subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Elba Blanco, Laura Hermida e María José Rodríguez gañan o Concurso de Postais de Nadal con Mensaxe do Concello de Oroso.


orosoO alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Cultura, Antonio Leira, entregaron os premios do Concurso de Postais de Nadal con Mensaxe, que cada ano convoca o Concello de Oroso e que valora non só a orixinalidade da postal, senón tamén o contido da mensaxe e a calidade do galego empregado. Uns premios que este ano recaeron en Elba Blanco Martínez (categoría de 4 a 6 anos), Laura Hermida Pérez (categoría de 7 a 9 anos) e María José Rodríguez García (categoría de maiores de 14 anos). A categoría de 10 a 13 anos foi declarada deserta.

Elba e Laura recolleron o seu premio durante a Festa de Reis do Concello de Oroso, celebrada o pasado domingo no pavillón polideportivo de Sigüeiro. María José poderá recoller o seu galardón no departamento de Cultura do Concello orosán. A postal de María José Rodríguez recrea o monumento dedicado aos ríos de Oroso no Paseo do Río Carboeiro e leva como lenda: “Que a ledicia de ver a Deus nacer faga a esperanza renacer no corazón de tódalas xentes. ¡Boas festas!”. Pola súa banda, Laura Hermida debuxou un Papá Noel coa mensaxe: “Con todos os meus desexos de que todas as familias poidan gozar deste Nadal e que aos nenos non lles falte o máis bonito: a infancia, o amor e a ilusión”. Finalmente, a pequena Elba Blanco debuxou adornos de Nadal coa lenda: “O importante é que estamos xuntos no Nadal”.

VER POSTAIS PREMIADAS Concurso de Postais