subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso abre este venres o prazo de inscrición no Día das Persoas Maiores, que se celebrará o sábado 30 de abril


orosoO Concello de Oroso abre este venres, 1 de abril, e ata o día 13 de abril (ambos inclusive) o prazo de inscrición no Día das Persoas Maiores, que se celebrará o sábado 30 de abril.

Están convidadas todas as persoas maiores de 60 ou máis anos empadroadas en Oroso. Poden ir acompañadas dos seus conxuxes ou parellas, ás que non se lles esixe requisito da idade, pero si o empadronamento no concello.

“As persoas maiores merecen máis que nunca un día de celebración e fraternidade, despois de dous anos moi duros pola pandemia de coronavirus nos que viviron con moitas restricións e inquedanzas”, afirma o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde

A celebración comezará ás 12:30 horas no complexo deportivo Juanito Amigo Ferreiro de Sigüeiro. Tras a benvida e a intervención do alcalde, comezará o xantar ás 14:00 horas e a partir das 16:30 horas haberá unha festa-baile.

O Concello de Oroso ofrecerá transporte para todas aquelas persoas que teñan dificultade para poder asistir á celebración.

As inscricións deben facerse no Concello de Oroso, en horario de 10:00 a 13:30 horas de luns a venres. Máis información no 981 691478.