subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Alex Doval reúnese coa xerente da Área Sanitaria de Santiago


orosoO alcalde, Alex Doval, mantivo unha reunión esta semana con Eloina Núñez, xerente da Área Sanitaria de Santiago, co fin de explorar vías de colaboración para a mellora dos servizos sanitarios do noso municipio.

Na xuntanza tamén asistiron a Dra. Coordinadora do Centro de Saúde e a concelleira de Servizos Sociais, Lidia López, entre outros.

O alcalde, Alex Doval, agradeceu á Xerente da Área Sanitaria de Santiago, Eloina Núñez que se continúe permitindo aos veciños e veciñas de Oroso acceder aos Puntos de Atención Continuada de Santiago e Ordes indistintamente según lles resulte máis convinte segundo á proximidade ao seu domicilio.

Non ten moito sentido, por exemplo, que un veciño de Marzoa que ten o PAC de Ordes a menos de dez minutos do seu domicilio, se lle impida usar este servizo e teña que ir ata o CHUS que lle leva preto de trinta minutos chegar, apuntou Doval.

Pola súa parte Núñez recalcou que cando se tomou esta medida ía orientada a mellorar a calidade de vida dos usuarios, ofrecéndolles a posibilidade de elixir o PAC que mellor se adapte ás súas necesidades.