subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso convoca un concurso de selfies.


As imaxes, individuais ou en grupo e tomadas no municipio orosán, deberán presentarse antes do 6 de maio.

O Concello de Oroso convoca un Concurso de Selfies, dirixido a mozos e mozas de entre 12 e 25 anos residentes no municipio. O gañador, que será escollido pola mocidade orosá tras unha exposición pública das imaxes candidatas, levará como premio unha cea para dúas persoas no Café de Manuela.

As fotos poden ser tomadas en calquera situación e momento, individualmente ou en grupo. O único requisito é que fosen tomadas no municipio de Oroso e non sexan nin ofensivas, discriminatorias, racistas ou que poidan ferir sensibilidades. Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 selfies, que deberán ser enviadas antes do 6 de maio ao mail: xuventude@concellooroso.com.

Unha vez rematado o prazo de presentación de orixinais, un xurado seleccionará as mellores para facer unha exposición na Aula da Xuventude, que poderá visitarse do 8 ao 15 de maio, en horario de 17:00 a 20:00 horas. Durante ese tempo, será o público cos seus votos quen decida o gañador final, que se dará a coñecer o 19 de maio.

Acceso as bases do concurso