subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Noelia Barreiro, Elba Blanco, Iago Rey e Hugo Prego, gañadores do X Concurso Marcapáxinas.


orosoO concelleiro de Cultura, Antonio Leira, vén de entregar os premios do X Concurso de Marcapáxinas 2014, ao que se presentaron un total de 46 propostas este ano. Uns traballos que se poderán contemplar na sala infantil da biblioteca municipal de Sigüeiro durante todo o mes de maio.

Os gañadores deste ano son:
- Noelia Barreiro Gaspar (4 anos), na categoría de 3 a 5 anos
- Elba Blanco Martínez (7 anos), na categoría de 6 a 8 anos
- Iago Rey Vázquez (10 anos), na categoría de 9 a 11 anos
- Hugo Prego Guldrís (12 anos), na categoría de 12 a 14 anos


Contacontos

Despois da entrega de galardóns tivo lugar unha sesión especial de contacontos, denominada "O aviador", a cargo de Elefante Elegante e na que participaron uns corenta rapaces e rapazas. Un espectáculo de narración oral acompañada pola manipulación de obxectos, as sombras chinesas, as marionetas de luva e a música, que crearon un universo interactivo e cómico onde se desenvolveu a obra.

Para o venres 16 de maio, tamén ás 18:00 horas, Viravolta Títeres ofrecerá o obradoiro “Marionetas de papel”, onde os nenos e nenas aprenderán a facer monicreques con cartolinas de cores, inventando distintas caras e conseguindo coa súa imaxinación grande variedade de marionetas que poderán levar para as súas casas.