risco e os establecementos de servizos e productos de primeira necesidade abertos no concello. Posteriormente, en todos os fogares do concello.

Todos os grupos políticos agradecen o traballo de Protección Civil neste reparto e noutras actividades, como a compra de alimentos e medicamentos para as persoas maiores, felicitacións de aniversarios, etc…

Os servizos da administración local están operativos co teletraballo e os Servizos Sociais de forma presencial.

Os traballadores municipais continúan tramitando expedientes e realizando pagos de facturas a proveedores para darlle liquidez a empresas e autónomos.

Por último, reanudáronse diferentes obras no municipio, como as de entrada ao polígono industrial e a cuberta de piscina municipal, os traballos do novo campo de fútbol, os de abastecemento e saneamento en Piñeirón, ou o asfaltado e bacheo en diferentes vías e camiños.

Con respecto ao centro cultural e o auditorio, o concello está pendente do dictame definitivo do Consello Consultivo para continuar coas obras.

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E POLO VOSO COMPORTAMENTO!
ÁNIMO!
#orosoquedanacasa