subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Unha noite de observación astronómica en Sigüeiro culmina unhas xornadas sobre o sistema solar impartidas aos escolares orosáns.


orosoMedio cento de veciños e veciñas de Oroso, sobre todo escolares, participaron nunha noite de observación astronómica que tivo lugar no exterior da piscina municipal de Sigüeiro. Unha iniciativa organizada polo Concello de Oroso en colaboración co Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela e co FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía), a través do programa “Todocosmos”.

Responsables do Observatorio Astronómico Ramón María Aller dirixiron a iniciativa, o que permitiu que os participantes puideran identificar a través do telescopio a lúa, Xúpiter, a estrela polar, a Osa Maior... Unha observación que estivo acompañada por unha charla educativa por parte do astrónomo da USC.

Esta observación culmina unhas xornadas sobre o sistema solar impartidas o pasado mes de abril aos alumnos e alumnas do CRA de Oroso, así como aos alumnos e alumnas de Infantil e Primaria do CEIP de Oroso. A observación, inicialmente prevista para finais de abril, tivo que aprazarse por cuestións meteorolóxicas.