subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Novo horario de atención ao público na oficina de urbanismo para axilizar trámites e reducir o tempo de espera dos veciños.


 

O Concello de Oroso vén de implantar un novo horario de atención ao público na Oficina de Urbanismo, que queda fixado os luns, mércores e venres de 12.00 a 14.00 horas.

Urbanismo é un dos departamentos municipais que soportan unha maior carga de traballo, xa que deste servizo dependen todas as licenzas de obras ou reformas en vivendas e propiedades particulares.
Co obxectivo de axilizar os trámites e de que os veciños vexan reducido o tempo de espera para conseguir unha licenza ou calquera outra petición, o Concello de Oroso tomeu a decisión de poñer un horario fixo de atención ao público.

Desta maneira, durante o novo horario os técnicos estarán a disposición dos veciños e veciñas de Oroso só para os temas relacionados con Urbanismo, o que axilizará os procedementos.