subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O pleno da Deputación da Coruña aproba de forma definitiva o proxecto da senda de Marzoa no Concello de Oroso


orosoO pleno da Deputación da Coruña aprobou esta mañá o proxecto da senda de Marzoa no Concello de Oroso, un proxecto moi importante para a parroquia que suporá un investimento superior aos 200.000 euros.

A senda, na estrada provincial DP-3802, terá máis dun quilómetro e será fundamental para mellorar a seguridade viaria en Marzoa, tanto dos peóns como dos vehículos. Chegará ata o límite co Concello de Frades e pasará por diante do local social, polo que é unha zona moi transitada polos veciños.

Contará cunha anchura de 1,8 metros e discorrerá pola plataforma existente, inicialmente pola marxe dereita no núcleo de Carballal, para logo cambiar de marxe á altura do local social de Marzoa, onde se conectará co camiño existente para peóns.

A infraestrutura, unha vella demanda veciñal, sufriu un retraso pola última concentración parceleria na zona pola que transcurrirá a senda, o que obrigou a reformular o proxecto.

“Estamos moi satisfeitos, é unha senda moi importante para Marzoa e para o día a día dos seus veciños”, afirma Luis Rey, alcalde de Oroso.

Durante a execución das obras, co fin de preservar a seguridade viaria, executaranse as tarefas primeiro por unha marxe e posteriormente pola outra, de modo que en todo momento se manterá en servizo un carril para o tráfico rodado.